Última revisión
13/12/2000
Sentencia Civil Nº 372, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 3056/2000 de 13 de Diciembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 13 de Diciembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 372
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
Rolo: COGNICION 3056 /2000
Ilmos. Sres. Maxistrados:
Presidente:
D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
Maxistrados:
Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ
D. JAIME ESAIN MANRESA
S E N T E N C I A N° 372
En Pontevedra, trece de decembro do dous mil.
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 342/99, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 2 PONTEAREAS, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandadas D. CESÁREO e Dª. MARIA DULCE, e da outra como apelado e demandante D. ULISES, no xuizo verbal civil, sobre confesoria de servidume.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 18 de outubro do 2000, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 2 de Ponteareas, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que estimando parcialmente la excepción de litisconsorcio pasivo necesario opuesta por la Procuradora Sra. Fernández Suárez, en nombre y representación de contra D. Ulises, representado procesalmente por la Procuradora Sra. Mercedes García Gómez, sin entrar a resolver sobre el fondo de esta cuestión, debo absolver y absuelvo en la instancia a los demandados de los pedimentos contra ellos deducios derivados del ejercicio de la acción confesoria de servidumbre de paso a favor del predio conocido como "Minada de Barreiro", y, estimando parcialmente la demanda interpuesta por D. Ulises debo declarar y declaro que la propiedad conocida como "Picón", sita en Angoares, Ponteareas, que linda al Norte con camino, al Sur con herederos de Manuel, al Este con Aurora y Aurelia y al oeste con Gloria, se encuentra gravada por una servidumbre voluntaria de paso, para el paso de personas y carro (coche actualmente), a favor de la finca conocida como "Casa Aurelia", sita en el lugar de Picón, Parroquia de Angoares, en Ponteareas, que linda al Norte con pared medianera y lugar de herederos de Juan, Este, ribazo que la sostiene sobre camino de servicio, Sur, casa y lugar de los herederos de Juan, y Oeste pared medianera en parte con Dña. Luisa, y en el resto solar común de herederos de Juan Francisco y Enriqueta, que discurre desde el portalón de entrada de la propiedad, de frente hasta atravesar la propiedad de los demandados, condenando a los demandados a estar y pasar por el anterior pronunciamiento, sin perturbar al propietario del predio dominante en la quieta y pacífica posesión, uso y disfrute de esta servidumbre, así como a retirar el muro de cierre en el tramo que está sobre el terreno en el que se ejercita el paso. Sin hacer especial pronunciamiento sobre las costas causadas en el presente proceso".
Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devandito recurso ter sido conferido á parte contraria, a parte demandante D. ULISES opúxose ó mesmo.
SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumprironse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO.- En dous motivos se basea o recurso de apelación interposto fronte á sentencia de instancia que, de xeito parcial, estímou a demanda formulada por don Ricardo contra don Cesareo e dona María Dulce; a saber: a ineludible necesidade da estimación da excepción da falta de litisconsorcio pasivo necesario verbo da servidume pretendida a prol da "C...", e o erro na apreciación da proba.
SEGUNDO.- Ben sinxelamente o primeiro dos alegados impugnatorios non pode ser acollido por canto que, como ben se razoa na sentencia apelada, o paso do xeito que se describía na demanda e foi obxecto de consideración xudicial, non semella que afecte a ningún fundo intermedio por entre os da propiedade das nomeadas partes agora en litixio e se, pola contra, a un pericialmente cualificado como espacio común situado alén e por fóra do muro de peche do predio de dona Consolación que, deste xeito e á marxe doutro tipo de consideracións que na presente litis folgan, non resultaría así negativamente afectada pola servidume de paso.
E a mesma sorte negativa co anterior merece o segundo dos motivos da impugnación por canto que de sobras acreditado quedou que: o derradeiro titular do "M..." foi don Juan xunto coa súa esposa dona Francisca; que a unidade dominical se esfarelou á morte do Sr. R... entre os fillos dona Mariana, dona Carolina, don Juan José, dona Luisa, e dona Generosa; que esta última tivo unha filla (dona Teodosia) da que trae causa dona María Argentina como causante, a súa vez, do actor don Ricardo Ulises; que a devandita herdeira dona Carolina herdou dos seus pais a parcela do morgado na que se ubicaba o portal de acceso ó mesmo, que agora posúen os demandados; así como que nos cupos de dous irmáns da anterior consta como na casa que lle correspondera a dona Carolina "quedaron pro indiviso y de común servicio de todos los herederos el terreno que dice al oeste del portal y el alpendre que se halla unido a la misma casa por el Norte siendo por cuenta de todos ellos su conservación y reparación y lo mismo del expresado portal y cancilla que da servicio para el bosque, no pudiendo ningún coheredero hacer innovación alguna en dicho terreno, alpendre y portal".
Deste xeito demostrado que, no seu día, os fundos na actualidade pertencentes ós litigantes formaron un todo único ("M...), que este último pertenceu a don Juan e a súa esposa dona Francisca Castro, que expresa mención se efectuou nos cupos da herdanza destes últimos ó paso para os fundos nos que resultaría dividido a ata entón única propiedade, así como que notorios signos de evidencia da práctica do mesmo se teñen constatado en autos do xeito que concienzudamente se pode ollar, sobre todo, a través do resultado das probas documentais, testemuñais (en especial a de don Clodio), e recoñecemento xudicial, abofé que non procedía outro pronunciamento que o que, ó abeiro do disposto no artigo 541 do Código Civil, ten recaído na instancia cunha profunda análise e correcta argumentación xuridica que este Tribunal non pode por menos que facer súa.
TERCEIRO.- Ó abeiro dos artigos 62 do Decreto do 21 de novembro de 1952 e 736 da Lei de Axuizamento Civil impóñense as custas da presente alzada á parte recorrente en apelación.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación
D E C I D I M O S
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por D. CESAREO e Dª MARIA DULCE, fronte á sentencia dictada o 18 de outubro do 2000, polo Xulgado de 1. Inst e Instr núm. 2 de PONTEAREAS, nos autos de xuízo de cognición, número 342/99, e debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución xudicial, con expresa imposición das custas da presente alzada á parte recorrente en apelación.
Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.
Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
