Sentencia Civil Nº 376, A...re de 2000

Última revisión
14/12/2000

Sentencia Civil Nº 376, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2099/2000 de 14 de Diciembre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 14 de Diciembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 376


Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

Rolo: JUICIO VERBAL 2099 /2000

 

Ilmos. Sres. Maxistrados:

Presidente:

D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

Maxistrados:

Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

S E N T E N C I A N° 376

 

En Pontevedra, catorce de decembro do dous mil.

 

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 303/99, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 2 O PORRIÑO, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante DONA MARIA JESUS, e da outra como apelado e demandado R..., e como apelados e demandados, en rebeldía procesual, Dª MARIA CRUZ e D. CONSTANTINO, no xuizo verbal civil, sobre tráfico.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 30 de maio do 2000, o Xdo. 1 Inst e Instr num. 2 de O Porriño, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que estimando parcialmente la demanda interpuesta por Doña María Jesús contra Doña Cruz, don Constantino y Seguros R... debo condenar y condeno a Doña María Curz y la E... a que conjunta y solidariamente indemnicen a la demandante en la cantidad de UN MILLON DOSCIENTAS TRECE MIL CUATROCIENTAS VEINTIDOS PESETAS (1.213.422 ptas.) por los conceptos que se recogen en los Fundamentos Jurídicos de esta sentencia, más el interés legal que se incrementará en el 50% para la aseguradora.

Y que debo absolver y absuelvo al demandado Don Constantino de las pretensiones de la actora. Sin hacer especial pronunciamiento en cuanto a las costas". Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devandito recurso ter sido conferido á parte contraria, a parte demandada R.... impugnou o mesmo.

 

SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO.- O primeiro dos alegados impugnatorios xira arredor do controvertido tema de se para a fixación das indemnizacións derivadas da ocorrencia dun accidente de circulación se deben tomar en consideración as contías do amentado baremo vixente á data mesma do accidente ou se, pola contra, se deben ou poden aplicar outras posteriores e superiores a aquelas por mor das reformas lexislativas que no día de definitivamente fixalas se poidan atopar publicadas e en vigor.

 

Ó respecto e como ben recentemente salientabamos na nosa sentencia do 11 de novembro de 2000 "de entrada cómpre aclarar que se descoñece todo acordo supostamente adoptado polo Pleno celebrado polos maxistrados desta mesma Audiencia Provincial o 22 de xullo de 1999 verbo da procedencia da aplicación da normativa vixente á data de producirse o sinistro. Sería plausible que, entre outros motivos, en aras da seguridade xurídica, se tivese adoptado algún acordo ó respecto, mais por ningures consta ata o día de hoxe acta, comunicación, oficio, ou en fin, soporte documental, que sustente a afirmación efectuada en tal sentido polo recorrente. Esta Sección da Audiencia Provincial, xunto con outras e tal e como se reflicte na adhesión ó recurso de apelación, vén sostendo ata agora xusto a tese contraria á defendida pola entidade recorrente. E semella que a mesma é a que vén sendo admitida polo Tribunal Supremo pois este, na súa sentencia do 15 xuño 1992, xa subliñaba que "Que aún cuando es cierto que, en algunas ocasiones, esta Sala ha calificado de deuda de valor la que resulta de la condena a la indemnización de daños y perjuicios, también lo es que, siguiendo nuestro ordenamiento la llamada postura o tesis nominalista, que hace reposar la cuantía de la deuda en la que figura en el documento o resolución de la que se deriva, no se descarta que, cuando se producen circunstancias especiales, cuales son, entre otras, las del transcurso de un excesivamente largo periodo de tiempo entre la producción del daño y su efectiva reparación, así como la de que durante el mismo se haya producido una notoria desvalorización del dinero, como consecuencia de una notable inflación, pueda ser calificada la deuda en que consiste la indemnización como deuda de valor, con la evidente intención de evitar que las aludidas causas conviertan en inadecuada al montante declarado, la indemnización efectivamente percibida". Mentres que na máis recente do 21 de novembro de 1998, á letra sinala o mesmo Tribunal Supremo que "ha de tenerse en cuenta que las deudas indemnizatorias por daños y perjuicios son deudas de valor para cuya cuantificación ha de tenerse en cuenta el momento del pago o resarcimiento y en este sentido la sentencia de 15 de abril de 1991 dice: "y así cabe afirmar que, en general, emerge como un predicado de justicia satisfactiva, que el perjudicado por el daño sea resarcido del quebranto inferido en su valoración dineraria no por la suma en que se evaluó el mismo cuando se produjo, sino por la equivalencia al momento del pago o resarcimiento colmando de correcta compensación el quebranto devaluatorio de la moneda o instrumento dinerario, en particular, cuando entre ambos actos, el de producción del daño y el del pago ha transcurrido un cierto lapso de tiempo relevante", doctrina que pone de manifiesto la correcta valoración que hace la Sala "a quo" atendiendo a criterios indemnizatorios adecuados al tiempo de su determinación, y teniendo en cuenta, además, que, como se ha dicho, esa función no es revisable en casación. En consecuencia, el motivo ha de ser desestimado".

 

En consecuencia, leva razón a recorrente en apelación dona María Jesús ó reclamar a aplicación do baremo vixente á hora de dictarse sentencia e, xa que logo, a teor das táboas V e III do anexo do publicado pola resolución do 2 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Seguros (BOE 72/2000, do 24 de marzo) procede: A/ Polos 3 días de estancia hospitalaria que sufriu recoñecerlle unha indemnización de 24.696 pts. mentres que polos restantes 88 días impeditivos, a suma de 588.544 pts., o que fai un total, por tal concepto, de 613.240 pts., á que séndolle de aplicación o factor de corrección do 10%, acada a cifra definitivamente resultante de 674.564 pts. B/ As secuelas avaliadas, sen discusión, en seis puntos, deben ser indemnizadas nunhas 657.912 pts a razón de 109.652 o punto., que co factor de corrección do 10%, acadan o total de 723.703 pts.

 

En resumo, á Sra. P... adebédanselle unhas 1.398.267 pts que, unidas ás 196.992 pts por gastos de desprazamento, e ás 4.118 pts., fan un total de 1.599.377 pts por tódolos conceptos anteriormente mencionados.

 

Sen embargo, no que se que non leva razón a recorrente é no relativo ós xuros, pois, tendo ocorrido o accidente de circulación o 8 de xullo de 1998, á data de pronunciamento da sentencia da instancia (30 maio 2000), e á data da consignación efectuada pola codemandada aseguradora unha vez coñecida a anterior resolución xudicial (7 xuño 2000), aínda non tiñan transcorrido os dous años ós que se alude no artigo 20.4 da Lei de Contrato de Seguro nos termos nos que esta último aparece redactado trala disposición adicional sexta da Lei 30/1995, do 8 de novembro.

SEGUNDO.- Non se fai especial pronunciamento verbo das custas que na se puidesen ter ocasionado na presente alzada ó abeiro do así sinalado no artigo 736 da Lei de Axuizamento Civil.

 

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

 

D E C I D I M O S

 

Que debíamos estimar, e en parte estimamos, o recurso de apelación formulado por dona MARÍA JESÚS fronte á sentencia dictada o 30 de maio de 2000 pola sra. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia n° 2 de O Porriño, nos autos de xuízo verbal 303/1999 e, con parcial revogación da devandita resolución xudicial, só se modifica esta última no sentido de que a cantidade fixada a prol da apelante e posta de cargo dos demandados dona MARÍA CRUZ e a entidade "R... debe ser a de 1.599.377 pts en troques da na instancia fixada de 1.213.422 pts., manténdose no demais os restantes pronunciamentos da sentencia apelada, e sen expresa declaración en canto ás custas que na presente alzada se puidesen ter xerado.

 

Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.

 

Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.