Sentencia Civil Nº 382, A...re de 2000

Última revisión
22/12/2000

Sentencia Civil Nº 382, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 246/1999 de 22 de Diciembre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 13 min

Orden: Civil

Fecha: 22 de Diciembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 382


Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

Rolo: MENOR CUANTIA 246 /1999

 

Ilmos. Sres. Maxistrados:

Presidente:

D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

Maxistrados:

Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

S E N T E N C I A N° 382

 

En Pontevedra, vintedous de decembro do dous mil.

 

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 124/98, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCIÓN CAMBADOS NUM. 1, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandada AMBULANCIAS M..., S.L., representado nesta instancia pola procuradora dos Tribunais MARIA SUSANA TOMAS ABAL, baixo a dirección da avogada MARIA GARCIA REY, e da outra como apelado e demandante JOSE BENITO, representado nesta instancia polo procurador dos Tribunais SENEN SOTO SANTIAGO, e baixo a dirección do avogado ARXIMIRO SOLIÑO FUENTES, no xuízo de MENOR CONTÍA, sobre disolución da sociedade e impugnación de acordos sociais.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 12 de maio de 1999, o Xdo. 1 Inst e Instr. Cambados núm uno, pronunciou sentencia, a resolución da cal rigorosamente di: "Que ESTIMANDO LA DEMANDA interpuesta por la procuradora de los Tribunales Dª. Raquel Santos García en nombre y representación de D. JOSE BENITO contra AMBULANCIAS M... S.L., debo declarar y declaro la nulidad del acuerdo de exclusión adoptado en Junta General de 9 de mayo de 1998 y que asimismo debo declarar y declaro disuelta la mercantil "Ambulancias M... S.L." por paralización de los órganos sociales resultando imposible su funcionamiento y por imposibilidad de alcanzar su fin social, con imposición a la demandada de las costas de esta instancia". Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación, e emprazadas que foron perante desta Audiencia, personáronse en tempo e forma ámbalas dúas partes, solicitando a parte apelante o recibimento a proba dos autos, dictándose auto declarando haber lugar á mesma, co resultado que consta nos autos. Forónlle entregados os autos ó Maxistrado Relator polo termo de seis días e, fixado día e hora para a celebración da vista, déuselle traslado ás partes polo prazo legal de catro días, para instrucción dos seus avogados defensores.

A vista de apelación tivo lugar o día 19 de decembro do 2000, coa asistencia dos avogados defensores das partes .

 

SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO.- Da totalidade de excepcións que a entidade demanda tiña argüido na instancia, nesta alzada abandonou a de defecto legal no modo de propoñer a demanda que, polo demais, non podía prosperar por canto que aínda non fixándose a contía do preito (artigo 490 da Lei de Axuizamento Civil) non por isto se resentiu o procedemento a seguir que, como ben se razoa na sentencia apelada, non outro diferente co de menor contía podía ser ó estarmos en presencia dunha acción de impugnación de acordos e dunha acción de disolución xudicial dunha sociedade de responsabilidade limitada.

 

E non mellor sorte merecen as restantes excepcións sobre as que se ten insistido ó longo do acto da vista do recurso de apelación, isto é, a excepción de falla de litisconsorcio pasivo necesario, a prescrición, e a tamén suposta falla de lexitimación activa, polas seguintes resumidas razóns dados os atinados argumentos xurídicos ó respecto explicitados xa na resolución que se combate e que se aceptan como formando parte da presente.

 

Sinala o artigo 105.3 da Lei de Sociedades de Responsabilidade Limitada ("Acuerdo de disolución") que "Si la Junta no fuera convocada, no se celebrara, o no adoptara alguno de los acuerdos previstos en el apartado anterior, cualquier interesado podrá instar la disolución de la sociedad ante el Juez de Primera Instancia del domicilio social. La solicitud de disolución judicial deberá dirigirse contra la sociedad". Mentres que o artigo 70.2 da mesma LSRL ("Impugnación de acuerdos") remítese ó trámite establecido para a impugnación dos acordos da Xunta Xeral de accionistas na Lei de Sociedades Anónimas e, nesta última no seu artigo 117.3 ("Impugnación de acuerdos sociales-Legitimación") sinálase que "Las acciones de impugnación deberán dirigirse contra la sociedad". Velaí polo que a presente litis perfectamente trabada quedaba coa chamada á mesma da demandada sociedade "Ambulancias M..., S.L." e non era preciso tamén convocar á outra socia dona Celsa Marina, polo que, toda suposta falla de litisconsorcio pasivo necesario debía ser rexeitada.

 

Por outra banda, certamente que os administradores dunha sociedade limitada están obrigados a solicitaren a disolución xudicial da sociedade cando o acordo social fose contrario á disolución ou non se puidese lograr, solicitude que, por imperativo do disposto no artigo 105.4 LSRL están obrigados aqueles a formularen non prazo de dous meses a computar dente a data prevista para a celebración da Xunta, cando esta realmente se celebrase, ou dende o día da Xunta, cando o acordo fose contrario á disolución ou non se tivese adoptado. Mais unha cousa é a obrigación que o actor don José Benito tiña como administrador solidario da entidade demandada ("Ambulancias M..., S.L.") e a súa idéntica responsabilidade solidaria por tódalas débedas sociais caso de incumprir con aquela obriga (artigo 105.5 LSRL), e outra ben diferente é a posibilidade que posúe "cualquier interesado" para instar a disolución da sociedade ante o Xuiz de Primeira Instancia do domicilio social (artigo 105.3 LSRL), polo que a demanda formulada polo actor non se atopa viciada polo instituto da prescrición ó non ser aplicable ó caso que nos ocupa aquel amentado prazo dos dous meses.

 

De non menos doada solución se presenta a resolución da derradeira das excepcións reproducidas nesta alzada pola demandada-apelante, relativa á suposta falta de lexitimación activa ó respecto o artigo 117 da Lei de Sociedades Anónimas (pola remisión que ó mesmo efectúa o artigo 56 LSRL) reflicte que están lexitimados (para o caso de acordos nulos) os accionistas, os administradores e calquera terceiro que acredite interese lexitimo e (para o caso dos acordos anulables) os accionistas asistentes á xunta que fixesen constar na acta a súa oposición ó acordo, os ausentes e os que fosen ilexitimamente privados do voto, así como os administradores. Pois ben, aínda cando se tratase o suposto de litis dun asordo anulable, abonda con atender ó contido da acta notarial levantada con motivo da peculiar celebración da xunta do 9 de marzo de 1998 (ós folios 58 á 64) para de xeito ben doado decatármonos da tamén senrazón de tal excepción por canto que na mesma consta como o actor don José Benito comezou opoñéndose á constitución formal da xunta para, despois, ausentarse do lugar non sen antes manifestar que "ante la imposibilidad de llegar a un acuerdo válido para la constitución de la Junta, no tiene sentido proseguirla, por lo que, tras hacer constar que no existe ninguna causa para excluirlo como socio, decide abandonar la reunión".

 

SEGUNDO.- En canto ó fondo do asunto, e no atínxente ó tema relativo á impugnación do acordo polo que se decretou a exclusión do actor da sociedade demandada, se a súa nulidade se amosaba ben clara ó terse infrinxido tanto o disposto nos estatutos sociais (artigo 18.c 3, ó folio 196) como o sinalado no artigo 99 LSRL ("1. La exclusión requerirá acuerdo de la Junta General. En el acta de la reunión se hará constar la identidad de los socios que hayan votado a favor del acuerdo. 2. Salvo en el caso de condena del socio-administrador a indemnizar a la sociedad en los términos del artículo precedente, la exclusión de un socio con participación igual o superior al veinticinco por ciento en el capital social requerirá, además del acuerdo de la Junta General, resolución judicial firme, siempre que el socio no se conforme con la exclusión acordada. Cualquier socio que hubiera votado a favor del acuerdo estará legitimado para ejercitar la acción de exclusión en nombre de la sociedad, cuando ésta no lo hubiera hecho en el plazo de un mes a contar desde la fecha de adopción del acuerdo de exclusión"), en relación cos artigos 70 e 56 do mesmo texto legal e 115 á 119 LSA, moito máis nidia aínda se presentou dende o momento no que a propia entidade demandada contestou á demanda. Así, tal cal así se pode constatar ó folio 74 in fine, á letra se dicía que " esta parte, y Dª. Celsa, que no renuncian a ejercer sus derechos en legítima defensa de sus intereses, interpondrán próximamente una demanda para obtener la exclusión judicial del socio, D. José, cuya acumulación al presente procedimiento se solicitará oportunamente"; e máis adiante, ó folio 76, recoñecíase que "como bien se dice de adverso, al haber una oposición a la exclusión del socio afectado, para poder obtener su exclusión, no es suficiente el acuerdo de la Junta General, sino que hay que solicitar la exclusión judicial". E abonda con repasar as presentes actuacións para, de xeito ben doado, podérmonos decatar de que por ningures se cumpriu con tal esencial e irremplazable trámite. Máis aínda: a propia entidade demandada-apelante, no acto da vista da súa impugnación, admitiu tal circunstancia argumentando que se lle quixera outorgar un voto de confianza ó actor de litis, deixando así de voluntariamente presentar calquera pretensión en sede xudicial na procura da ratificación da exclusión como socio do sr. M....

 

Velaí polo que, a nulidade do acordo que excluía a este último da sociedade limitada, a teor dos preceptos legais de mención, e en atención á propia conducta observada pola entidade interpelada, resultaba incontestable.

 

TERCEIRO.- Recentemente o Tribunal Supremo tivo a ocasión de recoller na súa sentencia do 7 de abril de 2000 a súa anterior doutrina sentada nas mesmas resolucións citadas pola resolución xudicial que nesta alzada se recorre en apelación. Así na STS do 7 abril 2000 sinálase que "Lo resuelto por la sentencia aquí recurrida (en plena coincidencia con la de primer grado) está en total concordancia con la doctrina que, para supuestos similares, tiene proclamada esta Sala (Sentencias de 3 de Julio de 1967, 5 de Junio de 1978, 25 de Julio de 1995), el espíritu de cuya doctrina (aunque dictada para supuestos en que los dos únicos socios tenían iguales participaciones sociales) es igualmente aplicable a aquellos casos en el que, como aquí nos ocupa, aunque las participaciones sociales de los dos únicos socios no sean iguales, la labor obstruccionista de uno de ellos, por la patente hostilidad existente entre ambos, impida la adopción de determinados y fundamentales acuerdos sociales para cuya aprobación se exige un "quorum" especial o cualificado (aumento o reducción del capital social, prórroga de la duración de la sociedad, fusión o transformación de la misma, su disolución o la modificación de la escritura social), con la consiguiente paralización del funcionamiento de los órganos sociales y la imposibilidad manifiesta de realizar el fin social". Pero máis nidia é aínda, se cabe, a citada STS do 25 xullo 1995, segundo a cal: "Esta mención que se hace a la paralización de los órganos sociales como causa de disolución de la sociedad, es el criterio que desde antiguo viene manteniendo la doctrina jurisprudencial, siendo señera a este respecto la citada sentencia de 15 de febrero de 1982, que resume la doctrina sentada en las de 3 de julio de 1967; 25 de octubre de 1963 y 18 de enero y 13 de febrero de 1962. La doctrina queda expuesta de la siguiente forma: "si en una Sociedad de Responsabilidad Limitada, integrada solo por dos socios, con igual participación e idénticas facultades de administración, al surgir desacuerdos entre los mismos podía acordarse su disolución, impetrada por uno de los socios con la oposición del otro, llegando a la conclusión afirmativa, y ello por cuanto, ante tan encontradas posturas, no podía adoptarse ninguna decisión que permitiera el desarrollo del fin social; situación idéntica a la que en el presente caso es objeto de enjuiciamiento, estableciéndose que tal supuesto ha de estimarse comprendido en el párrafo 2° del articulo 30 de la Ley reguladora del Régimen Jurídico de las Sociedades de Responsabilidad Limitada, al contener la misma "una formula genérica" para todos aquellos supuestos que verdaderamente sean de trascendencia, y, de hecho, con sujeción a las reglas del criterio humano, produzcan el colapso de la vida de la compañía, imposibilitando su normal funcionamiento, de manera permanente y definitiva... pues cuando sean solo dos socios con idéntica participación de capital, al no haber mayoría posible, deben reputarse sociedades de tipo familiar y de carácter personalista, y se esta en el caso de aplicar subsidiariamente el n° 7° del artículo 218 del Código de Comercio, que admite la Ley especial en su artículo 31".

 

De seguido esta última STS reflectía algo que de perfecta e total aplicación resulta para o caso de litis: "La cita textual que acabamos de transcribir, hace innecesario cualquier clase de razonamiento añadido, pues difícilmente podemos encontrar un supuesto tan idéntico al que constituye el objeto de la presente litis, ni razonamiento tan cumplido que resuelva la cuestión litigiosa planteada".

E que así é resulta da sinxela contemplación do resultado das xuntas que se celebraron ou intentaron celebrar, algo do que a profusa documental achegada a autos pode dar conta, sendo ben sintomático que, de entrada, os dous únicos socios da entidade demanda nin tan sequera fosen capaces de poñerse de acordo ós efectos do reparto dos cargos de presidente e secretario en cada unha das xuntas. Asemade que, o incontestable dato das notorias diferencias mantidas entre os irmáns M... de xeito ben nidio tamén se reflicten no propio intento de expulsión de don José Benito e no previo intento pola súa parte de disolución da sociedade, na oposición deste a determinadas operacións comerciais (así o leasing documentado ó folio 298 no que sa da conta da radical oposición do actor e do xeito unilateral da súa concreción por parte de dona Celsa), etc, o que conleva que resulte totalmente imposible a prosecución da sociedade como tal dada a paralización dos órganos sociais (artigo 104.1.c LSRL). E se ainda se dubidase ó respecto, mesmo teñen existido episodios de agresión entre os irmáns socios (folio 111 das actuacións).

 

CUARTO.- ó abeiro do disposto no artigo 710 da Lei de Axuizamento Civil impóñense as custas da presente instancia á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

 

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación

 

D E C I D I M O S

 

Que debíamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por representación de AMBULANCIAS M..., S.L., fronte á sentencia dictada o 12 de maio de 1999, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción n° 1 de Cambados, nos autos de MENOR CONTÍA, número 124/98, e debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución xudicial, con expresa imposición das custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

 

Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.

 

Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.