Sentencia Civil Nº 394, A...re de 2000

Última revisión
10/10/2000

Sentencia Civil Nº 394, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 300 de 10 de Octubre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 12 min

Orden: Civil

Fecha: 10 de Octubre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 394

Resumen:
Da pretensión de nulidade dos acordos da xunta de 29 de xuño de 1994, ata o máis despistado pode atopar na demanda a razón da súa inestimabilidade. O tempo de admisibilidade por non caducidade tiña decorrido de ahondo na data de presentación daquela desfortunada demanda. O que fai innecesario lembrarlle a tan pouco prudente demandante que a demanda non foi dirixida fronte á sociedade polo que en ningún caso podería chegarse a ter por ben establecida a relación procesual. Se estima el recurso.  

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00394/2000

 

Rolo Civil: 300/99

P. civil: 321/95

Orixe: XDO. DE 1ª INST. DE CALDAS DE REIS

Tipo asunto: MENOR CONTÍA

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VÁRELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 394

 

Pontevedra, o dez de outubro do año dous mil.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 321/95, vindo do Xulgado de 1ª Inst de Caldas de Reis, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, don JOSÉ JESÚS, representado polo procurador dos tribunais Sr. López López, baixo a dirección do letrado Sr. José Luis Piñeiro; doutra, como apelante e demandante, don ROBERTO, a quen representa o procurador Sr. Tomás Abal e dirixe o letrado Sr. Carrajo Lorenzo; e, amais, dunha outra, como apelada e demandada, dona MARÍA DOLORES, en xuizo de menor contia.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 7 de xuño de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de Caldas de Reis pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISION: "Que desestimando la demanda presentada por el procurador Sr. García Sexto, en nombre de don José Jesús, contra doña María Dolores, representada por el procurador Sr. Abalo Álvarez, por apreciar la excepción de falta de legitimación pasiva, debo absolver y absuelvo a la demandada de los pedimentos contenidos en la demanda. Y todo ello con expresa imposición a la parte demandante de las costas del procedimiento.

 Que estimando parcialmente la demanda presentada por el procurador Sr. García Sexto, en nombre de José Jesús, contra don Roberto, representado por el procurador Sr. Abalo Álvarez, debo declarar y declaro haber lugar a designar un auditor de cuentas para que audite la contabilidad y administración de la sociedad "Motel…., S.L.", respecto a las ejercicios pasados, y emita informe respecto del presente, a cuyo nombramiento se procederá en trámite de ejecución de sentencia. No ha lugar al resto de los pedimentos contenidos en la demanda. Y todo ello sin que proceda hacer expresa imposición de costas".

 

 Fronte á devandita sentencia, as partes: JOSÉ JESÚS e ROBERTO interpuxeron recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuación foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituído en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día trece de setembro do año que andamos para a vista do recurso. A seguir, pasáronselles os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 

 Foi relator o maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

PRIMEIRO. Rexeitamento da demanda con absolución de dona María Dolores Vázquez.

 

 Malia a protesta feita no recurso polo demandante de que tal. señora non foi demandada senón indicada a efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario, o certo é que a tal señora é suxeíto pasivo da pretensión alén de tal indicación como deriva do plural usado na demanda cando se suplica a condena de demandados e non só de un deles.

 

Por provido de 25 de outubro de 1995 foi tida por parte sen que tal resolución fose impugnada pola parte actora.

 

 SEGUNDO. Reposición no cargo de administrador.

 

Ben pode dicirse que, agás nun punto concreto, do que fai causa agora a outra parte en apelación por adhesión, a sentencia apelada rexeita toda a demanda. Mellor, tódalas demandas, xa que máis que ampliación da inicial, a segunda foi unha verdadeira nova demanda, fasquía do debate no que non entramos por non ter sido feita ante nós protesta polar partes.

 

Cómpre, xa que logo, o total reexame dos pedimentos da demanda. Aínda que con lixeiros mudamentos de orde. Escollemos o da rúbrica porque co gallo del a parte fai o xogo argumental que cómpre rexeitar xa no inicio.

 

 A tese da actora é ben sinxela: tres constitúen unha sociedade sendo os constituintes administradores solidarios. Un deles vende a súa participación a outro deles e, SENDO XA DOUS OS SOCIOS unha xunta muda o sistema de administración, revogando o nomeamento do socio demandante e quedando o outro como único administrador.

 

 A partires desa premisa fáctica faise unha elaboración argumental verbo da necesidade de ACORDO UNÁNIME para tales decisións e mermo se TACHA de ilegal -mermo de ilegalidade penal- a VENDA DE PARTICIPACIÓNS. A consecuencia que se quere tirar é que, non como impugnación de acordó social, senón por nulidade de pacto contractual, tales decisións verbo da administración son nulas polo que -sen reclamación de que sexa declarada a nulidade do contrato de venda de participacións que se tacha de ilegal- interesa A REPOSICION NO CARGO DE ADMINISTRADOR.

 

 Non resulta necesario desmonta-la falaz argumentación de interpretación xurídica do alcance dos feitos alegados. Porque

DA MESMA DOCUMENTACIÓN ACHEGADA POZA PARTE ACTORA que non debeu ler coa necesaria atención, derivase a ABSOLUTA FALTA DE VERDAD NA ALEGACIÓN DE QUE PARTE.

 

 De ter visto o testemuño da folla 71 e seguintes -documenta achegado polo actor sen protesta de falsidade, vería que na xunta de socios de 16 de setembro de 1993 estiveron presentes dous socios e mais, como terceiro, o demandante, ainda que este por representación, dato este que quizais explique o absoluto despiste informativo de que fai gala na demanda.

 

 A falsidade remárcase co dato constatado no documento da folla 186 que recolle a data de venda de participacións: outubro seguinte.

 

 Canto ao enxeñoso distingo entre pacto constituinte e vida da sociedade, abonda con advertirmos que: aquel pacto implicaba facer nacer unha persoa xuridica con organización e capacidade de actuación propia reguladas na leí. Entre as posibilidades administradas por esta está a modificación de estatutos e, con ela de que se mude o réxime de administración e de transmisión de participacións.

 

 Certo que eses acordas poden ser impugnados, pero verbo de tales impugnacións volveremos máis adiante.

 

 TERCEIRO. Inadmisibilidade a trámite da pretensión indemnizadora recollida na alínea primeira da súplica da demanda.

 

 O primeiro pedimento resulta inadmisíbel por caer no esencial defecto de non se coñecer o que se pide. Poderla entenderse que se trata dunha acción individual de responsabilidade do administrador. Pero o feito alegado como causa dese prexuizo é o que denomina autocontratación feíta por este. Ocorre que non se indica cal sexa o prexuízo derivado de tal autocontratación. Non aforra cualificativos a demanda. Pero está orfa de substantivos. Descualifica ao autor do que a demanda cualifica de autocontratación. O que de seu xa resulta cuestionábel porque son dúas persoas xurídicas as que perfeccionan o suposto autocontrato. Pero por moito cualificativo que se imaxine, o que resta por saber é cal sexa o prexuízo causado. Porque, de existir tal autocontratación nada permite pensar que o suposto autocontratante fixese pactos prexudiciais máis para a sociedade da que forman parte os litigantes que para aqueloutra sociedade na que non ten parte o actor. E tal lagoa expositiva non pode ser suplida por posterior proba porque esa falta de alegación do que é a causa de pedir deixa na indefensión a parte demandada.

 

 Canto a outros prexuízos vaporosamente aludídos no suplico da demanda, tampouco non teñen o requisito de concreción mínima necesaria para non te-la demanda por inadmisíbel nese particular por falta de determinación no pedido. De a demanda se referir aos relatados na a línea quince dos de feito, resulta obvio que, pola mesma exposición da demanda, xa se pode dicir que non se trata de prexuizos vencellados cun mínimo de seriedade aos actos do administrador, cando menos aos actos que se indican.

 

 CUARTO. Caducidade da pretensión de nulidade do acordo social de 1994.

 

 canto á pretensión de nulidade dos acordos da xunta de 29 de xuño de 1994, ata o máis despistado pode atopar na demanda a razón da súa inestimabilidade. O tempo de admisibilidade por non caducidade tiña decorrido de ahondo na data de presentación daquela desfortunada demanda. O que fai innecesario lembrarlle a tan pouco prudente demandante que a demanda non foi dirixida fronte á sociedade polo que en ningún caso podería chegarse a ter por ben establecida a relación procesual.

 

 QUINTO. Inexistencia de caducidade da pretensión de nulidade dos acordos das xuntas de socios de xuño e xullo de 1995. Corrección do defecto de falta de litisconsorcio pasivo necesario.

 

 Non resulta necesario argüirmos que esa ampliación -na realidade outra absolutamente diversa demanda acumulada- recolle pretensións difícilmente intelixíbeis. Primeiro, porque, aínda que se fan alusións de prolixa literatura verbo da situación económica da sociedade, non se determina coa debida pretensión a causa do pedimento de anulación. Nin cal sexa o feito, nin tampouco cal sexa a xustificación normativa.

 

 A caducidade da acción de impugnación está en función, precisamente, dese motivo, canto que alegado, que deriva do feito que o funda e da norma na que se abeira: porque, cando a tacha non é de anulabilidade, senón de nulidade, o prazo é de un año (artigos 56 da Lei de SRL en relación co 116 da Leí SA).

 

 No caso, a tacha posta reprocha aos acordos das xuntas de xuño e xullo de 1995 ter caído en causa legal de nulidade porque afirma que os acordos foron adoptados con infracción de leí: fundamental pola aprobación da decisión de atribuír retribución ao administrador con infracción das normas que, no caso das sociedades de responsabilidade limitada, esixen para tal decisión acordo da xunta (artigo 66.3, malia non ser citado na demanda).

 

 Acerta a sentencia cando indica que, para tal acción era necesario cumprir un presuposto procesual imposto no artigo 117. Da. Lei de sociedades anónimas por remisión do 56 da de responsabilidade limitada. Ora ben, o defecto de demanda con litisconsorcio pasivo necesario non pode ser motivo de rexeitamento da demanda senón de admisibilidade e sempre como defecto corrixíbel que debe ser requirido no acto da comparecencia do artigo 693 da Lei de axuizar. Daquela que, como ten dito o TS de xeito reiterado, cando no intre da sentencia se considera tal defecto cómpre repo-las actuacións ao intre daquela comparecencia dándolle ocasión á parte para tal corrección.

 

Nese senso, é mester a parcial estimación do recurso sen entrar no cerne deste canto a este pedimento de impugnación dos acordos sociais de 1995.

 

 SEXTO. Acción social de responsabilidade con pedimento de reintegro á sociedade do percibido polo administrador.

 

 Na xunta de 1994 foi pedida celebración de xunta co punto a tratar da responsabilidade social do administrador. Tal acción quedaba expedita xa que ese requirimento foi feito en acta autorizada notarialmente co gallo da celebración desa xunta de 1994. Ocorre que a acción social aquí exercitada na ampliación de demanda atinxe a feitos posteriores a esa xunta, e requirimento, de 1994 que trataba do exercicio de 1993. Atinxe a acción exercitada de responsabilidade social do adminsitrador á atribución a este de retribucións no exercicio de 1994. E verbo desta responsabilidade social non aparece cumprimentado ese presuposto do artigo 134.4 da Lei de SA, aplicábel por remisión da Lei de SRL.

 

Polo que, namentres tal presuposto non ocorra, o demandante non ten lexitimación activa para tal acción, sen prexuízo das accións posteriores mesmo penais que poida mover.

 

 SÉPTIMO. A pretensión de entrada no local da entidade para exame de documentación.

 

 O rexeitamento de tal pretensión resulta do dito na mesma demanda na que se evidencia a confusión máis lamentábel entre o concepto esixir exhibición de documentos coa directa ocupación polo demandante desa documentación, porque unha cousa é ser informado e outra inspeccionar. A comprobación prevista nos estatutos non implica facultar para inspeccións, senón para recibir información respaldada por documentación.

 

A elementalidade do erro releva de calqueroutra argumentación.

 

 OITAVO. Recurso da parte demandada canto ao nomeamento de auditor. Tampouco neste particular a demanda debeu ser estimada como con erro fai a apelada.

 

 Desde logo, canto aos exercicios sucesivos, o rexeitamento da demanda resulta intachábel. Tal pretensión implica unha burda colocación de venda denantes de terse causado ferida. Ningún precepto legal avala tal pretensión de condena de futuro.

 

 Pero tampouco non debeu estimar a pretensión de nomeamento do xeito que o fai. A parte demandada non se opón ao nomeamento;, senón ao xeito de facelo que a sentencia establece.

 

 E tal protesta cómpre acollela, coa consecuencia de ter por rexeitada, nese particular, a demanda. Porque, amais de qué ámbalas dúas partes amosaron sucesiva conformidade en que b nomeamento fose feito polo Rexistrador Mercantil, tal xeito de nomear era o único posibel. O acceso á canle xurisdiccional non pode aceptarse senón logo de terse esgotada esa canle prevista no artigo. Así deriva do artigo 84 da Lei de sociedades de responsabilidade limitada en relación co 206 da de sociedades anónimas. O Xulgado pode revogar aquel que foi nomeado polo rexistrador ou mesmo nomear outro. Ámbalas dúas posibilidades esixen que os interesados acudan diante do rexistrador como presuposto da viabilidade do exercicio xurisdiccional de tal pretensión. Cómpre acollérmo-lo recurso da parte apelada.

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

 Que é mester nós estimarmos parcialmente, e dese xeito o estimamos, o recurso movido por don José Jesús fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Instancia de Caldas de Reis, no xuízo de menor contía núm. 321/95, confirmándoa naqueles particulares que esta parte impugna, agás no atinxente aos acordos da xunta da sociedade litixiosa desenvolvida en xuño e xullo de 1995, verbo da que declararmos nulos os acordos adoptados sen imposición especifica das custas do seu recurso. Asemade, é mester nós estimarmos, e de feito estimámolo, o recurso movido por don Roberto Vázquez Souto, revogando a sentencia canto que estima a pretensión de nomear neste procedemento auditor de contas, decisión que deixamos sen efecto, len especial imposición das cultas desta segunda.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.