Sentencia Civil Nº 398/20...io de 2010

Última revisión
25/06/2010

Sentencia Civil Nº 398/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5111/2008 de 25 de Junio de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 25 de Junio de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 398/2010

Núm. Cendoj: 36057370062010100280

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:1131

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00398/2010

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 5111/08

Procedemento de orixe: Verbal 1015/07

Órgano de procedencia: 1ª Instancia nº 6 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D.EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARES pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 398/10

Vigo, vinte e cinco de xuño de dous mil dez.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 1015/07 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 5111/08, nos que aparece como parte

apelante-demandada MAPFRE AUTOMÓVILES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS e D. Marcial

representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESÚS VALENCIA ULLOA e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL LAFUENTE

PÉREZ e como parte contra da que se apela e demandante D. Santiago representada polo/a

procurador/a D./D.ª ALBERTO VIDAL RUIBAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª CRISTINA RODRÍGUEZ FIGUEROA.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 4 de marzo de 2008, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando íntegramente la demanda interpuesta por el Procurador de los Tribunales Sr. Vidal Ruibal en la representación acreditada en autos de Santiago , debo condenar y condeno a D. Marcial y a la compañía aseguradora MAPFRE a que indemnicen solidariamente a aquella en la cuantía de cuatrocientos dieciocho euros con cinco céntimos (418,05 euros), con los intereses legales de aquella cantidad y condena en costas."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Mª Jesús Valencia Ulloa, en representación de D./D.ª Marcial e MAPFRE AUTOMÓVILES S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 24 de xuño de 2006.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: Sabido é que nos casos de reclamacións de indemnización de danos e perdas recíprocos, derivados de accidentes de tráfico, entre os conductores e propietarios dos vehículos intervintes neses sinistros, non rixen presuncións de culpa nin outros mecanismos análogos, tendentes a obxectivizar a responsabilidade neste eido da circulación, de tal xeito que corresponde entón á parte actora, se pretende o triunfo da súa acción resarcitoria, acreditar inexcusablemente a culpa da parte demandada. Neste senso, a sentenza do Tribunal Supremo de data 5-10-93 di que "la teoría de la creación del riesgo, acompañada de la inversión de la carga de la prueba, tampoco puede ser determinante de la estimación de la demanda por cuanto ambos conductores, o las personas que de ellos traen causa, pueden invocar que es la contraparte la obligada a probar en virtud de la inversión de la carga de la prueba, y por tanto se debe acudir a que es quien demanda quien debe probar que concurren los requisitos del artículo 1902 del Código Civil ". Igualmnte, a s. de 17-6-96 proclama que "sin embargo, es doctrina pacífica y constante derivada de la jurisprudencia de esta Sala, la que establece de una manera llana, que la inversión de la carga de la prueba no opera en los casos de accidentes de circulación por colisión de vehículos, al encontrarse los conductores en la misma situación y anularse las consecuencias de tal inversión probatoria. Y así se destaca la sentencia de 28 de mayo de 1.990 , que tiene sus precedentes en las S.S. de 19 de febrero, y 10 de marzo de 1.987, así como en la de 10 de octubre de 1.988 , cuando dice que no es posible hacer aplicación, en beneficio del recurrente, del principio de inversión de la carga probatoria, ya que resulta incompatible con aquellos supuestos de mutua o recíproca colisión de vehículos de motor, con imposibilidad de determinar a cual de los conductores cabe atribuir la culpabilidad del accidente, como causa eficiente del mismo".

Segundo: As anteriores pautas, volcadas sobre o suposto axuizado, nos levan a acoller o recurso da parte demandada, e a rexeitar a pretensión do demandante, ao non superar este último a carga probatoria que lle incumbe ex artº 217 da L. A. C .. En efecto, existindo dúas versións sobre o accidente, absolutamente contradictorias, o actor non logrou probar a súa, e que consistiría en que, circulando polo carril máis exterior dos dous existentes na rotonda, foi golpeado no ángulo anterior esquerdo do seu vehículo polo lateral dianteiro dereito do vehículo contrario, cando o demandado circulaba polo carril interior, e por querer desviarse á dereita para tomar unha rúa existente nesa banda, invadíu o carril externo, polo que marchaba prioritariamente o demandante. Ou por decilo doutro xeito, non acredita este o cambio de carril do contrario, determinante da culpa, sendo a este respecto insuficiente a única proba ofrecida, da testemuña, Cecilia , que ocupaba o asiento dianteiro dereito do automóbil do actor, a que, ademáis de ser familiar deste último, polo que as súas declaracións deben tomarse con especial cautela e reserva, fai un relato dos feitos cheo de lagoas, incoherencias e inseguridade, chegando a recoñecer que non chegou a ver o outro vehículo ou que "non se fixou ben". A insuficincia probatoria é patente.

Terceiro: A estimación da apelación e o rexeitamento da demanda conducen a impoñer á parte actora as custas procesuais da primeira instancia, e a non facermos unha especial declaración sobre as desta alzada ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación do recurso de apelación promovido por MAPFRE AUTOMÓVILES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS e D. Marcial representados pola Procuradora Sra. Valencia Ulloa, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 6 de Vigo o día 4 de marzo de 2008 , rexeitamos a demanda reitora deste preito, con expresa imposición das custas procesuais da primeira instancia á parte actora, e sen facermos unha especial declaración sobre as desta alzada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.