Sentencia Civil Nº 40, Au...ro de 2000

Última revisión
03/02/2000

Sentencia Civil Nº 40, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 12 de 03 de Febrero de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 03 de Febrero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 40

Resumen:
      A cuestión debatida nesta alzada fica circunscrita ao aspecto puramente probatorio, ou o que é o mesmo, a se o arrendamento alegado pola parte actora, e agora recorrente, foi realmente pactado ou, pola contra, e en tese da parte demandada, trátase dun contrato simulado, con simulación total e absoluta, sen un verdadeiro contido e coa soa finalidade de burla-los dereitos que como propietario da nave industrial lle correspondían a esta última, cuestión- que esta Sala resolve, de acordo coa postura da sentencia recorrida, no segundo dos sentidos sinalados. F) No último termo, se algo é ben deducirmos da certificación atinxente ao persoal da empresa actora é que a súa contratación parece responder a esa finalidade simuladora, dado o sistema de contratación laboral, por so un día, ou dous días, na meirande parte dos casos, dos obreiros que amenta o devandito certificado (folio 128). O segundo motivo do recurso alegado pola parte recorrente atinxe a unha suposta falta de lexitimación activa da caixa de aforros demandada. O rexeitamento do recurso, engadido á temeridade na súa formulación, leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte recorrente (arts. Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga. Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o ºrecurso de apelación movido por PALEGAL, SL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de Primeira Instancia Pontevedra 3, na data de 16 de decembro de 1998, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte recorrente.    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN PRIMEIRA

PONTEVEDRA

 

Rolo civil: 12/99

Orixe: XDO. 1 INSTANCIA PONTEVEDRA 3

Tipo asunto: MENOR CONTIA

 

A SECCION PRIMEIRA DA. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DE EL-REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.40

 

Pontevedra, o 3 de febreiro do año 2000.

 

      O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 44/98, vindo do Xulgado de Primeira Instancia Pontevedra 3, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, "P, SL" representado polo procurador Sr. Alvarez Vázquez, baixo a dirección do letrado Sr. Alvarez Graña; e da outra, como apelado e demandado, "C", representada polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, baixo a dirección do letrado Sr. Velasco Pazos, en xuízo de menor contía.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO.- Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 16 de decembro de 1998, o Sr Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia Pontevedra 3 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

      DECISIÓN: "Que desestimando la demanda ínterpueta por el procurador de los tribunales D. Juan Carlos Alvarez Vázquez, en nombre y representación de P SL, contra C, debo absolver y absuelvo a la demandada de las pretensiones contra ella ejercitadas condenando a la actora al pago de las costas procesales.".

 

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tivoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de 2 de febreiro do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

 

      SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais. Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO. A cuestión debatida nesta alzada fica circunscrita ao aspecto puramente probatorio, ou o que é o mesmo, a se o arrendamento alegado pola parte actora, e agora recorrente, foi realmente pactado ou, pola contra, e en tese da parte demandada, trátase dun contrato simulado, con simulación total e absoluta, sen un verdadeiro contido e coa soa finalidade de burla-los dereitos que como propietario da nave industrial lle correspondían a esta última, cuestión- que esta Sala resolve, de acordo coa postura da sentencia recorrida, no segundo dos sentidos sinalados.

      Arrincando da dificultade, xurisprudencialmente proclamada, que encerra a proba da simulación, dado o lóxico interese das partes intervenientes nela de agacharen esa finalidade simulatoria, e de dárenlle conseguintemente a esa simulación urdida a aparencia ou roupaxe normal do contrato que se quere facer ver, polo que a acreditación da simulación se vai obter normalmente a traverso de probas indirectas e elementos indiciarios, acae salientarmos como datos e circunstancias que converxen cara á conclusión da simulación do contrato de arrendamento discutido os que, a seguir, se pasan a expor: A) A próxima relación parental entre os contratantes, e a proximidade temporal entre a débeda, e o propósito de realización desta polo acredor, dunha beira, e a celebración do contrato, doutra beira; feitos, salientados xa polo xulgador a quo, sobre os que este tribunal non quere insistir. B) A certificación expedida por F, na que se salienta a baixa no consumo de enerxía eléctrica na data de 31 de maio de 1994, é dicir, pouco tempo despois do contrato de aluguer, de 3 de marzo dese año, non habendo consumos a partires desas datas, verficándose a conexión de novo no mes de xaneiro de 1998, poucos días despois da presentación da demanda orixe deste preito; falla de consumo que é incompatíbel co uso do local alugado (f. 264). Sen que sexa admisíbel a hipótese da falta de necesidade dese consumo, dada a finalidade de almacén da nave, pois nin sería esa a finalidade ou destino do local alugado, senón a fabricación de "palés", tal como reza expresamente o propio contrato, para o que existía a maquinaria, consonte as manifestacións feitas na dilixencia xudicial á que logo atinxiremos, nín esa suposta e exclusiva finalidade de almacenaxe xustificaría a ausencia de ningún consumo eléctrico, nin sequera mínimo. C) As dilixencias xudiciais de datas 28 de novembro de 1994 e 2 de febreiro de 1996, nas que en resumo se fai constar, na primeira, que a nave industrial se atopa pechada e sen ningunha persoa ao seu cargo, e na segunda, que, polo que se di encargado, comezaron a traballar a semana pasada e que a maquinaria do inmóbel está parada desde hai dous años; circunstancias e manifestacións irreconciliábeis co aluguer amentado (folios 85, 86 e 87). D) A falla de acreditación do efectivo pagamento da renda, sendo verbo disto insuficiente a documentanción fiscal achegada, xa que non supón máis que unha declaración fiscal nese senso. E) A propia admisión pola actora en confesión, ao ela contestar á posición quinta, de que, malia terse pactado un incremento anual da renda, non se fixo esa revalorización (folio 249). F) No último termo, se algo é ben deducirmos da certificación atinxente ao persoal da empresa actora é que a súa contratación parece responder a esa finalidade simuladora, dado o sistema de contratación laboral, por so un día, ou dous días, na meirande parte dos casos, dos obreiros que amenta o devandito certificado (folio 128).

 

SEGUNDO. O segundo motivo do recurso alegado pola parte recorrente atinxe a unha suposta falta de lexitimación activa da caixa de aforros demandada. O devandito motivo debe ser rexeitado sen paliativos, xa que é xurídicamente inadmisíbel proclamar unha falla de lexitimación activa nun proceso, como no que nos achamos, respecto dunha parte que ostente a calidade de demandada en virtude dun estatus cReado, precisamente, por aquela parte.

 

TERCEIRO. O rexeitamento do recurso, engadido á temeridade na súa formulación, leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte recorrente (arts. 710 e 896 fda LAC).

 

Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

      Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o ºrecurso de apelación movido por PALEGAL, SL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de Primeira Instancia Pontevedra 3, na data de 16 de decembro de 1998, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte recorrente.

 

      Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

 Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

PUBLICACION.- Dada y pronunciada la anterior Sentencia por los Ilmos. Sres. Magistrados que la firman y leída por el/la Ilmo. Magistrado Ponente en el mismo día de su fecha, de lo que yo el/la Secretario certifico.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.