Sentencia Civil Nº 41, Au...ro de 2000

Última revisión
11/02/2000

Sentencia Civil Nº 41, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 353 de 11 de Febrero de 2000

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 11 de Febrero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 41


Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION CIVIL

 

Rolo 0353/98

Asunto SEPARACION MATRIMONIAL

Número 0450/96

Oríxe JDO.1 INST.E INSTR. Nº. 1 REDONDELA

 

      A SECCION SEGUNDA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por DON JOSE JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, Presidente, DON JAIME ESAIN MANRESA e DONA BEGOÑA GARCIA DE ANDOIN JORQUERA, Maxistrados pronunciou

 

NO NOME DE-EL REI

 

a seguinte

 

      SENTENCIA N. 41

 

Pontevedra, o once de Febrero de dos mil.

 

      O recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 0450/96, vindo do JDO.1 INST.E INSTR. Nº. 1 REDONDELA, foi movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandada-reconviniente, dona GLORIA representado nesta instancia polo procurador don LOURDES MARTINEZ CABRERA baixo a dirección do letrado don C. RODRIGUEZ FIGUEROA e da outra como apelado e demandante-reconvido don BASILIO a quen representa o procurador don PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ e dirixe o letrado don MARIA ANTONIA MOLINOS OTERO, siendo parte el MINISTERIO FISCAL, no xuízo de SEPARACION MATRIMONIAL.

 

I.-ANTECEDENTES DE FEITO

 

      PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe na data, 8 de setembro de 1997, o JDO.1 INST.E INSTR. Nº. 1 REDONDELA, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

      DECISIÓN: "Que estimando parcialmente la demanda formulada por el Procurador D. BERNARDO ALFAYA GONZALEZ en nombre y representación de D. BASILIO y la reconvención formulada por la Procuradora Dª GLORIA QUINTAS RODRIGUEZ en nombre y representación de D. GLORIA, debo decretar y decreto la separación de Basilio y Mª. Gloria con los siguientes efectos:

      1º. Los hijos del matrimonio, Valentín y Daniel quedarán en compañía de su madre y bajo su guarda y custodia, sin perjuicio de la patria potestad compartida por ambos progenitores.

      2º. En cuanto al régimen de visitas ha de estarse a lo acordado en el fundamento jurídico cuarto.

      3º. El padre ha de contribuir a las necesidades de sus hijos, en concepto de alimentos, en la suma de 25.000 ptas mensuales, que al efecto habrá de ingresar en la cuenta bancaria que se señale por la esposa, dentro de los cinco primeros días de cada mes y por mensualidades anticipadas, y siendo tal cantidad revisable anualmente conforme a las fluctuaciones que al efecto experimente el

IPC.

4º. Se otorga a la esposa e hijos que quedan en su compañía el uso del ajuar doméstico.

      5º. Se otorga al esposo el uso y disfrute del motocultor marca Ferrari con no de chasis 237702 por un plazo de 2 años.

      6º. Se declara disuelta la sociedad de gananciales.

7º. No ha lugar a hacer imposición de costas".

      Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación e personadas, previo emprazamento, en tempo e forma ámbalas dúas partes perante desta Audiencia e, logo de transcorrido o prazo de instrucción, sin que as mesmas formularan proposición de proba ningunha alegación, e instruido dos autos o Maxistrado Relator do recurso, foi fixado día e hora para a celebración da vista.

      A vista da apelación tivo lugar o día 8 de febreiro de 2000 coa asistencia dos seus respectivos letrados e coas incidencias que se recolleron na correspondente dilixencia.

 

      SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legáis sendo Relator o Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

 

II-FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

      PRIMEIRO. Pola demandada dona Gloria recórrese en apelación a sentencia dictada na instancia para interesar só a parcial revogación desta última en dous dos seus particulares pronunciamentos: o relativo á contía da pensión alimenticia, e o atinxente ó uso e disfrute do motocultor.

      SEGUNDO. Non se limitou a referida demandada a contestar á demanda de separación ue de contrario foi formulada polo seu marido, senón que aproveitando a mesma deduciu reconvención para, entre outras cousas, interesar a fixación dunha pensión alimenticia a favor dos fillos do matrimonio, concretando a mesma na suma mensual de trinta mil pesetas. E agora, nesta alzada, precisamente reclámase esta cantidade en troques das vintecinco mil pesetas mensuais que se acordaron pola Xuiz da instancia que, sen embargo, deben manterse polas seguintes razóns.

      Do matrimonio formado por don Basilio e dona María Gloria naceron dous fillos: Valentín e Daniel, respectivamente nados o 25 de xaneiro de 1988 e o 22 de novembro de 1991. E se certo é que a separación non exime os pais das súas obrigacións para cos seus fillos (artigo 92 do Código Civil) e que o Xuíz en todo caso determinará a contribución de cada proxenitor para satisfacer os alimentos e adoptará as medidas convenientes para asegura-la súa efectividade e a acomodación das prestacións ás circunstancias económicas e necesidades dos fillos en cada momento (artigo 93 do Código Civil), non resultou menos certo que o propio pai na demanda xa se ofrecía a aboar polo amentado concepto de pensión alimenticia a suma que polo Xulgador se fixase prudencialmente.

      Agora ben, verbo das posibilidades económicas do demandante para afrontar tal contribución ás cargas do matrimonio só se probou en autos que figuraba de alta como perceptor dunha ILT (incapacidade Laboral Transitoria) por unha contía da que a propia Tesourería Territorial da Seguridade Social non deu conta, e que o propio perceptor Sr. Barros confesou xirar arredor das sesenta mil pesetas mensuais.

      Con tal fundamental bagaxe probatorio, certamente que aq suma fixada pola Xulgadora a quo e tan só cinco mil pesetas menos que as interesadas pola demandada-apelante, lonxe de considerarse desaxustadas, repútanse ponderadas e ben proporcionadas ás necesidades de toda orde dos alimentistas e ás auténticas e reais posibilidades do alimentante de atende-las mesmas.

      Rexéitase así o primeiro dos alegados impugnatorios.

 

      TERCEIRO: No tema relativo ó motocultor, o Sr. Barros tiña intereado na súa demanda que a Sra. Puertas fose requirida para que de inmediato o puxese a súa disposición por precisalo como o único modo de transporte que, dado o seu actual estado físico, podía manexar. No súplico da reconvención nada se deducía ó respecto de tal pretensión. E a Xulgadora a quo pronunciouse nuns termos que sitúan o segundo dos motivos de impugnación por fóra de toda razón de ser.

      Efectivamente, carece de obxecto o alegado formulado pola apelante no sentido de deixar sen efecto o pronunciamento relativo á atribución ó esposo do uso e disfrute do motocultor, cando ó mesmo se lle fixou a duración temporal de dous años, e este lapso temporal xa ten transcorrido con exceso dende a data da sentencia (8 setembro 1997) ata o día de hoxe. Mais para o caso de que aínda fose hoxe o día que ó Sr. Barros non lle foi entregado o devandito motocultor, sinalar que a esposa quedouse co mesmo así como cun Seat Marbella e un ciclomotor propiedades todos eles do matrimonio (contestación á posición décimoterceira), reclamando o ciclomotor o demandante como o único modo de locomoción do que poder botar man para desprazarse dadas as secuelas que lle restan dun accidente de automóbil.

      Prantexado así o tema amósase acertada a solución adoptada pola Xulgadora a quo polos motivos anteriormente expresados e en consideración sobre todo a que á apelante réstalle aínda a posesión do automóbil e ciclomotor e que recuperará (se xa non o fixo) a tamén posesión do motocultor transcorridos dous años.

      Velaí polo que tamén se rexeita o segundo dos alegados nos que se sustentaba a apelación.

 

      CUARTO: Dada a natureza deste tipo de procedementos e as concretas cuestións que se discutían na presente alzada, non se fai especial pronunciamento verbo das custas que se puidesen ter xerado.

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

      Que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación de don GLORIA, fronte á sentencia dictada polo JDO.1 INST.E INSTR. Nº. 1 REDONDELA na data 8 de setembro de 1997 debemos confirmar e confirmamos, a devandita sentencia recorrida, sen facer especial pronunciamento verbo das custas que se puidesen ter xerado.

      Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, notifíquese de xeito legal ás partes e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo. Deste xeito, por esta sentencia nosa, á  fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.