Última revisión
30/06/1999
Sentencia Civil Nº 411, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 247 de 30 de Junio de 1999
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 30 de Junio de 1999
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 411
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION PRIMEIRA
PONTEVEDRA
Rolo Civil 0247/98
P.Civil 0204/96
Orixe XDO.1ª INST. e INSTR. REDONDELA 1
Tipo Asunto DIVORCIO
A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, e D. JULIO-CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DE EL-REI
a seguinte
SENTENCIA N. 411
Pontevedra,o trinta de xuño de mil novecentos noventa e nove.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil número 0204/96, vindo do XDO.1ª INST. e INSTR. REDONDELA-1, foi movido entre as partes: dunha banda, como apelante e demandada, dona MARIA DEL CARMEN, representada nesta instancia polo procurador dos tribunais Sr. Pérez Gorís, baixo a dirección da letrada Sra. Barreiro Couñago; doutra, como apelado e demandante, don JOSE, a quen representa a procuradora Sra. Martínez Cabrera e dirixe a letrada Sra. Gómez Soler; e, amais, dunha outra, como apelado e demandado, 0 MINISTERIO FISCAL, en xuízo de divorcio.
I.- ANTECEDENTES DE FEITO.
PRIMEIRO.: Nos actos a que este rolo atinxe, na data de dez de marzo de 1998, o Sr. maxistrado-xulz do XDO. 1ª INST.. e INSTR. REDONDELA-1 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISION: "Que estimando la demanda formulada por la procuradora doña Mª José Requejo Losada en nombre y representación de don José contra la esposa de este doña Carmen, debo declarar y declaro disuelto por divorcio el matrimonio contraído por ambos en fecha 8 de agosto de 1976, con los efectos siguiente:
1º.- En cuanto a la guardia y custodia, patria potestad, régimen de visitas y pensión de alimentos para los hijos menores de edad, Pablo y Noé, ha de estarse a lo establecido en los fundamentos jurídicos 2º, 3º y 4º de esta resolución.
2º.- No se aprecian méritos para hacer expresa imposición de costas.
Comuníquese esta sentencia, una vez sea firme, a la Oficina de registro civil en que conste la inscripción de matrimonio de los sujetos al pleito".
Fronte á devandita sentencia, a parte MARIA DEL CARMEN interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Ao estas se constituíren en parte perante ela no tempo e forma que corresponde, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronse por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de dous de xuño do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.
SEGUNDO.: Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais. Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.
II.- FUNDAMENTOS XURIDICOS.
PRIMEIRO.: Acóllese o recurso en parte, recurso limitado nesta alzada a que se fixe a pensión alimentaria a prol dos fillos en trinta e cinco mil pesetas mensuais, tal como xa se sinalou na sentencia de separación deitada o día 14 de xullo de 1988.
A parte actora, e agora recorrida, solicitou na súa demanda a reducción da devandita pensión a oito mil pesetas ao mes, invocando en apoio da súa pretensión, que se produciu unha alteración substancial das circunstancias actuais, postas en relación coas existentes ao tempo da separacion, sinalando como feito alterador desas dúas situacións, anterior e presente, que na actualidade só percibe unha pensión por invalidez permanente total, que acada a suma de 42 341 pesetas mensuais, co que, se lles pasase aos seus fillos aquela cantidade de trinta e cinco mil pesetas, non podería atende-la súa propia subsistencia.
Para que procedera a reducción pretendida pola parte actora, e hoxe apelada, é preciso, obviamente, acreditar, non só a situación actual, senón tamén a existente ao tempo da separación xudicialmente decretada, pois de non acreditarse cal era a situación nese primeiro intre, mal podería compararse un estado e o outro.
Pois ben, a parte demandante non acreditou coa claridade necesaria a situación laboral deste, e, o que e máis importante, cales eran os seus igresos ao tempo da separación. Entón, non pode accederse á rebaixa por el solicitada.
Por outra banda, se nos remontamos ao antecedente laboral máis remoto que consta nos actos (e o máis próximo ao tempo da separación no año 1988), referido ao año 1991, segundo a proba documental aportada nesta alzada, o actor percibía un subsidio por invalidez provisional de tan só 365 288 pesetas, suma inferior á actual, que sería de 518 092 pesetas.
Por último, non acae descoñecer: A) Que o devandito subsidio de invalidez, hoxe por incapacidade permanente total, impedirla, pola súa escasa contía, que o demandante puidese atende-la súa propia subistencia, de ter que pasa-la pensión de trinta e cinco mil pesetas. B ) Que lso non obstante, ese subsidio non é incompatíbel coa percepción dun salario, ben, segundo dispo-n o arto 141.1 da Lei de seguridade social, aprobada por Real decreto lexislativo de 20 de xuño de 1994. C ) Que un dos fillos do actor, Oscar, percibe na actualidade un salario bruto de 1 230 396 pesetas (folio 137). Ponderando todas estas circunstancias, parece máis axeitado a elas fixa-la pensión alimentaria a prol dos fillos en vintecinco mil pesetas mensuais.
SEGUNDO.: Non se fal unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.
C6mpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS.
Que, acollendo en parte o recurso movido por dona María del Carmen contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª instancia de Redondela, no xuizo de divorcio Núm. 204/96, o día 10 de marzo de 1998, é mester nós fixármo-la pensión alimentaria a prol dos fillos e a cargo do pai, e de feito fixámola, na suma de vintecinco mil pesetas ao mes, e de feito fixámola, suma que será anualmente actualizábel de acordo co Indice de Prezos ao Consumo establecido polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo similar. Todo iso sen facermos espacial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
