Última revisión
05/05/2011
Sentencia Civil Nº 413/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3438/2009 de 05 de Mayo de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 05 de Mayo de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 413/2011
Núm. Cendoj: 36057370062011100384
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1188
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00413/2011
CIVIL
Rolo: 3438/2009
Procedemento de orixe: Ordinario 418/2008
Órgano de procedencia: Instancia núm. 7 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, Presidente D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabares p ronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 413/2011
Vigo, cinco de maio de dous mil once.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 7 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3438/2009 , nos que aparece como parte apelado e
demandante DÑA Olga , representada polo/a procurador/a D./D.ª José Ramón Curbera Fernández e
asistida do/da letrado/a D./D.ª Andres Fernández Vazquez, e como apelante- demandado ACCESORIOS Y COMUNICACIÓN,
S.L., no personado en esta instancia. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da
Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 7 de Vigo de Vigo, con data do 23/3/2009, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que estimando la demanda promovida por el procurador D. José Ramón Curbera Fernández en nombre y representación de Dña Olga frente a la mercantil Accesorios y Comunicación S.L., debo condenar y condeno a la demandada a abonar a la actora la suma de 8882,43 E más los intereses legales correspondientes desde la fecha de la presente resolución, así como a las cantidades que se acrediten abonadas por la misma por las ulteriores cuotas del préstamo impgagadas por la demandada, como imposición de las costas causadas.
Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero, en representación de D./D.ª Accesorios y Comunicación, S.L. , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais , eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28/4/2011.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais
Fundamentos
Primeiro : A parte demandada reproduce nesta alzada a excepción de compensación, que debemos estimar agora circunscrita simplemete a que se desconte da suma reclamada pola actora -en canto superior aos supostos créditos a compensar- o importe destes créditos, con acollida parcial entón da demanda reitora deste preito, a diferenza do peticionado na primeira instancia, na que, no escrito de contestación á demanda a parte demandada solicitaba, incomprensiblemente, por ostentar, en todo caso , un crédito menor, o rexeitamento íntegro da pretensión da demandante.
O recurso da parte non pode acollerse , tanto por razóns de fondo ou de dereito substantivo, como formais ou procesuais.
A parte apelante invoca dous créditos a compensar, por unha banda, o procedente da utilización indebida pola demandante do vehículo de propiedade da demandada durante o período de seis meses que se sinala, crédito que se establece en 4.593,24 euros , e por outra, o derivado do disfrute do teléfono, que se contifica en 809 euros. Pois ben, como eses feitos extintivos do crédito da actora, alegados da parte apelante, non teñen cabida dentro do instituo da compensación legal, senón da compensación xudicial, como agora veremos, non podemos tomalos en consideración ao non facer a demandada o uso do canle procesual , adecuado e único, da reconvención, tal como establece a doutrina xurisprudencial.
En efecto, e como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de data 5 de xaneiro de 2007 "si bien no aparece expresamente recogida en el artículo 1195 del Código civil, la llamada compensación xudicial ha sido admitida en numerosísimas Sentencias de esta Sala , en las que se ha configurado como una especie de compensación en la que no son de exigencia todos los requisitos que el Código fija para la legal". Engadindo devandita resolución que "ciertamente, la compensación xudicial requiere que concurran créditos y títulos recíprocos y que las partes sean acreedoras y deudoras por derecho propio ( Sentencia de 26 marzo 2001, con la cita de otras muchas), aunque no es exigible que concurran todos los requisitos exigidos por el del Código civil para que proceda la compensación legal, entre ellos , que las deudas sean líquidas ( Sentencia de 18 enero 1999 )". E como determina a sentenza do mesmo tribunal, de data 30 de abril de 2008, no que agora ten interese "... tampoco se dan los presupuestos para una compensación judicial , no sólo porque no se ha probado la existencia de crédito compensable, sino también porque en esta modalidad la compensación se ha de plantear por vía de reconvención, lo que no es el caso, al ser preciso que el Juez se pronuncie sobre la concurrencia del elemento inicialmente ausente - Sentencias de 11 de octubre de 1988, 24 marzo y 9 abril 1994 -".
As pautas anteriores conlevan desestimar -insistimos- a alegación defensiva da recorrente: A) Primeiramente, ao atoparnos ante un suposto de compensación xudicial e non facerse uso da reconvención. B) Polo que fai ao crédito polo uso do teléfono, pois a demandada nin figura como titular do mesmo, nin acredita en absoluto o pagamento das sumas proclamadas , faltando entón o presuposto insoslaiable, ex artºs. 1196 e seguintes do Código Civil , da cualidade de acredora naquela primeira. C) E con respecto ao segundo dos créditos, polo uso indebido do vehículo por parte da demandante, porque con independencia do dereito que poda asistir á demandada de solicitar a correspondente indemnización por ese concepto, tal como atinadamente advirte a sentenza recorrida, están ausentes os presupostos do vencimento, liquidez e esixibilidade do crédito invocado, que non ten porque equipararse e materializarse necsariamente no pagamento das seis mensualidades polo arrendamento financieiro do vehículo , a razón de 765,54 euros cada mes , nunha operación non suficientemente explicada nin acreditada.
O recurso non pode, por conseguinte prosperar.
Segundo.- Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta polo artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..
Por todo o exposto , e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación promovido pola enidad ACCESORIO Y COMUNICACIÓN, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia num. 7 de Vigo o día 23/03/2009, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño , da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior Resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando audiencia Pública. Doy fe.
