Sentencia Civil Nº 413, A...re de 2000

Última revisión
24/10/2000

Sentencia Civil Nº 413, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1142 de 24 de Octubre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 24 de Octubre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 413

Resumen:
No primeiro termo, e polo que fai á suposta falta de lexitimación activa, e dando por reproducidos os argumentos da sentencia impugnada, abonda con lembrarmos que a súa condición de propietaria trae a súa orixe na escritura pública de compravenda de data 10 de setembro de 1997; escritura notarial que, pola súa condición de escritura pública, constitúe non só o título hábil, senón tamén o modo a traverso da denominada traditio ficta, dándose entón os dous requisitos precisos para a transmisión da propiedade do fundo, do que xa deviña propietaria a súa transmitente, en virtude de acordo de adxudicación provisional de data anterior, como se infire da mesma escritura, dándose dese xeito cumprimento á normativa do artº 45, alínea segunda, da Lei de 14 de agosto de 1985, de Concentración Parcelaria de Galicia. O recurso ten que ser acollido, en cambio, en canto aos danos e perdas reclamados pola parte demandante. Se estima el recurso.      

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00413/2000

 

Rolo civil: 1142/99

P. civil: 0150/98

Orixe: XDO. DE 1ª INSTANCIA DE LALÍEl número de personas que han presentado la declaración de la Renta hasta la fecha aumenta un 22,3% respecto al mismo periodo del año pasado

Tipo asunto: COGNICIÓN

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta, por D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, presidente, D.  JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO e Dª. Mª BEGOÑA GARCÍA DE ANDOIN JORQUERA, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.413

 

Pontevedra, o vintecatro de outubro do año dous mil.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 150/98, vindo do Xulgado de 1ª Instancia de LaliEl número de personas que han presentado la declaración de la Renta hasta la fecha aumenta un 22,3% respecto al mismo periodo del año pasado, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelantes e demandados, dona JULIA e don JOSÉ; e da outra, como apelado e demandante, don JOSÉ. Xuízo de cognición.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

 

 PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 2 de setembro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de LalíEl número de personas que han presentado la declaración de la Renta hasta la fecha aumenta un 22,3% respecto al mismo periodo del año pasado pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que estimando íntegramente la demanda interpuesta por el procurador, Sr. Nistal Riádigos en nombre y representación de don José García Casares y de la comunidad formada con sus hermanos don Pedro y doña María contra doña Julia y don José, debo declarar y declaro que la finca de los demandados, número 559 del plano de concentración parcelaria de la zona de Ferreiroa, Agolada (Pontevedra) está gravada por la servidumbre de aguas reflejada en los planos aportados con la demanda a los folios 17 y 18 de los autos; condenando a los demandados a estar y pasar por tal declaración, así como a la realización de las obras necesarias para reponer el cauce de la servidumbre de aguas a su estado anterior en el plazo de un mes a partir de la fecha de notificación de la presente resolución, bajo apercibimiento de que de no ejecutarse en dicho plazo serán ejecutadas por los demandantes a costa de los demandados, así como a la indemnización de daños y perjuicios que se acrediten en ejecución de sentencia, con apercibimiento de que en lo sucesivo se abstengan de ejecutar cualquier acto que perturbe o menoscabe la servidumbre.

 

 Se hace expresa imposición a los demandados de las costas procesales".

 

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do vintedous de setembro do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 PRIMEIRO. Procede rexeitarmos en esencia o recurso, cabendo únicamente facer unhas sinxelas reflexións nesta alzada, tendo en conta os exhaustivos e atinados razoamentos da sentencia emitida en primeira instancia.

 

 No primeiro termo, e polo que fai á suposta falta de lexitimación activa, e dando por reproducidos os argumentos da sentencia impugnada, abonda con lembrarmos que a súa condición de propietaria trae a súa orixe na escritura pública de compravenda de data 10 de setembro de 1997; escritura notarial que, pola súa condición de escritura pública, constitúe non só o título hábil, senón tamén o modo a traverso da denominada traditio ficta, dándose entón os dous requisitos precisos para a transmisión da propiedade do fundo, do que xa deviña propietaria a súa transmitente, en virtude de acordo de adxudicación provisional de data anterior, como se infire da mesma escritura, dándose dese xeito cumprimento á normativa do artº 45, alínea segunda, da Lei de 14 de agosto de 1985, de Concentración Parcelaria de Galicia.

 

 No segundo lugar, e entrando xa no que é propiamente o fondo do asunto, só cabe sinalarmos que a servidume de augas discutida, coa configuración defendida na demanda, aparece sobradamente acreditada a traverso das abundantes probas practicadas, e que, son as seguintes, expostas de maneira resumida: A) A proba testemuñal ofrecida pola parte demandante (folios 84 e seguintes). B) A proba pericial practicada con tódalas garantías de contradicción e defensa, vindo a informar o perito, en definitiva, que a canle a ceo aberto partía do pozo, cruzaba o caneiro, chegando ata o actual manantial e posteriormente ao fundo da parte demandante (folios 102 e seguintes). C) A detallada e esgotadora proba do recoñecemento xudicial corrobora os anteriores puntos (folios 121 e SS.). D) No mesmo senso nos atopamos co informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (folio 16). E) No último termo, as dúas actas notariais, de datas 10 e 16 de marzo de 1998, acompañadas coa demanda, veñen xustificar a existencia inicial dunha canle de auga que discurría a ceo aberto, e a súa posterior desaparición polas obras denunciadas (folios 10 ao 15, e 19 ao 22), sen que respecto destas actas exista erro ningún, alegado polo apelante no seu escrito de recurso, e sen que sexa obstáculo para que se poida dar por probado que da chamada horta saía a auga o feito de que agora non ocorra así, porque iso é debido precisamente aos labores de taponamento producto daquelas obras.

 

 SEGUNDO. O recurso ten que ser acollido, en cambio, en canto aos danos e perdas reclamados pola parte demandante, xa que sobre tal cuestión non se fixo proba ningunha, e a sentencia recorrida garda silencio sobre este feito, debendo terse en conta, dunha parte, que non pode haber unha decisión estimatoria desa pretensión cando eses prexuízos sexan simplemente posíbeis, hipotéticos ou conxecturábeis, e doutra parte, que nada ten que ver con eles o custo das obras de acondicionamento a facer pola parte demandada para repor a canle da servidume de augas ao seu primitivo estado, ás que condena a sentencia apelada.

 

TERCEIRO. A acollida parcial do recurso e da demanda leva a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (arts. 523 e 896 da L.A.C.).

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

Revogámo-la sentencia apelada no único punto de deixar sen efecto a súa condena de danos e perdas, que se terá por non posta. Todo iso sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.