Última revisión
20/05/2011
Sentencia Civil Nº 457/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4247/2010 de 20 de Mayo de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 13 min
Orden: Civil
Fecha: 20 de Mayo de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 457/2011
Núm. Cendoj: 36057370062011100450
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00457/2011
CIVIL
Rolo: 4247/2010
Procedemento de orixe: Divorcio Contencioso 269/09
Órgano de procedencia: Instancia núm. 12 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA num. 457/2011
Vigo, vinte de maio de dous mil once.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Divorcio Contencioso 269/09 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4247/2010, nos que
aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Juan Miguel , representada polo/a procurador/a
D./D.ª José V. Gil Tránchez e asistida do/da letrado/a D./D.ªCelia Tielas Amil, e como parte contra da que se apela e
demandante D./D.ª Eulalia , representada polo/a procurador/a D./D.ª Purificación Rodriguez
González e asistida do/da letrado/a D./D.ª Isabel Blanco Franco.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.12 de Vigo, con data do 26/10/2009, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Estimar la demanda de divorcio interpuesta por Dª Eulalia frente a D. Juan Miguel, DECLARANDO la disolución por causa de divorcio del matrimonio celebrado entre las partes litigantes el día 29 de junio de 1996, todo ello con los efectos legales inherentes a tal pronunciamiento y acordando las siguientes medidas:
1º.- La atribución del uso y disfrute de la vivienda sita en la CALLE000 nº NUM000, NUM001 NUM002 de Vigo a la actora como de su ajuar y mobiliario.
2º.- Establecer como prestación única por desequilibrio económico la obligación de la parte demandada de abonar a la actora la cantidad de 86.400 euros. Líbrense los correspondientes oficios a las entidades de crédito en las que constan depósitos del demandado para que procedan a retener los mismos hasta la cantidad antes señalada."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª José Vicente Gil Tranchez, en representación de D./D.ª... Juan Miguel, presentou un recurso de apelación , que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais , eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 3/3/2011.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : O demandado, declarado en rebeldía en primeira instancia, interesa, en primeiro lugar, e polo canle do presente recurso de apelación contra a sentenza ditada polo xulgado a nulidade das actuacións, desde o intre inmediatamente posterior ao auto de admisión a trámite da demanda de divorcio, incluida a nulidade daquela primeira resolución (a sentenza), ao estimar - dito de xeito resumido- que houbo un fraude procesual por parte da demandante, ao ocultar ao órgano xudicial datos do demandado que contribuirían a localizalo perfectamente , e así poder emprazalo de xeito persoal, e non por edictos , como rematou por facerse. E fronte esta petición de nulidade, a parte recorrida invoca a santidade da cousa xulgada, pois notificada a sentenza de primeira instancia ao demandado a través dos edictos publicados no tablón de anuncios do xulgado, e transcorrido o prazo, contado desde ese intre, para formular o recurso , sen terse preparado, ditouse providencia de data 13 de novembro de 2009, declarando a firmeza da sentenza.
Segundo : A argumentación da parte apelada, para impedir que se poda entrar na controveria sobre a nulidade de actuacións promovida pola contraparte, carece de consistencia dado que: A) A decisión xudicial de declaración de firmeza da sentenza, tomada pola anterior providencia de 13 de novembro de 2009, foi enmendada polo propio órgano de primeira instancia mediante, primeiramente , o auto de 28 de xaneiro de 2010, acordando a suspensión do procedimento mentres se tramitaba o beneficio de xustiza gratuita, interesado polo demandado, e posteriormente, por providencia de 22 de abril do mesmo ano, pola que, desestimado ese beneficio, se alzaba a suspensión e se advertía ao demandado que lle restaban catro días para a preparación do recurso de apelación , proveidos, un e outro, que, ao non se impugnar pola demandante , deviñeron firmes e inatacables. B) Tampouco foron recorridas sendas providencias, de datas 12 de maio e 21 de xuño daquel ano , tendo por preparado e interposto, respectivamente, o recurso de apelación do demandado, Resolucións que coas outras dúas anteriores non veñen máis que a deixar sen efecto a primeira declaración de firmeza. C) A declaración de firmeza da sentenza era radicalmenrte nula , dado que a mesma procedeuse notificar ao demandado por edictos publicados exclusivamente no tablón de anuncios do xulgado, omitíndose entón a formalidade garantista e preceptiva disposta polo artº 497.2, parágrafo primeiro da Lei procesual, que esixe terminantemente que a sentenza que poña fin ao proceso se notifique ao demandado, ora persoalmente, ora, e para o suposto como o de lite , de que se ache en paradoiro descoñecido, a notificación por medio de edicto publicado no boletín oficial da Comunidade autónoma ou no "Boletín Oficial do Estado", omisión que non pode ter outra consecuencia -insistimos- que a da nulidade absoluta e de raiz de todo o actuado desde esa carencia formal, incluida a declaración de firmeza da sentenza en contravención da norma, non só porque esa omisión conlevaría a vulneración dos postulados de audiencia, contradicción e de interdicción da indefensión, senón amén porque a propia norma procesual sanciona expresamente a nulidade dos actos de comunicación "que non se practiquen consonte ao disposto neste capítulo e poidan cusar indefensión" ( artº 166. 1). D ) En último termo, notificada a sentenza ao demandado persoalmente, unha vez localizado , dándose así cumprimento ao mandato do artº 498 da L. A. C ., as anteriores decisións do xulgado, de ter por preparado e formulado o recurso de apelación, axustáronse estrictamente ao disposto nos artºs. 497. 2. e 500 da mesma Lei procesual, preceptos que computan , precisamente, os prazos para a formulación do recurso de apelación (ou de casación ou extraordinario por infracción porcesual) desde o día seguinte ao da notificación persoal.
Terceiro : Antes de entrar na cuestión de nulidade de actuacións, suscitada polo apelante con fundamento na actuación fraudulenta da demandante, faise preciso traer a colación a doutrina sentada polos Tribunais, Constitucional e Supremo , sobre esta materia, en relación co instituto da declaración de rebeldía do demandado, doutrina que xira, en realidade, sobre dous eixos , un primero, de que o remedio da notificación edictal é subsidiario, e só atendíbel cando se teñan esgotados os outros instrumentos de comunicación legalmente pevistos, e o segundo, ao se esixir unha actitude dilixente tanto por parte do actor na indagación e designación dos datos exactos e completos de que dispoña respecto do demandado, como do órgano xudicial , nas súas tarefas investigadoras, mesmo de oficio, ao mesmo fin, para o logro último, de que o proceso chegue ao efectivo coñecemento do interesado.
Como di a sentenza do T. S. de data 8-10-2008 "respecto a la modalidad del emplazamiento por edictos, cabe resumir la doctrina del Tribunal Constitucional de la manera que se dice seguidamente; 1º, Es un medio supletorio que ha de utilizarse como remedio último cuando no sea posible recurrir a otros más efectivos, por lo que para acordar esta medida tienen que haberse agotado todas aquellas otras modalidades que aseguren en mayor grado la recepción por el destinatario de la correspondiente cédula (entre otras, S.S.T.S. números 1820/1987 , 196/1989, 130/1992 ); y 2º, Requiere en su calidad de último remedio no sólo el agotamiento previo de las otras modalidades de más garantía que aseguren en mayor grado la recepción por el destinatario de la correspondiente cédula y la constancia formal de haberse intentado practicarlas, sino también que el acuerdo o la Resolución judicial de tener a la parte como persona en ignorado paradero -presupuesto de emplazamiento por edictos- se halle fundado en criterios de razonabilidad que lleven a la convicción o certeza de la inutilidad de aquellos otros medios normales de citación ( SST.S. números 157/1987, 233/1988, 16/1989, 203/1990 , 242/1991 y 108/1994 ).
E como proclama a sentenza do meso tribunal de 15-6-2007 "el remedio edictal impone la carga de agotar toda la diligencia posible a fin de lograr la citación y emplazamiento personal del demandado, previamente a acudir a la citación y emplazamiento por medio de edictos". Por iso, a sentenza de 12-6-2003 advirte que non se agotaron os medios de comunicación preferentes se houbo "la designación no correcta, buscado o no de propósito, del domicilio de la demandada, cuando se contaba con datos suficientes para su debida aportación y así lo pone de manifiesto la conducta procesal seguida por el demandante, al fijar un domicilio ya inexistente por haber sido debidamente sustituido...".
Pola súa banda, o T. C. dispón na sentenza de 16-9-2002 a imposición "a los órganos judiciales un especial deber de diligencia en la realización de los actos de comunicación procesal que asegure, en la medida de lo posible , su recepción por los destinatarios, dándoles así la oportunidad de defensa y de evitar la indefensión ( T.C. SS 167/1992, de 26 Oct.; 103/1993, de 22 Mar.; 316/1993 , de 25 Oct.; 317/1993, de 25 Oct.; 334/1993, de 15 Nov.; 108/1994 , de 11 Abr.; 186/1997, de 10 Nov .)".
Cuarto : Á luz dos criterios precedentes, debemos estimar o pedimento de nulidade de actuacións, ao non actuar a actora coa dilixencia debida , nin na designación, en xeral, de todas as circunstancias do demandado, propis destes casos, que poderan servir de utilidade ao órgano xudicial para averiguar o seu paradoiro, nin na mención dos específicos -e coñecidos- domicilios do mesmo pois: A) O demandado era dono en propiedade exclusiva dunha vivenda na localidade de Villafames (Castellón) , na que pasaba tempadas todos os anos, circunstancias que eran coñecidas pola súa esposa, a actora, a que insta incluso na demanda que se lle permita a retirada desa vivenda dos móveis e enxovais propios, nunha admisión entón de que a mesma era habitada. Lembramos a este respecto as sentenzas do Tribunal Constitucional de datas 24-2 , 30-10 e 13-11-2000, que outorgan o amparo nos casos, orecisamente, de notificación por edictos sen se intentar previamente a notificación persoal no outro domicilio do demandado que constaba nos autos. B) A residencia do demandado na RUA000, nº NUM003 , NUM004 - NUM005, desta cidade de Vigo, alternativa e sucesivamente a igual residencia na vivenda NUM006 - NUM007 do mesmo inmoble, era igualmente sabida pola demandante, tal como coleximos das declaracións das dúas testemuñas , empregadas do fogar, e que prestaron estes servizos a cavalo entre aqueles domicilios e o da nai da actora. C) Non é riguroso, nin leal, ante o infructuoso resultado do emprazamento do demandado na vivenda NUM006 - NUM005 daquel edificio , designar como domicilio do mesmo o antiguo domicilio conxugal, na CALLE000, nº NUM000 - NUM001 - NUM002, cando a demandante era perfectamente sabedora de que o seu consorte tiña abandonado moito tempo antes, e definitivamente, referido domicilio familiar. D) Derradeiramente, omitiu a demandante por ao alcance do xulgado , a pesar de por igual coñecelos, datos do demandado tales como, por exemplo, as entidades bancarias nas que este último tiña abertas contas, ou o número do seu móbil, feitos que podían contribuir naturalmente a averiguar o seu padadoiro. Concretamente, o Tribunal Constitucional ten outorgado o amparo naqueleos casos en que se acodiuse aos edictos a oesar de que nas actuacións aparecía un teléfono no que a demandada podía ser localizada ( s. de 13-3-2000 ). En definitiva, e con independencia de que houbera ou non por parte da demandante un propósito ocultador e en fraude procesual , a realidade contrastada é, en todo caso , que a mesma actuou con unha clara e inequívoca indolencia, despreocupación e indilixencia, que ten menor xustificación se cabe nun contexto familiar e empresarial circunscritos a un ámbito xeográfico limitado, e no que tiña presenza efectiva o demandado, coxuntura na que non se atopa ningunha explicación a que transcorriram máis de sete meses entre a primeira dilixencia negativa de emprazamento e a declaración de rebeldía, sen localizarse ao mesmo , quen, por conseguinte, padeceu un evidente Estado de indefensión ao non se enterar en absoluto da existencia do proceso de divorcio, nin da sentenza que lle puxo fin en primeira instancia, pois non debe esquecerse, derradeiramente a xa para pechar o círculo argumental , que a parte actora non instou nin a notificación persoal de devandita Resolución nin a notificación por medio de edictos nos boletíns oficiais, ex artº 497 da Lei de axuizar .
Quinto : A natureza e sentido da decisión tomada lévanos a non facermos netes intres procesuais unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que declaramos a nulidade de todo o actuado, inclusive da sentenza ditada en primeira instancia polo Xulgado de Primeira Instancia nº 12 de Vigo o día 26 de outubro de 2011, repoñendo as actuacións ao trámite de admisión a trámite da demanda, debendo procederse ao emprazamento do demandado na forma legalmente prevista, e con agotamentos de todos os medios que foran precisos, no seu caso , para determinar o seu paradoiro. Procedendo logo o xulgador a quo con liberdade de criterio. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 , do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Contra a presente Sentenza pode interpoñerse recurso de casación por interese casacional e recurso extraordinario por Infracción procesual, que se prepararán a medio de escrito presentado ante esta sección nos 5 días seguintes á notificación na forma prevista en arts. 479 e 470 de LAC . Ao escrito de preparación do recurso deberá achegarse o xustificante de terse efectuado o preceptivo depósito (50 ? casación, 50 ? Extraordinario por Infracción Procesual) previsto na Disposición Adicional Décimo Quinta da Lei Orgánica 1/2009 ) na Cuenta de Depósitos e Consignacións desta Sección (0915000012 , segue n.º Rolo e ano) aberta en Banesto, Sucursal de C/Coruña, facendo constar no xustificante de ingreso o tipo de recurso que se desexa interpoñer (Civil-Casación; civil-Extraordinario por Infracción procesual). De non efectuar o depósito , ditarase Auto que poña fin ao trámite do recurso, quedando firme a resolución impugnada. Quedan exentos de constitución de depósito os que teñan recoñecido beneficio de asistencia xurídica gratuíta.
Notifíqueselles ás partes a presente Resolución.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
