Última revisión
24/07/2008
Sentencia Civil Nº 460/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3427/2007 de 24 de Julio de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Civil
Fecha: 24 de Julio de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 460/2008
Núm. Cendoj: 36057370062008100418
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00460/2008
CIVIL
Rolo: 3427/07
Procedemento de orixe: Ordinario 62/06
Órgano de procedencia: Instancia núm. 4 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, Presidente; D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 460
Vigo, vintecatro de xullo do dous mil oito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 62/06
procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 4 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3427/07, nos que aparece como parte
apelante- demandados Dña Yolanda , y Dña Eva representadas
polo procurador D. José Antonio Fandiño Carnero e asistida da letrada D.ª Blanca Morgadas Lago e como parte contra da que se
apela e demandante "A.B. INVERSIONES Y PROMOCIONES, S.L. representada pola procuradora D.ª María José Lorenzo
Zarandona e asistida da letrada D. José Luis Martínez-Paul. No persoada e demandada o Instituto Galego da Vivenda e Solo.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo de Vigo, con data do 29/6/2007, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que estimando íntegramente la demanda presentada por la Procuradora de los Tribunales Dª María José Lorenzo Zarandona, en nombre y representación de "A.B. Inversiones y Promociones, S.l." contra Dª Yolanda y Dª Eva , representadas por el Procuradora de los Tribunales D. José Antonio Fandiño Carnero, y contra el Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo, representada por el Letrado de la Xunta de Galicia, debo declarar y declaro que:
a) Que la finca propiedad de la demandante descrita en el hecho primero de la demanda linda con el terreno propiedad del Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo.
B) Que la finca propiedad de la actora descrita en el hecho primero de la demanda, finca registral NUM000 no se halla gravad con servidumbre de paso a favor de las demandadas, que en consecuencia, no pueden tener puertas abiertas, ni derecho de paso a través de ella.
c) Que, por la anterior, "A.B. Inversiones y Promociones, S.L." no tiene obligación de retirar el portalón ubicado en el extremo oeste de su propiedad, ni el muro de piedra levantado que separa su fi8nca del terreno de uso público, ni abrir puertas en el mismo.".
Y que debo condenar y condeno a las demandadas a estar y a pasar por esta declaración. Las costas causadas se imponen a las codemandadas Dª Yolanda y a Dª Eva .""
Segundo: Contra a dita sentenza o procurador D. José Antonio Fandiño Carnero, en representación de D.ª Yolanda y Dña Eva , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17/7/08.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: A Sala comparte esencialmente a liña argumental da sentenza recorrida polas demandadaa, e que levou á xulgadora a quo a acollela acción negatoria de servidume de paso, que contra delas promove a sociedade actora, limitándonos entón a facelas seguintes reflexións, que sirven para abondar e afondar simplemente sobre naqueles argumentos, todos eles referidos a se concurren ou non no presente caso os dous presupostos precisos para o triunfo daquela acción, postos en tela de xuizo polas demandadas, un primeiro, da titularidade dominical do demandante do terreo sobre o que se nega a existencia da servidume, e o segundo, da inexistencia deste gravame a prol das accionadas, e hoxe apelantes.
Daquela, pasamos a expoñelos argumentos que amparan a tese da actora, afirmando que a franxa de terreo é da sua propiedade, inversamente á afirmación das demandadas, de que a mesma é de dominio público.
Primeiramente, esa titularidade pública négase pola propia interesada, a Administración (Instituto Galego da Vivenda e Solo), que é chamado ao proceso aos sós efectos dun posible litisconsorcio pasivo necesario, e que non se opón realmente á pretensión da actora. Por outra banda, na titulación do predio pertecente a este Instituto no se reseña como lindeiro Norte ese camiño público. Finalmente, o mesmo non aparece incluido no Inventario de Bens Municipais do Concello de Vigo. Conseguintemente, o terreo non é de natureza pública, o que nos conduciría entón a afirmala sua condición privada, e como as demandadas non se atribúen a sua propiedade, chegaríamos xa inicialmente á conclusión, por mera via indiciaria, e por exclusión, de que pertece á demandante.
En segundo lugar, a abondosa proba documental unida aos autos, e que sirve de título aos contendentes, apoia decididamente a propiedade do terreo a prol da actora, ou o que é o mesmo, que ese terreo forma parte do seu fundo.
En efecto, e dunha parte, dos documentos referidos ao dominio das duas demandadas cabe colexir: A) Que dos mesmos resulta a propiedade dunha vivenda soamente ( de arredor de 52 metros cuadrados de superficie cadansua), sen terreo ningún anexo, que aparecería como suposto predio dominante, pertenza dese terreo, ubicado ás costas das vivendas ou Norte, que tanto négase polo I.G.V.S., quen afirma que se trata dunha ocupación ou usurpación, como que carece de todo título que a apoie, sen que poda invocarse o título adquisitivo da usucapión, dada a condición pública deses terreos, que ninguén nega, nin as propias accionadas. B) Que nos títulos adquisitivos desas vivendas fálase como lindeiro Norte ou fondo de "espazo de uso público e, despois, herdeiros de Abel de Ulla" (en esencia, folio 44), sen referencia ningunha a un camiño ou a un acceso, sobre o que discurriría o paso que as demandadas afirman ter. Expresión esta exactamente coincidente coa plasmada na escritura pública de data 19 de maio de 1.983, pola que o I.G.V.S. procede a a efectuala Segregación, Declaración de Obra Nova e constitución do Réxime de Propiedade Horizontal do terreo pertenecte a ese Instituto (folios 123 e 124).
Doutra parte, a documentación actual que ampara a propiedade da demandante, e a documentación anterior, xustificativa da propiedade dos seus causantes, avalan decididamente que esa propiedade comprende o terreo de lite, tal como atinadamente razoa a sentenza de primeira instancia, con unha esmiuzada e acertada relación cronolóxica das vendas, agrupacións e segregacións de fundos ao longo de varias décadas, descripción á que remitímonos, non sen deixar de facer fincapé sobre o feito crucial, reseñado en devandita resolución, e constatado documentalmente, da agrupación dos fundos rexistrais nºs. 7.285 e 7.286 no fundo nº 52.605, plasmada na escritura notarial de 25 de novembro de 1.994, debidamente inscrita no Rexistro da Propiedade (folios 141 a 144), e operada polos herdeiros do seu á sazón propietario, Jose Ángel . Pois ben, nesa escitura de agrupación se expresa como lindeiro Sur - o que nos ten interese- "da Organización Sindical" (folio 145), sen alusión ningunha entón a un camiño ou acceso, como lóxica consecuencia de que todo paso anterior, de existir, carecía de razón de ser na sua subsistencia, ao pasalos dous fundos agrupados a ser dunha mesma e única propiedade.
Pois ben, efectuada a anterior agrupación, o fundo resultante é obxeto de sucesivas vendas, a primeira, a prol de Jose Miguel e esposa por escritura notarial de 18 de abril de 1.995, e a segunda, dos anteriores a prol de Nonito Riadigos Ferradás e cónxuxe en escritura pública de 26 de decembro de 1.995 (por exemplo, folios 145 e 145 volto). Sucede, sen embargo, que estes últimos compradores proceden entón a segregar tres predios, constituindo simultaneamente unha servidume de paso sobre os mesmos, naturalmente necesaria para acceder á vía pública, é decir, a rua Pardaiña. Así colíxese de maneira clara e inequívoca da escritura notarial de data 17 de agosto de 2.001, pola que Nonito Riadigos e esposa venden os fundos nºs. 2 e 3, resultantes daquela segregación, a Luis Alberto (vendedor, á postre, ao hoxe demandante), ao expresarse nesa escritura como lindeiro Sur do predio nº 3 "terreo da Organización Sindical e acceso", en alusión á servidume que se estaba a constituir, servidume sobre a que, se quedara algunha dúbida, queda superada pola propia escritura notarial, ao proclamar no capítulo referido á cargas, que os dous fundos "están gravados e gozan dunha servidume para acceso común de todos eles dende a rua Pardaiñas...", para expresarse incluso a superficie desa servidume, total, e polo terreo ocupado en cada un dos predios (en esencia, folio 148). A existencia desa servidume, e a sua constitución compartida sobre eses terreos obxeto de división, queda por conseguinte fora de toda incertidume- insistimos-.
Mais é que, en terceiro e último lugar, e se o dito non fora bastante - que sí o é-, para xustificalo dominio da demandante sobre o terreo en discusión, existe outra circunstancia que refrendaría esa conslusión, como é a cualidade de terceiro adquirinte protexido pola fe pública rexistral, ao abeiro do artº 34 da L. H ., da que goza a actora, en canto que adquire por título oneroso (compravenda en escritura pública de data 4 de decembro de 2.003, aos folios 17 e seguintes), de terceiro que ten inscrito o seu dereito de propiedade no Rexistro ( Luis Alberto e eposa), e inscribe a sua vez o seu dereito. Debendo salientarse, xa para rematar, e por unha banda, que nesta última escritura notarial reproducese a existencia da servidume, e por outra, que non hai proba ningunha - nin as demandadas as intentan- que poña en cuestión a presunción legal de boa fe da demandante na adquisión dos fundos, para así pechalo círculo oo conxunto de presupostos necesarios para ostentala cualidade de terceiro hipotecario.
Segundo.- A existencia da servidume de paso a prol das demandadas está totalmente orfa de proba. A usucapión non pode ser título adquisitivo bastante dada a condición discontinua desta clase de servidumes. E non hai ningún outro título que a acredite. En último termo, e como estamos ante unha servidume predial, a sua razón de ser carecería de consistencia, pois tampouco existe proba de que as hoxe apelantes sexan propietarias dos terreos - polo demais de dominio público- situados na parte postreira das suas respectivas vivendas.
As consideracións precedentes conducen a rexeitala apelación, sen que as mesmas aparezan desvirtuadas pola probas periciais, certamente contradictorias entre elas, e que ninguna luz lanzan sobre a cuestión, netamente xurídica, que se está ventilar.
Terceiro.- Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para non aplicalo criterio xeral do vencimento obxetivo, disposto para as custas procesuais polos artºs. 394 e 398 da L. A. C ..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamolo recurso de apelación formulado polo Procurador Sr. Fandiño Carnero, na representación de Dª Yolanda e Dª Eva contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia 4 de Vigo o día vintenove de xuño do dous mil sete, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada ás apelantes.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
