Última revisión
22/09/2006
Sentencia Civil Nº 483/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3399/2005 de 22 de Septiembre de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 22 de Septiembre de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 483/2006
Núm. Cendoj: 36057370062006100385
Núm. Ecli: ES:APPO:2006:2395
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00483/2006
CIVIL
Rolo: 3399/05
Procedimento de Orixen: ordinario 346/04
Organo de Procedencia: Xulgado de 1ª Instancia nº 8 Vigo
A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO,
composta polos Ilmo.s Sres. Maxistrados : D. JAIME CARRERA IBARZABAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E DÑA. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO , Pronunciou
NO NOME DO REI
A seguinte
SENTENCIA nº 483
En Vigo a vintedóus de setembro de dous mil seis.
VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio ordinario 346/04, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 8 de Vigo , os que correspou o rolo 3399/05 , nos que aparece como Apelante D. Rodolfo y Dª. Sandra representados polo procurador D. José Antonio Fandiño Carnero e asistidos do letrado D. Juan Olegario Gil Garcia e como Apelado Comunidad de Propietarios del EDIFICIO000 e representado polo Procurador Montserrat Barreras González e asistido do letrado D. José L. Bianchi Valcarce, e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO , quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Polo Xulgado de 1ª Instancia num. oito de Vigo, con data un de xuño de dous mil cinco, dictouse sentencia co seguinte fallo:
"Que estimando la demanda interpuesta por la Procuradora Doña Montserrat Barreras González, en representación de la Comunidad de Propietarios del edificio situado en el nº NUM000 de la CALLE000 , de Vigo ( EDIFICIO000 ), contra Don Rodolfo y Doña Sandra , debo condenar y condeno a los demandados a reponer los huecos del local de su propiedad que dan a la galería comercial a su estado originario y en las condiciones exigidas por la escritura de propiedad horizontal, es decir, con cristaleras transpirables iluminables, eliminando los elementos opacos de cierre que actualmente poseen, con condena en costas de los demandados."
SEGUNDO.- Contra dita Sentencia, polo procurador D. José Antonio Fandiño Carnero, en representación de D. Rodolfo y Doña Sandra , formulouse recurso de apelación, que foi admitido en ambos efectos consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil.
TERCEIRO.- Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.- As motivacións de orde formal e de fondo que a parte demandada, e agora recurrente, artella contra da sentencia dictada en primeira instancia e, á postre, contra da pretensión da Comunidade de Propietarios actora non poden ser acollidas polas razóns que de seguido se pasan expor.
Alega, en primeiro termo, a parte recurrente, como xa fixo na primeira instancia, a nulidade do acordo da Xunta de Propietarios, na que se tomaba o acordo comunitario de proceder xudicialmente contra dela. Nulidade que anua a que non fora convocado a éla. Invocación defensiva que non é de recibo, dado que con independencia de que aparecería acreditada esa convocatoria pola proba testemuñal e pola propia acta da Xunta ( folio 29 dos autos ), a acción conducente a obter esa nulidade estaría periclitada polo transcurso do plazo ( antes de trinta días e hoxe de tres meses ) legalmente establecido para exercitar tal acción, dado que os casos de nulidade de convocatoria non son dos incardinables no concepto de nulidad radical ou absoluta, tal como ven proclamar reiteradamente a doctrina xurisprudencial, da que son expoñente as ss., entre outras, de 23-5-90, 25-2-92,27-5 e 2-7-2.002 e 28-2-2.005.
E como proclama a s. do memso Tribunal, de 17-6-2005 " doctrina de esta Sala, superando ciertas contradicciones anteriores, mantiene como criterio unitario que el plazo de caducidad previsto en el art. 16.4º LPH (en su redacción por Ley 49/1.960 ) rige para los acuerdos de las Juntas que entrañen infracción de preceptos de la Ley de Propiedad Horizontal o de los Estatutos de la Comunidad, de modo que la nulidad absoluta del art. 6.3 CC sólo es aplicable a los contrarios a la moral o al orden público o cuando proceda por constituir fraude de ley (Sentencias, entre otras, 7 octubre 1.999, 5 mayo 2.000, 7 marzo 2.002, 23 julio y 28 octubre 2.004, 25 enero y 28 febrero 2.005 ), siendo por lo demás evidente, en el caso, que el día de la formulación de la reconvención había transcurrido el plazo de treinta días previsto en el precepto que, como de caducidad que es, opera por el mero transcurso del tiempo y no es susceptible de interrupción (SS., entre otras, 2 julio 2.002 y 11 noviembre 2.004 ) ".
A acción adolecería do vicio da caducidade, que é apreciable de oficio.
Non mellor sorte rexeitadora faise merecente recibir a segunda das alegacións defensivas da parte apelante, no senso de que non precedeu á promoción da demanda o requerimento previo extraxudicial aos demandados, establecido no acordo da Xunta de Propietarios, dado que ademais de que nunha orde normal de suceder as cousas os intentos dun acordo extraxudicial semella `presumíbles dado o importante tempò trascurrido entre a celebración da Xunta e a presentación da demanda ( de ó redor de oito meses ), a interpretación racional e finalística daquela decisión comunitaria non nos leva a consideralo requerimento como unha condictio iuris, ou presuposto si ne qua non, insoslaible para a postreira formulación da acción xudicial, senón como un último intento de buscar unha solución pacífica ( " para que de xeito pacífico e inmediato promova as obras necesarias... ", se di elocuentemente na acta ), que se revelaba en realidade como inxenua e ilusoria, como os feitos posteriores o evidenciaron.
SEGUNDO.- Procedendo a entrar entón no cerne do asunto, a parte apelante, fronte á pretensión da Comunidade de Propietarios actora, de que proceda á reposición dos escaparates da galería ao seu estado precedente ( en esencia, e simplificando, con cristais transparentes ), invoca o artº 5, último parágrafo, dos Estatutos, que literalmente reza: " poderá cada propietario, sen necesidade de contar co consentimento do resto dos membros da comunidade, realizar no seu local cantas obras teña por convinte, ainda cando afecten a sua configuración ou aspecto exterior da edificación, respetando o estilo arquitectónico da totalidade do edificio e a uniformidade respecto da galería comercial " ( folio 64 volto ). Máis nin a literalidade dese precepto conduce necesarimente a interpretación defendida polos demandados apelantes, nin, o que é máis importante e decisivo, os criterios interpretativos preferentes, lóxico, teleolóxico, sistemático e sociolóxico nos levan á conclusión da parte recurrente.
Efectivamente, se os propios Estatutos poñen como limitación o respeto á uniformidada da galería comercial, as características da obra dos donos do local na parte lindante coa galería ( paneles acristalados opacos ) se compadecen mal coa uniformidade prevista, pois estaríamos ante unha forma de pechamento radicalmente diferente da dos demaís locais.
En segundo lugar, unha interpretación sistemática dos Estatutos nos conduciría á mesma conclusión, pois se se pon en relación aquela norma co artº 4. C. m), colexiremos que a existencia de escaparates na galería aparece como algo substancial, ata o punto de que este último precepto establece a obligatoriedade de " conservar os escaparates iluminados durante o horario de apertura ", prevención baleira e carecente de contido se a existencia de escaparates comerciais non xurdira como necesaria.
Finalmente, os criterios racional e sociolóxico remítennos ao mesmo entendimento. Pensemos que estamos ante locais comerciais sitos, non nunha rúa, praza ou outro lugar de por se aberto, senón nun espacio pechado totalmente, agás da sua entrada, como é unha galería. E ante esa desfavorábel coxuntura, a apariencia exterior da galería é decisiva, ou dito doutro xeito, a configuración dos locais que dan a ela xoga un papel determinante e perentorio para os fins comerciais pretendidos. Por decilo dalgunha maneira, as cualidades de espaciosidade, claridade, transparencia e luminosidade, dos ocos existentes nos paramentos dos locais comerciais, contiguos á galería, aparecen como obvias, obrigadas e irrenunciables para a desexada asistencia do público e para a atracción da clientela.
Pois ben, non son necesarias xa especiais e novas reflexións para rematar decindo que as obras levadas a cabo polos demandados non se cohonestan con esas coordenadas. Bastando para elo con lembrra que estamos an a colocación dus paneis de material totalmente opaco que discurren, prácticamente sen solución de continuidade, a todo o alto e longo do paramento do local, nuha distancia cercana aos quince metros, que producen un efecto tunel, e como tal disuasor da potencial clientela que discurre pola rúa, efecto disuasor que ten un maior relevo neste caso, por estar ubicado o local de lite ao inicio mesmo da galería comercial. Non querendo o Tribunal terminar sen facer a reflexión, de que a tese dos demandados, levada ata as suas últimas consecuncias, de poder realizar os propietarios dos locais obras da mesma ou semellante natureza, conduciría ao absurdo de que a galería dexeneraría nun túnel, frustrándose na práctica dese xeito a vida comercial da galería.
TERCEIRO.- O rexeitamento do recurso leva impoñer as custas procesuais desta alzada á parte apelante, pois non atopamos que concurra algunha excepción ao criterio xeral do vencimento obxetivo que nesta materia establecen os artºs. 394 e 398 da L. A. C.
III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal outorgan a Constitución e o Povo españois,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por D. Rodolfo e Sandra , contra da sentencia dictada polo Xulgado de Primera Instancia núm. oito de Vigo o día un de xuño de dous mil cinco, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Ésta é a nosa sentencia, que asinamos, e que redáctase en galego consonte ao establecido no artº 5.1 .,2 e 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, de 8 de abril ; e artºs 1,2,6,3, e 7.2.e da Lei 3/1983, de 15 de Xuño, da Comunidad Autónoma de Galicia, de Normalización Lingüística.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.
