Sentencia Civil Nº 490, A...re de 2000

Última revisión
23/11/2000

Sentencia Civil Nº 490, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1007 de 23 de Noviembre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 23 de Noviembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 490

Resumen:
XUÍZO DE COGNICIÓN. Exercítase pola demandante conxuntamente unha acción de deslindamento, e outra reivindicatoria, ésta subordinada a aquela. Aínda que ten razón a parte recorrente, canto á orde coa que deben ser examinadas as accións de deslindamento e reivindicatoria, o resultado ao que se chega no suposto litixioso vai se-lo mesmo. Velaí, a parte demandante formula, no primeiro termo, a acción de deslindamento, por ela entender que existe confusión de lindeiros, e pretende que o deslindamento se faga de acordo co seu título de propiedade. E sendo certa esa confusión, non se pode decidir no primeiro lugar verbo da acción reivindicatoria, pois esta esixe como un dos seus presupostos ineludibeis, a identidade da cousa reivindicada. Débese proceder, no primeiro termo, entón, ao deslindamento, e téndose practicado este, e se o terreo resultante é da parte actora, e aparece posuido pola parte demandada, declarar entón a procedencia da reivindicaión verbo do terreo deslindado resultante. Sobre a confusión de lindeiros cabe dicir que só o deslindamento feito con elementos físicos aceptados pola leí e de acordo coas normas legais merece a consideración xurídica de deslindamento. No caso examinado, o valado feito polo actor non se pode conceptuar que puxo fin á confusión de lindeiros, pois foi construido pola actora sen contar co consentimento da outra parte estremeira. Por iso, a afirmación da parte apelante, de que se vende "un cuerpo cierto y por precio alzado" é absolutamente rexeitábel por incerta, precisamente porque o que hai é incertidume no lindeiro separador dos dous fundos.

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00490/2000

 

Rolo civil: 1007/00

P. civil Cognición

Orixe Xdo 1ª Inst. Tui 1

Tipo asunto Cognición

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.490

 

Pontevedra, o 23 de novembro do año 2000.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 86/99, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Tui 1, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, D. JOSÉ BENITO C; e da outra, como apelado e demandado, MARÍA R. Xuízo de cognición.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

 

 PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 7 de setembro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Tul 1 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que estimando íntegramente la demanda interpuesta por la procuradora Sra. Cela Rivas, en nombre y representación de D. JOSÉ BENITO C, contra doña MARÍA R, representada por el procurador Sr. Castiñeira González, debo condenar a dicha demanda a estar y pasar po lo siguiente: Que la finca rústica denominada "Lugar" sita en la parroquia de Forcadela, término de Tomiño, tiene una extensión de trescientas ochenta y tres metros cuadrados. -Que los lindes de dicha finca son esencialmente los que se consignan en la escritura de compraventa de dos de septiembre de 1998, otorgada ante la Notaría de doña Angeles O. Asimismo, deberá la demandada estar y pasar por el deslinde y amojonamiento de la finca "Lugar" en su colindancia con la finca matriz propiedad de la demandada a la luz de la escritura de compraventa otorgada entre ambos litigantes, fijándose como línea divisoria entre las fincas la que resulte de aumentar 0,99 metros por el este y 9,99 metros por el oeste hacial el lado norte de la finca del actor. De igual forma, debo condenarla al pago de los gastos de las operaciones que deban llevarse a cabo en el terreno, a que por estimación de la acción reivindicatoria, reintegre al actor el terreno que le falta de acuerdo con la escritura de compraventa otorgada por las partes, así como al abono de las costas del juicio".

 

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do 8 de novembro do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 

 Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 PRIMEIRO. Tentando pormos orde na liña argumental esgrimida pola parte apelante no seu escrito de formulación do recurso cabe puntualizarmos:

 

A) Que parece abandona-la excepción de litisconsorcio pasivo necesario, a que, dunha beira, mereceu atinada resposta na sentencia apelada, que a Sala comparte. Téndose exercitada conxuntamente unha acción de deslindamento, e outra reivindicatoria esta subordinada, lóxicamente, a aquela, non é sostíbel invocar aquela excepción cando, como sucede neste caso, a confusión de lindeiros afecta se é que existe, o que de seguida se ha analizar só ao vento norte do fundo da parte actora, que se corresponde co sur do da demandada, mais non aos outros lindeiros, co que non ten sentido, nin existe necesidade, de chamarmos ao proceso os donos dos outros predios.

 

B) Aínda que ten razón a parte recorrente, canto á orde coa que deben ser examinadas as accións de deslindamento e reivindicatoria, o resultado ao que se chega no suposto litixioso vai se-lo mesmo. Velaí, a parte demandante formula, no primeiro termo, a acción de deslindamento, por ela entender que existe confusión de lindeiros, e pretende que o deslindamento se faga de acordo co seu título de propiedade. E sendo certa esa confusión, como a seguir se exporá, non se pode decidir no primeiro lugar verbo da acción reivindicatoria, pois esta esixe como un dos seus presupostos ineludibeis, a identidade da cousa reivindicada, ou o que é o mesmo, unha perfecta e indiscutida certidume de tódolos lindeiros, o que non se dá polo lindeiro común (norte-sur) dos fundos dos contendentes. Débese proceder, no primeiro termo, entón, ao deslindamento, e téndose practicado este, e se o terreo resultante é da parte actora, e aparece posuido pola parte demandada, declarar entón a procedencia da reivindicaión verbo do terreo deslindado resultante.

 

C) Fronte ao sostido pola demandada recorrente, existe verdadeira incertidume de lindeiros polo vento discutido, confundindo e equiparando verbo disto esa parte litigante o que é a confusión física de lindeiros coa confusión dende o punto de vista xurídico, que é ao que temos que nos ater. Unha cousa é que exista un lindeiro físico, quer natural, quer artificial, e outra cousa moi diferente, é que exista un lindeiro xuridicamente válido e eficaz. Este é o único a termos en conta. De a tese da demandada ser seguida, abondaria que fixese unilateralmente, ou pola lúa conta, e en calquera tempo, un lindeiro divisorio -por exemplo, construíndose nos intres inmediatamente anteriores á demanda, un valado- para afirma-la existencia da confusión, e impedí-lo éxito daquela acción, a traverso dese acto unilateral e arbitrario, o que é xuridicamente insostibel. SÓ o deslindamento feito con elementos físicos aceptados pola leí como tales (marcos), e de acordo coas normas legais (arts. 384 e seguintes do C civil), merecen a consideración xurídica de deslindamento. E no caso examinado, o valado feito polo actor non se pode conceptuar que puxo fin á confusión de lindeiros, pois foi construido pola actora len contar co consentimento -nin expreso, nin tácito- da outra parte estremeira, e len atender aos pactos contractuais reflectidos na escritura pública de compravenda, efectuada, precisamente, entre as propias partes litigantes: o actor, como comprador, e a demandada, como vendedora, do fundo segregado doutro, de meirande extensión, delta última.

 

D) A afirmación da parte apelante, de que se vende "un cuerpo cierto y por precio alzado" é total e absolutamente rexeitábel por incerta, e en aberta contradicción co propio contrato de compravenda. Precisamente, o que hai é incertidume no lindeiro separador dos dous fundos, como fica exposto.

 

E) A invocación da prescrición da acción é merecente do rexeitamento. Con independencia da discutibilidade de se é ou non é prescritíbel a devandita acción, o certo é que no caso axuizado non tería decorrido o prazo legal de trinta años, que para a prescrición das accións reais sobre bens inmóbeis establece o art. 1963 do Cc.

 

F) No último termo, a alegación de excepción de prescrición, ao abeiro do art. 1462 do CC, como cuestión nova, non pode ser examinada.

 

SEGUNDO. As custas procesuais desta alzada, por o recurso se rexeitar, teñen que serlle impostas á demandada, na que se observa, amais, temeridade na súa formulación, por carecer de todo apoio legal que o abeire (art. 896 da LAC).

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

 Rexeita-lo recurso de apelación formulado por JOSÉ BENITO C, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Tui 1, na data de 7 de setembro de 1999, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte recorrente.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.