Última revisión
20/12/2000
Sentencia Civil Nº 520, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1020/2000 de 20 de Diciembre de 2000
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Civil
Fecha: 20 de Diciembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 520
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCIÓN N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00520/2000
Rolo civil: 1020/00
P. civil: 496/98
Orixe: XDO. 1ª INST. CAMBADOS 2
Tipo asunto: COGNICIÓN
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM. 520
Pontevedra, o 20 de decembro do año 2000.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 496/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Cambados 2, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO BLOQUE ..., da Illa da Toxa; e da outra, como apelado e demandada, MARIA DEL CARMEN, en xuizo de cognición.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,
PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 25 de xaneiro do año 2000, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Cambados 2 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISIÓN: "Que desestimando la demanda ejercitada por el procurador Sr. Varela Méndez, en representación de la comunidad de propietarios del ...de la Illa da Toxa frente a Dª. Mª. Del Carmen, debo absolver y absuelvo a esta última frente a la pretensión contra ella deducida de adverso.".
E fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do 13 de decembro do año que andamos par deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.
SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse a prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, que expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A sentencia pronunciada na primeira instancia acerta ao recoñecerlle á entidade demandante, e hoxe recorrente, "COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO ... da Illa da Toxa", personalidade e lexitimación para reclamar da demandada determinadas despesas derivadas da súa calidade de propietaria do piso litixioso.
Verbo disto, o Tribunal Supremo ten declarado na s de 23-9-91 que: tanto doctrinal, como jurisprudencialmente (SS 18 abril 1988 y 13 marzo 1989, de esta Sala) se admite, en el caso de las urbanizaciones, la posibilidad de coexistencia de dos tipos de comunidades entrelazdas para su administración: la propia y exclusiva de cada edificio con pluralidad de viviendas y la de la urbanización, cada una con sus propios cometidos comunitarios, pero hallándose ambas sometidas, en cuanto a su constitución y funcionamiento (a falta de una regulación especifica de la segunda), no a la Ley de asiciaciones de 1964, sino al régimen de la L 21 de julio 1960 de propiedad horizontal, sin que exista incoveniente legal, ni jurisprudencial, en admitir que la defensa de aquellos intereses comunitarios que, por extravasar los propios y exclusivos de cada edificio, afecten a la generalidad o a una gran maoría de los componentes del conjunto urbanístico, pueda asumirla la expresada comunidad de la urbanización." Engadindo a devandita resolución que "sin dejar de reconocer que la comunidad de propietarios (sea la de un edificio, sea la de la urbanización) carece de personalidad jurídica (SS 29 mayo 1984 y 27 marzo 1989 de esta Sala), no puede desconocerse la legitimación procesa que al presidente de la respectiva comunidad le viene conferida por el art. 12 LPH, que le otorga la representación en juicio de dicha comunidad estando situada su actuación entre la representación orgánica y la meramente voluntaria, llevando implícta la de todos los titulares, al actuar como órgano del ente comunitario". E segue a dicir, aquela sentencia, que "aún cuando se entendiera que la comunidad de la urbanización no se halla sometida al Régimen de la Ley de propiedad horizontal, lo miembros de la misma siempre integrarían una comunidad de propietarios regidas por las normas del Código civil relativas a la comunidad de bienes (arts. 392 y ss CC), en cuyo supuesto cualquiera de los condueños (y el presidente es uno de ellos) estaría legitimado procesalmente para ejercitar acciones en beneficio de la comunidad, como tiene declarado esta Sala en reiterada doctrina, cuya notoriedad excusa una cita pormenorizada".
En conclusión, e no que aquí interesa, a doutrina xurisprudencial vén admití-la posibilidade da coexistencia de varias comunidades diferentes, con personalidade xuridica propia, dentro dunha urbanización, para a xestión e defensa dos intereses dos seus propietarios, nas Búas respectivas e escalonadas posicións, como membros da urbanización, zona, parcela, bloque, vivenda, e demais estructuras das que aqueles propietarios aparecen formando parte, fuxindo entón dunha única e indiscriminada comunidade, que se vería en moitos casos inoperativa para resolve-los múltiplos, e moitas veces cativos problemas, que de xeito específico poderían afectar a un só, ou a un número moi curto, de propietarios, os que, en definitiva, por razóns prácticas, deben estar autorizados para se constituiren en comunidade autónoma para a realización dos particulares intereses, sen prexuizo de seguiren formando parte doutras comunidades cunha esfera de intereses máis ampla.
Pois ben, non ofrece a máis mínima dúbida de que ese é o contexto no que se desenvolvía a relación entre a actora e a demandada. Unha simple lectura da proba documental existente nos actos leva á incontestábel afirmación de que no presente caso coexistían dúas comunidades, unha, de ámbito espacial e subxectivo maior, como é a comunidade de propietarios da Zona ..., que integra os Bloques ..., e outra, integrada exclusivamente polos propietarios de cada un deses bloques ou edificacións, como sucede no caso axuizado coa "comunidad de propietarios del bloque ... de la parcela .. de la "Illa da Toxa". De todas esas probanzas indicativas desa dualidade comunitaria, salientamos dúas: a primeira, como son as actas que reflicten as reunións dunha e outra comunidade; e a segunda, e máis importante e expresiva, constituida pola propia escritura de compravenda do piso propiedade da demandada, na que se especifica, tanto a concorrencia de tres tipos de despesas comúns, correspondentes á illa, á zona e ás escaleiras, como a existencia das respectivas comunidades, facéndose mesmo referencia á remisión aos estatutos destas (principalmente, folio 76 volto).
A alegación defensiva da demandada supón nega-la realidade daquelas comunidades, sen que a isto se lle opoña o feito de que a expedición de recibos polas despesas correspondentes aos distintos conceptos (zona, bloque, escaleiras...) sexa feita por unha roa comunidade, como sucede neste suposto coa "Comunidade de propietarios da ..". Ou dito doutro xeito, unha cousa é que o cálculo de despesas, a distribución destas entre os diferentes propietarios, a confección dos correspondentes recibos, e, en xeral, toda a administración sexa levada por unha roa comunidade, para o aforro de custos, como expresamente se salienta, e outra moi distinta é cal é a comunidade lexitimada para reclamar aquelas despesas; lexitimación que evidentemente lle ha corresponder exclusivamente a aquela comunidade ao ámbito especifico da cal se circunscriban aquelas despesar.
SEGUNDO. Cuestión difente á relatada é a atinxente a se no caso axuizado se lle deu cumprimento ás obrigadas normativas dos arts. 15, 16, regras 2ª e 4ª, e 20 da Lei de Propiedade Horizontal de 21 de xullo de 1960, que é a aplicábel neste suposto, dada a data da presentación da demanda, o día 23 de decembro de 1998, se que sexa de aplicación a Lei 8/99, de 6 de abril, reformadora daquela primeira lei. A resposta a es interrogante non pode ser outra que a de considerarmos coma incumprida pola parte actora esa normativa, tal como atinadamente sinala a sentencia recorrida, a que ten de se forzosamente confirmada.
Neste punto, débese salientar que, fronte ao mantido no escrito do recurso, a parte demandada alegou no seu escrito de contestación á demanda esa vulneración normativa, afirmándose expresamente, tanto que non foi citada á convocatoria da Xunta de Propietarios, coa conseguinte infracción do art. 15 (folio 30 e 31), como que non se obtiveron as maiorias necesarias, contravindo o art. 16 (f. 32), como, finalmente, que non lle foi notificado oportunamente, o correspondente acordo, infrinxindose tamén, entón, ese último artigo (f. 33).
A vulneración é patente, pois ningunha proba se achegou para xustifica-la convocatoria ou citación da demandada á xunta de propietarios, así como que acredite que se lle notificou o acordo deste, tomado na data de 21 de xuño de 1997, faltas observadas que lle impediron obviamente á demandada, como propietaria dunha das vivendas, poder coñecer, e, no seu caso, utilizar, os mecanismos impugnatorios daquel acordo.
TERCEIRO. O rexeitamento do recurso leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte recorrente, por non concorreren motivos ningúns de excepción que aconsellen non aplicármo-lo criterio xeral do vencemento obxectivo, proclamado polo art. 896 da LAC.
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Rexeitámo-lo recurso formulado pola COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO ... DA ILLA DA TOXA, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Cambados 2, na data de 25 de xaneiro do año 2000, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte recorrente.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

