Última revisión
27/12/2000
Sentencia Civil Nº 539, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 322/1999 de 27 de Diciembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Civil
Fecha: 27 de Diciembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 539
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00539/2000
Rolo civil: 322/99
P. civil: 58/98
Orixe: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA NÚM. 6 DE VIGO
Tipo asunto: MENOR CONTÍA
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VÁRELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª BEGOÑA GARCÍA DE ANDOÍN JORQUERA, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM. 539
Pontevedra, o vintesete de decembro do año dous mil.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 58/98, vindo do Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Vigo, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado a COMUNIDAD DE PROPIETARIOS ..., representado polo procurador dos tribunais Sr. Rivas Gandasegui, baixo a dirección do letrado Sra. Conde Salgado; e da outra, como apelado e demandante, don MANUEL JORGE, a quen representa o procurador Sra. Tomás Abal e dirixe o letrado Sr. Ferreira, en xuízo de menor contía.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:
PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de trinta de xuño do año mil novecentos noventa e nave, o Sr. maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Vigo pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISION: "Que estimando íntegramente la demanda promovida por la Procuradora Nogueira Fos, en representación de D. Manuel Jorge, contra la Comunidad de Propietarios del edificio señalado con el número ... de la Calle A... de esta Ciudad, representada por su Presidente y en este juicio por la Procuradora Dña. Josefa Requejo Losada, debo condenar y condeno a dicha demandadaa que abone a la actora la suma de 2.454.843 ptas en concepto de principal y gastos, además de los intereses devengados, con expresa imposición de las costas procesales causadas en esta instancia a la parte demandada.".
Fronte á devandita sentencia, a parte COMUNIDAD DE PROPIETARIOS ... interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a, esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tivoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día un de decembro do año que andamos para a vista do recurso. A seguir, pasáronselles os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.
SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A Comunidade de Propietarios demandada, e agora recorrente, esboza nesta alzada os mesmos motivos de oposición á pretensión do actor, quen reclama, en síntese, o importe de parte das obras levadas a cabo no edificio litixioso, motivos que hoxe articulados no recurso teñen que ser todos eles desbotados, tal como xa fixo a sentencia apelada, os razonamentos da cal esta Sala comparte plenamente, cabendo únicamente engadir, ainda arisco de ser repetitivos:
A) Que a excepción de litisconsorcio pasivo necesario merece o mais enérxico rexeite, pois carece de todo apoio normativo a chamada a este proceso do Presidente da Comunidade de Propietarios, dado que a relación xuridica material, orixe daquela reclamación, e que viña a cossistir nunha relación arrendaticia de obra, vencellaba lóxicamente ao contratista, dunha parte, e ao dono da obra, ou o que é o mesmo a aquela Comunidade, por outra, mais non ao seu Presidente, xa que este ultimo actuaba como un simple representeante ou mandatario daquela, o que non exclue que a Comunidade, de estimar que houbera unha extralimitación no mandato por parte do seu Presidente, con os conseguíntes perxuicios, no seu caso, para ela, poida dirixir as oportunas accións contra o devandito Presidente.
B) ainda menos cobertura legal ten a alegación da recorrenmte, no senso de que debeu ser citado de evicción ese Presidente da Comunidade de Propietarios, bastanto con lembrar, para desbotar esa sorprendente argumentación, que o instituto xurídico da citación está previsto para os supostos de compraventa ( artº 1.481, en relación cos art°s. 1.475 e seguintes, do Código Civil ), que nada teñen obviamente que ver co caso debatido, no que se reclama o precio dun arrendamento de obra.
C) Polo que fai ao fondo do asunto, a parte apelante argumenta que o Presidente excedeuse nas suas atribucións, contratando mais obras que as autorizadas pola Xunta de Propietarios, non quedando entón obrigada a Comunidade con respecto ao contratista actor. Mais esa línea argumentativa tampouco é de recibo.
En primeiro termo, non está demostrado que o Presidente rebasara o acordo da Comunidade, nin que a mesma non autorizara as obras definitivamente realizadas. Pénsese neste senso, e sen necesidade de outras consideracións, que a demandada satisfixo ao actor 6.762.985 pesetas ( folio 166 ), cantidade que era superior á inicialmente presupostada, o que ven xa a por de relieve un cambio, autorizado pola comunidade, no inicial precio, ao pagar esta última cifra. E no mesmo orde de cousas, a Comunidade de Propietarios demandada veu a recoñecer en confesión, alomenos de xeito implícito, o consentimento na modificación por aumento das obras iniciáis, ao manifestar, contestando á posición duodécima, Que " no sabe si algún comunero se opuso o no " a esa ampliación ( folio 149 ). Doutra beira, da correspondente probas documental e testemuñal ( folios 107 e seguintes ) infirese que as obras de albanileria referidas á instanlación dos ascensores, non corrían de cargo da empresa Z..., senón que tiñan que efectuarse aparte, e foron realizadas polo actor, co precio de obra engadido que eso comportaba. É indudable ademais, e en último termo, que as obras, polas suas características, foron relizadas á vista, cencia e paciencia da Comunidade de Propietarios, a quen non as impediu, ebeneficiose delas, o que tamen levaría, ainda que polo canle indirecto do enriquecimento inxusto, a dar acollida igualmente ao pedimento do demandante.
Mais é que, en segundo lugar, e xa para rematar, non pode pretender a demandada que se aplique analóxicamente ao caso axuiciado a solución lexislativa que para o mandato acolle o artº 1.727, parágrafo segundo, do Código Civil, que establece que no que o mandatario se houbera excedido, non queda obrigado o mandante senon en canto o tatificara expresa ou tácitamente, dado que, con independencia de que deb entenderse que a comunidade demandada autorizou toda-las obras levadas a cabo polo actor, ao ser feitas na sua presencia sen por obxeción ningunha, é o certo ademais que non cabe aplicar miméticamente aquel carácter de mandatario ao Presidente da Comunidade, por ser duas figuras distintas, como xa tivo ocasión de sinalar de xeito reiterado o Tribunal Supremo, decindo nas ss de 31-12-96 e 6-3-00, entre outras, que o Presidente "es un representante que la jurisprudencia califica de orgánico, ya que ni es representante legal, por cuanto no suple la falta de capacidad de nadie, ni voluntario por que su representación no se la confieren los copropietarios sino la ley ". Ou como advirte a s de 17-6-88, o Presidente "actúa en una zona intermedia entre la representación orgánica y la puramente voluntaria, su actuar lleva implícita la de todos los titulares, en juicio y fuera de él, y aunque tal atribución no le faculta para prescindir de los acuerdos de la Junta de propietarios, asamblea deliberante donde se forma el querer del ente comunitario, sí sirve para interpretar la voluntad común y entender que en el caso concreto que nos ocupa no se le dieron por la Junta esas instrucciones concretas, limitativas e imperativas, que entorpeciesen su capacidad de obrar como presidente y como apoderado, de tal manera que, aun en el terreno pretendido por el recurrente, su actuar se ajustó a la "naturaleza del negocio" y la lo que haría un buen padre de familia", pues en nada perjudicó a sus representados y sí los favoreció... ".
SEGUNDO.- O rexeitamento do recurso leva aimpor as custas procesuais desta alzada á parte apelante ao non concorrir motivo ningún de excepción, que aconselle non aplicar o criterio xeral do vencimento obxetivo, proclamado polo art° 896, alínea terceira, da L.A.C..
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por COMUNIDAD DE PROPIETARIOS C/..., contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Vigo o día trinta de xuño do año mil novecentos noventa e nove, con expresa imposición das custas procesuias desta alzada á parte recorrente.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de orixe, con testemuño desta resolución, para a súa execución e cumprimento.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.
