Última revisión
01/02/2008
Sentencia Civil Nº 55/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5237/2006 de 01 de Febrero de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 01 de Febrero de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 55/2008
Núm. Cendoj: 36057370062008100051
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00055/2008
CIVIL
Rolo: 5237/06
Procedemento de orixe: Verbal 215/05
Órgano de procedencia: Instancia núm. 1 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 55/08
Vigo, un de febreiro de dous mil oito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 215/05 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 5037/06, nos que aparece como parte
apelante- demandante Dª Claudia representada polo/a procurador/a D./D.ª María Auxiliadora Ruíz Sánchez e
asistida do/da letrado/a D./D.ª José Manuel Rodríguez Alvarez e como parte contra da que se apela e demandado Pelayo Mutua
de Seguros y Reaseguros A.P.F. y D. Mariano representados polo/a procurador/a D./D.ª Emilio Alvarez
Buceta e asistida do/da letrado/a D./D.ª Miguel Angel Estévez Rosende. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo de Vigo, con data do 7/07/2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Desestimando íntegramente la demanda promovida por la representación de Claudia contra Mariano y Pelayo Seguros, debo absolver y absuelvo a los demandados de las pretensiones contra ellos deducidas, con imposición a la actora de las costas procesales causadas en esta instancia."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª María Auxiliadora Ruíz Sánchez, en representación de D./D.ª Claudia , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 31/01/08.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: .O suposto de lite estriba nunha colisión entre dous vehículos que marchan en oposto sentido por unha vía, que pola sua estreitez permite o paso simultáneo, ainda que non sen dificutades, obrigando entón aos conductores a extremala sua precuación, tendo que circular conseguintemente o mais arrimados ao seu respectivo lado dereito. E nesa pouca propicia coxuntura, a parte actora imputa ao demandado, que por non ir precisamente todo o pegado posible ao seu lado invadíu o carril contrario, pechando así o paso da primeira, quen marchaba correctamente, pola contra, polo seu semiancho. A sentenza de primeira instancia, despois de deixar sentado o criterio xurisprudencial, de que no caso de colisións mutuas, con danos, igualmente recíprocos, entre dous o mais vehículos, rixe o principio culpabilista, de tal xeito que a parte demandante ten que acreditar cumpridamente o actuar indilixente do demandado, e como, por outra banda, estimou devandita resolución que aquela primeira non acatou esa carga probatoria, acaba por rexeitala pretensión indemnizatoria da actora. E contra desta decisión se alza agora a demandante polo canle do presente recurso de apelación. E dando por admitido a recorrene o feito - e aquí radica a peculiaridade do caso- de que non logrou acretitala conducta imprudente do demandado (en esencia, e como xa sinalamos, a invasión do carril contrario), estima que debe apreciarse unha concurrencia de culpas. Concretamente, e por citalo literalmente, di a parte apelante no seu escrito de recurso que "por tanto, no caso que nos ocupa, ao non resultar acreditada - como recolle a Xulgadora- a culpa exclusiva do demandado, procedería apreciala concurrencia de culpas de ambos conductores no accidente na procentaxe do 50% ". En definitiva, e como atinadamente proclama a parte demandada no seu escrito de oposición ao recurso de apelación da actora, esta última pretende que se estime a sua pretensión - hoxe reducida loxicamente a un cincuenta por cento-, non con basamento nunha discrepancia da apelante coa valoración probatoria operada pola Xulgadora a quo, senón a que non comparte a doctrina sentada por ela na interpretación da normativa atinente á materia da responsabilidade extracontractual derivada dos accidentes de tráfico ( artºs. 1.902 do C. C. e 1 da L. R. C. S. C. V. M. ).
A argumentación in extremis da parte apelante - quizais derivada do desfavorábel resultado probatorio para ela observado, pois ante as versións contradictorias ofrecidas polos contendentes, a única probanza fiábel sería a resultante das declaracións, francas, sólidas, espontáneas e, en definitiva, creibles da testemuña, veciña de ambos, sen interés ningún no preito, e que observou a posición dos vehículos sobre a calzada no intre inmediatamente postreiro ao choque, afirmando que o vehículo conducido polo demandado estaba totalmente orillado a sua dereita, mentres que o outro non- non pode ser atendida, tanto por contradecila doctrina xurisprudencial sentada para o caso axuiciado, como porque conculcaría as regras da carga da proba do artº 217 da L. A. C ..
Efectivamente, e sen necesidade doutros e mais complexos comentarios, tanto os artºs. 1 da L. R. C. S. C. V. M. e 1.902 do C. C ., como a doctrina xurisprudencial que interpreta aplica estes preceptos, exixen un actuar culposo probado do demandado, poo menos nun caso, como o presente, no que a parte demandante non é unha víctima, propia e exclusivamente, do accidente. Neste senso, xurisprudencia xa consolidada proclama que o principio favorecedor daquela, de inversión da carga da proba resulta incompatíbel con aqueles supostos de mutua ou recíproca colisión de vehículos de motor, con imposibilidade de determinar a cal dos conductores cabe atribuila culpabilidade do accidente, como causa eficiente do mesmo ( ss. De 28-5-90, 15-4-92, 13-2-93, 29-4-94 e 6-3-98 ).
Mais é que, en segundo termo, a afirmación da parte, de " al no resultar acreditada a culpa exclusiva do demandado ", como argumento para apreciar unha cocurrencia de culpas, é absurda e contradictoria. Contradictoria porque é irreconciliable coa sua outra argumentación, tamén contida no escrito de apelación, de que " pode ocurrir que a culpa sexa dun só dos conductores,- en cuxo caso corresponde a quen a afirma acreditala- ", pois esta tese, da culpa exclusiva do conductor demandado, foi a que defendeu, precisamente, no seu escrito de demanda. E absurda, porque absurdo é que se inste a condena dun demandado, cando a recorrente está afirmar e a admitir que non se demostrou a sua culpa.
O recurso debe rexeitarse sen paliativos.
Segundo.- Non atopamos, dende logo, circunstancia ningunha de excepción que podera levarnos a non aplicalo criterio xeral do vencimento obxetivo, que en materia de custas procesuais dispoñen os artºs. 394 e 398 da L. A. C ..
Terceiro.- En atención a todo o exposto e pola autoridade que este Tribunal outorgan a Constitución e o Povo españois
Fallo
Que rexeitamolo recurso de apelación formulado por Dña Claudia , representada pola procuradora Dña Maria Auxiliadora Ruíz Sánchez contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Vigo o día 7/7/06 , con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
