Sentencia Civil Nº 578/20...re de 2014

Última revisión
02/02/2015

Sentencia Civil Nº 578/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 336/2013 de 10 de Octubre de 2014

Tiempo de lectura: 7 min

Tiempo de lectura: 7 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 10 de Octubre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 578/2014

Núm. Cendoj: 36057370062014100579

Resumen
PROPIEDAD HORIZONTAL

Voces

Terrazas

Elementos comunes

Mala fe

Copropietario

Informes periciales

Propiedad horizontal

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00578/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N00350

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2012 0011212

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000336 /2013-CH

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 11 de VIGO

Procedimiento de origen:ORDINARIO LPH-249.1.8 0000697 /2012

Apelante: COMUNIDAD DE PROPIETARIOS C/ DIRECCION000 NÚM. NUM000 DE VIGO

Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ

Abogado: CELIA MARIA TIELAS AMIL

Apelado: Víctor

Procurador: RICARDO ESTEVEZ CERNADAS

Abogado: MARIA ELENA FERREIRO RODRIGUEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBAZÁBAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NONOME DO REI

a seguinte

SENTENZA núm. 578/14

En Vigo, a dez de outubro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ORDINARIO núm. 697/2012 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo núm. 336/13, nos que aparece como parte apelante e demandante a COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DA RÚA DIRECCION000 NÚM. NUM000 , DE VIGO, representada polo procurador D. JOSÉ VICENTE GIL TRÁNCHEZ e asistida da letrada D.ªCELIA MARÍA TIELAS AMIL, e como parte contra da que se apela e demandada D. Víctor , representada polo procurador D. RICARDO ESTÉVEZ CERNADAS e asistida da letrada D. ELENA FERREIRO RODRÍGUEZ.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.11 de Vigo, con data do 9 de abril de 2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que debo desestimar y desestimo íntegramente la demanda deducida por el Procurador Sr. Gil Tránchez, quien actúa en nombre y representación de COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE LA CALLE DIRECCION000 , NUM000 DE VIGO, contra DON Víctor y, en su consecuencia, absuelvo al demandado de los pedimentos contenidos en la demanda, todo ello con expresa condena en costas a la parte actora.'

Segundo:Contra a dita sentenza o procurador D. JOSÉ VICENTE GIL TRÁNCHEZ, en representación da COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DA RÚA DIRECCION000 NÚM. NUM000 DE VIGO, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 09/10/14.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro: O demandado realizou, sen o consentimento da Comunidade de Propietarios demandante, o cerramento da terraza situada no último piso, da súa propiedade, cunha estrutura metálica e acristalada, tendo esa terraza a consideración normativa e estatutaria de elemento común, pero de uso privativo do demandado. E exercitada a correspondente acción de cesasión por parte da comunidade, a sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda, e condena ao demandado ao derrubamento da construcción. Fronte a esa decisión álzase o demandado a través deste recurso de apelación, alicerzando o mesmo en tres piares fundamentais: A existencia doutras obras realizadas por outros propietarios, de similares características á litixiosa; que coa obra non se altera a configuración do edificio; e que atopámonos ante unha obra mobible e doadamente desmontábel. Estimando, en definitiva, o agora apelante que hai unha actitude de mala fe e en abuso de dereito por parte da actora, pois ningún prexuizo derívase das obras para a comunidade. Piares da liña argumental do recurrente que non se poden aceptar pola súa súa falta de apoio probatorio e, en fin, pola súa inconsistencia.

En efecto, e primeiramente, tan só hai constancia -e a carga da proba corresponde ao demandado apelante, de conformidade coas regras da carga da proba extraibles do artigo 217 da Lei de axuizar- dunha única obra, e a mesma, por outra banda, non pode asimilarse á de lite, sendo de moita menor entidade e de moita menor afectación á configuración do inmoble aquela primeira que esta última, tal como se colixe palmariamente da elocuente proba documental fotográfica achegada. Estaríamos ante unha soa obra, e non con obras xeralizadas entre os copropietarios, que levarían -neste caso si- a considerar que hai un quebranto por parte da comunidade da doutrina dos actos propios e do principìo de igualdade. Non basta, en definitiva,cunha obra exclusivamente, obxecto dunha autorización illada (así dedúcese das sentenzas do Tribunal Supremo de 12 de decembro de 2011, 9 de xaneiro de 2012 e 31 de outubro de 2013). E mesmo este tribunal vai máis lonxe nesta última resolución, cando non lexitima as obras futuras de copropietarios, sen o consentimento da comunidade, e esta comunidade valida, pola contra, as obras realizadas anteriomente. En resumo, non hai desigualade, ou se se prefire, a diferenza de trato que se proclama non aparece inxustificada ou artificiosa pois ven fundada en criterios obxectivos e razoables (S. de9-1-2102) , dadas a dintintas características -insistimos- dunha e outra obra, e a súa diversa repercusión sobre a forma da edificación.

E a afirmación, en segundo lugar, do apelante, de que a estrutura levantada na terraza é mobíbel e facilmente desmontable choca con dous impedimentos. O primeiro, que o informe pericial contradí ese aserto. En definitiva, a xuizo do perito estamos ante obra fixa, que ademáis de pegada ao chan, presenta unha instalación que comprende ocos na estrutura do edificio para introducir elementso de suxeición. E o segundo, que para que unha obra de tales características poda ter amparo se require, loxicamente, que non afecte á forma exterior do edificio (sentenza do Tribunal Supremo de 4 de outubro de 2011). E de referido informe e da proba documental fotográfica se infire esa afectación, por moito que o recurrente pretenda minimizala.

Xa para rematar, en terceirolugar, non pode falarse de mala fe nin de abuso de dereito por parte de quen, como a actora, promove unha acción ao abeiro dunha norma, e invocando un prexuizo, a configuración do inmoble, que resulta patente, de tal xeito que se, contrariamente, aceptáramos as invocacións defensivas do demandado, podería chegarse ao abxurdo dunha modificación xeral e groseira do exterior do inmoble, ao poder emprender impunemente os propietarios que o desexasen obras de distinta ou parecida envergadura que as levadas a cabo polo demandado.

Segundo:Non hai circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por a Comunidade de Propietarios da Rúa DIRECCION000 núm. NUM000 de Vigo contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 11 de Vigo o día 9 de abril de 2013, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Sentencia Civil Nº 578/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 336/2013 de 10 de Octubre de 2014

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 578/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 336/2013 de 10 de Octubre de 2014"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Obras en comunidades de propietarios. Paso a paso
Disponible

Obras en comunidades de propietarios. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información

Propiedad horizontal en Cataluña. Paso a paso
Disponible

Propiedad horizontal en Cataluña. Paso a paso

V.V.A.A

17.00€

16.15€

+ Información

Comentarios a la Ley de Propiedad Horizontal
Disponible

Comentarios a la Ley de Propiedad Horizontal

Daniel Loscertales Fuertes

25.50€

24.23€

+ Información

Régimen jurídico de la morosidad en la propiedad horizontal
Disponible

Régimen jurídico de la morosidad en la propiedad horizontal

Carlos de Lara Vences

14.50€

13.78€

+ Información

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios
Disponible

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios

Pablo García Mosquera

8.50€

8.07€

+ Información