Última revisión
30/06/2011
Sentencia Civil Nº 603/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3051/2010 de 30 de Junio de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 30 de Junio de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 603/2011
Núm. Cendoj: 36057370062011100602
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1909
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00603/2011
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN SEXTA
SEDE EN VIGO
CIVIL
Rolo: 3051/10
Procedemento de orixe: 1ª INSTANCIA Nº 3 DE VIGO
Órgano de procedencia: ORDINARIO 189/09
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D, JULIO PICATOSTE BOBILLO, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARES pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 603/11
Vigo, trinta de xuño de dous mil once.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 189/09 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3051/10 , nos que aparece como parte
apelante-demandado COMUNIDAD DE PROPIETARIOS C/ DIRECCION000 , Nº NUM000 DE VIGO, e CASER GRUPO ASEGURADOR
representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN VÁZQUEZ CUETO e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAMÓN VÁZQUEZ
CUETO e como parte contra da que se apela e demandante D. Onesimo representada polo/a procurador/a
D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª BELÉN LAREO LODEIRO.
É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 5 de outubro de 2009, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que estimando parcialmente las pretensiones de la parte actora debo condenar y condeno a la COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE LA DIRECCION000 Nº NUM000 DE VIGO y a la CAMPOÑÍA DE SEGUROS CASER a pagar solidariamente a D. Onesimo a la cantidad de 78.288,36 euros más el interés legalmente previsto desde la fecha del siniestro; sin especial pronunciamiento en cuanto a costas."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª Carmen Vázquez Cueto , en representación de D./D.ª comunidad de Propietarios c/ DIRECCION000 NUM000, de vigo e CASER GRUPO ASEGURADOR, presentou un recurso de apelación , que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 23 de xuño de 2011.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : Antes de entrar no análese das circunstancias que concorriron no suceso denunciado polo actor -en esencia, caída do mesmo na rampa de acceso desde a rúa ao soto destinado a garaxe, onde o demandante tiña aparcado o vehículo da súa propiedade-, cómpre facer a puntualización de que ao non atoparmos ante unha actividade especialmente xeradora de risco, non cabe establecer presuncións de culpa nin recorrir a outros mecanismos tendentes a obxectivizar a responsabilidade extracontractual da demandada, a Comunidade de propietarios do edificio, tal como ven lembrar a doutrina xurisprudencial , da que é expresión a sentenza do Tribunal Supremo de data 6 de xuño de 2002 cando senta que "en este supuesto la Comunidad de propietarios no tiene por qué soportar una responsabilidad objetiva, debiendo responder sistemáticamente de cualquier siniestro o lesión que se produzca en sus dependencias, sino que debe analizarse, a la luz de la prueba practicada, las circunstancias concretas que constituyan los elementos de imputación de responsabilidad. Y la tendencia objetivadora que apunta en la jurisprudencia, como aduce legítimamente la Comunidad al oponerse a este recurso, sólo resulta aplicable cuando el daño acaece en el marco de una actividad generadora de riesgo para la indemnidad de terceros , actividad que, desde luego, no se da sin más en una Comunidad de vecinos".
Segundo : Pois ben, partindo do anterior postulado , a Sala, despois dunha revisión detida das diversas probas practicadas, estima que o actor non deu satisfacción cumprida á carga da proba que lle impón o artº 217 da L. A. C., en relación cos presupostos requeridos polo artº 1902 do código civil para a esixencia da responsabilidade que proclama este último precepto, da culpa do axente, a Comunidade de propietarios demandada, dos resultados lesivos e do preceptivo nexo causal entre estes e aquela conduta indilixente.
Chegados a este punto, salta á vista a escasez de probas aportadas , na coxuntura dunha moi importante reclamación de diñeiro, que o actor cifra en 129.242,49 euros, non só sobre as circunstancias concretas que acompañaron á caida que se invoca, senón tamén sobre o alcance real das lesións e secuelas resultantes.
Así, e en canto a este segundo extremo, se aporta únicamente o parte médico inicial de urxencias (folio 5). E a resolución da Seguridade Social declarando unha situación de incapacidade permanente total, pero coa previsión expresa deste organismo, de que esa declaración podía ser obxecto de revisión por melloría (folios 22 e 23). Descoñecemos a data da dación de alta por curación do demandante , que este fixa en 556 días impeditivos sen apoio médico mínimamente serio, confundindo esa data coa da concesión administrativa da incapacidade. E tamén ignoramos se esa incapacidade adquiriu o carácter de definitiva ou irreversible, concorrindo así ao tempo da formulación da presente demanda, de data 6 de febreiro de 2009, cando a Resolución da Seguridade Social é de dous anos e cinco meses antes. Ante esas incertezas, bótanse de menos instrumentos de proba tan elementais e acostumados como, a título de simple exemplo, o historial clínico do paciente, unha certificación da Seguridade Social expresiva da situación actual do mesmo , ou, en fin, unha pericia médica comprensiva dos días de curación, do seu carácter impeditivo ou non, e das secuelas, incapacitantes ou non, xa que non debemos esquecer, finalmente, que os conceptos utilizados no eido laboral non teñen porque ser exactamente coincidentes cos empregados no eido da responsabilidade civil no que movémonos.
E esa incuria probatoria se observa , en semellante medida , en canto aos factores de todo orde que rodearon á caída que se alega. Bótanse de menos neste punto probas, non menos habituais e imprescindibles, como unha acta notarial, adornada da correspondente reportaxe fotográfica , expresivas das condicións da rampa e do soto (luminosidade, Estado do pavimento...) ao tempo mesmo do sinistro, pois descoñecemos se as fotos que se acompañan coa demanda se corresponden coa data do accidente, e as aportadas co ditame pericial son tomadas máis de dous anos despois do suceso. E serían igual e indubidablemente útiles declaracións testemuñais distintas das testemuñas propostas (dos encargados da limpeza, dos donos e ocupantes das vivendas, locais e garaxes do inmoble) e proba documental, atinentes á periodicidade e sistema en xeral de limpeza dos garaxes, sobre os últimos labores realizadas nese senso, sobre outros sucesos danosos semellantes ou , en fin, sobre o Estado da rampa, testemuñas que ainda que no presenciaran directamente o accidente de lite, podían perfectamente aportar datos sobre todos eses e outros trascendentes extremos.
Analizamos de seguido as probas existentes.
En primeiro termo, e polo que fai ás catro fotografías que se acompañan coa demanda, temos que decir: A) Que descoñecemos a data das mesmas e , conseguintemente, se correspóndense coa época do sinistro, o que invalida loxicamente toda a súa forza probatoria. B) En todo caso, e ainda que podan ser efectivamente expresivas duna certa suciedade e abandono, non coleximos delas nin a existencia de manchas significadas de graxa nin de aceites, nin o estao esvaradío do solo, constituido polo demáis por un pavimento rugoso , e todo iso no contexto reducido, dun destino a garaxe -e trasteiros- con catro prazas tan só.
En segundo lugar, a proba pericial que se aporta presenta unha carencia que deixa prácticamente sen valor a esa pericia: a data do recoñecemento do lugar polo perito e da emisión do ditame, no mes de novembro de 2008, é dicir, case tres anos despois do suceso litixioso. Polo demáis, do exame das fotografías (tres útiles en realidade tan só) non descubrimos nin suciedade nin puntos con existencia de líquidos esvaradíos nin partes da rampa carecentes da rugosidade xeral do pavimento , composto de "lousas hidráulicas de tacos", especialmente destinados a evitar escorreduras. Non apreciamos "o desgaste das lousas e a presenza de aceite e derivados xerados polo tránsito de vehículos", aseverado polo perito. Supostas deficiencias que, en todo caso , tiñan que ser sobradamente coñecidas polo demandante. Ao igual que a forte pendente da rampa, a carencia de varanda e as condicións de iluminación do soto. Derradeiramente, os incumprimentos observados polo perito, relativos á falta da porta "de home", de alumeado de emerxencia, de instalación de ventilación, de extintores de incendios, de detección automática de fumes e de monóxido de carbono, ou de alarma , ningunha relevancia teñen para o sinistro. E tamén carece de trascendencia a falta de iluminanción "fixa", ao existir -se entende entón- iluminación puntual para cada momento de entrada e saída do garaxe.
Pouco podemos extraer, en terceiro lugar , das declaracións do actor no seu interrogatorio. En todo caso salientamos do seu relato: A) Que levaba entrando e saindo do garaxe desde había uns tres anos, ao ocupar unha praza en réxime de aluguer, movendo o seu vehículo con moita frecuencia (afirma que todos os días). B) Que nunca tivo ningún problema semellante, en referencia ao de lite. C) Que non lembra se aquel día chovía. D) Que a caída se produxo á altura aproximada da mitade da rampa. E) Que a luz estaba ubicada , por igual de xeito aproximado, a esa altura da mitade da rampa.
En cuarto e último lugar, non nos parecen creibles as testemuñas propostas, tanto polos vencellos de parentesco (filla e xenro) e amizade (cliente do bar que ía acompañar ao actor ata Ponteareas para comprar viño) das tres testemuñas con este último , como porque fan un relato pouco espontáneo, á defensiva e con pobreza de detalles. Dubidamos que estiveran á entrada do soto, e máis ainda que presenciaran o intre mesmo da caída e o xeito e causa de caerse, o que non semella, polo demáis, lóxico se, como se está soster , a rampa carecía de iluminación suficiente , e , por outra banda, as dúas testemuñas supostamente presentes estiveran a falar entre elas, tal como afirma a testemuña, Cesar . E estas dúas testemuñas, como a terceira delas, non son tampouco moi categóricas , en último termo, sobre o estado esvaradío da rampa ("cascada", "vella", "aceitillos", "bastante sucia", "non en moi bas condicións", son expresións vertidas pola testemuñas, nunhas contestacións certamente inducidas en moitas das preguntas realizadas pola Letrada defensora do actor).
A xeito de recapitulación, as probas ofrecidas polo actor son insatisfactorias para acreditar a súa versión dos feitos , e colocan ao tribunal nuha situación de incerteza, tanto sobre o Estado perigoso da rampa -nunca denunciado antes-, como sobre as circunstancias mesmas que rodearon á caida, que pudo traer causa distinta daquela , como un comportamento torpe do demandante. Ou por expresalo doutra maneira, as condicións do lugar e demáis circunstancias concorrentes, que resultaron probadas, e que poderan ser adversas (rampa pronunciada, carencia da varanda e certa suciedade) eran sobradamente coñecidas polo demandante, quen ao entrar no garaxe asumía entón plenamente esa situación. Estaríamos conseguintemente ante un puro infortunio ou, se se prefire, a caída integraría un acaecimento casual e fortuito, producido á marxe das obligacións asumidas pola Comunidade de propietarios demandada na conservación e mantemento dos elemenos comúns do inmoble , impostas polo artº 10 da Lei de propiedade horizontal.
Se estima o recurso e se rexeita, conseguintemente, a demanda, facéndose entón innecesario o exame dos resultados lesivos pregonados polo actor.
Terceiro : A estimación da apelación e o desbotamento da demanda conlevan non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada , e impoñer ao demandante as custas da primeira instancia, pois con respecto destas últimas non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, diposto legalmente para esta (artºs. 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto , e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación do recurso de apelación formulado por COMUNIDAD DE PROPIETARIOS C/ DIRECCION000, Nº NUM000 DE VIGO e CASER GRUPO ASEGURADOR representados pola Procuradora Sra. Vázquez Cueto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Vigo o día 5 de outubro de 2009, rexeitamos a demanda reitora deste preito , impoñendo ao demandante as custas procesuais da primeira instancia, e sen facermos unha especial declaración sobre as desta alzada.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño , da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística .
Notifíqueselles ás partes a presente Resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA : Seguidamente se procede a cumplimentar la no tificación de la anterior Resolución. Doy fe.
