Sentencia Civil Nº 659/20...re de 2014

Última revisión
02/03/2015

Sentencia Civil Nº 659/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 317/2013 de 14 de Noviembre de 2014

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Relacionados:

Orden: Civil

Fecha: 14 de Noviembre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 659/2014

Núm. Cendoj: 36057370062014100732

Resumen
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL

Voces

Accidente

Asegurador

Días impeditivos

Aseguradora demandada

Accidente de tráfico

Responsabilidad civil extracontractual

Secuelas

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00659/2014

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 317/2013

Procedemento de orixe: Ordinario 769/2012

Órgano de procedencia: Instancia núm. 10 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES ,pronunciou

NONOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 659/14

En Vigo, catorce de novembro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 769/2012 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 317/2013, nos que aparece como parteapelante e demandados PELAYO MUTUA DE SEGUROS, S.a. e D./D.ª Tania , representados polo/a procurador/a D./D.ª Luis Cesar Torres Goberna e asistida do/da letrado/a D./D. ªMiguel Angel Estevez Rosende ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª María Cristina , representada polo/a procurador/a D./D.ª Lorea Hermida Amatriain e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ismael Rodríguez Alonso.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 3/4/2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'ESTIMANDO INTEGRAMENTE LA DEMANDA interpuesta por DÑA María Cristina frente a DÑA Tania y la entidad PELAYO MUTUA DE SEGUROS,S.A., DEBO CONDENAR Y CONDENO a éstos a abonar a la actora en forma solidaria la cantidad de 7.209,17 € más los intereses legales y costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Luis Cesar Torres Goberna, en representación de PELAYO MUTUA DE SEGUROS, S,A e Dña Tania , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 30/10/2014.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro:O cuestionamento do nexo causal entre o sinistro de lite e os resultados danosos no vehículo da demandante, así como as lesións padecidas por este última, lévamos necesariamente a examinar de novo as probas achegadas aos autos (interrogatorio das partes, testemuñal, pericial e documental), procedendo facer unha valoración das mesmas, e logo desa tarefa revisiora chegamos -xa o adiantamos- á mesma conclusión que a xulgadora a quo, que aprecia a causalidade. Examinamos as probas, partindo, obviamente, das regras que sobre a carga da proba dispón o artigo 217 da L. A. C., e a teor das cales incumbe á parte demandante a acreditación daquel nexo de causalidade.

Segundo:Verbo dos danos materiais, é certo que o ditame pericial achegado pola parte demandada (e prestado por un Enxeñeiro e un Médico), nega esa causalidade. Pero non o é menos que observamos nesa pericia unha carencia, que condúcemos descartar a proba. Estámonos referir a que nin ún nin o outro perito examinaron o vehículo e a lesionada, respectivamente. E non se poña de excusa a falta de colaboración desta última, pois de darse ese caso, se dipuña do auxilio xudicial, especialmente para determinar a existencia e alcance efectivo das lesións denunciadas. E se a todo iso engadimos que, fronte ao aseverado por aquel Enxeñeiro, houbo efectivamente danos no vehículo da actora -como inferimos paladinamente das probas que de seguido exminaremos-, a conclusión non pode ser outra que a de descartar o valor probatoria desa pericia dual. E igualmente non atribuimos eficacia probatoria a o outro informe, rendido pola Sra. Gema , por insubstancial.

A existencia dos danos aparece, en realidade e con reiteración, recoñecida pola propia parte demandada, tanto no parte amigábel, onde se fala especificamente de danos na defensa e portón do maleteiro, como no acto do seu interrogatorio.

E se a anterior proba podía xa excusar de máis consideracións, existen, porén, outros intrumentos que avalan igualmente e tese da causalidade. Estámonos referir, por unha banda, á testemuña presencial, que consideramos veraz, malia que for no coche da demandante, e por outra, á factura de reparación do vehículo, confirmada coas declaracións complementarias -espontáneas, esmiuzadas, e en definitva, por igual creibles- do representate legal do taller reparador (ainda que parte do arranxamento realizásese por outra entidade, como así sucedeu), factura de reparación que foi á postre e finalmente satisfeita pola demandante do seu propio peculio, fronte ao procedimento habitual destes casos, nos que son as compañías de seguro as que fanse cargo desa partida, circunstancia que xustificaría, derradeiramente, a escasa colaboración da actora, que a aseguradora agora recurrente pregona.

Terceiro:Polo que fai ás lesións da demandante, as mesmas -con indeperndencia do seu alcance- aparecen oportunamente refrendadas por diversos soportes probatorios, como son: A) Os partes médicos, iniciais - dous, de distintos centros, e aos poucos momentos do accidente-, e de seguimento da pacente ata a súa completa curación, partes nos que se fan constar datos plenamente obxectivos e compatibles cos padecimentos, tales como as contraturas nos trapecios, esplenios e elevador, as limitacións de movimentos, os mareos e as parestesias, ademáis das apreciaciacións puramente subxectivas, de cefaleas e outras dores. B) Os documentos referidos ao tratamento rehabilitador, á medicación e, en fin, ás baixas e altas laborais da lesionada, documentos estes últimos que, doutra parte, supoñen o exame da mesma por parte doutro profesional da mediciña. C) Por último, as lesións gozan do respaldo científico e sempre imparcial da Médico Forense, prestado na precedente causa penal.

Cuestión distinta é a das consecuencias lesivas derivadas concretamente do accidente. E é que tendo a actora doenzas previas moi vencelladas coas lesións agora sufridas por mor dese suceso circulatorio, se precisaba, ante a oposicón da aseguradora demandada, agotar a actividade probatoria, propoñendo, por exemplo, unha pericia para contrarestar a achegada por esta última.

En efecto, as doenzas anteriores ao accidente litixioso se colixen da distinta documentación médica e do ditame forense, cando neste último se informa de que a lesionada presentaba xa cambios dexenerativos en probas de imaxe do ano 2008, e naquela documentación relátase un accidente tráfico nese ano, e a preexistencia dunha hernia discal C5-C6. En fin, a recollida -burda- no propio parte amigábel de 'lesión cervical e de costas', non ven máis que confirmar eses padecimentos.

Por todo iso, e atendendo, finalmente, a que a actora foi dada de alta laboral aos trinta días, estimamos ponderado fixar como día sde curación, ademáis deses trinta días impeditivos para o traballo, outros sesenta non impeditivos. A suma resultante por este concepto é a de 1.827,60 euros.

A demanda debe acollerse pola suma total de 5.716,63 euros (os anteriores 1.827,60 euros, máis 1.698 euros polos días impeditivos, máis 841,07 euros pola secuela máis o factor correitor, máis 1.185,85 euros, polos danos materiais, máis 164,11 euros polos gastos acreditados).

Quinto:A estimación parcial do recurso e da demanda conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación parcial do recurso de apelación promovido por PELAYO MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS A PRIMA FIJA, , S.A. e Dña Tania , representados polo Procurador D. Luis Cesar Torres Goberna, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 10 de Vigo o día 3/4/2013, condenamos aos demandados, PELAYO MUTUA DE SEGUROS, S.A. e Dña Tania , a que de xeito conxunto e solidario indemnicen á demandante Dña María Cristina , na suma de 5.716,63 euros, cos xuros legais para a entidade aseguradora establecidos no artigo 20 da Lei de contrato de seguro . Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Sentencia Civil Nº 659/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 317/2013 de 14 de Noviembre de 2014

Ver el documento "Sentencia Civil Nº 659/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 317/2013 de 14 de Noviembre de 2014"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles
Disponible

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles

Editorial Colex, S.L.

49.95€

47.45€

+ Información