Sentencia Civil Nº 66/201...ro de 2010

Última revisión
11/02/2010

Sentencia Civil Nº 66/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3199/2008 de 11 de Febrero de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 11 de Febrero de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 66/2010

Núm. Cendoj: 36057370062010100086

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:447

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00066/2010

Rolo: 3199/08

Procedemento de orixe: ordinario 648/08

Órgano de procedencia: Instancia núm. 8 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 66

Vigo, once de febreiro de dous mil dez.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 648/06 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3199/08 , nos que aparece como parte

apelante Dª. Dolores e D. Gustavo , representados polo/a procurador/a D./D.ª Tamara Ucha

Groba e asistidos do/da letrado/a D./D.ª Arximiro Soliño Fuentes, e como parte apelalada Promociones Antón e Anxo S.L.,

contra da que se apela e representada polo/a procurador/a D./D.ª Alberto Nieto Quiles e asistida do/da letrado/a D./D.ª Gonzalo

Castro Rodas. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

II.

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. oito de Vigo, con data do oito de febreiro de dous mil oito, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando la demanda formulada en autos del juicio ordinario nº 648/2006, por el Procurador Don Alberto Nieto Quiles, en nombre y representación de la entidad mercantil "PROMOTORA ANTON E ANXO, S.L., contra Doña Dolores y Don Gustavo , debo declarar y declaro que la finca urbana consistente en apartamento-vivienda situado en la NUM000 , letra NUM001 , del edificio situado en el nº NUM002 de la CALLE000 de Vigo, inscrita en el Registro de la Propiedad nº 2 de Vigo al Tomo NUM003 , Libro NUM004 , folio NUM005 , finca NUM006 , Inscripción tercera, descrita en el hecho primero del escrito de la demanda, corresponde a la actora en priedad, condenando a los demandados a estar y pasar por esta declaración y a reintegrar a la actora en su posesión, absteniéndose de todo acto futuro de perturbación con condena en costas de la parte demanda."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Tamara Ucha Groba , en representación de D./D.ª Dolores y D. Gustavo , presentaron un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día dezanove de eneiro de dous mil dez.

Fundamentos

Primeiro.- Exercitada unha acción reivindicatoria pola actora contra dos demandados sobre a vivenda-apartamento de lite, e indiscutida a propiedade daquela primeira, a controversia queda realmente circunscrita entón a se estes segundos teñen ainda ao día de hoxe dereito a ocupar aquela vivenda, cuestión que a sentenza de primeira instancia decide negativamente, acollendo conseguintemente a acción desplegada con basamento no argumento-por decilo polo dagora de maneira resumida- de que a parte demandante cumpríu a sua obriga, derivada do contrato de permuta de data 21 de abril de 1995, de entregar as cousas permutadas (un local, duas vivendas, un garaxe e un trasteiro). En tese da sentenza recorrida, e reproducindo literalmente a sua liña argumental, consiste a mesma en que "a cesión do uso dos inmobles non ten como obxecto, como semellan pretender os demandados, garantilo cumprimento do contrato de permuta (o que exixiría pacto expreso e inequívoco en tal sentido), senón deixar indemne a sua situación posesoria mentres remátase a obra por parte da promotora".

Segundo.- A problemática presentada lévanos necesariamente ao análese do contrato de permuta subscrito entre os contendentes para poder concretar así cal foi efectivamente a vontade contractual, ou se se prefire, para determinar en que consistiron as prestacións asumidas por un e outro, e así poder decidir entón sobre o suposto incumprimento da parta actora, a hoxe apelada.

O contrato de permuta plasmado na escritura notarial de 21 de abril de 1995, despois de recoller a cesión do terreo a prol da promotora demandante a cambio dun local, de duas vivendas, dun trasteiro e dunha praza de garaxe a favor dos demandados, contén a seguinte estipulación - a cuarta-: "os bens a entregar como contraprestación o serán totalmente rematados, libres de cargas e gravames, arrendatarios e ocupantes, con Licencia municipal de primeira ocupación ou, no seu caso, Cédula de habitabilidade" (folio 58). E no contrato privado da mesma data, calificado expresamente de complemantario do anterior, se acordaba que "ata a finalización e entrega da obra, "Xurlo, S. L." comprométese facilitar ao matrimonio... unha vivenda, ora sexa aboándolle o aluguer dun piso ora facilitándolle ún da súa propiedade mentres se executen as obras de construcción do novo edificio, que deixarán libre no intre da entrega da vivenda..."; "así mesmo, Xurlo, S. L. facilitará ao inquilino... un local comercial... con carácter temporal e ata que sexan entregadas as propiedades descritas ao Sr. Gustavo e dona"; finalmente, e polo que agora ten especial interese, se pactaba igualmente que "Xurlo, S. L. tamén facilitará un local - o de lite- para a instalación de Salón de Peiteao-Beleza... nas mesmas condicións que as reflictadas con anterioridade para o baixo". (Folio 122).

Por último, temos que facer mención a un feito que aparece refrendado pola pertinente proba documental, como é que os fundos nos que se atopan ubicados a praza de garaxe e trasteiro adxudicados en permuta aos demandados se encontran gravados con sendos embargos non cancelados. En efecto, e tal como coleximos das certificacións rexistrais da mesma data, de 7 de maio de 2007 (folios 416 e 417), pesan sobre tales predios, dos que son titulares os demandados nas porcentaxes respectivas que especifícanse nesas certificacións do Rexistro da Propiedade, embargos por débedas vixentes, contraidas pola parte actora coa Facenda Pública, polas importante suma de 124.271,62 euros de principal, recargos e custas, á que haberán de engadirse os xuros de demora que se devenguen.

Terceiro.- Pois ben, con estes antecedentes, estimamos que a sentenza apelada desenfoca a cuestión nuclear presentada, dentro do contexto procesual-material (insistimos) do exercicio dunha acción reividicatoria, e consistente esa cuestión en fixar a vontade das partes contratantes. Ou o que é igual, a Sala non comparte a interpretación que Xulgadora a quo realiza desa vontade, ao estimarmos que contradí o teor literal do propio contrato, e a finalidade mesma das prestacións e contraprestacións comprometidas nel.

Efectivamente, e en primeiro lugar, a literalidade e inequivocidade do contrato de permuta plasmado da escritura notarial de 21 de abril de 1995 son patentes ao decirse expresamente que os bens a entregar "como contraprestación" o serán totalmente rematados "e libres de cargas e gravames". Esta mención explícita, de liberdade dos obxectos permutados, en canto sen discriminación ningunha, debemos tela por referida entón aos cinco obxectos, é dicir, ademais de ao local e ás dúas vivendas, á plaza de garaxe e ao trasteiro, o que unido á referencia, non menos explícita, ao termo "contraprestación", non pode deixar xa dúbida de que un presuposto insoslaiable desa contraprestación a cargo da promotora demandante era que tanto o trasteiro como o garaxe non estiveran gravados, o que non sucede no caso axuizado ante a existencia e persistencia dos embargos.

Máis é que, en segundo termo, o instrumento interpretativo do contrato, lóxico ou teleolóxico, conduce á mesma tese que estamos sustentar, pois semella de todo punto razoable que unha condición ineludíbel da prestación a cargo da promotora sexa a entrega á contraparte, dos obxectos permutados, libre de toda carga e gravame pois, en caso contrario, estaríase a deixar ao arbitrio daquela primeira a determinación do contido ou valor económico da sua prestación, ou se se prefire, do propio contrato, o que está vedado terminantemente polo artº 1256 do Código Civil .

E fronte ao que se ven razoando carece de consistencia, en terceiro lugar, a argumentación de que a finalidade da subministración da vivenda -realmente local de peiteao e beleza- non era a de garantir o cumprimento do contrato de permuta, senón simplemente a de procurar a indemnidade da situación posesoria dos demandados mentres non se lle entregaban os cinco obxectos permutados, pois con esa interpretación a xulgadora está predicar unha dualidade de contratos, que na realidade non existe pois: A) A referecia explícita contida no contrato privado, de que é complementario do anterior -ou sexa, do plasmado na escritura pública- aboa a tese do único contrato. B) Nese contexto único, o documento privado é reiterado na afirmación de que esa situación posesoria a prol dos demandados - e tamén do terceiro, Sr. Ledo- persistirá ata a entrega dos bens. Efectivamente, se di no documento privado que "ata a finalización da entrega da obra", que "deixarán libre no intre da entrega da vivenda", ou que "ata que sexan entregadas as propiedades ao Sr. Gustavo e dona".

En resumo, a situación posesoria a prol dos demandados ten que persistir ata "a entrega" dos obxectos permutados, entrega que, en último termo, non pode ser entendida no senso puramente material, senón xurídico, ou de trasmisión do dereito de propiedade plena dos mesmos, ou sexa, libre de cargas e gravames. Conseguintemente, e mentres non se cancelen os embargos, os demandados óstentan o dereito de posuir o ben de lite, e non pode entón triunfar polo dagora a acción reivindicatoria promovida.

Cuarto.- A acollida do recurso dos demandados, engadido ás dúbidas que se nos presentaron na interpretación da vontade contractual, dúbidas achacables por igual ás dúas partes contendentes, non levan a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con acollida do recurso de apelación formulado por Dª. Dolores e D. Gustavo , contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo o día oito de febreiro de dos mil oito, rexeitamos a demanda reitora deste preito, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística .

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.