Última revisión
21/12/2007
Sentencia Civil Nº 680/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5199/2006 de 21 de Diciembre de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Civil
Fecha: 21 de Diciembre de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 680/2007
Núm. Cendoj: 36057370062007100553
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00680/2007
Rolo: 5199/06
Procedimento de Orixen: verbal 80/06
Organo de Procedencia: Xulgado de 1ª Instancia nº 2 VIGO
A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO, composta polos Ilmos. Sres.
Maxistrados : D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO E DÑA. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO , Pronunciou
NO NOME DO REI
A seguinte
SENTENZA nº 680
En Vigo a vinteún de decembro de dous mil sete.
VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio verbal 80/06, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 2 de Vigo , os que correspondeu o rolo 5199/06 , nos que aparece como Apelante Gama Aplicaciones Industriales representado polo procurador D. Alberto Vidal Ruibal e asistido do letrado D. Javier Rodríguez Fernández e como Apelado D. Miguel Ángel e representado polo Procurador D. Pedro Lanero Táboas e asistido do letrado D. Rafael Moreda García e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO , quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Polo Xulgado de 1ª Instancia num. 2 de Vigo , con data 02 de maio de 2006 dictouse sentencia co seguinte fallo:
"Que debo estimar y estimo íntegramente la demanda interpuesta por el Procurador de los tribunales en nombre y representación de D. Miguel Ángel condenando a la demandada entidad GAMA APLICACIONES INDUSTRIALES S.L. a abonar a la actora la cantidad de 1.900 euros, intereses legales y costas del procedimiento."
SEGUNDO.- Contra dita Sentencia, polo procurador D. Alberto Vidal Ruibal en representación de Gama Aplicaciones Industriales, formulouse recurso de apelación, que foi admitido en ambos efectos consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil. Celebrandose vista o pasado día vintenove de novembro as 11,15 horas.
TERCEIRO.- Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.- As duas primeiras peticións da parte demandada, e agora recorrente, de que se declare a nulidade de actuacións por denegación da proba pericial interesada en primeira instancia, e de apreciación da excepción de prescripción, polo transcurso do plazo legal do ano, establecido para o exercicio das accións indemnizatorias por culpa extracontractual, ao abeiro dos artºs. 1.968-2 e 1.902 do C. C., non poden ser acollidas pois, polo que fai á primeira daquelas pretensións, a indefensión pola apelante alegada aparece salvada pola admisión nesta alzada daquela pericia, que se practicou na oportuna vista celebrada nesta segunda instancia, con todalas garantías para os contendentes. E no tocante á excepción de prescripción extintiva, é patente o erro puramente material ou numérico padecido polo demandante na expresión da data do sinistro, deferíndoo ao ano 2.004, cando a realidade foi que o accidente ocurriu no ano seguinte, non só por así derivarse das declaracións testemuñais, senón tamén porque así o confirma o perito nomeado pola demandada apelante, e moi especialmente, polo decisivo dato da inmatriculación do vehículo, o 9 de xullo de 2.004 ( folio 6 ), data esta última que pon de relevo, certamente, que o accidente non pudo acaecer na data anterior, de 18 de febreiro de 2.004.
SEGUNDO.- Ao entrar no cerne do asunto, duas son as cuestións que se plantexan, unha primeira, a etioloxía do sinistro, e a outra, o montante indemnizatorio.
Respecto da primeira, a Sala, despois de revisado todo o material probatorio, estima acreditado que a causa dos danos padecidos no vehículo do demandante foi o desprendimento de granalla, procedente dos labores que a demandada estaba a facer na nave contigua ao lugar no que estaba estacionado aquel vehículo. Así colíxese das declaracións das duas testemuñas, esmiuzadas, coherentes, sólidas e, en definitiva, creibles, proba testemuñal posta en relación coas fotografías aportadas aos autos pola parte demandada, e co orzamento de reparación do taller, Talleres Ogando, S. L., ratificado polo correspondente representante legal, o que ven afirmar, en liña co devandito orzamento, que o coche estaba afectado polos restos de granalla. En último termo, os distintos orzamentos e peritacións, sobre feitos semellantes, aportados pola parte accionada ( así como a copia da sentenza, coa mesma data do sinistro que o axuiciado ), non farían mais que xustificar, alomenos de xeito indiciario, aquela etioloxía. O motivo do recurso debe, por conseguinte, rexeitarse.
TERCEIRO.- O segundo dos problemas é o montante económico a conceder por mor do sinistro. E chegados a este punto existen duas probas totalmente contradictorias, tanto na maneira ou sistema para reparalos danos, como, e en íntima conexión co punto anterior, o seu importe. Contradicción que se observa entre a proba pericial practicada nesta alzada a proposta da demandada, e o orzamento acompañado coa demanda, completado este úlimo polas declaracións prestadas como testemuña polo representante legal do taller, confeccionador de devandito orzamento.
En efecto, esta testemuña, despois de ratificarse no orzamento, aseverou, no que ten especial interese agora, que realizou unha proba preliminar de pulido para intentar poñer remedio aos danos, non conseguindo o resultao apetecido, ao non lograra eliminar con esa solución a granalla depositada en diversas partes do vehículo, optando entón polo seu pintado total. E esa testemuña, pola sua coherencia e espontaneidade constitúe unha proba a tomar en consideración.
Fronte a esta probanza, non atopamos coa outra, que pola modalidade, de proba pericial, tería a priori maior habilidade e eficacia probatoria que aquela primeira. Mais esa inicial preferencia aparece empañada no caso axuiciado polos seguintes feitos ou reparos: A ) Que o perito non fai unha proba preliminar, de pulido, como semella que realizou aquel dono do taller, que parecía elemental para asegurarse da conclusión que postula. B ) Que esquece no seu ditame escrito - algo de moi difícil comprensión ou xustificación nun perito- o capítulo indemnizatorio relativo " á man de obra ", de consideración obrigada. C ) Que tanto no informe rendido por escrito, como nas aclaracións feitas ante este Tribunal verbalmente, o perito fala de maneira insistente de restos de pintura apreciados no coche, cando deixamos sentado como probado que o material que dañou ao mesmo foi granalla, é decir, partículas ( metálicas, ou de area, segundo os casos, sen que neste suposto saibamos con certeza a composición desas partículas ), que se pegaron á chapa e cristais, material este último de distinta composición e agresividade que a pintura. Circunstancias todas elas, que sen excluir totalmente a eficacia probatoria desta pericia, a merman en maior ou en menor medida.
Pois ben, atopándonos ante esta tesitura, de probas en contradicción, de non doada solución, a Sala opta pola postura ponderada, de tomar en consideración as duas probas, arrincando da solución reparadora sinalada polo perito, mais tendo en conta que esa solución leva un certo desvalor dun vehículo novo, como o do actor, de tan só oito meses de antigüidade ao tempo do sinistro, demérito que ten que ser tomado loxicamente en conta.
O perito reseña, e nestes extremos compartimos as suas apreciacións, por unha banda, que ao atoparnos ante un vehículo con pintura bicapa, os danos afectan tan só á capa externa, de barnizado, mais non á segunda, da pintura que da a cor; por outra, que pódese adoptar entón como solución satisfacoria o pulido daquela primira capa, non sendo preciso o pulido da segunda, e a conseguinte nova capa de pintura; e por outra, que o labor de pintura de fábrica, tanto na cualidade da propia pintura, como na sua execución, é de maiores garantías que unha pintura postreira. E tendo en conta a solución propiciada por este perito, fixamos en 385,12 euros a reparación, incluida man de obra ( 80 euros segundo o perito) e I. V. E..
Pero, por igual sinalamos, que atopándonos ante un vehículo practicamene novo, de tan só oito meses de antigüidade, é indubitable que se produce un desmerecimento do seu valor, non só porque non é igual un coche sen pulir unha das suas capas protectoras que con ese pulido, senón amén porque ese pulido faría mais difícil a posibilidade doutro postreiro, que o vehículo poidera necesitar eventualmente. E tendo en conta estos deméritos, fixamos unha indemnización adicional ata a suma total de setecentos euros.
CUARTO.- A acollida parcial do recurso e da demamnda lévanos a non facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C . ).
III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal outorgan a Constitución e Povo españois,
Fallo
Que ao acoller en parte o recurso de apelación formulado polo Procurador D. Alberto Vidal Ruibal na representación de Gama Aplicaciones Industriales contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Vigo o día dous de maio de dous mil seis condenamos á demandada recorrente a que pague ao actor a suma de setecentos euros, cos xuros legais dende a data da interpelación xudicial ata a data da sentenza pronunciada en primeira instancia, que serán os xuros legais incrementados en dous puntos, dende a data desa resolución ata a do compleo pagamento. Todo iso, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.
Ésta é a nosa sentencia, que asinamos, e que redáctase en galego consonte ao establecido no artº 5.1.,2 e 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, de 8 de abril ; e artºs 1,2,6,3, e 7.2.e da Lei 3/1983, de 15 de Xuño, da Comunidad Autónoma de Galicia, de Normalización Lingüística .
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.
