Sentencia Civil Nº 682/20...re de 2008

Última revisión
12/12/2008

Sentencia Civil Nº 682/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3263/2007 de 12 de Diciembre de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 12 de Diciembre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 682/2008

Núm. Cendoj: 36057370062008100795

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00682/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3263/07

Procedemento de orixe: ORDINARIO 741/06

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 2 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste bobillo pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 682/08

Vigo, doce de decembro de dous mil oito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 741/06 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3263/07, nos que aparece como parte

apelante-demandante Dª Penélope representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN VÁZQUEZ CUETO

e asistida do/da letrado/a D./D.ª EVARISTO MONTOYA IGLESIAS e como parte contra da que se apela e demandados

LADEIRA OCIO S.L., FIACT, MUTUA SEGUROS representada polo/a procurador/a D./D.ª MERCEDES PÉREZ CRESPO e

asistida do/da letrado/a D./D.ª RAMIRO J. ANDRÉS GONZÁLEZ. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo,

quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 7 de marzo de 2007, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que debo desestimar y desestimo íntegramente la demanda de juicio ordinario interpuesta por el Procurador de los Tribunales en nombre y representación de Dña. Penélope , absolviendo a los demandados de los pedimentos que les afectaban, con imposición de las costas procesales a la actora."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Carmen Vázquez Cueto, en representación de D./D.ª Penélope , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día doce de decembro de dous mil oito.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A Sala comparte a valoración das probas -escasas- sobre a etioloxía do sinistro, efectuada pola Xulgadora a quo na sua sentenza, que confirmamos polos seus propios fundamentos, aos que engadimos, a título de simple abundancia, os argumentos que de seguido pasamos a expoñer.

Primeiramente, debemos reseñar que a actividade lúdica desplegada nunha discoteca non é de por sí constitutiva de risco, polo que non cabe establecer presuncións de culpa nin outros remedios tendentes a obxetivizala responsabilidade dos axentes polos accidentes sufridos polos usuarios, como sucede noutros eidos, como é, por exemplo, e por ser o mais habitual e significado, o circulatorio de vehículos de motor, de tal xeito que corresponde entón á parte actora, que alegue un dano naquel establecimento de diversión, facer unha proba clara sobre o nexo causal e a culpa que imputa ao dono do local, e os resultados lesivos, de conformidade co artº 217 da L. A. C ., e todo iso sen esquecer os restantes criterios probatorios sentados por este precepto, como os de dispoñibilidade e facilidade probatorias. En definitiva, no contexto da responsabilidade civil extracontractual no que movémonos, a parte demandante, e suposta vítima, ten que desplegar dentro das suas posibilidades, e tendo en conta que non hai probas preconstituidas - a diferenza da responsabilidade civil procedente do eido contractual-, todalas probanzas posibles para formala convicción do órgano xudicial, entre o comportamento culposo, por acción ou omisión, do demandado, e os danos por ela padecidos.

En definitiva,e tal como ven proclamala doctrina xurisprudencial: A) A vítima ten que acreditar sempre a versión dos feitos que alega, e o nexo causal entre os mesmos e o dano que di padecido. Neste senso, di a sentenza do Tribunal Supremo de data 26- 7-2.001 que "la inversión de la carga de la prueba no opera en el campo causal", ou como advirte a de 25-7-2.002 "el mismo hecho y el nexo causal, que como elementos determinantes del nacimiento de responsabilidades han de ser probados por quien los alega". B) Que non son constitutivas de risco as actividade das discotecas. Así, a sentenza de 10-12-2.002 declara que "... no es aplicable la llamada doctrina del riesgo, como señaló la jurisprudencia de esta Sala, a todas las actividades de la vida, sino solo a aquellos que impliquen un riesgo considerablemente anormal en relación con los estándares medios... desde la perspectiva de la objetivación de la responsabilidad pretendida, la caída del actor es ajena por completo a la actividad desarrollada en el local, donde se puede estar sentado o de pié, bailando o no, oyendo música, tomando unas copas y un largo etc., porque es cada cliente el que hace lo que quiere e incluso dentro de una misma actividad como el baile, la realización personal marca situaciones diferentes en cuanto a eventuales peligros y no existe relación causal entre la actividad de la empresaria del local de discoteca y el resultado producido...".

Sentado o anterior, a actora, e hoxe recorrente, centra a culpa da sociedade demandada en que como "o solo de devandito recinto estaba mollado e con numerosos papeis de confeti, escorregou, causándose as lesións..." (feito primeiro da demanda).

Pois ben, non hai probas suficientes dese feito, ou por precisar mais, non se acredita que a causa da caida estivera naquel estado esvaradío do solo e non outra causa, sendo a este respecto insatisfactorias as declaracións das duas testemuñas que declararon nesta causa, e que o tribunal examinou detidamentes, pois, polo que fai á testemuña, Victorino , ainda que a mesma afirme que o solo presentaba aquel estado polas copas e polos confets, a mesma recoñece que non presenciou o intre mesmo da caida. carencia que impide determinar certamente se a orixe do accidente estivo desa circunstancia ou noutra, imputábel á propia vítima nos comportamentos, lúdicos ou non, propios do local, ou a un terceiro. E respecto da segunda, Alejandro , polas dúbidas e aseveracións condicionais manifestadas ao contestar sobre o feito discutido do estado mollado e esvaradío ("podía estar esvaradio... podía estar algo mais esvaradío...cree que estaría esvaradio...").

A insuficiencia probatoria non se suple ou completa con outros instrumentos de proba -neste senso, a parte demandante renunciou a outras testemuñas, inicialmente ofrecidas-, dado que, en último termo e xa para rematar, a proba documental aportada nesta alzada, e constituida polo parte hospitalario inicial de asistencia da lesionada accionante, nada aporta sobre a causa da caida.

Segundo: Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para non aplicalo criterio xeral do vencimento obxetivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394 da L. A. C ..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitámolo recurso apelación formulado por Dª Penélope representada polo Procurador Dª Carmen Vázquez Cueto contra da sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Vigo o día 7 de marzo de 2007 , con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.