Sentencia Civil Nº 685/20...re de 2007

Última revisión
21/12/2007

Sentencia Civil Nº 685/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5187/2006 de 21 de Diciembre de 2007

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Civil

Fecha: 21 de Diciembre de 2007

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 685/2007

Núm. Cendoj: 36057370062007100528

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00685/2007

CIVIL

Rolo: 5187/06

Procedemento de orixe: Verbal 667/05

Órgano de procedencia: Instancia núm. 8 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos

maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo , D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 685

Vigo, vinteun de decembro de dous mil sete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os

autos do xuízo Verbal 667/05 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que

correspondeu o rolo 5187/06, nos que aparece como parte apelante- demandado Dª Margarita representada polo/a procurador/a D./D.ª Purificación Rodríguez González e asistida

do/da letrado/a D./D.ª Francisco Abalde Iturbe e como parte contra da que se apela e demandante

D. Marco Antonio representada polo/a procurador/a D./D.ª Javier Soaje Renard e

asistida do/da letrado/a D./D.ª María del Carmen González de Araujo. É o maxistrado relator D.

Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo de Vigo, con data do 26/09/2005, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

""Que estimando la demanda formulada en autos de juicio verbal nº 667/2005 pro el Procurador Don Javier Soaje Renard, en nombre y representación de Don Marco Antonio , contra Doña Margarita , debo y declaro extinguido el contrato de alquiler para uso de vivienda del inmueble situado en Vigo, CALLE000 nº NUM000 , piso NUM001 , y debo condenar y condeno a la demandada a estar y pasar por dicha declaración y a abandonar y devolver el inmueble arrendado, dejándolo libre y a la entera disposición de su propietario, bajo apercibimiento que de no verificar de inmediato el desalojo de la vivienda se procederá a su lanzamiento judicial, con imposición a la demandada de las costas procesales causadas."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Purificación Rodriguez González, en representación de D./D.ª Dª Margarita , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25/10/07.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A exixencia legal de que para que se dea curso a un recurso de apelación formulado polo arrendatario, contra dunha sentenza en materia arrendaticia que dea lugar ao lanzamento daquel, de que estea ao corrente no pagamento das rendas ( artº 449. 1 e 2 da L. A. C . ), debe entenderse colmada nun caso como o presente, no que, fronte á vontade do mesmo, reiteradamente observada, de pagalas rendas mediante os xiros bancarios correspondentes, existe unha negativa, non menos insistente, do arrendador de facerse cargo das rendas, tal como este último ven recoñecer, so pretexto do temor, de que se percibe, as rendas estaría a haber pola sua parte unha especie de consentimento á prórroga da relación arrendatia.

Segundo.- A arrendataria demandada, contra da que o arrendador exercita unha acción resolutoria do contrato por expiración do plazo pactado ( aquela primeira, ante a pretensión de actualización da renda deste segundo, ao abeiro da presente normativa arrandaticia urbán, manifestou que non quería a actualización, optando pola facultade legal de dar por expirada a relación arrendaticia ao cabo dos oito anos ), acción resolutoria que a sentenza de primeira instancia estima, reproduce nesta alzada a mesma causa - practicamente a única- de oposición, invocada na primeira, de falta de litisconsorcio pasivo necesario, ao non terse demandado ao seu consorte. Excepción que ten que ser rexeitada dado que nos atopamos ante o exercicio dunha acción persoal.

Como proclama a s. do T. S. de data 6-7-2.000 " cuando se ejerciten acciones reales hay que demandar a los dos cónyuges, y en las personales, solamente al cónyuge interesado ", doctrina xa seguida en resolucións anteriores, como a de 25-1-90, a que sinala que cando trátese do exercicio de accións persoais ou derivadas de contrato " la doctrina de esta Sala también es clara y uniforme, en el sentido de que cuando se postula la eficacia o ineficacia de una relación negocial o contractual basta dirigir la pretensión contra aquél de los cónyuges que haya sido parte en el contrato, sin necesidad de demandar también al otro cónyuge que no intervino en el mismo ( Sentencias de 10 de junio y 30 de octubre de 1985, 26 de septiembre de 1986, 4 de abril y 6 de junio de 1988, 16 de junio de 1989 ".

A doctrina precedente debe ser, dende logo, matizada, non podendo tomarse de maneira absoluta ou sen limitacións dado que, con independencia do que poda decidirse no proceso sobre o fondo do asunto, o instituto do litisconsorcio pasivo necesario obedece, en definitiva, á necesidade de que se a resolución xudicial vai a efectar, en especial negativamente - dentro duns parámetros de normalidade e razoabilidade, ainda que logo así non sexa, segundo o sentido da sentenza- a quen non foi demandado, se dea a este último a posibilidade de intervir nese proceso. A razón de ser desa excepción se atopa en horizontes mais amplos que os do puro fondo da cuestión, como son os postulados constitucionais de audiencia e de ineterdicción da indefensión. E dende esta perspectiva, o T. C. non exixe que a acción persoal plantexada diríxase, sempre e inexorablemente, contra dos dous cónxuxes.

Así, e en relación, precisamente, coa coa resolución dun contrato de aluguer, declarou na s. de 4-10-93 " que para pedir la resolución arrendaticia no es preciso demandar al cónyuge de quien concertó el contrato de arrendamiento ", indicándose nesa sentenza que " es razonable entender que, en circunstancias normales, el emplazamiento de cualquier miembro de la familia en el domicilio familiar, al menos en este tipo de procesos civiles sobre derechos patrimoniales, es suficiente para evitar la indefensión salvo que concurran factores excepcionales que corresponde probar al que los alegue y así lo ha entendido ese mismo Tribunal en supuestos similares - TC SS 198/1987 y 194/1998 - ". E engade aquela resolución que " lo determinante en la sede constitucional, es que el Juzgado emplazó correctamente a quien había sido demandado por la parte actora en el pleito civil, que era la persona que aparecía como titular del derecho sometido a litigio ".

O T. C. está pensando, á hora de sentala doctrina precedente, no exercicio de accións persoais " en circunstancias normais " na familia, non en situacións de rupturas ou de crise matrimonial, e isto porque nestes estados de creba familiar, xa non se pode asegurar, dentro duns criterios lóxicos, que os avatares que afecten á familia podan ser efecivamente coñecidos por todolos seus membros. Por iso, nesas situacións matrimoniais críticas ten declarado ( s. de 31-10-86 ) que " o artº 96 del Código Civil ha creado un litisconsorcio pasivo necesario al equiparar al cónyuge no titular (no firmante) del contrato de arrendamiento con el suscriptor del mismo, considerando a ambos en la misma situación jurídica contractual. La consecuencia procesal es, pues, la necesidad de traer a juicio a los dos para evitar que, ausente uno, pueda éste verse afectado sustancialmente en su derecho material (aquí la posesión arrendaticia) por la Sentencia dictada contra el otro, con eficacia de cosa juzgada, es decir, con indefensión insubsanable ".

Pois ben, a aplicación dos criterios xurisprudenciais e constitucionais expostos levan ao rexeitamento da excepción plantexada, por non ser traido ao proceso o esposo da demandada pois: A ) Estamos ante unha situación conxugal normalizada, de convivencia, que fai impensábel que o aquel descoñeza a promoción da acción resolutoria do contrato de arrendamento contra da sua dona, e a causa invocada para esa resolución. B ) Que o contrato de arrendamento celebrouse tan só entre arrendador e a esposa, tal como infírese de feitos tan palmarios e inequívocos como son , tanto que o contrato tan só aparece asinado pola demandada, á sazón en estado de solteiría, como que o requerimento do arrendador para a actualización da renda ( con basamento na Disposición Transitoria Segunda , parágrafo d., da L. A. U. de 24 de novembro de 1.994 ) se dirixe á demandada exclusivamente, como, en fin, e o que é mais importante, porque a contestación a ese requerimento se fai, por igual, de xeito propio e exclusivo pola demandada, e ata empregando nese carta de contestación o singular, de que " me opongo " á actualización da renda ( folio 11 ). C ) En resumo, e en liña coas anteriores consideracións, exercitada unha acción persoal, resolutoria do contrato de aluguer, contra da única arrendataria, non pode falarse de que a relación xurídico-procesual estea mal integrada, dado que unha cousa é o dereito de arrendamento, que tan só produce efecto entre as partes que suscriben o contrato, ex artº 1.257 do C. C ., e outra o mero e espido dereito de ocupación mentres estea vixente o contrato, que teñen as persoas que dependen do arrendatario, ou están unidos ao mesmo por vencellos familiares, afectivos ou de pura amizade, os que perderán automática e irremediablemente aquela facultade de ocupación coa extinción do dereito de arrendamento do arrendatario.

Todo o razoado conduce a rexeitala excepción alegada, así como o outro motivo da apelación, no senso de que o requerimento de actualización da renda debeu entenderse, conseguintemente, co esposo da demandada tamén, pois ademais de que esta petición aparece indisolublemeente vencellada á apreciación da situación litisconsorcial, á postre desbotada, implica no caso axuiciado unha solicitude contraria á doctrina dos actos propios, abusiva e e desacorde co principio da boa fe no exercicio dos dereitos, pois a demandada, fronte ao requerimento de actualización da renda do arrendador, ademais de non denunciar ese defecto na réplica a ese requerimento, opta pola alternativa legal de que non se lle actualice a renda ( a cambio de deixala vivenda ao cabo do amplo plazo legal, dos oito anos ), co conseguinte prexuizo para o arrendador, para agora negarse a acatar a opción elexida, ou por ela consentida, baixo o subterfuxio e a mendacidade de que o seu esposo ignoraba todos eses aconteceres.

Terceiro.- Non atopamos circunstancia excepcional ningunha que poidera aconsellarnos non aplicalo criterio xeral do vencimento obxetivo, disposto para as custas procesuais polos artºs. 394 e 398 da L. A. C ..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamolo recurso de apelación formulado por Dª Margarita , representada pola procuradora Dñª Purificación Rodríguez González contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia num. 8 o día 26/09/2005, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.