Sentencia Civil Nº 69/201...zo de 2015

Última revisión
14/07/2015

Sentencia Civil Nº 69/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 418/2014 de 27 de Marzo de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Civil

Fecha: 27 de Marzo de 2015

Tribunal: AP - A Coruña

Ponente: TALLON GARCIA, LORENA

Nº de sentencia: 69/2015

Núm. Cendoj: 15078370062015100201

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00069/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

SECCIÓN SEXTA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ROLO: RECURSO DE APELACIÓN (LECN) 418/14

Ilmo/s. Sr/es. Maxistrado/s:

D. ÁNGEL PANTÍN REIGADA -PRESIDENTE-

Dª LORENA TALLÓN GARCÍA

Dª Mª DEL CARMEN VILARIÑO LÓPEZ

SENTENZA Nº 69/15

Santiago de Compostela, 27 de marzal de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do Procedemento matrimonial de modificación de medidas definitivas seguido co núm. 1537/2012, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 418/2014, nos que aparece como parte apelante dona Tatiana , representada polo procurador don Fernando González-Concheiro Álvarez, e como parte apelada don Jaime , representado polo procurador don Domingo Núñez Blanco, sendo Xuíz relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.

Antecedentes

PRIMEIRO.-Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que debo estimar y estimo parcialmente la demanda deducida por don Jaime representado por el procurador Sr. Nuñez Blanco y asistido de la letrada Sra. Martínez Vidal frente a doña Tatiana representada por el procurador Sr. González Concheiro Álvarez y asistida de la letrada Sra. Abel Souto, sin intervención de la representante del Ministerio Fiscal en ausencia de hijos menores de edad y, en consecuencia procede:

1º.- Decretar la extinción de la pensión compensatoria establecida en sentencia de divorcio contencioso de fecha 2'-4-2007 del Juzgado de Primera Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela modificada por la SAP Coruña de fecha 27-12-2007 .

2º.- Establecer una pensión de alimentos a cargo de la demandada en favor de la hija común Fidela de 100€/mes con el mismo sistema de pago y actualización previsto en la sentencia de divorcio contencioso antes mensionada.

No procede la estimación de los restantes pedimentos de la demanda.

Cada parte pagará las costas causadas a su instancia y las comunes por mitad.'

Por auto de data 29 de setembro de 2014 completando a Sentenza anteriormente mencionada incorporando á parte dispositiva da mesma un número 3º do seguinte tenor literal: '3º.- La demandada deberá abonar el 50% de los gastos extraordinarios de la hija común Fidela .'

SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de don Jose Ángel interpuxo recurso de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a deliberación e votación, o 4 de marzal de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.


Fundamentos

PRIMEIRO.-A representación procesual de dona Tatiana interpuxo recurso de apelación contra a Sentenza ditada no Procedemento matrimonial de modificación de medidas seguido co núm. 1537/2012 ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, interesando a súa revogación, argumentando: 1) que a mencionada resolución, de data 10 de xullo de 2014, declarou a extinción da pensión compensatoria establecida na Sentenza de divorcio de data 20 de abril de 2007 cando conforme ao disposto nesta última sentenza a pensión compensatoria extinguiríase transcorridos 7 anos; 2) a falta de lexitimación activa do demandante para reclamar a pensión de alimentos a favor das fillas maiores de idade; 3) que o pronunciamento relativo aos gastos extraordinarios, infrinxe as previsións contidas no art. 214 da LAC, xa que introducido o mesmo por vía de aclaración contradí o parágrafo segundo da parte dispositiva no que se estableceu 'No procede la estimación de los restantes pedimentos de la demanda.'

Pola súa parte o apelado opúxose ás pretensións deducidas de contrario e interesou a confirmación da Resolución impugnada.

SEGUNDO.-O agora apelado no escrito de demanda, de data 19 de novembro de 2012, reitor deste procedemento de modificación de medidas definitivas interesou, que se declarase extinguida a pensión compensatoria fixada a favor de dona Tatiana na Sentenza de data 20 de abril de 2007, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 5 de Santiago de Compostela , no procedemento de divorcio contencioso núm. 899/2006, parcialmente revogada pola Sentenza da AP de A Coruña de data 27 de decembro de 2007 .

Atendendo a dita pretensión a Sentenza apelada, de 10 de setembro de 2014 , respectando o principio de congruencia, declarou a mencionada extinción.

A recorrente en apelación cuestionou a oportunidade de dito procedemento toda vez que na data en que se ditou a Sentenza apelada dita pensión xa se atopaba extinguida por canto a Sentenza de 20 de abril de 2007 na que se estableceu fixou unha duración temporal para a mesma de 7 anos; prazo xa transcorrido no momento en que se ditou a Resolución impugnada.

No suposto que nos ocupa, tendo en conta: a)a Sentenza de data 20 de abril de 2007, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 5 de Santiago de Compostela estableceu a pensión compensatoria cunha duración de 7 anos; b) o devandito prazo non transcorrera no momento e que se interpuxo a demanda que deu lugar a estas actuacións, sen embargo si expirara no momento en que se ditou a Sentenza agora apelada; e c) a Sentenza impugnada ditada no procedemento de modificación de medidas non ten eficacia retroactiva, despregando os seus efectos dende a data do seu ditado, procede declarar a extinción da pensión compensatoria se ben coa precisión de que dita extinción debe entenderse producida con data 20 de abril de 2014.

TERCEIRO.-En segundo lugar a recorrente impugnou os pronunciamentos polos que se desestimou a pretensión de fixar, a cargo da apelante, unha pensión de alimentos a favor da filla maior de idade, Salvadora , e se estimou a fixación dunha pensión de alimentos de 100€ mensuais a favor da filla maior de idade, Fidela , invocando infracción do art. 93 do CC e erro na valoración da proba ao entender que o apelado carece de lexitimación activa para deducir tales pretensións.

O Tribunal Supremo en Sentenza de 24 de abril de 2000 estableceu que 'el progenitor, que si ha de contribuir a satisfacer los alimentos de los hijos mayores de edad que con él conviven, tiene un interés legítimo, jurídicamente digno de protección, a demandar del otro progenitor su contribución a esos alimentos de los hijos mayores. No puede olvidarse que la posibilidad que establece el art. 93, párrafo 2º del Código Civil de adoptar en la sentencia que recaiga en estos procedimientos matrimoniales, medidas atinentes a los alimentos de los hijos mayores de edad se fundamenta, no en el indudable derecho de esos hijos a exigirlos de sus padres, sino en la situación de convivencia en que se hallan respecto a uno de los progenitores, convivencia que no puede entenderse como el simple hecho de morar en la misma vivienda, sino que se trata de una convivencia familiar en el más estricto sentido del término con lo que la misma comporta entre las personas que la integran'.

Por tanto, as condicións precisas para recoñecer a lexitimación dun dos proxenitores para reclamar a pensión de alimentos a favor dun fillo maior de idade serían a súa solicitude nun proceso de separación ou divorcio e a convivencia do fillo maior de idade co solicitante no mesmo domicilio, sen prexuízo de que para o efectivo recoñecemento do dereito a pensión de alimentos deba concorrer ademais unha situación de dependencia económica.

Sentado canto antecede, no suposto que nos ocupa, debe terse por acreditado que concorren as circunstancias de feito que permiten recoñecer ao apelado lexitimación activa para reclamar a pensión de alimentos das fillas maiores de idade. Este Tribunal considera elemento de proba determinante aos efectos de acreditar a situación de convivencia entre o apelado e as fillas maiores de idade o informe de convivencia expedido polo Concello de Rianxo. En dito informe conclúese que, tras indagacións practicadas na veciñanza, don Jaime vive no devandito Concello no lugar de Montegrande, Asados, con dona Salvadora e dona Fidela , sen que se achegaran a estas actuacións elementos de entidade suficiente para desvirtuar o referido extremo. Compre ter en conta que o feito de que Fidela , viva por razóns de estudos noutro domicilio durante o curso escolar, non cuestiona a concorrencia do presuposto da convivencia aos efectos de recoñecer a lexitimación activa do apelado.

CUARTO.-Finalmente a recorrente cuestionou o pronunciamento contido no Auto de data 29 de setembro de 2014 no que completando a Sentenza anteriormente mencionada se incorporou a parte dispositiva da mesma un número 3º do seguinte tenor literal: '3º.- La demandada deberá abonar el 50% de los gastos extraordinarios de la hija común Fidela .'. Segundo expuxo a referida previsión infrinxe as previsións contidas no art. 214 da LAC, xa que introducido por vía de aclaración contradí o parágrafo segundo da parte dispositiva da Sentenza no que se estableceu que non procede a estimación dos restantes pedimento da demanda.

O motivo de apelación invocado non pode ser acollido por canto o complemento da Sentenza, que atopa fundamento normativo nas previsións contidas no art. 215 da LAC e non no disposto no art. 214, non infrinxe previsión normativa ningunha.

A xurisprudencia da Sala 1ª do Tribunal Supremo estableceu, con carácter xeral respecto do deber de congruencia das sentenzas, e en relación coa incongruencia omisiva, que dito deber, previsto no art. 218 da LAC 'exige que la sentencia resuelva todas las cuestiones debatidas en el proceso, dando a cada una de ellas la respuesta suficientemente razonada o motivada que sea procedente'( Sentenzas 972/2011, 10 de xaneiro de 2012 , e 533/2014, de 14 de outubro , con cita, a súa vez, das Sentenzas 176/2011 , de 14 de marzal, e 581/2011, de 20 de xullo ). Así mesmo, se recorda na Sentenza do mesmo Alto Tribunal, de 15 de xaneiro de 2014 , para a xurisprudencia constitucional, a incongruencia omisiva ou ex silentio 'se produce cuando el órgano judicial deja sin contestar alguna de las pretensiones sometidas a su consideración por las partes, siempre que no quepa interpretar razonablemente el silencio judicial como una desestimación tácita cuya motivación pueda inducirse del conjunto de los razonamientos contenidos en la resolución, y sin que sea necesaria, para la satisfacción del derecho a la tutela judicial efectiva, una contestación explícita y pormenorizada a todas y cada una de las alegaciones que se aducen por las partes como fundamento de su pretensión, pudiendo bastar, en atención a las circunstancias particulares concurrentes, con una respuesta global o genérica, aunque se omita respecto de alegaciones concretas no sustanciales'( STC 25/2012, de 27 de febreiro e 40/2006, de 13 de febreiro).

Ao anterior compre engadir que a máis moderna xurisprudencia (por todas, Sentenzas da Sala 1ª do Tribunal Supremo 538/2014, de 30 de setembro de 538/2014, de 28 de outubro e as que nelas se citan), ven sostendo que o modo procesalmente ordinario e correcto de superar a incongruencia por falta de pronunciamento é a petición de complemento da Sentenza ante o propio tribunal sentenciador, conforme prevé o artigo 215 da Lei de Axuizamento Civil ; opción que ademais permite salvagardar o dereito a dobre instancia, pois os novos pronunciamentos do Xulgado a quo poderán ser obxecto de recurso pola parte a quen prexudiquen, xunto cos que sí se proferiron na primeira resolución.

Sentado canto antecede, no suposto que nos ocupa consta que no escrito de ampliación demanda o agora apelado interesou expresamente que se fixara que dona Tatiana debería contribuír o abono do 50% dos gastos extraordinarios das fillas, Fidela e Salvadora . Así mesmo das actuacións que integran o procedemento derívase que a solicitude de complemento foi deducida dentro do prazo previsto no art. 215 da LAC para a formalización das pretensións de complemento de resolucións xudiciais e que dita solicitude recibiu o tratamento previsto no devandito precepto. Finalmente, debe entenderse que o Auto de 29 de setembro de 2014 permite superar a omisión na Sentenza de 10 de xullo de 2014 , de pronunciamento sobre a pretensión, deducida en tempo e forma, de distribución dos gastos extraordinarios.

A tese da apelante conforme a que dita pretensión debe entenderse desestimada ao abeiro da expresión xenérica contida na parte dispositiva da Sentenza pola que se desestiman as demais pretensións deducidas na demanda non pode ser acollida. A fundamentación xurídica da Sentenza apelada non contén razoamentos que amparen a desestimación da referida pretensión polo que non cabe entender comprendida na expresión 'No procede la estimación de los restantes pedimentos de la demanda', contida na parte dispositiva da Sentenza apelada, o pronunciamento relativo aos gastos extraordinarios.

Pola contra a valoración da proba recollida na Resolución impugnada -que conduciu ao Xulgador a quo a fixar una pensión de alimentos a favor da filla común, Fidela - debe determinar, ao mediar a correspondente petición de parte, un pronunciamento polo que se fixe a contribución de ambos proxenitores aos gastos extraordinarios da mencionada filla; pronunciamento que omitido na Sentenza efectuou o Xulgador a quo por medio de Auto de 29 de setembro de 2014. A devandita consideración imponse tendo en conta que a pensión de alimentos e os gastos extraordinarios son conceptos que atopan fundamento nunha mesma obriga legal que impón aos proxenitores o deber de contribuír a prestación de alimentos aos fillos, na medida das necesidades de estes últimos e das respectivas capacidades económicas dos primeiros. Polo tanto os argumentos que permiten estimar ou desestimar a fixación dunha pensión de alimentos non difiren de aqueles que deben levar a apreciar a procedencia de contribuír aos gastos extraordinarios.

QUINTO.-Non procede a imposición das custas desta instancia, atendida a natureza da materia obxecto de controversia.

Vistos os artigos citados e os demais de xeral pertinente aplicación,

Fallo

A Sala acorda estimar parcialmente o recurso de apelación interposto pola representación procesual de dona Tatiana contra a Sentenza ditada en data 10 de xullo de 2014 , complementada por auto de 29 de setembro de 2014, e, en consecuencia revogar parcialmente dita Resolución de xeito que a pensión compensatoria se declara extinguida dende o 20 de abril de 2014.

Todo elo sen pronunciamento de condena en custas.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.