Última revisión
06/01/2017
Sentencia Civil Nº 70/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 463/2015 de 11 de Febrero de 2016
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 11 de Febrero de 2016
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 70/2016
Núm. Cendoj: 36057370062016100007
Núm. Ecli: ES:APPO:2016:24
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00070/2016
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N19690
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2014 0018353
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000463 /2015
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 4 de VIGO
Procedimiento de origen:JUICIO VERBAL 0000959 /2014
Recurrente: ROFERVIGO, S.L.
Procurador: MARIA JESUS TOUCEDO GUISANDE
Abogado: RAQUEL DIOS ALMEIDA
Recurrido: Obdulio
Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: MANUEL MIGUEZ SENRA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,constituída en órgano Unipersoal polo Ilmo. MaxistradoD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 70/16
Vigo, once de febreiro de dous mil dezaseis.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 959/14 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 4 de Vigo ós que correspondeu o rolo 463/15, nos que aparece como parteapelante e demandado ROFERVIGO S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS TOUCEDO GUISANDE e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAQUEL DIOS ALMEIDA,e comoparte contra da que se apela e demandante D./D.ª Obdulio , representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE V. GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL MÍGUEZ SENRA.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo, con data do 28 de abril de 2015, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'ESTIMO A DEMANDA formulada por Obdulio contra de ROFERVIGO, SL., facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º Condeno a ROFERVIGO, SL a efectuar a reparación do vehículo Audi A4 Cabrio, con matrícula ....-PSB , que lle tería vendido o 4 de setembro de 2013 ao Sr. Obdulio , pregándose a tal fin ao indicado no informe emitido por Sr. Jesús Luis por conta da parte demandante.
2º Non hai lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS TOUCEDO GUISANDE, en representación de ROFERVIGO S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo.
Fundamentos
Primeiro: A demandada recurrente fai ata catro reproches á sentenza ditada en primeira instancia, as tres primeiras de orde formal, e cuarta referida á cerna propiamente dita do asunto. As diverxencias procesuais son as seguintes: A) Aplicación indebida das regras da carga da proba. B) Extralimitación, tanto no obxecto inicial do informe pericial que achegouse á lite, como na apreciación do mesmo por parte do xuiz a quo. C) O vicio de incongruencia extrapetita. Por outra banda, a cuarta alegación estriba en que, a xuizo da recurrente, houbo un claro erro na apreciación da proba no extremo relativo á cal foi a causa do vicio, que este litigante atribúe a un defecto de manipulación da capota do vehículo por parte do demandante comprador do mesmo.
Segundo: A denuncia de que a sentenza de primeira instancia vulnera as regras da carga da proba, ao facela recaer sobre a parte demandada, carece de toda consistencia pois, fronte a esa interesada aseveración, xa advirte expresamente o xulgador que debido, precisamente, ao transcurso do prazo de seis meses dende a adquisición do ben, non pode entrar en xogo a presunción que en contra do vendedor e fabricante do produto establece o artigo 123 do Real decreto lexislativo de 16 de novembro de 2007, polo que apróbase o Texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios (realmente, e por razóns competenciais, a Lei da Comunidadde Autónoma de Galicia de 28 de marzo de 2012 ). Cuestión diversa é que á parte apelante discrepe, como fáino, da valoración probatoria da sentenza que recurre, o que analizamos seguidamente para, xa se adianta, acoller o recurso ante a insastisfacción probatoria observada.
Terceiro: A parte actora faría xirar a existencia -mellor, a preexistencia- do vicio sobre unha única proba, o informe pericial que achega coa demanda. Maís este instrumento de proba non resulta dabondo se temos en conta as seguintes circunsntancias: A) Primeiramente, que o obxecto de referido ditame non foi informar sobre a etioloxía do vicio, ora de orixe intrínseco e anterior á venda do vehículo, ora atopada despois por un defecto de manipulación, senón verbo da solución a adopar para eliminar a deficiencia e do seu importe. Conseguintemente, o informe non serviría inicialmente para indagar naquela primeira cuestión. B) En segundo termo, é certo que no acto do xuizo o perito ampliou as súas conclusións extendéndoas a afirmar que o vicio non podía ter un mal uso por parte do comprador, senón que tiña que ser o outro. Pero non o é menos que o perito non da unha explicación convincente acerca da súa afirmación. A súa negativa de mal uso, afirmando que este feito é imposible, non aparece adornada da suficiente explicación científica. E a nova proclamación do perito, ademáis de presentar o baleiro de que o mesmo non dirixiu a sua actuación a investigar a causa do vicio, faise serodiamente, sen dar entón a posibilidade de contradecir a conclusión á parte demandada, que se ve obviamente sorprendida por ela e indefensa. C) Pero existe, en terceiro e último lugar, unha circunstancia de especial trascendencia, no parecer deste tribunal de apelación, que desdebuxa a tese do actor, como é o tempo transcurrido entre a venda do vehículo e a protesta do comprador. En efecto, e segundo as propias afirmacións do demandante -en conxunción coa data do informe pericial-, efectuou a correspondente reclamación á demandada despois de transcurrido un ano dende a compra. Pois ben, resulta ponderado inferir dese importante lapso temporal de silencio, a falta doutras probanzas que o desdiga, que a causa do defecto non pode ser a invocada polo actor pois, de ser así, semella lóxico entender que a reivindicación sería moito máis temprá. Canto máis retraso hai na reclamación máis dificil é compaxinalo, loxicamente, coa versión da parte demandante. En definitiva, existe a xuizo desta Sala unha carencia probatoria que non pode levar a outra altenativa que a de rexeitar a demanda. Pronuncia que fai innecesario, en fin, entrar nas outras invocacións da recurrente.
Cuarto: A estimación da apelación e o rexeitamento da demanda conducen, por unha banda, a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada, e a impor, por outra, as custas da primeira instancia ao actor, pois non apreciamos en canto a esta últimas a concurrencia de circunstancia ningunha de excepción para desbotar o criterio xeral do vencimento obxectivo. (Artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que me outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación do recurso de apelación promovido por ROFERVIGO S.L. representado pola Procuradora Sra. Toucedo Guisande contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Vigo o día 28 de abril de 2015, se rexeita a demanda reitora dete preito, impoñendo ao demandante as custas procesuais da primeira instancia e sen facer unha especial declaración verbo das desta alzada.
Esta é a miña sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso algún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

