Última revisión
12/02/2008
Sentencia Civil Nº 76/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5253/2006 de 12 de Febrero de 2008
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 12 de Febrero de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 76/2008
Núm. Cendoj: 36057370062008100061
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00076/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN SEXTA
SEDE EN VIGO
CIVIL
Rolo: 525306
Procedemento de orixe: Verbal 471/06
Órgano de procedencia: 1ª Instancia nº 2 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 76
Vigo, doce de febreiro de dous mil oito
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 471/06 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 5253/06, nos que aparece como parte
apelante-demandado D. José representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ e
asistida do/da letrado/a D./D.ª RICARDO SANTORO VIDAL e como parte contra da que se apela e demandante D. Clemente representada polo/a procurador/a D./D.ª ALBERTO VIDAL RUIBAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª LUISA
RIVAS GARCIA. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo de Vigo, con data do 19 de xullo de 2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"SSª. ACUERDA estimar la demanda interpuesta por el Procurador de los tribunales Sr. Vidal Ruibal en nombre y representación de D. Clemente , declarando la resolución por expiración del plazo del contrato de arrendamiento de fecha 15 de mayo de 1986 que ampara la ocupación del demandado D. José , de la vivienda sita en C/ DIRECCION000 nº NUM000 NUM001 , condenándolo a que lo desaloje en el plazo de un mes a partir de la firmeza de ésta resolución con apercibimiento de lanzamiento si no procede a su desalojo; con imposición de las costas del pleito."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Axuliadora Ruiz Sánchez, en representación de D./D.ª José , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 7 de febreiro de 2008 as 10:00 horas, celebrándose a Vista e a proba proposta pola parte recorrente co resultado que obra no rolo e no soporte videográfico.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro.- Celebrado o contrato de aluguer que vencella aos contendentes o día 15 de maio de 1.986, é decir, trala entrada en vigor do Real Decreto Lei 2/1.985, de 30 de abril , norma que rotula o seu artº 9 como "supresión da prórroga forzosa nos contratos de arrendamentos urbáns", a lite queda circunscrita a unha cuestión puramente interpretativa dese contrato, é decir, cal foi a común intención das partes contratantes, ora establecer unha duración determinada para a relación arrendaticia - tese do arrendador demandante-, ora, e en versión do demandado arrendatario, prorrogala indefinidamente, e a vontade deste último. Todo iso sen perder de vista a nova vontade lexislativa, representada por aquela disposición, de devolver a esta modalidade contractual, tal como elocuentemente salienta a s. do T. S. de data 18-10-2.002 "su prístina naturaleza, de ser un contrato temporal, temporalidad que en parte la había perdido por el régimen de prórrogas legales establecidas en beneficio de los arrendatarios, en épocas que por la precariedad del nivel de vida y la falta de construcciones escaseaban las viviendas y los locales, lo que hacía necesario una protección especial al arrendatario, situación que se entendía había desaparecido a la fecha de la publicación del referido RD-Ley 2/1985 ". E como proclama a s. de 13-6-2.002, os contratos de arrendamento "tendrán la duración que libremente pacten las partes, volviendo así al régimen natural de los arrendamientos que han sido concebidos como contrato de duración limitada, de acuerdo al tiempo establecido por voluntad pactada de las partes, o en otro caso el de un año señalado en el Código civil. A lo que no es óbice, a que si las partes así lo acuerdan puedan someterse al régimen de prórroga forzosa establecido en el art. 57 de la Ley de Arrendamientos Urbanos de 1964 , pero resulta patente, que para que tal ocurra es preciso la existencia de un pacto o acuerdo de sometimiento a la prórroga forzosa". En resumo, a regra xeral legal pasa a ser a da duración determinada do arrendamento, e e tan só no caso do pacto entre os contratantes - non necesariamente expreso- entenderase suxeto á prórroga forzosa prevista no artº 57 da L. A. U. de 24 de decembro de 1.964 .
Pois ben, ainda que no contrato se sinale, na sua cláusula primeira, que o plazo de duración do contrato será de un ano "prorrogable da forma prevista na vixente Lei de Arrendamentos Urbáns", así como que se "á terminación do prazo pactado, ou no transcurso da prórroga legal, o inquilino dera por finalizado o contrato...", establecendo, por outra banda, na cláusula terceira a previsión da revisisón automática da renda cada dous anos dacordo coas variacións que experimente o I. P. C., tales estipulacións non levan, por si soas, ao entendimento de que pactouse unha prórroga ilimitada, tal como ten advertido a doctrina xurisprudencial, da que son expresión as ss. de 15-10-96 e 16-6-93 , declarando esta última que "a tal conclusión en nada se opone la consideración que hace la resolución recurrida de que en la cláusula octava del aludido convenio suscrito entre las partes se prevea una revisión de la renta, toda vez que ello no supone una previsión de prórroga forzosa indefinida, sino un modo de convertir en más justo al contrato de arrendamiento en el transcurso de los plazos trimestrales que en el convenio se prevén". E puntualizando aquela primeira resolución, que a sumisión do contrato ao sistema de prórroga forzosa "tampoco puede deducirse de la cláusula de revisión establecida que sólo habría de entrar en juego en caso de prórroga del contrato, bien por acuerdo expreso de las partes o por la tácita reconducción".
Se esas cláusulas non son suficientes para apoiala tese da parte demandada, de conformidade con ese criterio xurisprudencial, existe outro dato que esvaecería ainda mais esa tese, como é que, atopándonos ante un contrato plasmado nun formulario ou impreso tipo, propio dos existentes baixo a vixencia da L. A. U. de 1.964, ao mesmo non se engade, nos baleiros deixados exprofeso nel, unha cláusula adicional na que se dispoña expresamente a prórroga forzosa, indicación que semella lóxica, e ata obrigada, tendo en conta a nova mens lexislativa, da sua supresión, previsións adicionais que si se fan, inversamente, para outras continxencias do arrendamento (folio 7 volto).
Conseguintemente, o recurso do demandado non pode prosperar, pois tampouco coleximos outra cousa do interrogatorio da contraparte, nin das declaracións testemuñais.
Segundo.- As dúbidas plantexadas sobre a interpretación do contrato condúcenos a non realizar unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamolo recurso de apelación formulado por D. José contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Vigo o día 19 de xullo de 2006 , sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

