Última revisión
14/07/2015
Sentencia Civil Nº 8/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 327/2014 de 26 de Enero de 2015
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 26 de Enero de 2015
Tribunal: AP - A Coruña
Ponente: TALLON GARCIA, LORENA
Nº de sentencia: 8/2015
Núm. Cendoj: 15078370062015100058
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)
A CORUÑA
SENTENCIA: 00008/2015
RECURSO DE APELACIÓN 327/2014
ILMOS. SRES. MAGISTRASDOS
LEONOR CASTRO CALVO, PRESIDENTA
JORGE CID CARBALLO
LEONOR CASTRO CALVO
LORENA TELLON GARCIA
SENTENZA Nº 8/15
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015.
Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do Procedemento matrimonial de modificación de medidas definitivas seguido co núm. 331/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 327/2014, nos que aparece como parte apelante dona Jacinta , representada pola procuradora dona Laura Lorenzo Arceo, e como parte apelada don Marino , representado pola procuradora dona Ana María Fernández Durán, con intervención do Ministerio Fiscal, sendo Xuíz relator dona LORENA TELLON GARCIA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.
Antecedentes
PRIMEIRO.-Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que debo estimar y estimo parcialmente la demanda interpuesta por el procurador Sra. Fernández Durán, en nombre y representación de Don Marino , contra Doña Jacinta representado por el procurador Sra. Lorenzo con intervención de la representante del Ministerio Fiscal y procede
Reducir la pensión de alimentos establecida en su día en sentencia de fecha 9 de mayo de 2011 estableciendo en su lugar el importe de 100€ mensuales a abonar por Don Marino a favor del hijo común menor de edad.'
SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de dona Jacinta interpuxo recurso de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a deliberación e votación, o 8 de xaneiro de 2015, en que tivo lugar o acordado.
TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.-A representación procesual de dona Jacinta interpuxo recurso de apelación contra a Sentenza ditada no Procedemento matrimonial de modificación de medidas seguido co núm. 331/2014 ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela , interesando a revogación de dita resolución e que no seu lugar se ditase outra pola que, desestimando a demanda interposta por Don Marino se ditase sentenza mantendo a pensión de alimentos a abonar polo demandante na cantidade de 160€.
Fundamentou a apelante o seu recurso no erro na valoración da proba no que, segundo expuxo, tería incorrido a resolución impugnada ao apreciar o cambio de circunstancias e a diminución da capacidade económica do demandante.
Pola súa parte o apelado opúxose ás pretensións deducidas de contrario e interesou a confirmación da resolución impugnada.
SEGUNDO.-Un novo exame e valoración por esta Sala das actuacións practicadas e que obran en autos leva necesariamente a concluír que o recurso de apelación interposto debe ser desestimado e que, por conseguinte, procede a confirmación da resolución recorrida ao ser a mesma axustada a dereito e resultado dunha axeitada e ponderada valoración da proba, así como dunha correcta aplicación ao suposto axuizado dos preceptos legais pertinentes.
A pensión alimenticia dos fillos menores de idade, como reiteradamente, dende hai décadas, veñen sinalando o Tribunal Supremo ( STS de 2 de decembro de 1987 ) e o Tribunal Constitucional (STC de 12 de de decembro de 1984) é unha medida de ius cogens; o art. 93 do CC , desenvolvendo a previsión contida no art. 39.3 da CE , sinala de modo imperativo ao xulgador de instancia a obrigación de determinar a contribución dos proxenitores aos alimentos dos fillos menores de idade.
A mencionada obrigación alimenticia, respecto dos fillos menores, conforme ao disposto nos arts. 110 e 154 do CC , deriva da patria potestade, configurándose como una obrigación ex lege que existe incondicionalmente. Dita incondicionalidade implica, dunha parte, que será indiferente para o nacemento da obrigación alimenticia que o proxenitor obteña ou non algún tipo de ingresos, xa que os alimentos que un pai lle debe a o seu fillo é una obrigación que xorde dende o seu nacemento, sen que a mesma poida quedar valeira de contido pola alegación de que carece de recursos económicos. Doutra parte implica que, se ben a pensión alimenticia será proporcional ao caudal e medios do que os da e ás necesidades de quen os recibe, sempre debe ter un contido mínimo e indispensable para atender ás necesidades básicas de subsistencia do menor. Nesta liña o Tribunal Supremo ten sinalado que 'lo dispuesto en los arts. 146 y 147 del CC sólo es aplicable a alimentos debidos a consecuencia de la patria potestad con carácter indicativo y con las matizaciones necesarias'.
Incidindo no exposto esta Sección ten sinalado,entre outras en Sentenza de 28 de maio de 2014 , que '...No es, por tanto, argumento decisivo pra eximir de la obligación asistencia o minorar su cuantía, a uno de los progenitores respecto de sus hijos, afirmar que se carece de ocupación laboral estable o permanente, que es irregular, atípica o que proviene de la economía sumergida, pues ello no... exime de la prestación asistencia que la Constitución le impone ( SAP Baleares de 24 de enero de 2014 ). En ese sentido, tal obligación no desaparece ni puede ser objeto de exención (SAP Barcelona 17 de nero de 2014) y a lo sumo ( SAP Alicante 19 de diciembre de 2013 ) solo 'queda difuminada', no obstante cualquier circunstancia, cuando se trata de un mínimo de subsitencia. Es una obligación ínsita en la propia naturaleza, no obstante su consagración legal. Surge por el simple hecho del nacimiento de los hijos y desde entonces ha de entenderse como incondicional, de forma que situados en el parámetro del mínimo vital, necesariamente han de ceder otros criterios como el de proporcionalidad... en suma, dice la SAP Baleares mencionada, en criterio que admite esta Sección, salvo constancia en autos fidedigna y probada sin resquicio de duda, de que el alimentista carece total y absolutamente de recursos, la solución civil no puede ser otra que la de imponer la obligación constitucional, aunque sea en los mínimos cuantitativos que el caso concreto requiera y la realidad social imponga.'
No suposto que nos ocupa, tal e como expresamente se recolle na resolución recorrida, a situación económica de ambos proxenitores é precaria.
A nai percibe en concepto de subsidio por desemprego 665,42€ mensuais, cando momento en que se fixou a pensión de alimentos percibía un salario de 1.100€ mensuais. O pai percibía, na data en que se estableceu a devandita pensión, en concepto de subsidio de desemprego 700€ mensuais, mentres que na actualidade non resultou acreditado que, tras deixar de percibir a mencionada prestación, conte con ingreso ningún. A todo o anterior compre engadir en relación coa situación económica de ambos proxenitores que non constan signos externos ou outros elementos de xuízo acreditativos da existencia dunha economía sumerxida como fonte de ingresos económicos.
Tal situación determina a fixación dun mínimo vital a cargo do proxenitor non custodio, como contribución en concepto de alimentos, en tanto non mellore a súa situación económica que a Sentenza apelada fixou en 100€, asumindo un criterio que esta Sala, atendendo ás circunstancias que concorren no suposto que nos ocupa, comparte por resultar ponderado. Criterio que ademais resulta conforme cos que ven asumindo esta Audiencia Provincial ao delimitar o mínimo vital que debe aprehender a pensión de alimentos a favor dos fillos menores de idade: a) en supostos nos que o proxenitor non custodio conta con ingresos no entorno dos 450€ mensuais, se ven fixando en torno aos 100-150€ (Sentenza da Sección 4 da AP de A Coruña de data 19 de marzal de 2014, Sentenza da Sección 3 da AP de A Coruña de data 28 de maio de 2014 ); b) nos casos de ausencia de ingresos, ou ingresos ínfimos se veñen establecendo mínimos vitais non inferiores aos 75 € ( Sentenza da Sección 3 da Ap de A Coruña de data 25 de febreiro de 2014 , Sentenza da Sección 6 da AP de A Coruña de 30 de decembro de 2013 ).
TERCEIRO.-Non procede a imposición das custas desta instancia, atendida a natureza da materia obxecto de controversia.
Vistos os artigos citados e os demais de xeral pertinente aplicación,
Fallo
A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto contra a Sentenza ditada en data 31 de xullo de 2014 no Procedemento matrimonial de modificación de medidas seguido co núm. 331/2014 ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela e, en consecuencia, confirma a devandita resolución, todo elo sen pronunciamento de condena en custas.
Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.
Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.
Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.-Dada y pronunciada fue la anterior sentencia por los Ilmos. Sres. Magistrados que la firman y leida por la Ilma. Magistrado Ponente en el mismo día de su fecha, de lo que yo el Secretario certifico.-

