Última revisión
14/07/2015
Sentencia Civil Nº 85/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 214/2014 de 31 de Marzo de 2015
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Civil
Fecha: 31 de Marzo de 2015
Tribunal: AP - A Coruña
Ponente: TALLON GARCIA, LORENA
Nº de sentencia: 85/2015
Núm. Cendoj: 15078370062015100186
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)
A CORUÑA
SENTENCIA: 00085/2015
AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA
SECCIÓN SEXTA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rollo de apelación civil nº 214/14
Ilmos. Sres. Magistrados:
D. ÁNGEL PANTÍN REIGADA, PRESIDENTE
Dª LORENA TALLÓN GARCÍA
Dª MARÍA DEL CARMEN MARTELO PÉREZ
SENTENZA
Núm. 85/15
Santiago de Compostela, 31 de marzal de 2015.
Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 655/2012, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 214/2014, nos que aparece como parte apelante don Remigio , representado pola procuradora dona Nuria Romero Rañó, e como parte apelada a Comunidade de propietarios do edificio núm. NUM000 da RUA000 , Santiago de Compostela, representada polo procurador don José Paz Montero, sendo Xuíz Relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.
Antecedentes
PRIMEIRO.-Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Desestimando la demanda interpueta por la procuradora doña Begoña Caamaño Castiñeiras en nombre y representación de don Remigio contra la Comunidad de propietarios del edificio número NUM000 sito en la RUA000 , de Santiago de Compostela debo absolver y absuelvo a la demandada de las pretensiones contenidas en el suplico de la demanda. Todo ello con expresa imposición de costas a la parte actora.'
SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de don Remigio interpuxo recurso de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a súa deliberación, votación e dispoño, o 12 de marzal de 2015, en que tivo lugar o acordado.
TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O demandante, don Remigio , no escrito inicial que encabezou este procedemento, impugnou o acordo, adoptado pola Comunidade de Propietarios do edificio sito no núm. NUM000 da RUA000 no punto terceiro da orde do día da Xunta de Propietarios realizada o 26 de xuño de 2012, polo que se desbotou a posibilidade de que o ascensor descendese ata o soto, establecendo unha parada no mesmo. Segundo expuxo o devandito acordo debe reputarse contrario a Lei de accesibilidade e supresión de barreiras de Galicia, concretamente ao art. 22 do devandito texto legal, así como lesivo para os intereses da Comunidade de Propietarios demandada, polo que, interesou a condena desta a realizar as obras necesarias para que o novo ascensor que se instale no edificio teña parada no soto do inmoble.
A Comunidade de propietarios demandada opúxose ás pretensións da demandante alegando a prescrición da acción exercitada de contrario e a falta de lexitimación activa do demandante, así como legalidade do acordo impugnado e a conformidade do mesmo cos intereses da Comunidade.
O Xulgado de Primeira Instancia ditou Sentenza, tras desbotar a prescrición da acción de nulidade exercitada e a excepción de falta de lexitimación activa, desestimando a pretensión actora ao entender que o acordo impugnado nin resulta contrario a normativa invocada nin aos intereses da Comunidade de propietarios, condenando en custas ao demandante. A referida conclusión fundamentouse, na resolución impugnada, argumentando, no fundamento xurídico terceiro, que '...Vistos los términos de la normativa, y ya desde un plano netamente jurídico, hemos de descartar que exista contravención alguna de la Ley autonómica de supresión de barreras y accesibilidad. En efecto el precepto cuya infracción se alega hace referencia a un 'uso privado residencial' del que, por tanto, no participa un local comercial como el de don Remigio . Hacia este sentido parece apuntar el apartado primero del art. 22 antes transcrito, que parte de la necesidad de habilitar un itinerario practicable para la unión de las viviendas con el espacio exterior y con las dependencias de uso comunitario al servicio del edificio... Es cierto que a continuación de las viviendas, menciona también a las demás dependencias existentes en el edificio, pero con tal alusión parece referirse más a anejos privativos o comunitarios asociados a las viviendas en el régimen de propiedad horizontal (trasteros, garages,...) que a un local comercial situado en el sótano de la edificación ...' . Engadindo no fundamento xurídico cuarto que '... en contra de lo manifestado por el demandante, que ni siquiera describe un perjuicio para la Comunidad sino, más bien, un hipotético beneficio del que ésta se vería privada de no hacerse accesible mediante ascensor la planta sótano, compartimos el criterio de la demandada. Ciertamente, además de posibilitar el acceso al portal de viviendas de los usuarios del sótano, en el que no se localiza ningún elemento de uso comunitario para la edificación sino sólo locales comerciales, con el correlativo problema de seguridad que ello podría reprsentar para los propietarios y moradores de las viviendas...'.
A parte demandante formulou recurso de apelación interesando a revogación da Sentenza impugnada e a estimación das pretensións deducidas no escrito reitor deste procedemento aducindo como motivos fundamentadores do recurso o erro na interpretación do art. 22 da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas na Comunidade Autónoma de Galicia e na valoración da proba. Así mesmo interesou que se revogase o pronunciamento polo que se lle impuxeron as custas xeradas na primeira instancia posto que non se pode apreciar mala fe na pretensión actora.
SEGUNDO.-Na tese exposta polo recorrente en apelación, o Xulgador a quo descartou que o acordo impugnado contraviñera o disposto no art.22.1 da Lei de accesibilidade sobre a base dunha errónea interpretación do mencionado precepto ao entender que coa expresión 'demais dependencias existentes no edificio', empregada en dito precepto, non se estaba facendo referencia aos locais comerciais que puidesen existir nun edificio de uso residencial, senón a outros anexos privativos ou comunitarios asociados as vivendas. En definitiva, na resolución impugnada desbotouse a contravención da lexislación en materia de accesibilidade e supresión de barreiras negándolle ao local propiedade do demandante a condición de dependencia do inmoble de uso residencial no que se atopa integrado.
O motivo de apelación exposto non pode ser acollido. A Sala discrepa da interpretación da expresión 'demais dependencias existentes no edificio' empregada no art. 22 da citada Lei que se recolle na Sentenza apelada, sen embargo, comparte a conclusión fixada na mesma ao entender que o acordo impugnado non pode reputarse contrario as previsións contidas no devandito artigo.
Unha interpretación conxunta do art. 22.1 da Lei de 8/1997 co disposto no art. 39 a) Decreto 35/2000 , de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenrolo e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, non permite descartar a inclusión na expresión 'demais dependencias existentes no edificio', empregada no citado art. 22.1 da Lei de 1997, dos locais que formen parte do mesmo. A referida consideración imponse tendo en conta o tenor literal do art. 39 do Decreto de 2000 que, en desenvolvemento do art. 22, prevé expresamente que 'os edificios, instalacións e servizos de titularidade privada e uso residencial de nova construción, nos que sexa obrigatoria a instalación de ascensor, deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos: a)Dispoñer dun itinerario practicable, conforme as condicións establecidas na base 4 do código de accesibilidade, que una as vivendas e locais do edificiocos espazos e dependencias de uso comunitario que estean ao servizo do mesmo, incluíndo nestas os garaxes vinculados ás vivendas...' . Sen embargo, este extremo non impide afirmar a falta de adecuación do acordo impugnado ao marco normativo referido. Dita consideración imponse sobre a base das seguintes consideracións:
1ª.- O inmoble sito no núm. NUM000 da RUA000 de Santiago de Compostela, tal e como se deriva dos informes periciais achegados as actuacións, e con independencia do proxectado inicialmente, consta dun soto destinado a local comercial e varios almacéns vinculados aos locais sitos no baixo, un andar baixo destinado a locais comerciais e vestíbulo de acceso ao edificio, 8 andares para vivenda e un baixo cuberta destinado a trasteiros e instalacións. Nesa disposición no soto do inmoble non se sitúan nin elementos de uso comunitario nin elementos privativos vinculados as vivendas. Deste xeito os locais que se sitúan no soto do inmoble contaron, dende o inicio, cun acceso ao exterior independente, carecendo de todo acceso e comunicación co vestíbulo do inmoble.
2ª.- A finalidade das previsións contidas no art. 22.1 non é outra que garantir: a) un itinerario practicable que una as vivendas e demais dependencias existentes no inmoble co exterior; e b) un itinerario practicable que una as vivendas e demais dependencias existentes no inmoble coas dependencias de uso comunitario que estean ao servizo do mesmo, incluíndose nestas os garaxes vinculados ás vivendas.
3ª.- Da referida previsión normativa derívase a necesidade de establecer un itinerario practicable que una vivendas e demais dependencias do inmoble con aquelas dependencias de uso comunitario coas que garden relación de servizo. Sentado o anterior no suposto que nos ocupa non se pode ter por acreditado que o vestíbulo do edificio preste servizo de ningún tipo aos locais situados no soto. Sen prexuízo das previsións recollidas no proxecto do edificio o certo é que os locais situados no baixo nunca tiveron comunicación co vestíbulo do inmoble, nin a través das escaleiras nin por medio do ascensor, contando cunha comunicación directa e independente do vestíbulo co exterior. Dita configuración resulta perfectamente compatible cos usos propios dos referidos locais comerciais.
Sendo isto así, entre os locais do soto e o vestíbulo do inmoble non se da a relación de servizo, nin existe razón que xustifique o seu establecemento na actualidade, que presupón o art. 22 para impoñer a articulación dun itinerario practicable que o vestíbulo cos locais situados no soto. Consecuentemente non cabe entender infrinxido o art. 22 da Lei de accesibilidade e barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia.
A referendar o acomodo do acordo impugnado á lexislación vixente en materia de accesibilidade contribúe a concesión de licenza administrativa para levar a cabo as actuacións de renovación e adaptación do ascensor concedida, segundo consta nas actuacións, en data 14 de xaneiro de 2014.
TERCEIRO.-Do mesmo xeito tampouco cabe apreciar que o acordo impugnado resulte gravemente lesivo para os intereses da Comunidade de propietarios demandada. Tal e como subliña expresamente a Resolución impugnada o recorrente máis que concretar en que termos se lesionarían os devanditos intereses co acordo impugnado limitouse a argumentar en torno aos beneficios que para a mesma suporía o establecemento dunha parada do ascensor no soto. Así plantexada a controversia a proba achegada non permite ter por acreditado que co acordo impugnadi nin sequera que se estea a privar dun beneficio á Comunidade de propietarios. Non cabe obviar que de establecerse unha parada de ascensor no soto isto permitiría o acceso de terceiros alleos as vivendas ao vestíbulo que facilita na actualidade o acceso exclusivamente os andares destinados a vivendas. Así mesmo o establecemento de dita parada no soto, viable segundo acreditan os informes periciais, implicaría unha obra de maior custe para cuxa realización sería necesario ocupar espazo privativo.
CUARTO.-Polo que respecta ao pronunciamento sobre as custas causadas na primeira instancia impugnado polo recorrente compre recordar que o lexislador, no art. 394 da LAC ven a establecer como criterio xeral para a distribución das mesmas, no marco dos procedementos declarativos en primeira instancia, o principio do vencemento obxectivo, recoñecemento exclusivamente como excepcións a dito criterio os supostos nos que se aprecien dúbidas de feitos ou de dereito.
No caso que nos ocupa, desestimada integramente a pretensión actora a Sentenza de instancia condenou ao pagamento das custas xeradas ao demandante. Sendo isto así o referido pronunciamento acomódase as previsións contidas no citado art. 394 da LAC sen que consideracións de alcance subxectivo como a ausencia de mala fe invocada teñan recoñecida lexislativamente entidade para excepcionar a aplicación do principio xeral do vencemento obxectivo. Polo tanto, referendar o pronunciamento de condena en custas contido na Resolución impugnada.
En canto as custas causadas en segunda instancia, conforme aos arts. 398 e 394 da LAC, desestimado a recurso de apelación, procede a súa imposición á parte recorrente.
Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación
Fallo
A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de don Remigio e, en consecuencia, confirma a Sentenza de data 26 de marzal de 2014 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela no procedemento ordinario seguido co núm. 655/2012.
Impóñense á parte apelante as custas procesuais xeradas nesta instancia.
Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.
Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.
Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz relator que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.

