Última revisión
22/06/2026
Sentencia Civil 69/2026 Tribunal de Instancia. Sección Civil plaza nº 13 de Vigo, Rec. 158/2022 de 26 de febrero del 2026
Relacionados:
Tiempo de lectura: 20 min
Orden: Civil
Fecha: 26 de Febrero de 2026
Tribunal: Tribunal de Instancia. Sección Civil plaza nº 13 de Vigo
Ponente: ENCARNACION DASI DORELLE
Nº de sentencia: 69/2026
Núm. Cendoj: 36057420132026100003
Núm. Ecli: ES:TIC:2026:278
Núm. Roj: STIC 278:2026
Encabezamiento
CIDADE DA XUSTIZA- C/ PADRE FEIJOO,1 - PL MIGUEL ANGEL BLANCO- PLANTA 11 - VIGO - CIF: Q3600401H
Equipo/usuario: FA
Modelo: N29110 SENTENCIA S/OPERACIONES DIVISORIAS SIN ACUERDO
Procedimiento origen: /2026
DEMANDANTE D/ña. Agustín
Procurador/a Sr/a. JOSE ANTONIO FIGUEROA ALONSO
Abogado/a Sr/a. DAVID DOVAL GARCIA
DEMANDADO D/ña. Joaquín
Procurador/a Sr/a. LUIS RAMON VALDES ALBILLO
Abogado/a Sr/a.
En VIGO, a veintiséis de febreiro de dos mil veintiséis.
Vistos por, Dª. ENCARNACIÓN DASI DORELLE, Maxistrada Titular do Xulgado de Primeira Instancia nº13 de Vigo e o seu Partido, os autos de División de Herdanza rexistrados co nº158/22, a instancia do procurador dos tribunais D. José Antonio Figueroa Alonso, en nome e representación de D. Agustín, fronte a D. Joaquín, ditouse a presente sentenza con base nos seguintes,
Antecedentes
Durante a tramitación do presente procedemento seguíronse tódolos tramites legalmente previstos nos artigos 782 e seguintes da Lei de Axuizamento
Fundamentos
Tal e como se desprende do exposto máis atrás, a cuestión controvertida no eido do presente procedemento non é outra que a relativa á impugnación do caderno particional efectuado pola parte demandante a cal non está de acordo ca valoración do ben inmoble realizada pola contadora-partidora.
A parte demandada manifestou o seu acordo ca valoración contida no caderno particional.
Pois ben, examinada a proba obrante en autos, á vista do contido do caderno particional e declaración prestada pola contadora-partidora Dª. Inmaculada no acto do xuízo, debemos ter en conta que, en relación ó inmoble controvertido neste caso, realizáronse diversas valoracións ó longo do tempo algunha das cales de común acordo entre as partes. Así, o referido caderno particional sinala, nas súas páxinas 4 e 5:
"Para su definir su valor obran en la causa diferentes valoraciones:
1.- Valoración efectuada por el demandante en su escrito de demanda, esto es, trescientos treinta y ocho mil setecientos cuarenta y siete euros (338.747€), según herramienta on-line de valoración gratuita de viviendas TROVIMAP.COM de 03/01/2.022.
2.- Valoración efectuada por las partes comparecientes en la escritura de pacto de mejora con entrega de bienes y reserva de usufructo de 17/12/2.012, por importe de ciento veinte mil euros (120.000€), de los que el valor de la nudapropiedad es noventa y dos mil cuatrocientos euros (92.400€), .
3.- Valoración efectuada por las partes en la escritura de compraventa de 19/08/2.021, por importe de ciento veinte mil euros (120.000€).
4.- Informe de tasación de EUROVAL de 01/10/2.022 por importe de doscientos noventa y dos mil ciento treinta y ocho euros con diecinueve céntimos (292.138,19€)."
Efectivamente, consta, polo tanto, en autos que as partes, de común acordo e en datas ben distintas, 2.012 e 2.021, atribuíron á nuda propiedade do ben en cuestión o valor de 120.000 euros, valoración recollida pola contadora partidora no seu caderno particional manifestando esta no acto da vista que tal valoración de ser incrementada consonte ó IPC segundo doutrina xurisprudencial aplicable ó caso.
Pois ben, segundo esta Xulgadora, tal valoración debe se mantida por aplicación da doutrina dos propios actos, sen que poida ser acollida a tese da parte demandante neste caso que valora o mesmo ben a data de outorgamento do pacto de mellora, no ano 2.012, en 224.946,41 euros actualizables ata o momento actual consonte ó IPC.
Neste sentido compre facer referencia ó disposto na sentenza ditada pola Ilma. Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6ª, de 09 de decembro de 2.019, segundo a cal:
No caso concreto que nos atinxe, as partes de común acordo, de xeito claro, expreso e voluntario, atibuíron ó dereiro aquí controvertido un valor económico no momento mesmo no que se realizou o pacto de mellora no ano 2.012, sen que conste en autos causa que xustifique a apartación da vontade expresada claramente naquel momento polo que a impugnación do caderno particional realizada pola parte actora neste caso non pode ser acollida debendo manterse a valoración contida no referido caderno ca única salvidade de que tal valoración deberán actualizarse consonte ás variacións experimentadas polo IPC ata o momento do ditado da presente resolución.
En canto ás custas, aplícase o previsto no artigo 394 da Lei de Axuizamento
Fallo
Con condena en custas da parte actora.
Notifíquese esta resolución ás partes y fágaselles saber que a mesma non é firme e con a ela cabe presentar
Por esixilo así a disposición adicional decimoquinta da Lei Orgánica 6/1985 de 1 de xullo,
O depósito da mentada suma deberase acreditar no momento de prepara-lo recurso de apelación.
Están exceptuados da obriga de constituí-lo depósito quen teña recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.
Así o pronuncia, manda e asina Dª. ENCARNACIÓN DASI DORELLE, Maxistrada.
A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no que foi ditada só poderá levarse a cabo despois da disociación dos datos de carácter persoal que contivese e con preno respeto ó dereito á intimidade, ós dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutela ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando proceda.
Os datos personais incluidos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

