Última revisión
05/03/2013
Sentencia Civil Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Civil y Penal, Sección 1, Rec 10/1995 de 02 de Enero de 1996
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 17 min
Orden: Civil
Fecha: 02 de Enero de 1996
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: ALVAREZ VAZQUEZ, CESAR
Núm. Cendoj: 15030310011996100001
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:1996:5
Núm. Roj: STSJ GAL 5/1996
Encabezamiento
SALA CIVIL E PENAL DO TRIBUNAL SUPERIOR
DE XUSTIZA DE GALICIA
EXCMO. SR. PRESIDENTE
D. JOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ SANDES
ILMOS. SRES. MAXISTRADOS
D. CÉSAR ÁLVAREZ VÁZQUEZ
D. DANIEL GARCÍA RAMOS
D. PABLO SAAVEDRA RODRÍGUEZ
D. PABLO A. SANDE GARCÁI
A Coruña, dous de xanciro de mil novecentos noventa e seis.
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, integrada polos maxistrados que se citan na marxe, viu o recurso do casación interposto, en nome e representación de don Amadeo, polo procurador don Antonio Tovar Espada y Pérez baixo a dirección do letrado don José Portos Freire, contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Lugo na peza 111/95, coñecendo en apelación dos autos do xuízo de menor contía nº 172 de 1993, tramitados polo Xulgado de Primeira Instancia de Vilalba, sobre acción real reivindicacora promovida polo recorrente como Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Gaibor contra os esposos don Jorge e dona Teodora, que compareceron neste recurso representados polo procurador don Domingo Rodríguez Siaba e defendidos polo letrado don Óscar Miñón Torrón.
Foi maxistrado relator o Ilmo. Sr. don CÉSAR ÁLVAREZ VÁZQUEZ.
Antecedentes
1º.- Don Amadeo formulou a demanda que deu orixe a este litixio espoñendo, substancialmente o seguinte:
Que á comunidado de vecinos da parroquia de Gaibor (Begonic) pertence como vecinal de man común do monte seguinte: 'Barazoso e I'ontefría', de 514 hectáreas, e que ten como lindeiros: Norte, termo municipal de Vilalba e predios particulares; Este, predios particulares da parroquia; Sur, monte 'don Boedos' da parroquia de Illán, e Oeste, monte da Carballosa da parroquia de 'Pacios' e termo municipal de Guitiriz.
O corre que últimamente os aquí demandados don Jorge e a súa esposa dona Teodora excedéronse ó apropiárense duna porción dos ditos montes de tres hectáreas de extensión con trinta e cinco áresas, porción que se localizaría no lugar denominado 'De Folguerio' segundo o plano que acompaña o escrito inicial.
Esta apropiación e aproveitamento en exclusividade choca nono só coa esencia dos montes veciñais senón incluso con concretos preceptos estatutarios segundo os cales o aproveitamento dos ditos montes haberá de facerse en réxime de explotación común.
Pese ás xestións amigables que se fixeron para que os demandados depruxesen a súa actitude, estes non o fixeron, polo que non quedou outra alternativa cá de promove-la presente demanda.
Asegou os fundamentos de dereito que considerou pertinentes se acabousoliciando: que se declare: a) que a porción de terreo ocupada polos demandados pertence ó monte vecinal. B) Que os demandados veñen obrigados a deixar libre a favor da comunidade a porción ocupada, indemnizándoa dos prexuízos derivados da súa ocupación e aproveitamento exclusivo. C) O pago das costas.
2º.- Emprazados os demandados, compareceron oportunamente oponiéndose á demanda e se ben aceptan substancialmente a ocupación da parcela á que o escrito inicial se refire alegan que a mayor parte do monte vén sendo posuído en exclusividade por máis de 49 veciños en diferentes parcelas, algún deles con edificacións consolidadas. Ademais na demanda non se fixa a extensión da parcela reivindicada nin a localización da mesma con independencia de que os demandados soamente pretendesen ampliar unha antiga parcela que xa aprovcitaban con outra duna hectárea, da ocupación da cal desistiron ante la oposición da Xunta, na asemblea do 27 de abril de 1993 á que non pudieron cocorren por non seren convocados. Alegaron así mesmo a falta de personalidade no procurador do actor por insuficiencia do poder e as excepcións de inadecuación do procedemento pola contía e a falta de lexitimación de demandada porque o comuneiro con dereito ó goce do monte é unicamente o seu esposo, o outro demandado. Terminaron solicitando a desestimación da demanda con imposición das custas á parte actora.
3º.- Emendados na primeira comlparecencia os defectos atribuidos ó poder do procurador e a inadecuación do procedemteo, abriuse un período de proba en que se practicaron a instancia da parte demandante as de confesión, documental, pericial agrícola e testifical e a instancia da demandada a de confesión, documental, pericial e testifica, co resultado que consta en autos. Así mesmo, para mellor resolver, practicouse a proba de recoñecemento xudicial e o exame de testemuñas.
4º.- Unidas as probas ós autos, o xuíz de primera instancia dictou sentencia con data do 1 de febreiro do presente año coa seguinte
Resolución: 'Que estimada a demanda formulada polo procurador Sr. Palacios Vila, en representación de don Amadeo (que acción na súa condición de Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Gaibor)
Contra don Jorge e a súa esposa dona Teodora, declaro que non ha lugar á mesma, salvo no referente ó punto 'a' do suplico, polo que tamén declaro que a porción de terreo que se describe no 'feito segundo' da demanda é parte integrante do monte vecinal en man común denominado 'Barroso de Fontefía'; e todo isto con imposición expresa das custas á parte demandante.
E notificada a mesma ás partes, foi recorrida en apelación polo demandante perante a Audiencia Provincial de Lugo a que, con data do pasado 21 de xuño, dictou sentenca en que confirmaba a do xulgado de primeira instancia, contra ela recorreu en casación o demandante baseándose no motivo 1º do artigo 2 da Lei 11/93 do 15 de xullo deo Parlamento de Galicia e no número 3º do artigo 1.692 da Lei do axuizamento civil por 'quebrantamento das formas eseciais do xuízo por infracción das normas reguladoras da sentencia ou das que rexen os actos e garantías procesuais, sempre que, neste último caso, se producise indefensión para a parte'. O dito motivo fundaméntase en que a sentencia recorrida acolleu unha excepción de litisconsorcio non alegada oportunamente co que deixou indefensa á parte demandante que non puido argumentar oportunamente sobre a mesma.
O segundo motivo de casación baséase na infracción de normas do ordenamento xurídico civil de Galicia ou conxuntamente con infracción do mesmo e de normas do dereito civil común ou doutrina xurisprudencial que esetableza o Tribunal Superior de Xusticia ou a anterior do Tribunal Supremo (nº 1º, artigo 2º da Lei 11/93 do Parlamento de Galicia) tendo en conta que non está acreditado que esas parcelas doutros vecinos pertenza ó monte vecinal que, por outra parte, pudiesen ser adquiridas por prescripción e en último termo en nada empece a viabilidade da presente demanda pois as situacións de iltaglidade poden facerse cesar en calquera momento.
Admitido a trámite o recuro polos seus dous motivos e informada a outra parte, foi impugnado por esta por entender que non se apreciou ninguna infracción procesual na sentencia senón que esta entra no fondo do asunto e, mantendo o principio de igualdade, estima que o aproveitamento dos montes en man común debe facerse 'baixo o principio da xusta participación entre os partícipes' e que non pode haber porcións excluídas do monte por mor dun acordo previo que non se acreditou. Por todo isto, solicitou o rexcitamento do recurso.
Sinalouse día e hora para a celbración da correspondente vista, que tivo lugar con intervención das partes comparecidas conforme o ordenado e con observancia das presecricións legais.
Fundamentos
O recuros de casación interposto contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Lugo na peza de apelación nº 111 de 1995, articúlase sobre dous distintos motivos: 'por quebrantamento das formas esenciais do xuízo por infracción das normas reguladoras da sentencia ou das que rexen os actos e garantías procesuais sempre que, neste último caso, se producise indefensión para a parte' e 'por infracción das normas do ordenamento civil de Galicia ou conxuntamente con infracción do mesmo e de normas de dereito civil común ou doutrina xurisprudencial que estableza o Tribunal Superior de Xustiza ou a anterior do Tribunal Supremo'. O exame de cada un dos ditos motivos trae tamén como consecuencia cada unha das seguintes consideracións:
1º.- Fúndase o primeiro en que a demanda propugna a declaración de que o predio que se reivindica, é dicir, o que os demandados posúen, forma parte do monte vecinal de mán común denominado 'Barazoso e Fonte Fría' a titularidade dominical do cal corresponde ós vecinos de Gaibor e, consecuencia, se lles condene a deixala a disposición da Cominidade actora coa correspondente indemnización de prexuízos, pretensiónb contra a cal os demandados suplicaron substancialmente o rexcitamento. A sentencia da Audiencia -que, en definitiva, acolle as conclusións da de primeira instancia- sostén, ó dicir do recorrente, que concorrencia doutros vecinos ó aproveitamento individual do monte en parcelas illadamente determinadas ó igual có fan os demandados, leva consigo o ineludible rexeitamento da demanda. Desta maneira -arguméntase no recurso- vense a apreciar un litirsconsorcio pasivo necesario non oposto polos demandados, polo que a sentencia devén invongruente deixando indefensa á parte demandante.
O motivo exposto deben ser rexeitado polas seguintes razóns: a) É sabido que a excepción de litisconsorcio pasivo necesario queda fora da rogación das partes tendo en conta que, tratándose duna cuestión de orde pública, pode ser apreciada de oficio polos Tribunais aínda cnado os litigantes non alegasen (entre outras moitas, sentencias do 7 de febreriro, e 5 de novembre de 1991 e do 30 de xaneiro de 1993). B) O seu fundamento radica no interese da veracidade da cousa xulgada que esixe a presencia no litixio de todos los que pudiesen ser parte no xuízo como interesados no que ó materia de controversia (1.29 de abril de 1.992), mais este 'interese' na relación xurídica controvertida debe ser 'directo' pois, como di a sentencia do 16 de xullo de 1993, cando os efectos son 'indirectos' ou 'reflexos' non existe o eventual risco de fallos contradictorios ou de condena de persoas que non foron oídsas no proceso con infracción dos principios de audiencia bilateral sancionados polo artigo 24 da Constitución. c) A consecuencia lóxica do que antecede é a de que se a construcción xurisprudencial do litisconsorcio se apoia n interese directo derivado da indivisibilidade ou inescindibilidade da situación xurídica concreta, é evidente que, no caso que nos ocupa, a sentencia nin se asenta sobre o leudido fundmento nin seguqra o menciona pois constrác a licitude do aproveitamento exclusivo dos demandados sobre a parcela litixiosa apoiada únicamente no principio de igualdade respecto doutros vecinos que tamén gozan de parcelas en exclusiva no mesmo monte. Por iso a relación xurídico-material que agora se debate nada ten que ver cos demais aprovitamentos -e de feito a sentencia recorrida tampouco valora estes últimos- por canto as relacións xurídco materiais de cada un deles nada ten que ver coa disentida, razón esta pola cal non pode afecta- las demais ( s.S. 7 de novembro de 1992 e 20 de abril de 1993) que son independentes e posiblemente derivadas doutra causa xurídica. Incluso a sentencia recorrida vén a considerarlo así no oitavo dos seus Fundamentos de Dercito.
2º.- O segundo dos motivos do recurso como infrinxidos, dunha parte, os artigos 1.253 e 1.230 do Código civil encanto ó valor que debe darse ás probas de confesión e presunción, e, doutro, o artigo 21-1º da Lei de Montes Veciñais de Man Común en relación cos artigos 6-1, 6-3 e 7-1 dos Estatutos da Comunidaade de Vecinos do Monte Vecinal de Man Común de Gaibor.
O primeiro por dar valor definitivo á simple manifestación ou recoñecemento do actor respecto da existencia doutras parcelas no mesmo monte das que gozan outros vecinos, goce que, aínda que fose certo, podía serrar un dercito real mais robusto por medio da prescripción, tendo enconta que con anterioridade á Compliclación, no existía un precepto que declarase imprescritible estes montes. En último extremo debe significarse que, calquera momento, -ó dicir do recorrente- pode dirixirse a acción reivindicadora contra calquera veciño que posúa ou goce de porcións do monte litixioso como ocorre ó demandado.
Non debe perderse de vista, sen embargo, que a sentencia recorrida recoñece que a porción agora reivindicada corresponde ó monte vecinal e recoñece tamén que hai outras porcións do mesmo monte posuídas e aproveitadas en exclusiva por outros vecinos, constituido este o punto crucial do monte comentado.
a) Cunha correctísima argumentación xurídica a sentencia dictada pola Audiencia razoa acerca da natureza, finalidade a réxime dos montes veciñais de man común, así como sobre os principios nos que deben inspirarse as normas legais e estatutarias que han de regula-los seus aproveitamenteos, mais, ó aplicar tales principios ó caso debatido, chenga ás seguintes conclusións:
1ª.- Que non pode admitirse -por ser contrario ás normas de convivencia na comunidade- un esetado de usos que rompa e igualdade entre os vecinos.
2ª.- Que todos aqueles que se encontren na mesma situación de ilegalidade deben correr idéntica sorte.
3ª.- Que aínda cnado calquera dos comunciros pode exercitar accións encamiñadas a facer cesar situacións ilegais de posesiións exclusiva, resulta inxusto que este particular cometido se atribúa ó demandado cando debe corresponder en primeiro lugar ós órganos rectores da comunidade.
4ª.- Que esta conclusión non significa a lexitimación indefinida de situación do demandado senón qu etan só implica o rexeitamento da demanda por canto a parte demandante non actúa nin lexítima nin xustamente.
b) Polo exposto queda patentizao que a sentencia recorrida parte da apropiación dunha situación de ilegalidade nos demandados mais estima que esta situación, por concorrer tamén en outros vecinos, debo producir un rechazo da pretensión actora por ser unha esixencia do principio de igualdade que pregoa o artigo 14 da Constitución. Orientación esta que, aínda impulsada por propósitos que pretenden amparase nunha falsa idea da xustiza distrigutiva, non pode acollerse en pudidade de doutrina estrictamente xurídica tendo con conta que o principio de igualdade soamente pode aplicarse, dentro da legalidade, a siguacións idénticas que, como di o Tribunal Constitucional en sentencia do 17 de xuño de 1982, sexan conformes ó ordenamento xurídico. O artigo 14 nunca pode estenderse a protexer situación ilegais nin tampouco pode servir para validar xurídicamente os defectos imputables á posible eficacia que veña limitada unicamente ó plano dos feitos.
c) Esta situación de ilegalidade resulta incuestionable porque nin a Lei de montes de 1957, nin os dous únicos artigos que a esta materia dedica a Recompilación de 1963, nin a Icis de 1968 de 11 de novembro de 1980 nin a vixente do 10 de octubro de 1989, permitiron -con independencia das facultades administrativas atribuídas ós concellos para que regulen o seu goce e aproveitamento -unha distribución docultivo dos montes veciñais con carácter idenfinido tendo en conta as notas de indivisibilidade, inalienabilidade, inembargabilidade e imprescritibilidade que loxicament había de afectar ós vecinos que os posuían e gozaban. É esta a razón pola que a facultade conferida ós concellos para que regulen o goce dos mones veciñais soamente autorizaba -segundo antigo constume recollido na Compilación- adistribuílos entre ls cabezas de familia en lotes ou parcelas pero sempre eun máximo de duración de cinco años, prazo que o artigo 22 da Lei de 1989 ampliou a un máximo de once anos durante o cal a Comunidade pode distribuílo en 'lotes, sortes ou lenzas' entre os vecinos limitándoo, dun lado, a un cultivo determinado para cada grupo de lotes, e doutro, pola prohibición en novos repartimentos de gozar dos mesmos lotes. A razón da limitación temporal e o obrigado cambio de lotes radicaba precisamente na eventualidade do número de vecinos (abonda examina-lo apartado 4 do artigo 22 da Lei para comprendelo) e na necesidade de evita-la identidade persoa-parcela subtituíndoa, -en consonancia coas características da comunidade xermánica-, polo binomio veciño-monte vecinal que resulta alteo totalmente a calquera tipo de atribución patrimonial individual.
O mesmo preámbulo da Lei vixente aluda á división do monte entre os vecinos se ben tamén con unha dobre limitación, dunha dobre limitación, dunha parte, que teña sempre carácter temporal, e, doutra, que se adopten medidas de protección que impidan a ruptura da unidade do monte.
E en consonancia coa mesma esenciada propiedade e aproveitamento de calquera monte vecinal, o artigo 7 dos Estatutos da Comunidade que nos ocupa autoriza á Asemplea Xeral a adxudicar lotes ou sortes do monte por un máximo de 11 años e en réxime de quenda.
d) Que o aproveitamento sexa conxunto (artigo 3.1 da Lei) e sen asignación de cotas, que os montes veciñais son bens indivisibles, inallcables e imprescriptibles (artigo 2) e que a Comunidade deba velar pola xestión, explotación, protección e defesa dos mesmos, son razóns legais que determinan a estimación do presente recuso de casación ó igual que a demanda que solicita o reintegro da parcela ó acervo común. A conclusión rexeitadora á que chega a sentencia recorridaorixina un pronunciamento en canto ó fondo preito que difícilmente podería evitar para o sucesivo a excepción de cousa xulgada, tendo en conta que o dito pronunciamento levaría aparellada a imposibilidade posterior dunha modificación xurídica creada por unha sentencia firme e protexida polo principio 'nono bis in idem' como exixencia da seguridade xurídica en función da estabilidade que reclama unha nova situación xurídico-social así creada.
3ª.- Non é posible acceder integramente ás pretensións da demanda por canto nela solicítase a correspondente indemnizaciónde prexuizos á que no pode accederse non só enatención a que os prexuízos deben acreditarse debidamente -e no caso presente non se determina en que consistiron realmente- seón tamén por canto hai que partir da boa fe dos demandados que creron obrar conforme a dereito- a boa fe do posuidor prsúmese conforme o artigo 434 - sen perder de vista que os demandados pola súa condición de vecinos tamen participan ou deben participar nos beneficios que o monte debe producir e que se compensan cos posibles prexuízos ocasionados.
4ª.- A estimación parcial da demanda determina a non imposición das custas de primeira instancia a ningún dos litigantes.
A estimación do presente recurso leva igualmente consigo o non pronunciamiento sobre as causadas na apelación e na casación segudo o establecido no artigo 4 da Lei 11 de 1993, con devolución do depósito ó recorrente conforme o artigo 1.715.3 da Lei de axuizamento civil.
Vistos os artigos citados e demais disposición de xeral e pertinente aplicación
En atención ó exposto en nome de S.M. El Rei e pola autoridade conferida polo pobo español.
Fallo
Que debemos declarar e declaramos haber lugar ó recurso de casación interposto contra a sentencia dictada pola Audiencia de Lugo na peza nº 111 de 1995, a cal casamos e deixamos sen efecto.
E con revogación parcial da sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia de Vilalba no xuízo demenor contía nº 172 de 1993, estimando en parte a demanda formulada por don Amadeo, que a acciona na súa condición de Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais de Man Común de Gaibor, contra don Jorge e a súa esposa dona Teodora declaramos: Que a porción de terreo que se describe no feito segundo da demanda é parte integrane do monte vecinal de man común denominado 'Barazoso e Fontefía' da comunidade actora sobre a que os demandados carecen de dercito de aproveitamento exclusivo, debendo deixalo libre a favor da comunidade sen prexuízo dos dercitos que sobre o memo lles correspondan como comuneiros. Rexíctanse as demais pretensións do escrito inicial e non se fai pronunciamento especial sobre as custas de ambas instancias e as deste recurso. Devólvase ó recorrente o depósito constituido.
Así por esta sentencia, da que se deducirá testemuño para a súa unión ó peza da Sala, o pronunciamos, mandamos e asinamos.
