Sentencia Contencioso-Adm...o del 2008

Última revisión
25/06/2008

Sentencia Contencioso-Administrativo 402/2008 Tribunal Superior de Justicia de Galicia . Sala de lo Contencioso-Administrativo, Rec. 15839/2008 de 25 de junio del 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Administrativo

Fecha: 25 de Junio de 2008

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 402/2008

Núm. Cendoj: 15030330042008100362

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00402/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15839/2008

RECURRENTE: Mónica

ADMINISTRACION DEMANDADA: XUNTA SUPERIOR DE FACENDA -CONSELLERIA ECONOMIA

E FACENDA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos. Sres. D.

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, 25 de junio de 2008

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15839/2008, ANTES TRAMITADO NA

SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 8192/2006, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por dona Mónica ,

representada polo procurador don RAMON DE UÑA PIÑEIRO, e dirixida polo letrado don CARLOS

MANUEL PENSADO

VAZQUEZ, contra ACORDO DO 31-03-06 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA

RESOLUCION DO RECURSO

REPOSICION SOBRE PROVIDENCIA DE APREMIO COMO CONSECUENCIA DE FALTA DE

PAGO EN PERIODO

VOLUNTARIO DE SANCION ADMINISTRATIVA. REC. NUM000 . É parte a Administración

demandada a XUNTA SUPERIOR

DE FACENDA -CONSELLERIA ECONOMIA E FACENDA, representada polo LETRADO DA XUNTA

DE GALICIA.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO.- Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 1.983 ?34 euros.

Fundamentos

PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 31.03.2006 da Xunta Superior de Facenda que rexeita a reclamación contra a providencia de prema derivada da falta de pagamento dunha multa coercitiva.

O recorrente alega como motivos do recurso: a) falta de firmeza do acto administrativo b) improcedencia da multa coercitiva e c) prescrición da sanción.

O primeiro motivo o fundamenta a recorrente no feito de que a orde de demolición -incumprida e que deu orixe á multa coercitiva- é obxecto de axuizamento no PO 4447/2004.

Esta circunstancia non é obstáculo para a execución do acto administrativo -de demolición- dado que non se acredita que se solicitara e concederá medida cuatelar ningunha, e a orde de demolición é un acto administrativo que pon fin á vía administrativa e, como tal, ten efecto executivo..

Como establece a resolución do TEAC 20.12.2006: En la reclamación interpuesta no se rebate ninguno de los argumentos expuestos en la resolución impugnada; de acuerdo con el citado artículo 167 de la Ley 58/2003 , contra una providencia de apremio sólo caben como motivos de oposición los enumerados en el mismo. Así pues, tan sólo pueden ser alegados motivos de impugnación relativos a la gestión de cobro, sin que sea posible que a través de la impugnación de una providencia de apremio pueda examinarse la legalidad de la deuda originaria, cuestión esta que ha sido objeto de recurso contencioso- administrativo.

Aínda que admitiramos, seguindo a STSX CASTELA LEON 02.11.2005 :

Aunque los motivos de impugnación de la vía de apremio vienen calificados de tasados en el art. 99.1 del Reglamento General de Recaudación , sin embargo, es doctrina Jurisprudencial plenamente consolidada, que también es posible atacar la liquidación originaria a través de la impugnación de la providencia de apremio cuando existe una causa de nulidad de pleno derecho de aquélla.

No caso presente, xa existe un procedemento onde se discute a legalidade da orde de demolición, polo que este debate é alleo o actual procedemento.

Outro tanto compre dicir respecto da MULTA COERCITIVA; estamos ante unha resolución -de 26.05.2003- que, logo de recorrela en vía administrativa, non consta que formalizara o correspondente recurso en vía xudicial e que se adoptara medida cautelar ningunha, polo que estamos ante un acto definitivo e firme, sen que, con ocasión de impugnación da providencia de prema poida reabrir de novo o debate, e sen que os motivos alegados sexan causas de nulidade de pleno dereito, senón de legalidade ordinaria.

SEGUNDO.- Tampouco a suposta prescrición da sanción podemos acollela.

No só é un tema que debe suscitar (e debater) no PO 4447/2004, senón e no que abrangue a providencia de prema, esta deriva dunha multa coercitiva que impuxeron o 26.05.2003, estando ante a execución dunha débeda tributaria, polo que o prazo de prescrición é de 5 anos do art. 23.1.b Lei de Réxime Financieiro e Tributario de Galiza e art. 59.2 RD 1684/1990 - actualmente art. 32 939/2005 , sen que entre o 26.05.2003 e a notificación da providencia de prema -o 14.09.2004- transcorrera o prazo indicado

Polo dito, rexeitámo-lo recurso.

TERCEIRO.- A non se apreciar temeridade ou mala fe, non procede efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Fallo

Que REXEITÁMO-LO recurso contencioso-administrativo interposto por Dª Mónica contra a resolución de 31.03.2006 da XUNTA SUPERIOR DE FACENDA (liquidación NUM001 , exped. NUM002 ). Sin efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais.

Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ao estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e cinco de dous mil oito.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.