Sentencia Contencioso-Adm...zo de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 111/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15367/2018 de 01 de Marzo de 2019

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Administrativo

Fecha: 01 de Marzo de 2019

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 111/2019

Núm. Cendoj: 15030330042019100082

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:982

Núm. Roj: STSJ GAL 982:2019

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00111/2019

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2018 0000649

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015367 /2018 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Bruno , Montserrat

ABOGADOJOSE FRANCISCO PITA ANDREU, JOSE FRANCISCO PITA ANDREU

PROCURADORD./Dª. ANA ISABEL SANTA CECILIA ESCUDERO, ANA ISABEL SANTA CECILIA ESCUDERO

ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

JUAN SELLÉS FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de marzo dous mil dezanove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15367/2018, presentado por Dº Bruno e Dª Montserrat , representado polo procurador Sra. Santa Cecilia Escudero, dirixido polo letrado Dº.Pita Andreu, contra o acordo de 21.12.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 167.991,40 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 21.12.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación/sanción IRPF ano 2010/11.

Segundo resulta do expediente, os esposos presentaron nos anos 2010/11 tributacion conxunta, e o Sr. Bruno desenvolve a actividade do epígrafe 673.2: Outros Cafes e Bares,e tributa polo sistema de estimación direta simplificada, declarando uns rendementos netos de: a) 47.022,19 euros e b) 34.913,07 euros.

Na conta NUM000 de NCG Banco, no ano 2010, figuran ingresos en efectivo de un total de 203.000 euros ( o 20.10: 66.000 euros e o 25.10: 83.000+54.000 ) sen xustificala orixe e que non se corresponden coas rendas declaradas.

SEGUNDO.-O recorrente expón na súa demanda, tanto a situación persoal dos recorrentes ( negocio de bar e outros ingresos, casa en propiedade, sen fillos .. ) coma o momento á que se refire a actuación da AEAT ( crise económica e desconfianza na Banca ), a tributación de anos anteriores ( polo sistema de módulos que non requería a legalización de libros contables ), e a falta de congruencia na actuación da AEAT: non se comproban os exercicios 2008/2009 para comprobala veracidade do saldo de Caixa inicial do ano 2010 ( 221.262,29 euros ), non se aplica o sistema de estimación indireta.

O letrado do Estado opón ó recorrente que a AEAT fai unha estimación de ingresos dos anos precedentes ( tendo en conta o máximo de facturación do sistema de módulos ) resultando que o saldo de caixa abranguiría os ingresos de seis anos; asemade pon de relevo cal era a dinámica das contas bancarias e a realización, no ano 2010, dunha inversión de 278.000 euros na cetarea, sen que o recorrente achegue proba.

Coma indica a xurisprudenza: O art. 39 da Lei 35/2006, do IRPF establece: 'Terán a consideración de ganancias de patrimonio non xustificadas os bens ou dereitos cuxa tenencia, declaración ou adquisición non se corresponda coa renda ou patrimonio declarados polo contribuínte, así como a inclusión de débedas inexistentes en calquera declaración por este imposto ou polo Imposto sobre o Patrimonio, ou o seu rexistro nos libros ou rexistros oficiais. As ganancias patrimoniais non xustificadas integraranse na base liquidable xeneral do período impositivo respecto do que se descubran, salvo que o contribuínte probe suficientemente que foi titular dos bens ou dereitos correspondentes desde unha data anterior á do período de prescrición'. Unha vez a Axencia Tributaria detecta unha cantidade sobre a que descoñece a súa orixe, e pona de manifesto, é o perceptor da mesma quen ha de explicar a devandito orixe. Loxicamente, se a Administración así o demanda, a explicación deberá ir acompañada das probas correspondentes, sempre coa debida ponderación que teña presente tanto o principio de facilidade probatoria, que en principio asiste ao contribuínte, como a debida valoración de que o paso do tempo ou outras circunstancias poden dificultar unha proba cumprida e total de todos os movementos dinerarios. Agora ben, máis aló das esixencias relativas á proba, desde logo o que é preciso é que o interesado polo menos explique con claridade cal é, ao seu xuízo, a orixe das cantidades en cuestión, e, loxicamente, a falta de claridade, as contradicións e as imprecisións en tales explicacións -mesmo á marxe, como dicimos, da capacidade para probar os asertos realizados- son elemento capital á hora de confirmar ou rexeitar a idea dunha ganancia non xustificada.

Verbo da carga da proba é mais precisa a STS 23.05.2013 : En canto á carga da proba de acreditar a orixe do incremento non xustificado de patrimonio para facer decaer a presunción do parágrafo segundo do art. 49 da LIRPF , como xa reiteramos, 'o lexislador aplica o mecanismo da presunción ' iuris tantum' para acreditar a súa existencia por parte da Administración tributaria, correspondendo a carga da proba ao suxeito pasivo do imposto, que é unha consecuencia do propio significado xurídico das presuncións ' iuris tantum', que trasladan ao suxeito pasivo a carga da súa destrución, non sendo suficiente para iso realizar simples manifestacións cuxa soa alegación supoña, á súa vez, un desprazamento cara á Administración da proba de que as mesmas non son certas; senón que, pola contra, é aquel quen debe acreditar a realidade destas alegacións despois de que é a Administración tributaria a favorecida pola presunción legal, extraída dunha feito base que non se discute e que está recoñecido'.En fin, ' [d] ichas presuncións legais de incrementos inxustificados de patrimonio, en virtude do disposto no art. 118 da Lei Xeral Tributaria do 28 de decembro de 1963, en consonancia co disposto no art. 1251 do Código Civil ( LEG 1889, 27 ) , poden destruírse pola proba en contrario, polo que se o contribuínte demostra que as adquisicións efectuadas ou os elementos patrimoniais ou os rendementos ocultos proceden de rendas no seu día declaradas, de rendas non suxeitas ao imposto ou da transformación dalgún elemento patrimonial preexistente no seu patrimonio, as consecuencias fiscais, no seu caso, serán as que procedan polos feitos impoñibles ocultados ou non pero nunca a integración das mesmas na renda do suxeito pasivo ' [ Sentenza do 5 de marzo de 2008 ( RJ 2008, 3717 ) ( rec. cas. núm. 4606/2002 ), FD Terceiro].

Por tanto, sería insuficiente para os efectos de enervar a aplicación da presunción establecida no parágrafo segundo do art. 49 da LIRPF , a exclusiva probanza da preexistencia dos bens ou dereitos ao exercicio en que apareceron, pois o que o parágrafo terceiro esixe para entrar en xogo é a acreditación da súa 'procedencia', ben ' doutros rendementos do suxeito pasivo ou da reinversión doutros activos patrimoniais do mesmo', probanza suficiente que debe posibilitar ' a regulación da situación tributaria que corresponda á natureza destes feitos impoñibles, sen prexuízo da prescrición'.

Aplicarmos estes principios ó caso de autos e temos que a AEAT descubre o ingreso nas contas dos recorrentes de un total de 203.000 euros ( en tres ingresos no mes de outubro ) que non se corresponden coas suas posibilidades económicas o ter declarado coma rendemento neto do ano 2010 a cantidade de 47.022 euros, e o que resulta mais relevante: calcula os ingresos dos anos precedentes ( tendo en conta a tributación por módulos: facturación máxima e gastos declarados no ano 2010 ) e resultaría que tería que ter aforrado integramente os rendementos dos últimos seis anos para poder ter na caixa a cantidade de 221.262,29 euros; a esto se suma que nos anos previos invierte en Mariscos Portonovo 278.000 euros.

Cantidades que non figuraban - nos anos precedentes- nas contas bancarias.

Fronte a estes datos obxectivos o recorrente non achega proba pericial/contable de ningún tipo, nin a contabilidade do negocio dos anos precedentes, nin rebate - con probas fehacientes- os cálculos da AEAT, senón que se limita a dubidar destos e a ofrecer unha explicación - plausible- da orixe dos cartos.

En esencia, mantén que os 203.000 euros son aforros da súa actividade de CAFE/BAR de anos precedentes (según sostén ante o TEAR nos tres anos precedentes á inspección foi quen de aforrar 269.957,61 euros), xa que para os gastos ordinarios dispuñan doutros ingresos ( declaracións IRPF achegadas ) e que os cálculos da AEAT non son correctos, dado que os ingresos son variables.

En teoría sería posible unha situación coma a que expón o recorrente: a) desconfianza co sector bancario - o que explicaría que non se ingresen os aforros nas contas bancarias, b) aforro íntegro dos ingresos da actividade de BAR e gastos dos outros ingresos - o que explicaría a grande capacidade de aforro, c) aforro continuado ó longo de varios anos ( cando menos 6, xa que o único cálculo xustificado é o que realiza a AEAT ), d) xeración de moito efectivo: actividade de bar na Lonxa de Portonovo e d) decisión voluntaria de afloralos cartos no ano 2010.

O que acontece é que esta posibilidade teórica, sen maiores apoios probatorios, non resiste a confrontación coa realidade: manter na casa o aforro de seis anos ( é de supor que a dinámica de aforro se estendería a moitos mais anos, coma costume vital ) con perda de toda rendibilidade e coa depreciación do IPC, non é lóxica en persoas que dirixen un negocio; a desconfianza coas entidades bancarias - posibles en varios anos- non impedía a inversión noutras modalidades seguras.

O feito de tributar por módulos non presupón que os recorrentes prescindan de toda contabilidade, polo que, lle era posible acreditalos ingresos de anos precedentes e, asemade, achegar unha relación de gastos ( tanto do negocio, inversións, persoais.. ) para poder determinala capacidade de aforro.

A xeración de moito efectivos ( % que reflicte na reclamación ante o TEAR ) impoñía ó recorrente unha actuación dilixente, dada a funxibilidade dos cartos, e non a tivo.

A única proba documentada verbo da cantidade ingresada nas contas bancarias e o saldo do libro de caixa do ano 2010 ó mes de xaneiro, mais, en por si, e sen maiores apoios probatorios, só acredita que se realizou dito asento mais non que se corresponda coa realidade.

O dito lévanos a considerar que o recorrente non é quen de acreditala orixe dos 203.000 euros ingresados, polo que é correcta a aplicación do art. 39 LIRPF .

Verbo da pretensión de que deberon aplicarlle o réxime de estimación indireta; esta pretensión non a podemos acoller. A regularización é por uns ingresos non xustificados realizados no ano 2010 e que o propio recorrente non imputa a rendementos xerados nese ano, polo que non procedía a estimación indireta ( non existe unha anomalía substancial na contablidade, senón un apunte inicial que non se considera veraz ); tampouco sería posible dos anos precedentes, porque non son obxecto de comprobación.

Verbo da non comprobación destes exercicios previos; non existe obriga da administración de estendela inspección a ditos exercicios, sen que o recorrente fixera uso das posibilidades do art. 149 Lei 58/2003 de considerar que dita actuación lle podía xerar algún beneficio, polo que non concorre a nulidade pretendida.

O dito obriga a rexeitalo recurso.

TERCEIRO.-Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Bruno e Dª Montserrat contra a resolución de 21.12.2017 do TEAR (Liquidacion/sanción IRPF anos 2010-11, exped. NUM001 ).

Impoñenselle as custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.