Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 143/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4433/2016 de 12 de Abril de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Administrativo
Fecha: 12 de Abril de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 143/2018
Núm. Cendoj: 15030330022018100184
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:2135
Núm. Roj: STSJ GAL 2135:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2
A CORUÑA
SENTENCIA: 00143/2018
-
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª
A CORUÑA
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4433/2016
RECORRENTE: Dª Catalina , Elisabeth , Felisa e Dª Leocadia
ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE ARTEIXO
NO NOME DE EL-REI
A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )
CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )
A CORUÑA, a doce de abril de dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 4433/2016, presentado por Dª Catalina , Elisabeth , Felisa e Dª Leocadia , representado polo procurador Sra. Castiñeiras Fandiño , dirixido polo letrado Dª Moreiras Lista, contra o acordo- presunto por silencio administrativo- do Concello de Arteixo. É parte a Administración demandada o CONCELLO DE ARTEIXO , representado polo letrado Sr. Santiago Morales.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 1.080.172,08 EUROS .
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é a denegación - por silencio- da solicitude presentada o 25.05.2016 ante o Concello de Arteixo instando o cumprimento do convenio urbanístico celebrado o 16.06.2005.
Nese convenio, o Sr. Sabino cedía unha finca da súa propiedade por un aproveitamento urbanístico de 2.262,33 m2 que se materializaría noutra finca da mesma unidade de execución.Pactouse que no caso de non pode entregala edificabilidade no prazo de catro anos dende a aprobación definitiva do PXOM o Concello lle indemnizaría no valor equivalente.
A data de 02.03.2015 o PXOM aínda estaba en redacción.
Os recorrentes solicitan o cumprimento por equivalencia, é dicir, unha indemnización de 1.080.172,08 euros.
O Concello, tras admitila existenza do convenio e do informe interno de valoración, alega que: a) a competencia para coñecer da controversia correspóndelle ós xulgados, b) procede o cumprimento in natura unha vez se aprobe o PXOM e c) subsidiriamente: non procede a contía da indemnización solicitada.
SEGUNDO.-Compre resolver, con caracter preferente, a alegación de FALTA DE COMPETENCIA do TSX para coñecer da controversia o non estarmos nun suposto do art. 10.1 a ) LXCA senón ante un suposto do art. 8.1 LXCA co que, a competencia para coñecer da controversia corresponderíalle ós xulgados do contencioso da Coruña.
Sen dúbida falarmos dunha cuestión que debeu ser obxecto de resolución no trámite do art. 51 LXCA , se ben o TSX galiza xa se pronunciara asumindo a súa competencia no auto de 08.11.2016 ( deixando, nembargantes, aberta a cuestión ). O feito de que así non se fixera non autorizaría a este Tribunal a resolver en 1ª instancia a controversia - de non ter competencia- ó falarmos dunha cuestión de orde pública.
O recorrente basea a súa pretensión nun convenio asinado co Concello de Arteixo o 16.06.2005.
O Convenio Urbanístico é un instrumento que facilita a actuación administrativa, pero non condiciona o exercicio das potestades urbanísticas.O Plan, en termos xurídicos, non é desenvolvemento ou execución do Convenio, aínda cando este precedéralle no tempo.
Consonte coa sentencia do 15 de marzo de 1997 ( RJ 1997, 1677) distinguimos entre os denominados convenios de xestión urbanística e os convenios urbanísticos de plan. Mentres que os primeiros diríxense á xestión ou execución dun plan xa aprobado e conteñen, por iso, estipulacións conformes ao mesmo, os convenios de plan teñen por obxecto a preparación dunha modificación ou revisión do plan en vigor.
O sui xeneris convenio do ano 2005, aínda que se titula coma de xestión non executa un plan aprobado, senón que se remiten as súas previsión ( entrega de edificabilidade ) ó futuro plan, o que autoriza a falarmos dun convenio de planeamento e, en consecuencia, a entender que o TSX é o competente para coñecer desta materia.
TERCEIRO.-Rexeitada a alegación de falta de competencia deste Tribunal compre entrar a resolver verbo do fondo do controversia, para o que é fundamental o contido do convenio asinado o 14.06.2005, polo que, o pai das recorrentes cedeu ó Concello de Arteixo un terreo e recibiría un aproveitamento urbanístico de 2.262,33 m2 que se materializaría sobre terreos obtidos polo Concello coma consecuencia da cesión obrigatoria e gratuita do 10% do aproveitamento urbanístico por parte dos propietarios de terreos incluidos en ámbitos de xestión ( unidades de execución ). Os terreos estarian situados na mesma área de reparto no que está a parcela cedida.....de no facela entrega no prazo de catro anos dende a aprobación do PXOM - en tramitación- o Concello o indemnizará no valor correspondente a dita contraprestación...
Con estes datos o recorrente sostén que, dado que o Concello non lles entregou o aproveitamento pactado ( no ano 2015 aínda non se aprobara inicialmente o PXOM ) deben indemnizarlos co valor do terreo ó tempo da cesión ( o informe pericial tasao en 1.080.172,08 euros ), subliñando que o propio Concello admitía a súa culpabilidade - informe de avaliacion do Concello: 329.000 euros.
O Concello se opón á pretensión: a) non é esixible o cumprimento do convenio dado que non está aprobado o PXOM; b) non procede a cantidade solicitada: 1) o recorrente tamén debe contribuir os custos da urbanización e a cesión do aproveitamento ó Concello, 2) non é o precio do ano 2005 o que se debe ter en conta nin é de aplicación o método residual dinámico senón as normas da Lei do Solo.
A 1ª cuestión a determinar é se estarmos ante un incumprimento do convenio imputable ó Concello de Arteixo e, en consecuencia, se procede a aplicación ca cláusula prevista para o incumprimento.
É certo que, coma indica o Concello, o convenio só establece un TERMINOou prazo - catro anos dende a aprobación do PXOM- para poder instalalo cumprimento ou a prestación sustitutoria por incumprimento, e, en puridade, dito termino non se cumpriu: no ano 2015 aínda non se aprobara inicialmente o PXOM de Arteixo, polo que, evidentemento, non existe aprobacion definitiva do PXOM, momento a partir do que contariamos os catro anos.
O que acontece é que dita interpretación - literal- non é admisible dados os resultados inxustos que xera.
Temos unha das partes que cumpriu integramente a súa prestación: cesión do terreo, e outra - O Concello- que pasou a dispor dun terreo sen que, en mais de 10 anos, satisfacera a contrapestación pactada, e esta situación é contraria as esixencias da equidade.
A esta infracción da equivalencia das prestacións xuntamos que o propio Convenio, aínda que reflicte un termo incerto - aprobación do PXOM- indica que este estaba en tramitación ó tempo da sinatura do convenio, o que permitía ás partes presupor que nun período razoable - indeterminado mais razoable- o debedor estaría en condicions de cumprir o pactado.
Este cumprimento non se dexerga posible en breve prazo ( nada indica o Concello ó respecto ), polo que, entendemos que é admisible a pretensión do recorrente de que estarmos ante un incumprimento da obriga de dar in natura e procede aplicala previsión para o caso de incumprimento: indemnización no valor correspondente á contraprestación.
CUARTO.-Resolta a 1ª cuestión, a segunda é concretar a que momento debe referirse o incumprimento.
A recorrente na súa reclamación e demanda determina o valor da edificabilidade prevista ó tempo de asinalo convenio: ano 2005.O Concello- coma hipótese- entende que o valor debe fixarse para o ano 2017.
A pretensión da recorrente non podemos acollela; a acción exercitada ten coma base o convenio asinado o 2005, é dicir, parte de que se incumpriu a obriga de entregalos 2.262,33 m2 de edificabilidade e solicita, consonte co pactado, a indemnización no valor correspondente. Non se solicita a nulidade do pactado e a restitución do recibido con indemnización de danos, senón o cumprimento ( se ben na forma alternativa por incumprimento ).
O incumprimento non acontece no ano 2005 e nada autoriza a trasladar a ese ano o resultado dun incumprimento que se produciría- nos termos do convenio- mais de catro anos despois ( tramitación do PXOM e catro anos a maiores ).
Se a parte recorrente ( o seu pai ) estivo dacordo en recibir en contraprestación pola súa propiedade, unha edificabilidade que, como moi pronto, se materializaría mais de catro anos despois, a indemnización por incumprimento debe referirse ó momento do incumprimento e non ó momento da sinatura do convenio.
O difícil é establecelo momento do incumprimento dado que, coma se indicou, en realidade non se cumpriu o termo pactado.
Dado que a aprobación do PXOM é algo alleo ó recorrente e, en consecuencia, o Concello sería o responsable do incumprimento, correspondelle ós lexitimados ( os prexudicados polo incumprimento ) determinalo momento ( instante no que denuncian o incumprimento do convenio ) mediante o exercicio das correspondentes accións e esto acontece no ano 2015 que é cando presentan o escrito recollido nos folios 69-70 do expediente.
Polo tanto, determinamos que o valor da edificabilidade non entregada debe avaliarse con referencia o ano 2015.
QUINTO.-Resolta a anterior cuestión resta por determinar como se avaliara a edificabilidade. O Convenio establece: indemnizar o valor correspondente a dita contraprestación ... e dado que a edificabilidade se situaría na mesma área de reparto que a finca cedida, temos outro criterio a considerar: localización.
O informe achegado coa demanda, o situala avaliación no ano 2005 non nos vale. Tampouco o informe do perito xudicial Sr. Cesar o podemos admitir para determinalo valor; por unha banda establece o valor con respecto os anos 2005/2016 e coma indicamos é o ano 2015 ó determinante; e, por outra, entendemos que para fixala equivalencia de prestacións deben aplicarse os preceptos da LOUGA, en concreto o artigo 166.1 e, por remisión, os do RDL 7/2015 , Li 8/2007, Lei 6/1998 e o reglamento de valoracións da Lei do Solo RD 1492/2011, é dicir,a normativa propia da lei en materia de valoracións do solo urbano. Falarmos dun convenio urbanístico onde, as prestacións das partes deben someterse ás previsións urbanísticas e non a normas externas.
Dado que será necesario establecer unhas bases mínimas para determinala indemnización é preciso resolver varias cuestións controvertidas:
a)participación ou non dos recorrentes nos custos de urbanizacion e cesións. Aínda que o convenio non establece unha previsión expresa ó respecto si indica que a edificabilidade se materializará en terreos obtidos polo Concello coma consecuencia da cesión obrigatoria e gratuita do 10% do aproveitamento... o que autoriza a concluir que os recorrentes non deberán contribuir a custo de urbanización nin cesión, xa que o seu dereiro se materializa en terreos que xa sufriron ditos custos.
b) a materilizacion dos dereitos urbanísticos deberian facerse no área de reparte mais próxima á finca cedida, polo que será esta a que deben considerar para facelo cálculo e aplicala correspondente ordenanza.
c)debe tomarse en consideración o ano 2015
d) o métodode valoración será o que resulta do RDL 7/2015 , RD 1492/2011 e demais lexislación urbanística aplicables.
SEXTO.-Non facemos declaración das custas ( art. 139 LXCA ).
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso administrativo presentado por Dª Catalina , Elisabeth , Felisa e Dª Leocadia contra a denegación - por silencio- da solicitude presentada o 25.05.2016 ante o Concello de Arteixo instando o cumprimento do convenio urbanístico celebrado o 16.06.2005, anulándoa por contraria a dereito, debendo indemnizalos polo valor dos 2.262, 33 m2 edificables non entregados consonte as bases determinadas no FX 5º.
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, de doce de abril de dous mil dezaoito.

