Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 145/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15287/2018 de 15 de Marzo de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Administrativo
Fecha: 15 de Marzo de 2019
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 145/2019
Núm. Cendoj: 15030330042019100140
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:1298
Núm. Roj: STSJ GAL 1298:2019
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00145/2019
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2018 0000462
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015287 /2018 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña. Victorino ABOGADOMYRIAN MARTINEZ GARCIA
PROCURADORD./Dª. MONTSERRAT BERMUDEZ TASENDE
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ
JUAN SELLES FERREIROFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGAMARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, quince de marzo dous mil dezanove.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15287/2018, presentado por Dº Victorino , representado polo procurador Sra. Bermúdez Tasende , dirixido polo letrado Dº.Martínez García, contra o acordo de 23.11.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT , representado polo letrado do Estado
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA .
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 28.608,70 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 23.11.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación IRPF 2009: ganancia patrimonial/reinversión en vivenda cotián.
A AEAT négalle que a vivenda vendida ( sita en Pereiro de Aguiar ) fose a súa vivenda cotián e rectifica a ganancia patrimonial ( 158.937,21 euros ).
SEGUNDO.-O recorrente considera que acreditou que a vivenda de Pereiro de Aguiar constituiu a súa residencia cotián dende inicios de 2004 ata o mes de febreiro de 2009, e coa nova documentación que achega, considera acreditado que o custo da obra foron de 187.122,79 euros (que actualizados a 2009 serían 211.795,90 euros).
O letrado opón que as probas achegadas non acreditan que a vivenda de Pereiro de Aguiar fose o súa residencia cotián, e verbo do cálculo da ganancia, non son admisibles documentos novos e sen que proceda actualización ningunha.
Compre resolver se a vivenda de PEREIRO DE AGUIAR era ou non a vivenda cotián do recorrente ó tempo da venda.
Estarmos ante un problema de proba; consonte indica a xurisprudenza, , así a Sentenza do TS do 24 de xuño de 2002 (a proba indispensable tendente a poñer de relevo os puntos de feito da pretensión corresponde á parte que os afirma); a Sentenza do TS do 4 de xullo de 2002 (corresponde a carga da proba a quen prepara o recurso de casación); a Sentenza do TS do 15 de xullo de 2002 (sobre o actor pesa a carga procesual de acreditar os feitos constitutivos da súa pretensión); ou, en fin, e en termos máis xerais, a Sentenza do TS do 26 de xullo de 2002 , que recorda que nesta materia rexe a regra do artigo 1.214 do Código Civil . No mesmo sentido, na Sentenza do TSJ do País Vasco do 21 de setembro de 2000 ) que 'este Tribunal na administración de principio sobre a carga da proba, ha de partir do criterio de que cada parte soporta a carga de probar os datos que, non sendo notorios nin negativos e téndose por controvertidos, constitúen o suposto de feito da normal cuxas consecuencias xurídicas invoca ao seu favor (por todas, sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de 27 de novembro de 1985 , 9 de xuño de 1986, 22 de setembro de 1986 , 29 de xaneiro e 19 de febreiro de 1990 , 13 de xaneiro , 23 de maio e 19 de setembro de 1997 e 21 de setembro de 1998 )'.
Neste caso falarmos dun beneficio fiscal - deducción- polo que, a súa aplicación debe cinguirse ós termos literais da lei e a carga de proba da concorrencia dos requisitos esixidos legalmente é imputable ó administrado.
Partirmos da existenza de datoscuriososque dificultan o debate: o recorrente non está empadroado no domicilio que alega coma cotián, nin tampouco é o seu enderezo fiscal, o que acontece é que a consideración de vivenda habitual permite que sexa acreditada a habitualidade da residencia en tal domicilio de acordo cos medios de proba admitidos en Dereito, sen que o domicilio fiscal declarado supoña unha presunción que non admita proba en contrario, senón que pola contra se trata dunha presunción iuris tantum; tampouco o simple acto de empadroamento constitúe elemento válido e definitivo por si só para probar que o suxeito pasivo vive no inmoble sobre obxecto da dedución ( a senseu contrario a ausencia de empadroamento tampouco ).
Tamen partirmos de que a deducción está vencellada a varios requisitos: a) propiedade da vivenda e b) condición de cotián, no sentido dun uso continuado coma centro das súas relacións sociais e familiares.
A administración parte de que, en vía administrativa (contestación ó requerimento) a documentación xuntada limitábase a acreditalo feito da construcción e remate da vivenda, mais non se achegaba documento/proba ningunha que acreditara o seu uso. Foi ante o TEAR cando corrixe dito defecto.
Os datos dos que partir - segundo a recorrente - para determinar en que lugar ten o centro dos seus intereses vitais, relacións sociais, persoais e económica ( definición aceptable do que é a vivenda familiar ) e que este se corresponde coa vivenda de Pereiro de Aguiar son: a) certificado do Alcalde da localidade, b) declaracións documentadas/notariais de tres vecinos, c) contratación e gastos da liña telefónica fixa, d) subministro de combustible de calefacción, e) alarma de seguridade.. ( non se achegan consumos eléctricos por negativa da empresa subministradora: non conserva datos antigos )..
Aínda que as probas non son concluintes debemos ter en conta o tempo transcurrido e o illamento da vivenda, ó que engadimos que a AEAT non realiza pescuda de ningún tipo, limitándose a negarlle o carácter de vivenda cotián.
Consideramos determinante o certificado do Alcalde-presidente do Concello que ratifica as demais probas achegadas, polo que podemos considerar que a vivenda de Pereiro de Aguiar, ó tempo da venda ( ano 2009 ) constituía a residencia cotián do recorrente.
TERCEIRO.-Verbo do cálculo da ganancia patrimonial; a AEAT determinouna en 158.937 euros, en tanto que o recorrente, coa documental que achega en vía xudicial, a eleva a 187.122,79 euros ( e actualiza a 211,795,90 euros).
A discrepancia verbo derivada das novas facturas achegadas e que o letrado do Estado rexeita ( ou solicita que sean avaliadas pola AEAT ); o que acontece é que a doutrina do Ts autoriza a ter en conta a documentación xuntada.
Consonte coa STS 10.11.2014 :Esta Sala non comparte a visión en extremo formalista que subxace nas resolucións aprobadas na vía económico- administrativa, que converten o procedemento administrativo, xa sexa de xestión ou de revisión, antes que nunha canle adecuada para o exercicio dos dereitos mediante a confrontación dos feitos e das normas que os amparan, a fin de recoñecelos ou negalos á luz da realidade das cousas e do marco xurídico que os regulan, nunha carreira de obstáculos que o administrado debe superar e no que o obxectivo é buscar a cobertura formal a unha decisión desestimatoria con independencia de admitir que aquel leva a razón en canto á realidade dos feitos en que sustenta a súa pretensión.
Na recente sentenza 1362/2018 clarifica a cuestión indicando que a proba non será admisible cando se infrinxe o principio de boa fe, e entendemos que esto non acontece no caso presente.
Falarmos dunha obra acometida en anos precedentes o 2009 (a declaración final de obra é do ano 2008) polo que é perfectamente admisible que non contara con toda a documentación ó tempo da tramitación do procedemento e que a atopara - tralo estudio xurídico do letrado que o aconsella- logo, unha vez iniciado o proceso xudicial, polo que consideramos que é admisible e pertinente, e establecemos o custo da obra en 187.122,79 euros (e non nos 176.907,94 que establece a AEAT).
A cantidade debe ser actualiza consonte cos índices establecidos nas leis de orzamento consonte coa modificación realizada polo art. 64 da Lei 2/2008 .
O dito obriga a acoller parcialmente o recurso.
CUARTO.-Non facemos declaración das custas ( dudas de feito: probas achegadas en vía xudicial ), de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Victorino contra a resolución de 23.11.2017 do TEAR (Liquidacion IRPF ano 2009, exped. NUM000 ) anulándoa por contraria a dereito, debendo considerar que a vivenda de pereiro de Aguiar era a súa vivenda cotián ó tempo da venda no ano 2009 e debendo tomar como gastos da construcción a cantidade de 187.122,79 euros (coa actualización pertinente).
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
