Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 16/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15357/2018 de 18 de Enero de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Administrativo
Fecha: 18 de Enero de 2019
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 16/2019
Núm. Cendoj: 15030330042019100020
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:397
Núm. Roj: STSJ GAL 397:2019
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00016/2019
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2018 0000460
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015357 /2018 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña.GALLEGA DE PESCA SOSTENIBLE SL
ABOGADOMARIA CAZORLA TORRADO
PROCURADORD./Dª. DOMINGO RODRIGUEZ SIABA
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, dezaoito de xaneiro dous mil dezanove.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15357/2018, presentado por GALLEGA DE PESCA SOSTENIBLE SL , representado polo procurador Sr. Rodríguez Siaba , dirixido polo letrado Dª Cazorla Torrado, contra a desestimación por silencio do requerimento de cesamento da vía de feito realizado á AEAT. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada .
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é a desestimación por silencio do requerimento realizado - ó abeiro do art. 30 LXCA - para o cesamento dos embargos de contas bancarias por importe de 13.252.923,33 euros.
O recorrente denunciaá via de feitoda administración ó proceder ó embargo cando existía peticións de suspensión sen resolver.
SEGUNDO.-Dado que a recorrente denuncia a VIA DE FEITO da administración e acciona ó abeiro do artigo 30 LXCA que, entre outras cousas, autoriza a non esgotala vía administrativa, compre resolver se concorre ou non a alegada vía de feito.
Coma indica a doutrina:No ámbito tributario, hai que convir con VÁZQUEZ DO REY VILLANUEVA en dúas ideas fundamentais: a) Ao estar reservado fundamentalmente o recurso contencioso-administrativo contra a vía de feito a aqueles casos nos que existe unha actuación material da Administración que non vai precedida por un acto administrativo ou cuxa execución resulte gravemente irregular, iso comporta que o seu ámbito de aplicación sexa moi limitado40; e b) A entrada dos inspectores no domicilio constitucionalmente protexido é a actuación que con maior frecuencia se substancia a través da vía de feito41.
A doutrina tratou de configurar algúns casos de vías de feito en materia tributaria. Así, JIMÉNEZ-BRANCO ('Vías de feito...', ob. cit., páxs. 13-14) apunta os seguintes supostos: a) Actuacións irregulares no procedemento de présa sen a adecuada cobertura xurídica, como o embargo practicado sen providencia de présa; b) A actuación contumaz da Administración, continuando o procedemento custe o que custe, sen resolver nin tomar en consideración os numerosos escritos presentados polo interesado; e c) A imposición dunha sanción tributaria 'de plano' ou sen seguir o procedemento sancionador establecido.. CASADO OLEIRO ('A impugnación...', ob. cit., páx. 2079) recolle algunhas posibles actuacións materiais carentes da necesaria cobertura xurídica que poden detectarse no exercicio das funcións de comprobación e investigación tributaria: a) A incoación dun procedemento de inspección en ausencia de todo acto de autorización previa ao Inspector actuario; b) A iniciación dun procedemento de inspección antes da finalización do período voluntario de declaración do tributo obxecto de comprobación; c) A extensión do procedemento de inspección a suxeitos non incluídos no Plan ou a conceptos e/ou períodos impositivos non autorizados; d) A decisión de continuar a actuación comprobadora e investigadora, a pesar de existir indicios suficientes da comisión dun posible delito fiscal; e e) a decisión de poñer termo á fase de instrucción, sen ter en conta os datos declarados e os feitos acreditados no expediente, prescindindo da natureza contraditoria e do carácter esencialmente dialéctico do procedemento, privando ao suxeito inspeccionado do seu dereito de alegación, contradición e proba.
O que acontece é que o criterio da xurisprudenza é mais restrictivo, e limitándonos ás últimas ditadas; a STS do 29 de outubro de 2010 ( RJ 2010, 7762) , tras reiterar a doutrina das SSTS do 22 de setembro de 2003 ( RJ 2003 , 6433) e 7 de febreiro de 2007 ( RJ 2007, 794) , traza unha liña divisoria entre as actuacións materiais constitutivas de vía de feito e as actividades desenvolvidas ao amparo dun acto administrativo formal; 'acto que aínda presentando graves irregularidades veu dar cobertura formal á actuación material de execución'. E identifica as actuacións materiais constitutivas de vía de feito do artigo 30 LJCA coas actuacións materiais da Administración que se realizan 'á marxe de calquera decisión administrativa previa que lle sirva de fundamento'.
f) Mediante o procedemento da vía de feito só pode pedirse o cesamento da actuación material constitutiva de vía de feito, non un axuizamento sobre a validez ou invalidez de actos administrativos. A impugnación de actos administrativos en cuxa elaboración mediou vía de feito debe facerse a través da canle ordinaria: a Sentenza do Tribunal Supremo do 10 de novembro de 2009 ( RJ 2009, 7977) A STS do 10 de novembro de 2009 ( RJ 2009, 7977) declara de forma contundente que mediante a vía do artigo 30 LJCA só pode pedirse a cesación da vía de feito, non un axuizamento sobre a validez ou invalidez de actos administrativos: ' Fronte a unha vía de feito, o afectado non está constrinxido polo artigo 30 LJCA . Este precepto configura un remedio procesual específico para obter a cesación de actuacións administrativas completamente desprovistas de base xurídica ou realizadas eludindo o procedemento; é dicir, vén situarse no mesmo lugar tradicionalmente ocupado pola tutela interdictal fronte á Administración. Pero a existencia dun remedio procesual específico para obter a cesación da vía de feito non significa que esta non teña consecuencias xurídicas a outros efectos, como é señaladamente o de determinar a nulidade do acto administrativo adoptado en tales circunstancias; e esa nulidade pode ser declarada pola canle procesual ordinaria. Téñase en conta, a este respecto, que mediante o artigo 30 LJCA só pode pedirse a cesación da vía de feito, non un axuizamento sobre a validez ou invalidez de actos administrativos. Así, se non coubese a impugnación pola canle ordinaria de actos administrativos en cuxa elaboración mediou unha vía de feito, este vicio -tan grave que fronte ao mesmo sempre se admitiu excepcionalmente a tutela interdictal- resultaría beneficiado en comparación con outros vicios menos graves dos actos administrativos'.
No caso presente os indicados requisitos non concorrerían xa que os embargos acordados contan co abeiro formal das providenzas de prema e a controversia relativa a se son correctos ou non , por existir unha medida cautelar solicitada e non resolta, sería unha cuestión a discutir nun procedemento ordinario.
TERCEIRO.-Aínda que o certo é que o representante legal da administración, non formula oposición á pretensión e, polo tanto, nada alega verbo da vía procesual utilizada e estarmos no momento de ditala sentenza, non é posible entender que - por ter razón verbo do fondo da controversia- sexa posible prescindir da vía procesual utilizada e darlle abeiro á pretensión; pretensión que carretaría só a obriga de cesamento da vía de feito, e requisito esixible para esto é que esteamos, propiamente, ante unha vía de feito.
Coma dixemos o alegado sería unha actuación incorrecta da administración - embargo sen cumprilas esixencias legais: notificación da querela e petición de suspensión sen resolver- e esto non é equiparable á vía de feito, o que obriga a rexeitalo recurso.
CUARTO.-Non facemos declaración das custas, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo (VÍA DE FEITO) presentado por GALLEGA DE PESCA SOSTENIBLE SL contra a desestimación por silencio do requerimento realizado - ó abeiro do art. 30 LXCA - para o cesamento dos embargos de contas bancarias por importe de 13.252.923,33 euros.
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
