Sentencia Contencioso-Adm...il de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 169/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4219/2016 de 16 de Abril de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Administrativo

Fecha: 16 de Abril de 2018

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 169/2018

Núm. Cendoj: 15030330022018100135

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:1897

Núm. Roj: STSJ GAL 1897:2018

Resumen:
URBANISMO

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00169/2018

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª

A CORUÑA

SENTENZA: 169 /2018

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4219/2016

RECORRENTE: Dª Sonia

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE CARBALLO/CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACION DO TERRITORIO

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE

JULIO DIAZ CASALES

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, a dieciséis de abril de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4219/2016, presentado por Dª Sonia , representado polo procurador Sra.Vazquez Couceiro , dirixido polo letrado Dº Iglesias Nimo, contra a Orde de 04.02.2016 da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACION DO TERRITORIO- PXOM de Carballo. É parte a Administración demandada o CONCELLO DE CARBALLO, representado polo procurador Sr. Guimaraens Martínez e asistido do letrado Sr. Mateos Casquero e a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA TERRITORIAL , representado polo letrado da Xunta

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada .


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é a Orde de 04.02.2016 -PXOM de Carballo, aínda que, realmente, o que se recorre é a calificación outorgada á finca catastral NUM000 : solo de núcleo rural rexido pola Ordenanza 3-equipamentos..

A recorrente amósase conforme coa clasificación da finca: solo de núcleo rural e solicita que non se lle aplique a ordenanza 3 dado que considera que non está motivado, existe desviación de poder e infrinxe o principio de igualdade, existindo outras propiedades ó caron da igresa/cemiterio onde é mais fácil incrementala superfice do cemiterio.

O letrado da Xunta opón que só parte da finca está afectada pola ordenanza 3 e sostén que, quizabes, existe un erro dado que a ampliación do cemiterio trasladouse a outra finca.

O letrado do Concello subliño o erro da demanda: a discusión é verbo da clasificacion da propiedade- Ordenanza 3 o outro réxime- ( e non da calificación : solo rústico/urbano ). O PXOM establece días clasificacións da propiedade: a) a parte Norte como solo de núcleo rural Histórico-Tradicional ( finca catastral NUM000 ) e b) a parte Sur como solo rústico de protección agropecuaria ( finca catastral NUM001 ), e verbo da calificación urbanística, a parte norte, réxerase pola Ordenanza Zonal 3.Equipamento ( EQ-C ).

Consonte reflicte o Concello - na contestación á demanda- as NNSS de 1984 recollían a finca da recorrente dentro do ámbito delimitado coma núcleo rural de Outeiro-a Igrexa e as torres ( Folla 2-2 do plano nº 3 de Ordenación ), parte coma solo de núcleo rural ( 2300 m2 ) e parte como solo non urbanizable non protexido ( 2086 m2 ).

Idéntica configuración ten o PXOM do ano 2016 e o longo da tramitación do mesmo a parte Norte da finca da recorrente mantivose o destino a equipamento.

SEGUNDO.-Fronte á pretensión da recorrente: non se lle aplique a ordenanza-3, é dicir, que se retire coma destino a finca o EQUIPAMENTO, o Concello opón que a calificación dos terreos ( non así a clasificación ) depende do criterio do planificador urbanístico - sempre que sexa racional- e dado que a finca linda co equipamento relixioso suxeito a protección patrimonial está xustificado o destino a equipamento - eventual e futura ampliación do cemiterio.

O perito xudicial no informe achegado ós autos, tras reflectila calificación da propiedade nas NNSS, PXOm de 2003 e do ano 2016, entende que a ampliación do cemiterio é mais factible noutras propiedades lindantes ( a onde chega unha rúa que se abriu para dar acceso a unha ampliación do cemiterio xa realizada ) e que o Decreto 151/2014 impediría o uso do terreo coma cemiterio; para outros equipamentos a parcela non é optima.

Nas aclaracións presentadas polas administración o perito matiza as súas conclusións, recoñecendo que a limitación dos 50 mts do Decreto 151/2914 ten unha razón de salubridade, e que, aínda que considera que a única dotación posible é a de cemiterio, non exclúe outras dotacións privadas ( aínda que non considera optima a parcela ).

Compre determinar con estes elementos se a calificación outorgada á finca é ou non arbitaria.

Partirmos de que como ten declarado o Tribunal Supremo na súa sentenza do 19 de setembro de 1997 ( RJ 1997, 6598) , a Administración pode elixir o modelo para o desenvolvemento territorial e para a configuración do plan en xeral. Resulta evidente que, como toda actuación administrativa, o exercicio desta potestade atópase revestido da presunción de legalidade, por esa razón o éxito dunha alegación fronte ao seu exercicio debe ir encamiñada a probar que a Administración ao planificar ou ao modificar o plan, incorreu en erro ou, á marxe daquela discreccionalidad, obrou con arbitrariedade, con afastamento dos intereses xerais a que debe servir, sen ter en conta a función social da propiedade ou a estabilidade e a seguridade xurídica con desviación de poder ou falta de motivación na toma de decisións (así constante xurisprudencia do Tribunal Supremo en Sentenzas do 6 de abril de 1994 [ RJ 1994 , 2805] , 27 de febreiro e 26 de xuño de 1995 [ RJ 1995, 1081, 5030] ).

Tamén partirmos de que o plan, decisión eminentemente discrecional, é ante todo desigualdade: debuxa o modelo territorial elixido como marco físico da convivencia e para iso atribúe ao chan o destino urbanístico en cada caso máis conveniente desde o punto de vista do interese público. Os propietarios ven sometidos os seus terreos a moi diferente sorte urbanística; por iso esta desigualdade ha de ser xustificada no momento do plan na memoria, ou na motivación das modificacións introducidas ao longo do procedemento.

Tal e coma reflicten os planos xuntados polas administración nas suas contestacións e polo perito xudicial a finca NUM000 está pegada, nun dos seus lindeiros, co cemiterio e por outros dous frontes linda con camiños e no que resta coa finca cualificada como solo rústico de protección agropecuaria. A finca ten unha superfice de 1176 m2.

Tanto a superficie da parcela coma estar ó carón do cemiterio predeterminan o uso posible da parcela, dado o que establece o o artigo 25 do Decreto 151/2014 de Policía Mortuoria de Galicia :

Artigo 25. Localización de cemiterios de nova construción

1. O emprazamento dos cemiterios de nova construción virá determinado nos instrumentos de plan municipais. No caso de que non exista plan, a entidade local solicitará o parecer das consellerías con competencias en ordenación do territorio e patrimonio cultural, respectivamente.

2. Ao redor do chan destinado á construción dun novo cemiterio establécese un perímetro de 50 metros de ancho totalmente libre de todo tipo de construción, medida a partir do peche exterior do cemiterio. Para os efectos previstos neste artigo, poderán situarse dentro dese perímetro os edificios e instalacións de carácter relixioso ou destinados a servizos funerarios.

3. Os concellos poderán establecer, motivadamente, nas súas ordenanzas e instrumentos de plan un perímetro maior do indicado no parágrafo precedente, en función das circunstancias e características de patrimonio cultural, urbanísticas e de desenvolvemento no seu ámbito territorial. Así mesmo, os concellos, sen prexuízo do disposto nas normas e plans urbanísticos ou de patrimonio cultural aplicables, poderán, excepcional e motivadamente, permitir a ampliación de cemiterios xa autorizados sen o cumprimento do requisito relativo ao perímetro citado anteriormente.

O parágrafo 3º obriga a entender que calquera ampliación do cemiterio supón, a estes efecto, un cemiterio de nova creación e que, no caso da parcela NUM000 aínda que non se cumprira coa limitación dos 50 mts sería autorizable a ampliación e, inclusive, serían posibles outras dotacións de carácter relixioso ou con destino a servizos funerarios.

O que non serían posibles son outro tipo de edificacións: a distancia dende a parede de cemiterio ós camiños é inferior a 50 mts.

A opción do planificador non é, en por si, arbitaria, nin atenta contra o principio de igualdade; o criterio do perito xudicial de que a ampliación ( futura, de ser necesaria ) do cemiterio debía facerse cara o sur, ó carón da última ampliación ( do ano 2002 ) - onde existe un camino de acceso- é unha opinión que concorda co propio PXOM ( no plano do folio 11 do informe se recolle unha parcela ó Sur dos nichos da ampliación do ano 2002 grafiada como equipamento ) mais non exclúe que se reserve outra parcela cun obxecto semellante.

Podería discutirse a necesidade desta previsión de ampliación - o propio informe pericial considera que non o é dado que os nichos da ampliación do ano 2002 estan valeiros o usen rematar ( nun 50% ) - mais falarmos dun PXOM que ten, en principio, unha vocación de permanencia a longo prazo e xogamos con hipótesis que carecen de probas concluintes.

En resumo a previsión do PXOM non é arbitaria, a localización da finca xustifica, en por si, o destino a equipamento ( funerario ou, de ser posible, outro equipamento privado ) e exclúe un uso residencia, e, polo tanto, rexeitámolo recurso..

TERCEIRO.-Non facemos declaración das custas ó existir dúbidas fundadas en dereito, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dª Sonia contra a Orde de 04.02.2016 -PXOM de Carballo- da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA TERRITORIAL.

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, a de dieciséis de abril de dous mil dezaoito.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.