Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 187/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4549/2016 de 24 de Abril de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Administrativo
Fecha: 24 de Abril de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 187/2018
Núm. Cendoj: 15030330022018100147
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:2026
Núm. Roj: STSJ GAL 2026:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2
A CORUÑA
SENTENCIA: 00187/2018
-
SENTENCIA NÚM.
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª
A CORUÑA
SENTENZA: /2018
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4549/2016
RECORRENTE: BODEGAS VALDESIL SL
ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE
JULIO DIAZ CASALES
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )
CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )
A CORUÑA, a veinticuatro de abril de dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 4549/2016, presentado por BODEGAS VALDESIL SL, representado polo procurador Sr. Amenedo Martínez , dirixido polo letrado Dº Prada Gayoso, contra o acordo de 17.11.2016 da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE . É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE , representado polo letrado da Xunta.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 11.914,02 EUROS .
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 17.11.2016 da Conselleira da Consellería de Medio Ambiente que declara a perda do dereito ó cobro da axuda concedida a BODEGAS VALDESISL SL no expediente de subvención núm. O-40-VIN-15 por importe de 11.914,02 euros.
O Orde de 19.12.2014 establecía no seu artigo 11 que tódolos pagamentos que realice o beneficiario deberán realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva este fin e no seu artigo 13 que o incumprimento de calquera condición levará que non se page ningunha axuda.
Consta acreditado que a factura 14/15 fíxose efectiva mediante dous pagarés ( 32.613,63 euros ) con cargo á conta con IBAN ES4001820662360208500340 e outros investimentos cargáronse noutra conta IBAN ES8901820662310201592915.
SEGUNDO.-O recorrente non nega o feito ( se ben matiza que os fondos para pagalos pagarés transferíronse da segunda conta ) mais sostén que é un mero incumprimento formal e que o requisito do artigo 11.2 non pode cualificarse de CONDICIÓN - esixencia que xa non se contén na Orde do ano 2017- infrinxíndose o art. 31.5 da LSGalicia e o principio de proporcionalidade.
O letrado da Xunta nega que esteamos ante un simple incumprimento formal sen relevancia o falarmos dunha obriga expresamente recollida na Orde e na propia resolución concedéndolle a axuda - e no RD 548/2013 -, sendo de aplicación o artigo 33 da Lei 09/2007 , e sen que poida falarse de desproporcion ( o incumprimento excede do 50% ), sendo compatible a denegación da axuda co expediente sancionador.
Con estes alicerces debemos resolvela controversia, e partirmos de que a axuda deriva do Regulamento ( CE) 1324/2007 e do Regulamento ( CE ) 555/2008, e que para o seu desenvolvemento ditouse o RD 548/2013 - modificado polo RD 549/2014- que establece as bases de xestión das axudas. Modificacións posteriores aconselleron o ditado da Orde de 19.12.2014. Do dito resulta que a Orde ( dado que as CCAA xestionan diretamente as subvencions ) ditase en desenvolvemento do Rd 548/2013 ( ditouno o Estado coa competencia prevista no art. 149.1.13 ª ) e este impón coma esixencia - art. 57.2- que tódolos pagos se fagan nunha conta única.
Do dito resulta que a CCAA Galega non establece unha obriga desproporcionada ou sen xustificación, senón que lle viña imposta e figuraba tanto nas bases da Subvención coma no propio acordo de 20.07.2015 de outorgamento da subvención. No indicado acordo figura coma CONDICIÓN PARTICULAR a achega dun extracto bancario con tódolos movementos da conta única utilizada para efectualos pagamentos.
Esta esixencia a recolle expresamente o artigo 11.2 da orde:tódolos pagamentos que realice o beneficiario deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva a este fin.
Polo tanto, falarmos dunha esixencia/condición expresa ( tanto na Orde coma no acordo de 20.07.2015 ) que incumpriu o recorrente.
TERCEIRO.-Compre determinar se dito incumprimento ten a relevancia pretendida ou non.
Partirmos de que a relación xurídica que xorde do acto de outorgamento da subvención é unha relación xurídico-administrativa, sendo competente a xurisdición contencioso- administrativa para coñecer das incidencias e conflitos que con ocasión da mesma poidan orixinarse.
Non cabe, doutra parte, conceptuar esa relación como propia e característica dunha doazón modal de Dereito Público ou, máis xenericamente, como un contrato de Dereito público. A relación xurídico- subvencional non é unha relación contractual, podendo cualificarse máis precisamente como unha relación xurídico unilateral que xorde dun acto administrativo necesitado de aceptación e do que nace un dereito de crédito a favor do beneficiario fronte á Administración otorgante.
O acto administrativo de outorgamento non debe seguir sendo cualificado como acto discrecional -unha cualificación que foi tradicional atendendo ás ideas de liberalidad, gratuidade e precariedade da subvención-, e iso porque existen elementos regrados que con maior ou menor intensidade, segundo os casos, restrinxen a discrecionalidad administrativa.
Haberá que estar, con todo, ás bases reguladoras da correspondente subvención para determinar as marxes de apreciación que se puideron reservar á Administración en orde ao outorgamento ou denegación da subvención. Todo iso sen prexuízo de que, aínda que ata o momento non despregaron apenas virtualidade (por exemplo, SSTC 25/1989, do 3 de febreiro , e 39/1989, do 16 de febreiro ), os principios de proporcionalidade e igualdade poden coadyuvar eficazmente no control das decisións administrativas nesta materia.
Con mais precisión a STS 17.01 2006 establece:
A subvención configúrase tradicionalmente como unha medida de fomento que utilizan as Administracións Públicas para promover a actividade dos particulares ou doutras Administracións Públicas cara a fins de interese xeral que representa ou xestiona a Administración concedente. Segundo resulta da xurisprudencia reiterada desta Sala, expresada entre outras nas sentenzas do 7 de abril de 2003 Vínculo a xurisprudencia TS , do 4 de maio de 2004 Vínculo a xurisprudencia TS , do 17 de outubro de 2005 Vínculo a xurisprudencia TS , e do 4 de novembro de 2005 Vínculo a xurisprudencia TS a natureza de dita medida de fomento administrativo pode caracterizarse polas notas que a continuación se apuntan. En primeiro lugar, o establecemento da subvención pode inscribirse no ámbito das potestades discrecionales das Administracións públicas, pero unha vez que a subvención foi regulada normativamente termina a discrecionalidad e comeza a previsión regrada cuxa aplicación escapa ao puro voluntarismo daquelas. En segundo termo, o outorgamento das subvencións ha de estar determinado polo cumprimento das condicións esixidas pola norma correspondente, pois pola contra resultaría arbitraria e atentatoria ao principio de seguridade xurídica. 4º.- A subvención non responde a unha 'causa donandi', senón á finalidade de intervir na actuación do beneficiario a través duns condicionamentos ou dun 'modus', libremente aceptado por aquel. Por conseguinte, as cantidades outorgadas en concepto de subvención están vinculadas ao cumprimento da actividade prevista. Apréciase, pois, un carácter condicional na subvención, no sentido de que o seu outorgamento prodúcese sempre baixo a condición resolutoria de que o beneficiario teña un determinado comportamento ou realice unha determinada actividade nos termos en que procede a súa concesión ( Cfr SSTS 20 de xuño, 12 de xullo e 10 de outubro de 1997 , 12 de xaneiro e 5 de outubro de 1998 , 15 de abril de 2002 ' ad exemplum'). A nosa xurisprudencia, como se refire na sentenza do 20 de maio de 2003 Vínculo a xurisprudencia TS , recoñeceu o carácter modal da subvención ou, se se prefire, a súa natureza como figura de Dereito público, que xera inescusables obrigacións á entidade beneficiaria, cuxo incumprimento determina a procedencia da devolución do percibido sen que iso comporte, en puridad de principios, a revisión dun acto administrativo declarativo de dereitos que haxa de seguir o procedemento establecido para a devandita revisión nos artigos 102 e seguintes da LRJ e PAC Vínculo a lexislación. E é que a subvención comporta unha atribución dineraria ao beneficiario a cambio de adecuar a súa actuación aos fins perseguidos coa indicada medida de fomento e que serven de base para o seu outorgamento. A subvención non responde a unha causa donandi, senón á finalidade de intervir a Administración, a través duns condicionamentos ou dun modus, libremente aceptado polo beneficiario no actuación deste. Cando se trata do reintegro de subvencións por incumprimento dos requisitos ou condicións establecidas ao concederse ou outorgarse, isto é por incumprimento da finalidade para a que se conceden ou outorgan, basta a comprobación administrativa do devandito incumprimento para acordar a devolución do percibido.
Aplicarmos estes principios ó caso de autos e temos que a Orde recolle no seu artigo 11.2 a esixencia de pagamentos a través dunha conta bancaria única e que o artigo 13 recolle que: tampouco se pagará ningunha axuda cando se incumpra alguna das condicións establecidas para ese fin.
Non pon en cuestión o recorrente oincumprimento desta esixencia, e defende a súa actitude solicitando unha interpretación flexible do requisito, en atención á finalidade da subvención.
O que acontece é que a interpretación pretendida non é posible xa que suporía deixar sen efecto o mandato claro do artigo 11.2 citado cando o recorrente aceptou as bases da subvención e, nin tan sequera a recorre actualmente por vía indirecta (tal e coma establece a xurisprudenza- en materia de persoal, mais aplicable tamén as subvencións - :Así, por exemplo, as SSTS 21/12/1984 , 26/3/1985 , 7/12/1985 e 23/2/1987 , e STSJ CV 31/1995 declaran que non é factible a impugnación das bases dunha convocatoria cando o que se somete a revisión xurisdicional é o acto que as resolve, xa que 'consentidas as bases da convocatoria non é posible, normalmente, que quen se aquietó ante as mesmas e tomou parte nas probas de selección, poida, despois, ante o resultado adverso das probas, impugnalas con base en discutibles motivos de legalidade'. En canto á impugnación indirecta de pregos de condicións para a contratación, tamén a xurisprudencia declara improcedente a aceptación dos mesmos e a impugnación posterior do resultado da adxudicación pois iso equivale a ir contra os propios actos, como así declara a STS 3/4/1990 na que se insiste en que 'se a entidade B, S.A., someteuse ao concurso tal e como foi convocado, sen que en ningún momento impugnase ningunha das condicións do meritado Prego, ...tomando parte no mesmo, con presentación da súa correspondente oferta, prestando o seu consentimento tanto ás propias prescricións da licitación como á participación das restantes entidades, carece obviamente de lexitimación para impugnalo contraviniendo os seus 'propios actos', cando non resulta favorecida polas adxudicacións, que obviamente, pretendía'. Admítese con normalidade a impugnación- se falarmos de dereitos fundamentais ou causa de nulidade de pleno dereito- cando o acto administrativo de nomeamento dun funcionario susténtase nunhas bases que, aínda que non foron impugnadas en prazo, vulneran os principios de mérito, capacidade, igualdade e publicidade contidos no artigo 23.2 CE ( SSTCo 9/12/1987 e 19/6/1995 ).)
Tanto o solicitante coma o órgano outorgante da subvención están vencellados polas bases da subvención, sendo o mandato do artigo 11.2 moi claro, sen posibilidade de flexibilidade ningunha. E dado que falarmos dun incumprimento que supera o 50% da cantidade subvencionable non existe desproporción ó acordala perda total da subvención.
Verbo da alternativa do recorrente: sanción por incumprimento formal.
Coma indica o letrado da Xunta a perda da subvención e a sanción pola conduta infractora son compatibles, polo que unha non substitúe a outra, e dado que se incumpriron as bases da subvención é obrigado rexeitalo recurso.
CUARTO.-No facemos declaración das custas ó existir dúbidas fundadas en dereito, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por BODEGAS VALDESIL SL contra a resolución de 17.11.2016 Conselleira da Consellería de Medio Ambiente que declara a perda do dereito ó cobro da axuda concedida a BODEGAS VALDESISL SL no expediente de subvención núm. O-40-VIN-15 por importe de 11.914,02 euros
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, a veinticuatro de abril de dous mil dezaoito.

