Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 198/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15627/2018 de 10 de Abril de 2019
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Administrativo
Fecha: 10 de Abril de 2019
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 198/2019
Núm. Cendoj: 15030330042019100200
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:2238
Núm. Roj: STSJ GAL 2238:2019
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00198/2019
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2018 0001144
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015627 /2018 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña.HENDRIX GENETICS SAU
ABOGADOJESUS ALONSO ALVAREZ
PROCURADORD./Dª. MONICA VAZQUEZ COUCEIRO
ContraD./Dª. XUNTA SUPERIOR DE FACENDA
ABOGADOLETRADO DE LA COMUNIDAD
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, dez de abril de dous mil dezanove.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15627/2018, presentado por HENDRIX GENETICS SAU, representado polo procurador Sra. Vázquez Couceiro , dirixido polo letrado Dº.Alonso Álvarez, contra o acordo de 09.05.2018 da XUNTA SUPERIOR DE FACENDA. É parte a Administración demandada a XUNTA SUPERIOR DE FACENDA, representado polo letrado da Xunta.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 7.544,80 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 09.05.2018 da Xunta Superior de Facenda que rexeita a reclamación económico administativa contra as providenzas de prema derivadas das liquidacións por canon de saneamento.
SEGUNDO.-O recurso baséase: a) incorrecta tramitación da reclamación ante a Xunta superior de facenda, b) defectuosa notificación das liquidacións; dende o 06.09.2013 figura inscrito no rexistro mercantil o cambio de domicilio social, e o 16.09 notificóuselle á AEAT, do que se deriva que as notificacións remitíronllas a un enderezo incorrecto; e c) a sociedade non está obrigada ó pagamento do canon de saneamento.
Verbo da 1ª cuestión ; o artigo 245.1 LXT establecía que se tramitarían polo procedemento abreviado as reclamacións económico administrativas cando a contía fose inferior ó que se determinara regulamentariamente ( 6.000 euros- art. 64 RD 520/2005 ), polo que, o determinante son as normas de determinación da contía e, consonte co art. 230 é posible a acumulación, nunha soa reclamación, da impugnación de varios actos, mais a contía ( os efectos de tramitación e recursos ) a determina a reclamación mais elevada - art. 35.2 e 5 RD 520/2005 .
Neste caso, ningunha das providenzas de prema superaban os 6.000 euros, polo que o trámite era o do art. 64 RD 520/2005 e 246 Lei 58/2003 . Desto se deriva que non concorre a irregularidade denunciada e, moito menos, a concorrencia dunha causa de nulidade de pleno dereito - art. 247.1.e Lei 58/2003 .
Tampouco e verbo do recurso de anulación e coma indica o letrado da Xunta é posible apreciar que se incorra en incongruencia manifiesta ( verbo do reclamación inicial ) dado que o tema da NON OBRIGA DE PAGALO CANÓN DE SANEAMENTO non se suscitaba nestos termos tan claros e, en todo caso, non é - coma diremos- unha cuestión que se poida insirir na impugnación das providenzas de prema.
Verbo das causas B-C, resulta obrigado facer unhas declaracións de principio.
O art. 167 da LGT establece que 'Contra a providencia de présa só serán admisibles os seguintes motivos de oposición:
a)Extinción total da débeda ou prescrición do dereito para esixir o pago.
b)Solicitude de adiamento, fraccionamiento ou compensación en período voluntario e outras causas de suspensión do procedemento de recadación.
c)Falta de notificación da liquidación.
Con carácter xeral, a xurisprudencia móstrase clara respecto a os motivos de oposición, que unicamente son alegables os taxados legalmente no referido artigo 167 da LGT . Así, por exemplo, maniféstase a Sentenza da Audiencia Nacional nº 107/2016, do 14 de marzo de 2016 ( JUR 2016, 72968) , nº recurso 184/2015 ; Sentenza da Audiencia Nacional nº 109/2016, do 14 de marzo de 2016 ( JUR 2016, 72254) , nº recurso 334/2015 ; Sentenza da Audiencia Nacional nº 88/2016, do 7 de marzo de 2016 ( JUR 2016, 72965) , nº recurso 274/2015 ; Resolución do TEAC do 17 de decembro de 2015, recurso 3134/2015; Resolución do Organismo Xurídico Administrativo de Áraba do 15 de maio de 2015, recurso 53/2015; etc.
En canto á notificación realizada a quen xa non era representante do interesado , ha de terse en conta que o TS estableceu que ao ter eficacia a revogación da representación comunicada á Administración competente a través do Rexistro Xeral antes de realizarse a notificación, aínda cando os funcionarios que realizaron a mesma non puidesen coñecer dita comunicación dada a hora en que se realizou e a diferente localización dos servizos administrativos implicados, a présa resulta improcedente. Tribunal Supremo (Sala do contencioso-administrativo, Sección 2ª) Sentenza de 14 marzo 2013 ( RJ 2013, 2560) .
d)Anulación da liquidación.
e)Erro ou omisión no contido da providencia de présa que impida a identificación do debedor ou da débeda apremada'.
Trátase dunha enumeración exhaustiva e taxativa.
Neste caso o recorrente sostén que as liquidacións non foron correctamente notificadas dado que mudara o seu enderezo social ( inscripción no rexistro mercantil de 006.09.2013 e notificación á facenda de 16.09 ).
Aínda que esto sexa certo non fai que as notificacións practicadas ( e recibidas ) no Lg. Porromeo-Viveiro s/n-Muras ( folios 82-94 ) sexan irregulares.
O artigo 110.2 Lei 58/2003 establece que, nos procedementos iniciados de oficio, a notificación poderá practicarse no domicilio fiscal do obrigado tribuatrio ou representante, no centro de traballo .....é dicir, o relevante é o coñecemento do acto nun lugar vencellado co contribuinte e, segundo resulta das actuacións as notificacións dirixíronas ó centro de traballo e recibiunas unha persoa verbo da que o propio recorrrente non nega coñecemento/relación profesional/laboral, polo que foron correctas.
Verbo da alegación de nulidade por non estar obrigada á sociedade ó pagamento do canon do auga.
Para que a execución poida levar a cabo, resulta imprescindible a existencia dun acto administrativo declarativo previo, válido e eficaz . Cando non concorre tal circunstancia, a execución resulta improcedente.
A Sentenza da Audiencia Nacional, Sala do contencioso-administrativo, do 28 de setembro de 2017 ( JUR 2017, 252441) , vincula a exigibilidad das recargas executivas á vixencia da liquidación que se aprema . No caso axuizado, declárase que 'invalidándose, por indebido, o ingreso da liquidación practicada en concepto de IRPF 1991, realizado polo demandande o 28 de marzo de 2005, polas mesmas razóns han de considerarse improcedentes e indebidos, tanto a recarga de présa imposta sobre a devandita liquidación, como os intereses de demora do period executivo esixidos.' En idéntico sentido, a Sentenza da Audiencia Nacional, Sala do contencioso-administrativo, nº 3/2017, do 16 de xaneiro de 2017 ( JUR 2017, 132875) , declara que anulada a sanción que constitúe a orixe da providencia de présa, esta ha de ser anulada .
Con todo, o art. 167 da LGT non inclúe na súa enumeración como causa de oposición á procedencia da présa a inexistencia do acto administrativo de liquidación. Unicamente contempla expresamente o suposto de falta de notificación regulamentaria da devandita liquidación ou a súa anulación.
A falta de constancia no expediente da notificación da liquidación leva que a présa sexa improcedente. Non obsta a iso o incumprimento polo interesado da súa obrigación de comunicar á Administración o cambio de domicilio. TSJ Madrid (Sala do contencioso-administrativo, Sección 5ª), sentenza núm. 20069/2007 , de 12 xuño ( JT 2007, 1318) .
Agora ben, o feito de que a lei se refira en exclusiva á falta de notificación ou anulación da liquidación, non quere dicir que non poida alegarse como causa de oposición a súa inexistencia. E iso por canto, como sinalou o TS resulta claro que o respaldo último da vía executiva atópase na existencia e validez da liquidación tributaria, así como a súa exteriorización ou coñecemento formal polo suxeito pasivo, requisito de eficacia.
O que acontece é que, neste caso, existen as liquidacións ( correctamente notificadas ) polo que non é de aplicación a doutrina citada verbo da inexistencia.
Tampouco podemos entrar a avaliar se o recorrente estaba ou non obrigada ó pagamento do canon de saneamento; é certo que este Tribunal ( nunha xurisprudenza que se matizou e mudou ) admitiu, en certos supostos, que se puidera insirir no debate - contra a providenza de prema- cuestións de nulidade ( art. 217 Lei 58/2003 ), o foi en supostos moi evidentes: erro na liquidación ( firme ) verbo do suxeito pasivo do imposto e outros semellantes.
Non admitimos, nembargantes, que se puideran alegar motivos - aínda que fosen de nulidade- que se puideron formular contra a liquidación, sen prexuizo de que a vía do art. 217 a ten sempre aberta.
Coma dixemos noutros supostos: entendemos que, con ocasión do recurso contra a resolución da Xunta Superior de Facenda que rexeita a reclamación a contras as providenzas de apuro non é posible pretender a NULIDADE DE PLENO DEREITO das actuacións previas, xa que o recorrente, de considerar que concorre algún dos supostos do art. 62 Lei 30/92 ( actualmente o 47 lei 39/2015 ) nestas actuacións previas ten que formalizala pretensión pola vía do art. 217 Lei 58/2003 , coa tramitación correspondente ( entre outras cousas co informe preceptivo do Consello Consultivo ). Dito é o criterio da STS 15.12.2009 ( RJ 2010/2272):Non mellor sorte ha de correr o segundo motivo que se refire tamén á inexistencia de extemporaneídad, pero por ser nulas de pleno dereito todas as actuacións das que trae causa o acordo de derivación, e non existir límite temporal algún neste suposto. Alega que este criterio foi mantido por esta Sala en Sentenza do 13 de maio de 1981 , e máis recentemente na do 16 de Outubro de 1996 . Con todo, aínda que nalgún momento admitiuse a prevalencia do exámen das causas de nulidade radical fronte aos motivos de inadmisibilidad, en base á imprescriptibilidad daquelas, na actualidade, como lembra, entre outras, a sentenza do 23 de Novembro de 2001 ( RJ 2002, 996) , a máis recente e firme doutrina desta Sala ( Sentenzas do 19 de Decembro de 1997 ( RJ 1997 , 519) , 2 de Decembro de 1999 ( RJ 1999 , 9270) e 15 de Decembro de 2000 ( RJ 2000, 9473) ) estableceu que a imprescriptibilidad na impugnación de actos ou disposicións administrativas viciados de nulidade radical, só se produce no exercicio da acción prevista no art. 102 da Lei 30/1992 ( e o mesmo podíase dicir con respecto á revisión tributaria) , xa que pode ser en calquera momento; pero que a firmeza do acto consentido nos demais casos pecha o paso á súa impugnación, se non se produciu no prazo establecido.
O dito obriga a rexeitalo recurso.
TERCEIRO.-Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por HENDRIX GENETICS SAU contra a resolución de 09.05.2018 da XUNTA SUPERIOR DE FACENDA (P. Prema, exped. 6779- C-14/09 ).
Impoñenselle as custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

