Sentencia Contencioso-Adm...yo de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 206/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4330/2016 de 03 de Mayo de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Administrativo

Fecha: 03 de Mayo de 2018

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 206/2018

Núm. Cendoj: 15030330022018100217

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:2800

Núm. Roj: STSJ GAL 2800:2018

Resumen:
ACCION ADMINISTRATIVA Y ACTO ADMINISTR.

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00206/2018

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4330/2016

RECORRENTE: Dº Inocencio

ADMINISTRACION DEMANDADA: AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO/ DAVID FERNANDEZ GRANDE SL- DAVID FERNÁNDEZ GRANDE MADRID SL-DAVID FERNÁNDEZ GRANDE EXTREMADURA SL

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE

JULIO DÍAZ CASALES

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, a tres de maio de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4330/2016, presentado por Dº Inocencio , representado polo procurador Sra. Meilan Ramos , dirixido polo letrado Dº González Tenreiro, contra a resolución de 31.03.2016 da Autoridade Portuaria de Vigo. É parte a Administración demandada a AUTORIDADE PORTURARIA DE VIGO, representado polo letrado do Estado e DAVID FERNANDEZ GRANDE SL- DAVID FERNÁNDEZ GRANDE MADRID SL-DAVID FERNÁNDEZ GRANDE EXTREMADURA SL, representado polo procurador Sra. Miranda Osset e asistidos do letrado Sr. Egerique Mosquera.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é a resolución de 31.03.2016 da AUTORIADE PORTUARIA DE VIGO que amplía o obxecto da concesión outorgada a DAVID FERNANDEZ GRANDE SL- DAVID FERNÁNDEZ GRANDE MADRID SL-DAVID FERNÁNDEZ GRANDE EXTREMADURA SL en Rande-Redondela con destino á construcción dunha instalación de atraque para carga e descarga de granito e rocas ornamentais... incluindo agora o tráfico de contedores e movemento de mercadoría convencional que non supoña risco medioambiental para uso particular do concesionario, con anulación dos actuales títulos administrativos.

O recorrente alega que a autorización da nova concesión esixía a confección dun estudio de avaliacion do impacto ambiental ó afectar unha zona protexida da rede natura 2000.

A Auroridade Portuaria rebate dita pretensión: non se muda a extensión da concesión só se muda o obxecto ( con cautelas medioambientais ) e non se afecta á zona de protexida pola rede natura 2000.

Os codemandados, logo de ratificalo criterio da administración engaden que o recorrente carece de lexitimación.

SEGUNDO.-Compre resolver con carácter preferente a alegación de FALTA DE LEXITIMACIÓN ACTIVA do recorrente ( verbo da que nada alega no trámite de conclusións ).

Para resolvela partirmos duns datos relevantes: a) o recorrente, aínda que na demanda alega actuar no nome da asociación á que representa, non a identifica nin achega o acordo social para presentala, b) a demanda a formula, polo tanto, coma particular en defensa do interese público ( acción pública ).

Coma indica a doutrina, para que os cidadáns, individual ou colectivamente, poidan participar nesa tarefa de protección de forma real e efectiva, resulta necesario dispoñer dos medios instrumentais adecuados, cobrando neste ámbito especial significación a participación no proceso de toma de decisións públicas, pois para ese efecto os arts. 9.2 e 105 CE , garanten o funcionamento democrático das sociedades e introducen maior transparencia na xestión dos asuntos públicos; e máis concretamente a acción popular.

Esa participación popular en materia de medioambiente internacional consta no Convenio da Comisión Económica para Europa de Nacións Unidas, onde se trata do acceso á información, da participación do público na toma de decisións e do acceso á xustiza en materia de medio ambiente. Foi asinado en Aarhus, o 25 de xuño de 1998. Coñecido como o Convenio de Aarhus, que parte do postulado de que para que os cidadáns poidan gozar do dereito a un medio ambiente saudable e cumprir o deber de respectalo e protexelo, previamente deben ter acceso á información ambiental relevante, estando lexitimados para participar nos procesos de toma de decisións de carácter ambiental e, sobre todo, deben ter acceso á xustiza cando tales dereitos sexanlles negados ou vulnerados. Estes dereitos constitúen os tres alicerces sobre os que se asenta o Convenio de Aarhus, a saber:

- O alicerce de acceso á información ambiental, como esencial na concienciación e educación ambiental da sociedade e que divide en: o dereito para obter información que estea en poder das autoridades públicas, e o dereito para recibir información ambientalmente por parte das autoridades públicas.

- O alicerce de participación do público no proceso de toma de decisións, a autorización de actividades, a aprobación de plans e a elaboración de disposicións de carácter xeral de rango legal ou regulamentario.

- E o terceiro e último alicerce do Convenio de Aarhus, constituído polo dereito de acceso á xustiza. Ten por obxecto garantir o acceso dos cidadáns aos tribunais para revisar as decisións que potencialmente puidesen violar os dereitos que en materia de democracia ambiental recoñécelles o propio Convenio.

Preténdese así asegurar e fortalecer, a través da garantía que dispensa a tutela xudicial, a efectividade dos dereitos que o Convenio de Aarhus recoñece a todos e, polo tanto, a propia execución do mesmo. Finalmente, introdúcese no seu texto unha previsión que habilita ao público para establecer procedementos administrativos ou xudiciais dirixidos a impugnar calquera acción ou omisión imputable, ben a outro particular, ben a unha autoridade pública, que constitúa unha vulneración da lexislación ambiental. España ratificou o Convenio de Aarhus en decembro de 2004, entrando en vigor o 31 de marzo de 2005. E a propia Unión Europea, do mesmo xeito que todos os Estados membros, tamén asinou este Convenio.

A Unión Europea ha elaborado un proxecto de Regulamento comunitario para a aplicación do Convenio e dúas Directivas que incorporan obrigacións para os Estados UE do Convenio Aarhus. Trátase da Directiva 2003/4/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, sobre o acceso do público á información ambiental, e a Directiva 2003/35/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de maio de 2003, que establece medidas para a participación do público en determinados plans e programas relacionados co medio ambiente (10).

Estes antecedentes fan que o obxecto da Lei española 27/2006, teña por finalidade definir un marco xurídico que á vez responda os compromisos internacionais asumidos coa ratificación do meritado Convenio e, ao tempo, leve a cabo a transposición das Directivas europeas mencionadas ao ordenamento interno de España, como país membro da Unión Europea.

Baixo o articulado desta Lei 27/2006, o exercicio da acción popular, debúxase como o medio procesual idóneo para a protección deses dereitos colectivos. E exércense para evitar o dano continxente, para facer cesar o perigo, a ameaza, a vulneración ou agravio sobre os dereitos e intereses colectivos ambientais, ou restituír as cousas ao seu estado anterior cando isto fose posible. Como un medio procesual, dirixido contra calquera acción ou omisión, xa proveniente da autoridade, xa dos particulares, que violen ou ameacen con violar o dereito aos intereses colectivos de protección de recursos naturais.

O que acontece é que a Lei 27/2006 limita o exercicio da acción popular ó establecer: Artigo 22. Acción popular en asuntos ambientais. Os actos e, no seu caso, as omisións imputables ás autoridades públicas que vulneren as normas relacionadas co medio ambiente enumeradas no artigo 18.1 poderán ser recorridas por calquera persoas xurídicas sen ánimo de lucroque reúnan os requisitos establecidos no artigo 23 a través dos procedementos de recurso regulados no Título VII da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común , así como a través do recurso contencioso-administrativo previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Exceptúanse os actos e omisións imputables ás autoridades públicas enumeradas no artigo 2.4.2 .

Artigo 23. Lexitimación.

1. Están lexitimadas para exercer a acción popular regulada no artigo 22 calquera persoas xurídicas sen ánimo de lucro que acrediten o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que teñan entre os fins acreditados nos seus estatutos a protección do medio ambiente en xeral ou a dalgún dos seus elementos en particular.

b) Que se constituíron legalmente polo menos dous anos antes do exercicio da acción e que veñan exercendo de modo activo as actividades necesarias para alcanzar os fins previstos nos seus estatutos.

c) Que segundo os seus estatutos #desenvolver a súa actividade nun ámbito territorial que resulte afectado pola actuación, ou no seu caso, omisión administrativa.

2. As persoas xurídicas sen ánimo de lucro ás que se refire o apartado anterior terán dereito á asistencia xurídica gratuíta nos termos previstos na Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de Asistencia Xurídica Gratuíta.

A actuación denunciada é unha das previstas no artigo 18.1, xa que pode afectalas augas ( a) verquidos ( K ) e avaliación do impacto ambiental ( l ), polo que é claro que só as asociacións/persoas xurídicas sen animo de lucro ( e que cumpran as esixencias do art. 23 ) poden defendelos intereses difusos ambientais.

Ó recorrente, coma se indicou, é un PARTICULAR que non acredita unha afectación persoal e direta derivada do acordo da Autoridade Portuaria, senón que actúa en beneficio da comunidade e, se ben dita pretensión altruista é digna de por de relevo non cumpre as esixencias legais o que impón que acollámolo motivo de oposición suscitado polos codemandados e, en consecuencia, rexeitémolo recurso por falta de lextimación do recorrente.

TERCEIRO.-Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da representación e asistenza xurídica dos demandados, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que INADMITIMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Inocencio contra a resolución de 31-03-2016 da AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO- ampliación do obxecto da concesión outorgada en rande-Redondela a DAVID FERNANDEZ GRANDE SL- DAVID FERNÁNDEZ GRANDE MADRID SL- DAVID FERNÁNDEZ GRANDE EXTREMADURA SL por falta de lexitimacion activa do recorrente.

Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D.FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGAao estar a celebrar audiencia pública a Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. O que eu, Letrada da Administración de Xustiza, certifico.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.