Sentencia Contencioso-Adm...yo de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 207/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4305/2016 de 03 de Mayo de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Administrativo

Fecha: 03 de Mayo de 2018

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 207/2018

Núm. Cendoj: 15030330022018100219

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:2802

Núm. Roj: STSJ GAL 2802:2018

Resumen:
DOMINIO PUBLICO Y BIENES PATRIMONIALES

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00207/2018

-

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª

A CORUÑA

SENTENZA: /2018

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4305/2016

RECORRENTE: Dº Jacobo

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONFEDERACION HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL/ Dº Maximino

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE

JULIO DIAZ CASALES

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, a tres de mayo de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4305/2016, presentado por Dº Jacobo , representado polo procurador Sra. Sánchez Silva , dirixido polo letrado Dº Rabuñal Mosquera, contra o acordo de 30.03.2016 da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil . É parte a Administración demandada a CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL , representado polo letrado do Estado e Maximino , representado polo procurador Sr. Cean Garrido e asistido do letrado Sr. Pérez Rodríguez.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada .


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 30.03.2016 da Confederación Hidrografica do Miño-SIL que acolle o recurso extraordinario de revisión presentado por Dº Maximino contra a resolución de 30.05.2011 - expediente NUM000 - que recoñecía a Dº Jacobo o dereito ó uso privativo dun aproveitamento de 0,15 litro/segundo, declarándoo nulo e cancelando a correspondente inscripción. Segundo resulta dos autos o 12.06.2002 a Confederacion outorgar ó Sr. Maximino a concesión do aproveitamento de 0.36 litros/segundo de duas captacións sitas en Pradiño de Pena ( nunha finca propiedade de dº Jacobo ). O 30.05.2011concedenlle o Sr, Jacobo o dereito á utilizacion privativa de 0,15 litros., e o seu pozo está situado a 5,30 mts da 1ª captación do Sr. Maximino e a 35,60 mts da segunda. A Confederacion Hidrográfica - co informe favorable do Consello de Estado- considera que a autorizacion do 30.05.2011 outorgouna cun claro erro de feito xurdido de documentos que deberon figurar no expediente, dado que era incompatible - por distancia- coa concesión preexistente.

SEGUNDO.- O recorrente considera que o Sr. Maximino coñecía - duas anos antes- a realización do pozo do que se deriva que o recurso extraordinario de revisión presentouno fora de prazo, o que engade que non é o propietario do terreo onde realiza as captacións de auga e carece do dereito de servidume para transportala; por útimo alega que non existe o erro de feito no que se basea a administración. O letrado do Estado remítese ó informe do Consello de Estado e expediente; o codemandado alega que en agosto de 2012 denunciou a realización do pozo e no foi ata o 22.05.2013 cando lle comunicaron o acordo de 30.05.2011, que se ditara sen o seu coñecemento, e resulta acreditado que o pozo non cumpre coa distancia de 100 mts que impón o art. 87.2 RD 849/1986 e OMMedio Ambiente de 13.08.1999 e que se utiliza para servizo doutra finca infrinxindo o art. 54 TRLA..

Antes de entrar a resolvela controversia compre indicar que as partes ( non a administración ) inmiscen en el debate algunhas cuestións alleas e dicordante co acto que se recorre, e nos referimos á todas as referencias verbo da titularidade da finca onde se realizan as captacións, dereito de servidume,.... cando a concesión outorgada o Sr. Maximino non é obxecto de debate, senón que este cínguese á autorización outorgada ó Sr. Jacobo e o procedemento extraordinario de revisión.

SEGUNDO.-Clarexada esta cuestión, partirmos coma datos indubidables que: a Confederación outorgara unha concesión O Sr. Maximino presenta un recurso extraordinario de revisión contra a autorización de 30.05.2011 o 27.06.2013. Destes datos resulta que sendo a causa aplicada a do art. 118.1ª ( erro de feito ), o prazo para presentalo recurso era de CATRO ANOS dende a notificación da resolución impugnada, e neste caso o recurso presentouse ( aínda descoñecendo a data da notificación ) pouco despois dos dous anos, polo que rexeitamos que se formulara fora de prazo. Tampouco o incumprimento do prazo dos TRES MESES do art.119.2 Lei 30/92 ten a relevancia pretendida; o réxime do silencio administrativo ( neste caso negativo ) establecese a prol do particular que insta o procedemento e non no seu prexuízo, xa que se mantén a obriga do art. 42.1 Lei 30/92 , é dicir, a administración ten a obriga de resolver - sen vinculación co silencio negativo -art. 43.4.b - e o particular pode esperala resolución expresa, coma aconteceu neste caso. SEGUNDO.- Entrando xa na cuestión de fondo compre resolver se a autorización de 30.05.2011 outorgouse por un erro de feito que resulte dos documentos incorporados ( o Consello de Estado entende engadidos os que se deberon incorporar ) ó expediente. Consonte sinala a doutrina, o suposto do, «que ao ditalas incorreuse en manifesto erro de feito que resulte dos propios documentos incorporados ao expediente». A este respecto, segundo ten declarado tanto o Tribunal Supremo o erro material ou de feito caracterízase por ser ostensible, manifesto, indiscutible, implicando por se só a evidencia do mesmo, sen necesidade de maiores razoamentos e exteriorizándose «prima facie» pola súa propia contemplación. Como di a Sentenza do 16 de decembro de 1993 ( RJ 1993, 9332) , o erro de feito, por unha banda, comprende «os supostos de erro que recaen sobre os elementos de feito da relación xurídica», e, por outro, está caracterizado «por tratarse de erros detectables obxectivamente polos propios datos obrantes no expediente ou achegados polo interesado, sen que para iso precísese ningunha valoración ou operación xurídica, que están rigorosamente excluídas». Requírese, por tanto, que o erro teña realidade independente de toda opinión ou criterios de interpretación das normas xurídicas aplicables, de maneira que se, para precisalo, fóra necesario acudir á hermenéutica xurídica ou a razoamentos, análises e operacións discursivas ou de cualificación xurídica, non podería cualificarse como erro de feito, senón de dereito. Demostrado, así, que a cuestión acerca da que ha de predicarse a existencia de erro é en todo caso fáctica e non «de iure», ha de procederse a analizar se se constata ou non a existencia dun tal erro, á vista do expediente. Para iso ha de terse en conta que a esixencia por parte da norma de que o erro poida apreciarse á simple vista do expediente presenta dúas vertentes, e é que tal apreciación pode ser consecuencia tanto da presenza como da ausencia de documentos no expediente; pois en ambos os casos, é dicir tanto os documentos obrantes como os que, debendo inexcusablemente figurar, non obran nel, evidenciando así a inexistencia do feito, poden poñer de manifesto a concorrencia dun erro.

Do dito resulta que o suposto do art. 118.1.1º, é dicir, a existenza do erro de feito pode resultar de documentos que están no expediente, ,mais tamén doutros que deberon figurar inexcusablemente no expediente e non estaban o tempo de ditala resolución revisada.

O que acontece e que se ben neste punto concordariamos co Consello de Estado, no presente caso estaríamos xa ante un erro que resulta do propio expediente - sen necesidade de achegar ningún outro documento- dado que é no informe de TRAGSATEC onde se incorre no erro de feito - ostensible e evidente- o non riscalo cadro onde debía reflectila distancia a outros aproveitamentos, que é o que determina o contido do acordo de 30.05.2011. Falarmos dun erro evidente, de feito, dado que na mesma propiedade existía unha previa concesión de augas e este dato - indubidable e que non esixe de apreciación xurídica de ningún tipo- tiña que figurar na tramitación da solicitude do Sr. Jacobo .

A esixencia de que figurara o aproveitamento previo xa concedido tiña outra consecuencia que era a obriga de darlle audiencia ó afectado ( polo que estaríamos ante unha causa de nulidade do expediente ).

Polo tanto concordamos coa Confederación Hidrográfica en que concorría o suposto do art. 118.1.1º Lei 30/92 e dada a esixencia do art. 119.2 estaba obrigada a pronunciarse verbo da legalidade do acordo de 30.05.2011. Neste punto tamén coincidimo coa administración en que a autorización/pozo do Sr, Jacobo non cumpre coa distancia de 100 mts que impón o art. 87.2 RD 849/1986 e OMMedio Ambiente de 13.08.1999 o que impoñia que se lle denegara a solicitude e, en consecuencia, procede a anulacion declarada.

En todo caso é obrigado subliñar que falarmos dun erro da Confederación hidrográfica o que é unha cuestión a avaliar, se é o caso, noutro procedemento, para determinalos prexuízos do Sr. Jacobo .

TERCEIRO.-No facemos declaración das custas ó existir dúbidas fundadas en dereito, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Jacobo contra a resolución de 30.03.2016 da CONFEDERACION HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL ( R. Extraordinario Revisión exped. NUM000 ).

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, a tres de mayo de dous mil dezaoito.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.