Sentencia Contencioso-Adm...ro de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 21/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4319/2015 de 01 de Febrero de 2018

Relacionados:

Tiempo de lectura: 20 min

Orden: Administrativo

Fecha: 01 de Febrero de 2018

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 21/2018

Núm. Cendoj: 15030330022018100027

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:478

Núm. Roj: STSJ GAL 478:2018

Resumen:
DOMINIO PUBLICO Y BIENES PATRIMONIALES

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00021/2018

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª

A CORUÑA

SENTENZA: /2018

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4319/2015

RECORRENTE: PIZARRAS DA VELA SL

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO

CODEMANDADO. PICHEL OBRAS Y PROYECTOS SL

NO NOME DE EL-REI

A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, a un de Febreiro de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4319/2015, presentado por PIZARRAS DA VELA SL, representado polo procurador Sra. Díaz Amor , dirixido polo letrado Dº Aranda Vélez, contra a resolución de 05.10.2015 da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil . É parte a Administración demandada o CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO, representado polo letrado do Estado e PICHEL OBRAS Y SERVICIOS SL, representada polo procurador Sr. Bejerano Fernández e asistado do letrado Sr. Pereiras Álvarez.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 3484,50 EUROS .


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é a resolución de 05.10.2015 da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que rexeita o recurso de reposición presentado contra a resolución de 19.05.2015: sanción de 3.030 euros e indemnización de danos por importe de 454,50 euros solidariamente a Pichel Obras y Servicios Sl y Pizarras da Vela SL.

Feitos: enturbamento do cauce sen autorizaion administrativa con danos ó dominio público.

SEGUNDO.-O recurso baséase en : a) defectos de procedemento causantes de indefensión - non lle notificaron no acto a denuncia e non se admitiu a proba proposta, b) só pode sancionarse a quen explota a canteira, c) falta de congruencia e desproporción.

O letrado do Estado rebate as súas pretensións.

Para resolvela controversia compre facer unha referencia ós feitos do expediente; o 26.06.2014 realizase unha inspección da actividade da recorrente, procedendose a obter mostras do auga do regato por parte do servizo de gardería fluvial, dándose unha das mostras á empresa Pichel. Realizouse un análise que acredita a afectación - negativa - á calidade do auga procedéndose a inicialo expediente sancionador cun feitos ( realización de verquidos ) que se mudan na proposta de resolución ( enturbamiento y deterioro da calidade das augas ). Realización de alegacións e solicitude de proba que lle denegan en acordo de 23.02.2015.

Verbo da 1ª cuestión.

O recorrrente sostén que non se lle entregou copia da denuncia o que sería causa de nulidade.

Non podemos compartir dita pretensión; se ben é certo que o artigo 329.1 RD 849/1986 establece:

1.Se a infracción é observada polo Servizo de Gardería Fluvial, o denunciante entregará, se o é posible, ao denunciado duplicado do parte de denuncia que curse. Cando non for posible, dita entrega procederase a dar curso ao parte de denuncia.

Neste caso non se incumpriu con esta esixencia. O servizo de gardería fluvial procedeu á toma de mostras do auga e deuselle unha delas ó representante da empresa que, nese momento, estaba na explotación; é logo, cando se inicia o expediente, cando se determina a posible responsabilidade solidaria do titular da concesión e quen explota directamente o negocio, procedéndose a darlle traslado do acordo de inicio e da proposta de resolución, do que se deriva que non sufriu ningún tipo de indefensión.

O dito engadimos que, coma sinala a STSX Madrid 87/2013:A mesma sorte desestimatoria debe seguir o motivo de impugnación que denuncia a falta de entrega á sancionada do duplicado da denuncia e a falta de exhaustividad da resolución sancionadora, e iso en atención ás razóns que pasamos a expoñer.

O artigo 62.2.e) da Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común ( RCL 1992, 2512, 2775 e RCL 1993, 246) , considera vicio de nulidade radical non todo defecto do procedemento, senón só a ausencia total e absoluta do procedemento legalmente establecido, en cuxo suposto non hai obstáculo en incluír os defectos máis groseiros do procedemento, de tal maneira que sen producirse materialmente a súa ausencia, con todo, na práctica, a súa existencia sexa meramente formal, sen permitir producir os efectos legalmente previstos, pois, noutro caso, estaríase ante un mero defecto de forma que só, segundo o artigo 63.2 da Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común ( RCL 1992, 2512, 2775 e RCL 1993, 246) , determinaría a anulabilidad do acto cando o acto careza dos requisitos formais indispensables para alcanzar o seu fin ou dea lugar á indefensión dos interesados.

Claramente no caso examinado apréciase que non se produciu ausencia total e absoluta do procedemento legalmente establecido, nin tampouco ausencia dos requisitos formais indispensables para alcanzar o fin do acto, senón que, en todo caso, estaríase ante un suposto de indefensión da interesada, que é o que unicamente se alega.

A pesar do defecto denunciado de falta de entrega do duplicado de denuncia, a actora puido e de feito realizou cantas alegacións considerou pertinentes e puido acompañar cantas probas estimou oportunas, sen expoñer e xustificar que defensa eficaz e completa non puido desenvolver, que alegase ou que achegase ao expediente administrativo de non producirse o defecto que invoca como real.

Verbo da denegación da proba; consonte co artigo 331.1 do RD 849/1986 :

O instrutor ordenará, de oficio ou a instancia de parte, a práctica de cantas probas estime poidan conducir ao esclarecemento dos feitos e a determinar as responsabilidades susceptibles de sanción, fixando o prazo para o efecto de acordo coa natureza das mesmas. Será de aplicación en materia de proba o disposto no artigo 17 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora. Se a natureza da proba así o esixise poderá ampliarse o prazo máximo dun mes previsto no citado artigo.

Maila apariencia, o artigo 331.1 non establece un dereito incondicional á practica de calquera medio de proba, senón que o órgano administrativo é quen de avaliar se a proposta está dirixida a esclarecelos feitos e a determinalas responsabilidades susceptibles de sanción.

Esto é o que aconteceu no caso presente; ante a solicitude da proba testemuñal do garda fluvial e a practica dunha proba pericial para determinala contía dos verquidos que puido facela empresa, o órgano instructor, nunha resolución razoada, entendeu que dita proba nada engadiría ó resultado do procedemento.

Pode ou non compartirse dita conclusion ( o recorrente alega a producción de indefensión mais non indica en que tería mudado o resultado do procedemento ) mais, en por si, non causa indefensión o ser susceptible de reproducir nos autos xudiciais a proba denegada.

En todo caso concordamos co órgano instructor en que a proba solicitada era innecesaria. A ratificación do axente fluvial carecía de relevancia. Consonte co contido do informe/denuncia o axente fluvial observa a existenza de verquidos no regato con orixe na explotación da que é concesionaria a recorrente e procede a obter mostras do auga. É o informe técnico que obra en autos o que demostra -cientificamente- que se produciron danos no auga, sendo este o dato relevante, xunto co orixe do verquido ( dato físico observado polo axente ), sen que o recorrente achegue proba ningunha da existenza doutras explotacións/empresas nese punto do regato que puideran producila turbidez nas augas.

Verbo da proba pericial; a mesma que só se solicita, cando o recorrente tiña na súa man a achega dun informe pericial de parte, ia dirixida, mais que a rebatelos feitos a determinalas responsabilidades derivadas dos mesmos, e coma indica o órgano instructor, neste caso falarmos da existenza - art. 326 ter RD 849/1986 - dunha fórmula de estimacion obxectivados danos, o que facía totalmente innecesaria a proba proposta, polo que non sufriu ningún tipo de indefensión.

Ö dito engadimos que, como sinala a xurisprudenza:a falta de contestación á solicitude de proba unicamente provocará a nulidade da sanción imposta cando a práctica de @dicha proba fóra relevante e pertinente , xa que, en caso contrario -apunta o TSJ de Castela-A Mancha-, a infracción legal derivada da actuación administrativa non pasará de ser un mero defecto formal non invalidante, por non levar a indefensión do obrigado tributario [ art. 63.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro ( RCL 1992 , 2512 , 2775 e RCL 1993, 246) , de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común ( LRJ- PAC )]. Deste xeito, a Sentenza comentada non fai senón asumir a tese mantida neste punto polo Tribunal Constitucional, quen sinalou que «Se produce indefensión cando a non realización da proba, pola súa relación cos feitos aos que anudar a condena, a absolución ou outra consecuencia penal relevante, puido alterar a Sentenza a favor do recorrente» [ STC do 7 de decembro de 1983 ( RTC 1983, 116) ].

Verbo da proba documental achegada polo recorrente ( auto de sobreseemento de 06.02.2017 ); partirmos do polo Tribunal Supremo, Sala Terceira, Sección Segunda , entre outras, a Sentenza de data 7 de xullo de 2011 , ditada no Rec. de casación nº 5417/2009 , que declara:

'A única vinculación á decisión do xuíz penal é a relativa aos feitos que este declarase probados...'.

Debemos poñer de manifesto que o Tribunal Constitucional ten consagrado o principio de que 'uns mesmos feitos non poden existir e deixar de existir para os órganos do Estado', sinalando (valla por todas, a Sentenza 24/1984, do 23 de febreiro , Fundamento de Dereito Terceiro).

No auto de sobreseemento non existe unha declaración de feitos probados e o único que reflicte é que logo da adopción de medidas cautelares o 31.07.2015 non consta proba a desobediencia da recorrente; no caso presente falarmos de feitos denunciados o 26.04.2014 polo que non existe a vinculación pretendida.

TERCEIRO.-Verbo da presunta falta de proba de cargo ó non ratificarse a denuncia do axente fluvial.

Consonte indica a STSX Andalucía 2017/2013: En canto á alegada vulneración do dereito á presunción de inocencia, baseada na insuficiencia da proba de cargo empregada pola Administración e, máis concretamente, da denuncia do Servizo de Vixilancia de Costas, o recurso tampouco pode prosperar. Toda sanción administrativa «Adóptese a través dun procedemento que respecte os principios esenciais reflectidos no art. 24 da Constitución » como dixese a STC 125/1983 , fundamento xurídico 3º, con ocasión das primeiras ocasións que a cuestión foi sometida á consideración do TC. Por iso, a actividade probatoria de cargo despregada pola Administración debe ser suficiente para enervar a presunción de inocencia e tramitada nun procedemento en legalmente tramitado con respecto do esencial principio de audiencia. Ten reiteradamente establecido o TC (e igualmente o Tribunal de Dereitos Humanos, sentenzas de 8 xuño 1976 -asunto Engel e outros-, de 21 febreiro 1984 - asunto Oztürk , de 28 xuño 1984 -asunto Cambell e Fell -, de 22 maio 1990 - asunto Weber -, de 27 agosto 1991 - asunto Demicoli -, de 24 febreiro 1994 - asunto Bendenoum -) que os principios e garantías constitucionais da orde penal e do proceso penal han de observarse, con certos matices, no procedemento administrativo sancionador e, así o dereito á presunción de inocencia ( SSTC 13/1982 e 37/1985 , 42/1989 , 76/1990 , e 138/1990 ), que foi incorporado polo lexislador á normativa reguladora do procedemento administrativo común (Título IX da Lei 30/1992 de 26 novembro ( RCL 1992, 2512 , 2775 e RCL 1993, 246) ), rexe sen excepcións no ordenamento sancionador e ha de ser respectada na imposición de calquera sancións, sexan penais, sexan administrativas pois o exercicio do ius puniendi, nas súas diversas manifestacións está condicionado polo art. 24.2 da Constitución ao xogo da proba e a un procedemento contraditorio no que poidan defenderse as propias posicións. En tal sentido, o dereito á presunción de inocencia, expresamente recollido na Lei 30/92, artigo 137 , comporta: que a sanción estea baseada en actos ou medios probatorios de cargo ou incriminadores da conduta reprochada; que a carga da proba ( onus probandi)corresponda a quen acusa, sen que ninguén estea obrigado a probar a súa propia inocencia; e que calquera insuficiencia no resultado das probas practicadas, libremente valorado polo órgano sancionador, debe traducirse nun pronunciamiento absolutorio. Iso sen prexuízo, por unha lado, da validez da proba indiciaria, debido a que como di a STS, Salga 3ª, do 5 de abril de 2006 lembra a doutrina constitucional sobre a adecuación da proba indiciara ao dereito fundamental á presunción de inocencia. Sinálase, así, que 'o dereito á presunción de inocencia non se opón a que a convicción xudicial poida formarse sobre a base dunha proba indiciaria; pero para que esta proba poida desvirtuar dita presunción debe satisfacer as seguintes esixencias constitucionais: os indicios han de estar plenamente probados-non pode tratarse de meras sospeitas-e débese explicitar o razoamento en virtude do cal, partindo dos indicios probados, chegou á conclusión de que o imputado realizou a conduta infractora; pois, doutro xeito, nin a subsunción estaría fundada en Dereito nin habería maneira de determinar se o produto deductivo é arbitrario, irracional ou absurdo, é dicir, se se vulnerou o dereito á presunción de inocencia ao estimar que a actividade probatoria pode entenderse de cargo. E, doutra banda, de que unha vez achéguese pola Administración proba de cargo bastante pase á parte recorrente a carga de probar o que di, para fundar a súa irresponsabilidade STS 4 marzo 2004 , 4 novembro 2003 e 10 decembro 2002 , Ar. 2116, 8022 e 2465/03 , respectivamente, e STC 129/03 . Ao caso, o recorrente é denunciado por vixiantes de costas, que estenden o boletín de denuncia, plano e dúas fotografías o 16 agosto 2007, unidos no expediente adminstrativo. O recorrente non propuxo nin achegou proba algunha que desdiga ou contradiga a denuncia do Vixiante de Costas, en consecuencia, como entendeu, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en Sentenza núm. 520/2004 de 23 xuño , JUR 2005197764, ou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña en sentenza núm. 1258/2004 de 12 novembro , JUR 20056641, ou o Tribunal Superior de Xustiza de Illas Baleares en sentenza núm. 596/1998 de 30 setembro RJCA 19983010, ha de prevalecer a devandita denuncia con arranxo ao establecido no articulo 137.3 da Lei 30/1992 , así como no articulo 17.5 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado por Real Decreto 1398/1993 do 4 de agosto ( RCL 1993, 2402 ) , os cales confirman e reforzan ese valor probatorio ' iuris tantum' da constatación plasmada en documento público de funcionarios como os axentes da autoridade que son os Vixiantes de Costas, de modo que se desexa destruírse ese valor probatorio ' iuris tantum' é preciso achegar probas que o desdigan ou contradigan. Pero mesmo, se os Axentes de Costas non fosen funcionarios, a denuncia tería a consideración dunha mera noticia críminis, pero realiza un cidadán cualificado que se encarga precisamente do control costeiro, é un indicio que a falta de proba contraria, non proposta polo recorrente, é bastante par enervar a presunción de inocencia. Así para supostos análogos, como os casos de denuncias por vixiantes de de estacionamento de vehículos, o STS Salga 3 de 6 novembro 2001 sinala que non é admisible o criterio de reputar carente de todo valor a denuncia efectuada por un Controlador de Tráfico para os efectos de acreditar unha infracción deste tipo, como non o sería o privar de valor á denuncia efectuada por calquera particular que observe a comisión da mesma. Con carácter xeral o artigo 75 da Lei de Seguridade Viaria prevé que o procedemento sancionador sobre a materia pode incoarse, tanto de oficio, como a instancia dos axentes da autoridade encargados do servizo de vixilancia do tráfico, ou de calquera outra persoa que teña coñecemento directo dos feitos. A denuncia de quen tiver ese coñecemento será sempre un elemento probatorio a ter en conta, conxugándoo co resto das circunstancias que poidan dar ou negar verosimilitud á mesma e constituíndo elemento de valoración discrecional -aínda que razoablemente apreciada- por parte do órgano administrativo ao que competa sancionar o feito, valoración en todo caso revisable polo Tribunal de instancia na posterior vía xurisdicional. O contido da denuncia dos vixiantes de costas, con esbozos por eles levantado e fotografías achegadas, xunto co boletín ampliatorio de informe, con novo esbozo e máis fotografías -documento 1 do expediente, debe considerarse suficiente para considerar superada aquela presunción de inocencia.

E na sentenza citada desta Sala 455/2017 dixemos : Fúndase igualmente a demanda na falta de fehaciencia dos informes oficiais nun procedemento sancionador. É certo que non se atopan amparados pola presunción de veracidade que se refire á denuncia, pero non se aprecian motivos para poñer en dúbida o que din, aínda que non se amparen na devandita presunción, en tanto a parte demandante non achega proba en contra que desvirtúe o seu contido. Non se pon en dúbida, de acordo coa xurisprudencia constitucional que se cita na demanda, que o denunciado ten que ter a posibilidade de propoñer a proba; pero o certo é que aquí a tivo. En todo caso, ademais, ha de terse en conta o contido do artigo 137.3 da Lei 30/1992 e artigo 94 da Lei de Augas , e neste caso as actas e denuncias subscríbeas un axente ambiental. ..

Con este datos temos que a proba de cargo da administración: denuncia do axente fluvial xunto co informe técnico de análise son suficientes para enervala presunción de inocencia, sen que o recorrente achegara dato contraditorio ningún.

CUARTO.- Verbo da imputación feita ó titular da concesión; na sentenza 544/2017 desta Sala dixemos:Con respecto ás súas alegacións referentes a que se lle impón a sanción conxuntamente coa entidade que explota a concesión mineira pero que só pode haber un responsable, artigo 104.1 do Regulamento Xeral para o Réxime da Minería, do 25 de agosto de 1978 ; o que este precepto, do Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Xeral para o réxime da minería, dispón é que '1. O titular ou explotador de dereitos mineiros sera responsable dos danos e prexuízos que ocasione cos seus traballos, así como os producidos a aproveitamentos lindeiros por intrusión de labores, acumulación de augas, invasión de gases e outras causas similares, e das infraccións que cometa das prescricións establecidas no momento do outorgamento para a protección do medio ambiente, que se sancionará con arranxo ao establecido no artigo 147 do presente Regulamento, podéndose chegar á caducidade por causa de infraccio n grave'. Pero isto é outro tipo de responsabilidade. Conforme dispón o artigo 130.3 da Lei 30/1992 , '3. Cando o cumprimento das obrigacións previstas nunha disposición legal corresponda a varias persoas conxuntamente, responderán de forma solidaria das infraccións que, no seu caso, cométanse e das sancións que se impoñan'. A concesionaria ten responsabilidade polos danos e prexuízos que ocasione a explotación, artigo 81 da Lei 22/1973, de Minas ; e a entidade explotadora ten responsabilidade por ser a causante material do dano - artigo 104 do Regulamento de Minas -. O titular da explotación ten a responsabilidade na reparación dos danos. A Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas, dispón no seu artigo 81 que 'Todo titular ou posuidor de dereitos mineiros recoñecidos nesta Lei será responsable dos danos e prexuízos que ocasione cos seus traballos, así como dos producidos a aproveitamentos lindeiros por intrusión de labores, acumulación de auga, invasión de gases e outras causas similares e das infraccións que cometa das prescricións establecidas no momento do outorgamento para a protección do medio ambiente, que se sancionarán na forma que sinale o Regulamento, podendo chegarse á caducidade por causa de infraccion...

Verbo da proporcionalidade: O Tribunal Supremo ao estudar o principio de proporcionalidade das sancións considerou que o carácter regrado da potestade sancionadora impide que a Administración poida ter liberdade para elixir solucións distintas, pero igualmente xustas, indiferentes xuridicamente ( STS de 23-1 - 89 e 3-4-90 ), o que significa que as sancións, deben ser impostas en cada caso atendendo ás circunstancias expresadas no art. 69 LSV , consistentes na gravidade e transcendencia do feito, antecedentes do infractor e perigo potencial creado.

Por tanto non cabe manter que a sanción de multa poida graduarse de forma arbitraria sen atender ás devanditas circunstancias, nin que tal discrecionalidad non poida ser controlada polos Tribunais. A Administración a través dun proceso regrado, que pode ser controlado por estes últimos, debe pescudar cal é a sanción de multa que debe impoñer en cada caso, Trátase de buscar a sanción xusta e proporcionada á infracción cometida, o que comporta que deba expresar as circunstancias que tivo en conta para impoñela para facer posible o control referido por parte dos Tribunais; máxime tendo en conta que toda resolución sancionadora debe ser motivada como esixe con carácter xeral o art. 138.1 da LRJAP /PAC 30/92, do 26 de novembro, así como o art. 20.2 do R.D. 1398/93, do 4 de agosto , que aprobou o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, e tamén o art. 15.1 do R.D. 320/94 , do 25 de febreiro, que aprobou o Regulamento do procedemento sancionador, en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viario (que establece que deberá estar sucintamente motivada e decidir todas as cuestións expostas polos interesados e aqueloutras derivadas do procedemento).

Neste sentido a STS do 11 de xuño de 1.992 di que corresponde á actividade xurisdicional non só a facultade de subsumir a conduta do infractor nun determinado tipo legal, senón tamén adecuar a sanción ao feito labor, xa que nun e outro caso trátase da aplicación de criterios xurídicos plasmados na norma escrita e inferible de principios informadores do ordenamento xurídico sancionador, como son os de congruencia e proporcionalidade entre a infracción e a sanción.

No caso presente falarmos dunha infracción leve que, consonte co artigo 318 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico por ter unha pena de ata 10.000 euros; a que lle impuxeron de 3.000 euros non supera o grao mínimo polo que non infrinxe o principio de proporcionalidade.

QUNTO.- Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por pizarras da vela sl contra a resolución de 05.10.2015 da presidencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( sanción e reposición, exped S/32/0106/14/V ).

Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, a un de Febreiro de dous mil dezaoito.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.