Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 212/2020, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15087/2019 de 15 de Mayo de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Administrativo
Fecha: 15 de Mayo de 2020
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 212/2020
Núm. Cendoj: 15030330042020100210
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2020:2094
Núm. Roj: STSJ GAL 2094:2020
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00212/2020
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
Correo electrónico:sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal
N.I.G:15030 33 3 2019 0000163
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015087 /2019 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña. Amparo
ABOGADOMARIA DE LA CONCEPCION VAZQUEZ PASTRANA
PROCURADORD./Dª. MARIA CRISTINA MEILAN RAMOS
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, CONSELLERIA DE FACENDA
ABOGADOABOGADO DEL ESTADO, LETRADO DE LA COMUNIDAD
PROCURADORD./Dª. ,
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
DOLORES RIVERA FRADE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
MARIA CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, quince de maio dous mil vinte.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15087/2019, presentado por Dª Amparo, representado polo procurador Sra. Meilan Ramos, dirixido polo letrado Dª Vázquez Pastrana, contra o acordo de 16.11.2018 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo avogado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta..
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 453,21+449,15 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 16.11.2018 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra as liquidacions núm. NUM000 e NUM001 e as providenzas de prema derivadas das liquidacions do I.Doazóns.
SEGUNDO.-A recorrente alega que, dado que, entre o devengo do imposto e a liquidación que se recorre, transcorreron mais de seis anos, o procedemento estaría caducado e, correlativamente, concorrería a prescrición do dereito a liquidala débeda tributaria.
Os letrados da administración rebaten dita pretensión.
Compre examinalas actuacións xeradas logo da sentenza deste Tribunal 489/2015.
A citada sentenza anula as liquidacións que resultaban do expediente de taxación pericial contraditoria, por defectos na motivación do informe do terceiro perito.
En consecuencia, estarmos ante unha causa de anulabilidade - defecto formal- e nunha retroacción - implícita- de actuacións, para corrixilo defecto. Ó falarmos dun procedemento de taxación pericial contraditoria non é de aplicación a doutrina que resulta da sentenza de 23.05.2018 do TS ( que fixou como doutrina legal.
1º) O artigo 66.4 RGRVA, en relación cos apartados 2, 3 e 5 do mesmo precepto, debe interpretarse no sentido de que, anulada na vía económico-administrativa unha comprobación de valores por falta de motivación e, polo tanto, a liquidación derivada da mesma, ordenando retrotraer as actuacións para que se practique nova comprobación e apróbese outra liquidación, as novas actuacións realizadas no procedemento retrotraído e a resolución que se dite non quedan sometidas á disciplina do artigo 66 RGRVA, en particular ao prazo dun mes previsto no seu apartado 2.
2º) Tratándose de procedementos tributarios de xestión, o tempo no que debe ser ditada a nova resolución, despois de retrotraídas as actuacións, réxese polo artigo 104.1 LXT e non polo artigo 150.5 LXT (actual artigo 150.7).
3º) O artigo 104 LXT debe ser interpretado no sentido de que, nunha situación como a do presente litixio, a Administración tributaria debe tramitar o procedemento retrotraído e notificar unha resolución ao interesado no prazo que reste desde que se realizou a actuación procedemental causante da indefensión do interesado, que determinou a anulación do acto administrativo que puxo fin ao procedemento (nun caso como o litixioso o tempo gastado desde a valoración inmotivada). Devandito prazo empeza a contarse desde o día seguinte a aquel en que se comunica a resolución anulatoria con retroacción de actuacións ao órgano competente para levala a puro e debido efecto) dada a natureza especial deste medio de impugnación.
Coma indica o letrado da Xunta, este Tribunal ten establecido - sentenza 121/2019- que Por tanto, debendo diferenciar a TPC do procedemento no que se dita a liquidación que contén a valoración que a través daquela se combate ou tenta corrixir, é claro que non pode alegarse a caducidade do procedemento previo no seo do recurso promovido contra a liquidación que emana da TPC. En canto á caducidade da TPC, a sentenza do Tribunal Supremo citada establece no fundamento xurídico quinto, sobre os criterios interpretativos sobre os artigos 134.3 e 135, en relación co artigo 104, apartados 1 e 3, da LXT que 'conforme ao ata aquí exposto, e segundo ordena o artigo 93.1 LJCA , procede fixar a seguinte interpretación dos preceptos legais concernidos neste litixio: 1º) O procedemento de TPC que previsto no artigo 134.3 LXT , ten a súa orixe coa solicitude polo obrigado tributario a que se refire o artigo 135.1, parágrafo 3º, LXT , pode terminar de diversos modos que se inferen dos apartados 2, 3 e 4 do citado precepto, e culmina cunha nova liquidación conforme á valoración que se determinou no procedemento de taxación que pecha o procedemento e impide unha nova comprobación de valor pola Administración tributaria sobre os mesmos bens ou dereitos. 2º) O corolario do anterior, dado que de conformidade co artigo 103.1 LXT , nun procedemento de aplicación dos tributos, como é o caso, a Administración ten a obrigación de resolver todas as cuestións que se expoñan, e que a TPC non é un procedemento de impugnación de actos no sentido do artigo 104.3, parágrafo 2º, LXT , é que lle resulta aplicable o prazo máximo de resolución de 6 meses do artigo 104.1 LXT . 3º) O incumprimento do prazo do artigo 104.1 LXT non determina, con todo, o silencio positivo a que se refire o artigo 104.3 LXT, nin, en calquera caso, que se acepte a valoración proposta polo perito do obrigado tributario, porque o labor da solicitude de TPC non é o de que prevaleza ou se confirme a valoración do perito do obrigado tributario, por máis que poida ser o resultado da mesma, senón, como se deduce do artigo 135.1 LXT e vén dicindo esta Sala, o de 'corrixir', 'discutir' ou 'combater' a taxación do perito da Administración'. No que aquí interesa, do exposto resulta que a superación do prazo de seis meses, aplicable segundo declárase na devandita sentenza, á TPC, carece dos efectos que se pretenden. Ínstase a TPC o 04/09/2009, presentando o perito de parte a súa o 09/12/2009. Cando o terceiro perito presenta a súa valoración o 21/6/2010 xa transcorreran o prazo de seis meses, do que, por certo, habería que descontar o de ampliación instado polos actores para que o perito por eles designado entregase o seu informe. En todo caso, a maior dilación concorre na notificación da liquidación ditada o 20 de setembro de 2010, que non ten lugar ata o ano 2013. Con todo, conforme á STS citada, iso non supón que deba pasarse pola valoración do perito de parte coma se a superación do prazo de seis meses determinase unha especie de silencio positivo, que se descarta en atención á finalidade da TPC. O Real Decreto 1065/2007 prevé no seu artigo 161.5 os efectos da superación do prazo como consecuencia de que o terceiro perito non entregue o seu informe antes de que expire, que é o que sucedeu no presente caso: 'Unha vez aceptada a designación polo perito terceiro, entregaráselle a relación dos bens e dereitos a valorar e as copias das follas de aprecio dos peritos anteriores. No prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da entrega, deberá confirmar algunha das valoracións anteriores ou realizar unha nova valoración, sen prexuízo dos límites previstos no artigo 135.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro , Xeral Tributaria. No caso de que o perito terceiro non emita a valoración no prazo establecido no parágrafo anterior, poderase deixar sen efecto a súa designación, sen prexuízo das responsabilidades que resulten esixibles pola falta de emisión do ditame en prazo. No caso de que se deixe sen efecto a designación, deberase notificar esta circunstancia ao perito terceiro e ao obrigado tributario, e procederase, no seu caso, á liberación dos depósitos dos seus honorarios e ao nomeamento doutro perito terceiro por orde correlativo'. Doutra banda, a TPC finalizou coa entrega do informe á Administración tributaria da valoración efectuada polo perito terceiro ( artigo 162.1.a RD 1065/2007 ), e a tardanza na notificación da liquidación aos interesados, unicamente xera de acordo co disposto no apartado 5 deste precepto, que non se esixan intereses de demora. Establece este artigo: 'Unha vez terminado o procedemento, a Administración tributaria competente notificará no prazo de 1 mes a liquidación que corresponda á valoración que deba tomarse como base en cada caso, así como a dos intereses de demora que correspondan. O incumprimento do prazo ao que se refire o parágrafo anterior determinará que non se esixan intereses de demora desde que se produza devandito incumprimento'. En calquera caso, é de advertir que o arquivo do procedemento de TPC supoñería pasar polo valor fixado no procedemento de comprobación previo, o cal non parece a solución máis favorable para os demandantes. Debemos lembrar que a amentada sentenza do TS sinala: 'Certamente, o artigo 162.1.e) RD 1065/2007 fai expresa alusión ao artigo 104 LXT , pero non para dispoñer que se aplique o silencio positivo, senón unicamente para sinalar que o procedemento de TPC poderá concluír por caducidade nos termos previstos no artigo 104.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro , Xeral Tributaria '. E o citado artigo 104.3 LXT , no seu parágrafo 3º, limítase a dispoñer que 'cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao obrigado tributario, a Administración advertiralle que, transcorridos tres meses, poderá declarar a caducidade do mesmo', caducidade que, de acordo co artigo 103.2 LXT, exime á Administración de resolver expresamente e, por tanto, impide a existencia dun silencio positivo. O único que acontece nestes supostos, segundo o artigo 104.3, apartado 4º, é que 'a liquidación que se dite tomará o valor comprobado que servise de base á liquidación inicial e non poderá promoverse novamente a taxación pericial contraditoria'. Por todo iso, procede desestimar o recurso.
Do dito resulta que non concorre a caducidade pretendida.
Desto se deriva que, o falarmos dun defecto formal, tódalas actuacións previas e posteriores tiveron eficacia interruptiva da prescrición, polo que non está prescrito o dereito a liquidar da administración.
Verbo das providenzas de prema. A pretensión de nulidade das providenzas de prema as anoa a recorrente coa impugnación da liquidación, sen suscitar motivo ningún dos previstos no artigo 167.3 Lei 58/2003, e coma indica a administración, a recorrente deixou pasalos períodos de pagamento voluntario sen satisfacela débeda tributaria e sen instala suspensión do ingresos, polo que procedía ditalas providenzas de prema.
O dito carreta que rexeitémolo recurso.
TERCEIRO.-Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros ( nun 50% a cadansúa ) para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dª Amparo contra a resolución de 16.11.2018 do TEAR (Liquidacion/prov.prema I.Sucesions, exped. 15/01866-02525/17 e 15/4919- 56124/2016).
Impoñenselle as custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
