Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 24/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15267/2017 de 31 de Enero de 2018
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Administrativo
Fecha: 31 de Enero de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 24/2018
Núm. Cendoj: 15030330042018100052
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:658
Núm. Roj: STSJ GAL 658:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00024/2018
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2017 0000675
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015267 /2017 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña. Fausto
ABOGADOJULIO FERNANDEZ CARRILLO
PROCURADORD./Dª. FRANCISCO DE PAULA RUIZ CRESPO
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
MARIA CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, 31 de xaneiro de dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15267/2017, presentado por Dº Fausto , representado polo procurador Sr.De Paula Ruiz Crespo, dirixido polo letrado Dº. Fernández carrillo, contra o acordo de 16.02.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 23.221,36 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 16.02.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a declaración de responsable subsidiario nas débedas (3ºT IVE ano 2010) da sociedade MONTAJES SAMPEDRO Y ROSALES SL.
SEGUNDO.-O recurso baséase en: a) non concorren os presupostos legais para declarala responsabilidade subsidiaria dos administradores; b) falta de congruencia e motivación na resolución do TEAR.
Coma indica o letrado do Estado dos varios requisitos que establece o artigo 43.1.b LXT para declarala responsabilidade subsidiaria dos administradores o recorrente só pon en discusión o elemento SUBXECTIVO: o incumprimento polo administrador das obrigas que lle impón a normativa mercantil.
Resulta acreditado o cesamento na actividade da sociedade (baixa nas obrigas tributarias notificada nos modelos 115 e 300 o 13/08/2010 e 31/12/2010, baixa no IAE de 31.12.2010 por cesamento de actividade, e carencia de traballadores ), a existenza da débeda ( liquidación 3ºT ano 2010 ) e que o recorrente tiña a condición de administrador único dende o 27.05.2010 - xa era administrador dene o 04.05.2004 ata a data indicada.
Tamén resulta acreditado que o recorrente non realizou actuación ningunha dirixida ó pagamento da débeda ou para regularizala situación (concurso, quebra, disolución da sociedade ... ).
O fundamento deste suposto de responsabilidade atopámolo no feito de que o administrador incumpriu cos seus deberes como tal. O precepto considera que o cesamento na actividade pon en perigo os intereses da Facenda Pública. Ademais a falta de apertura dun procedemento de liquidación impide que entren en xogo outras responsabilidades que actúan en garantía do crédito tributario previstas na LGT, como é a responsabilidade subsidiaria dos liquidadores e a sucesión dos accionistas que percibisen a súa cota de liquidación existindo débedas tributarias pendentes.
E esixe unha conduta culposa dos administradores, como unha inobservancia das obrigacións que a normativa impón ante o feito da finalización da actividade empresarial ou da existencia de estados de iliquidez ou insolvencia. STSJ Cataluña núm. 1038/2010, do 11 de novembro de 2010 (JT 2011, 304).
Por tanto, a partir do momento do cesamento, o administrador ha de tutelar tales intereses de forma prioritaria, fronte ao resto de acredores se non quere incorrer en responsabilidade tributaria. Para iso ha de efectuar o pago, o adiamento ou fraccionamiento ou a comunicación á Administración das obrigacións tributarias pendentes ofrecendo bens para que esta última poida tomar medidas cautelares sobre os mesmos, instar o estado legal de suspensión de pagos ou a quebra voluntaria, así como a propia disolución da entidade.
Deica que non poida quedar limitado ao suposto previsto no art. 367 , Real Decreto Lexislativo 1/2010 , do 2 de xullo, que dispón que responderán solidariamente as obrigacións sociais posteriores ao acaecimiento da causa legal de disolución os administradores que incumpran a obrigación de convocar no prazo de dous meses a xunta xeral para que adopte, no seu caso, o acordo de disolución, así como os administradores que non soliciten a disolución xudicial ou, se proceder, o concurso da sociedade, no prazo de dous meses a contar desde a data prevista para a celebración da xunta, cando esta non se constituíu, ou desde o día da xunta, cando o acordo fose contrario á disolución.
Son causas de disolución entre outras segundo o art. 363 , Real Decreto Lexislativo 1/2010 , do 2 de xullo (redacción art. 1 Lei 25/2011, de 1 agosto ), a) Polo cesamento no exercicio da actividade ou actividades que constitúan o obxecto social. En particular, entenderase que se produciu o cesamento tras un período de inactividade superior a un ano, b) Pola conclusión da empresa que constitúa o seu obxecto. c) Pola imposibilidade manifesta de conseguir o fin social. d) Pola paralización dos órganos sociais de modo que resulte imposible o seu funcionamento . É dicir, non é necesario que a sociedade incorra nalgún suposto de disolución; a mera inactividade do administrador ante a existencia de débedas tributarias pendentes en caso de cesamento na actividade supón o nacemento da responsabilidade.
Agora ben, non se esixe, a diferenza do suposto de sociedade en funcionamento do art. 43.1.a), que o administrador realice unha conduta que teña como resultado unha infracción tributaria para a sociedade. É certo que, como pon de relevo algún pronunciamiento xudicial, a Lei non esixe «a existencia de infracción tributaria, nin por tanto mala fe ou neglixencia grave nos administradores para que a derivación sexa posible» e é que a débeda tributaria non ten que estar pendente por cometer unha infracción a sociedade. O que penaliza o precepto é a falta de colaboración coa Facenda Pública tras o cesamento, de forma que se esta prodúcese de forma efectiva impídese a súa aplicación. Non esquezamos que o cesamento na actividade dunha sociedade non acompañado de actuación algunha do administrador manifesta, por si mesma, unha actitude neglixente, cando non de mala fe do administrador.
Exemplo de conduta neglixente do administrador podería consistir na falta de constancia do cumprimento das obrigacións mercantís polo administrador, o cal, xera a responsabilidade do mesmo. SAN (Sala do contencioso-administrativo, Sección 7ª), sentenza de 21 xaneiro 2008 (JUR 2008, 115147) .
Os requisitos para a esixencia de culpabilidade consisten en especial, no incumprimento das obrigacións impostas polas normas mercantís para o cesamento da actividade da sociedade. STSJ País Vasco (Sala do contencioso-administrativo, Sección 1ª), sentenza núm. 40/2007 de 22 xaneiro (JT 2007, 529).
Resulta evidente que o recorrente non foi quen de demostrar que realizou alguna das condutas indicadas: petición de adiamento, fraccionamento, disolución da sociedade .... Sendo certa a súa responsabilidade, o que carretaque rexeitémolo recurso neste punto.
TERCEIRO.-Verbo da falta de congruencia e motivación da resolución do TEAR.
Ó respecto da congruencia e como sinala a xurisprudencia:2ª. A xurisprudencia desta Sala precisou que a congruencia que a lei esixe entre as pretensións e as sentenzas, non require unha correlación literal entre o desenvolvemento dialéctico das partes ea redacción da sentenza: abonda con que a sentenza se pronuncie categoricamente sobre as pretensións axuizadas ( SS entre outras, 8 xuño 1990, 11 abril 1991 , 3 xullo 1991 e 27 setembro 1991 ).
Tamén ten precisado a Xurisprudencia que o principio de congruencia non se vulnera polo feito de que os Tribunais baseen os seus fallos en fundamentos xurídicos distintos dos aducidos polas partes ( STC 20/1982 , e SSTS 5 xuño 1991, 3 xullo 1991 e 18 outubro 1991 ).
3ª. Só cabe falar de incongruencia nos casos en que o Tribunal, ao dita as súas sentenzas, se aparte dos límites das pretensións das partes (STS 27 xuño 1991), porque só neses casos se produce a falta de adecuación entre as pretensións e o fallo.
Trasladando ditas esixencia ó acordo do TEAR resulta evidente que esta da resposta as diversas cuestións suscitadas polo recorrente sen que o feito de que non conteste tódalas alegacións polo miúdo supuña incorrer en falta de congruencia susceptible de xerar indefensión e, en consecuencia, fundar unha declaración de nulidade.
Outro tanto compre dicir verbo da motivación; non é posible confundir unha motivación sucinta e unha motivación contraria ás pretensións do recorrente con falta de motivación; en todo caso, só sería causa de nulidade de xerar indefensión impedindolle ó recorrente coñecer o porque da negativa da administración e nada desto acontece, o que nos leva a rexeitalo recurso.
CUARTO.-Impóñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Fausto contra a resolución de 16.02.2017 do TEAR (Res. Subsidiaria, exped. 36/2007/15).
Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, trinta e un de xaneiro dous mil dezaoito.

