Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 251/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4003/2018 de 31 de Mayo de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 19 min
Orden: Administrativo
Fecha: 31 de Mayo de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 251/2018
Núm. Cendoj: 15030330022018100252
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:3168
Núm. Roj: STSJ GAL 3168:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2
A CORUÑA
SENTENCIA: 00251/2018
RECURSO APELACION 4003/2018
RECORRENTE: Dª Guadalupe
ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE CAMBRE
NO NOME DE EL-REI
A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
AZUCENA RECIO GONZÁLES-PTE
JULIO DÍAZ CASALES
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA (R )
CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )
A CORUÑA, a trinta e un de maio de dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 4003/201, presentado por Dª Guadalupe , representada polo procurador Sra. Conde Rodríguez e dirixido polo letrado Sra. Lista Iglesias, contra a sentenza de 21.09.2017 do Xulgado do contencioso núm.1 da Coruña. É parte a Administración demandada o CONCELLO DE CAMBRE representado e asistida do letrado da Deputacion.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -O 21.09.2017 o Xulgado do contencioso núm.1 da Coruña ditou sentenza rexeitando o recurso contencioso contra a declaración de ruina núm. NUM000 do Concello de Cambre.
A propietaria da vivenda presentou un recurso de apelación.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso.
TERCEIRO.- Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.-A sentenza de instancia considera que a vivenda está en situación de ruína económica, técnica e urbanística.
O recurso de apelación denuncia a falta de congruencia da sentenza: non se pronuncia verbo da alegación de ter prescindido, o Concello, do procedemento ( non existen informes dos técnicos municipais ), e o único referido á vivenda da recorrente é dun arquitecto alleo ó Concello e que actúa con parcialidade.
Tamén pon en cuestión as bases da declaración da ruína ( das tres ).
O letrado da Deputacion nega que se prescindirá do procedemento e nega a falta de parcialidade do arquitecto que informa; asemade que exista desviación de poder e confirma a existenza das tres ruinas.
SEGUNDO.-Compre resolvelas diversas cuestións suscitadas.
Verbo da denunciada falta de congruencia da sentenza. É certo que a sentenza incorre en falta de congruencia o non dar resposta ( nin expresa nin implícita ) ó segundo motivo do recurso ( folio 13 da demanda): nulidade ó prescindir do procedemento legalmente establecido - art. 47.1.6 LPA.
O que acontece é que dito defecto pode e debémolo corrixir no presente momento procesual, é dicir, será esta Sala quen resolva se concorre ou non o defecto denunciado e, no seu caso, a súa relevancia.
A recorrente sostén que o expediente de ruina é nulo o tramitarse e resolverse sen a existenza de informes dos técnicos municipais, tal e coma esixe o art. 37 - 38 - 39 do Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia - Decreto 28/1999 .
Figura no expediente - folio 1 a 3- informe do aparellador municipal no que se fan referencia a actuacións previas do ano 2007 ( nestas se reflicte a existenza dun informe de ruina - económica- do arquitecto Sr. Bernabe e a ratificación do mesmo polo aruitecto municipal ) e 2008 ( novo informe do aruitecto municipal: non existen razons para mudalo criterio que se espuxo o ano 2007 ) e tamén ratifica o seu contido.
Acordo de 22.07.2015 ( información previa ) sinalando hora e dúa para que os servizos municipais poidan acceder ós inmobles. A Sra Carla - propietaria do núm. NUM001 - contestou - 26.08.2015- que non estaría presente ese día. O informe de inspección limitouse, polo tanto, ó edificio do núm. NUM002 .
Sinalamento de novo día e informe do arquitecto municipal de 27.10.2015 - fai referencia á inspección de 02.10.2015 ( presentes o arquitecto municipal, o vixilante de obras e o arquitecto Sr. Bernabe , e unha arquitecta técnica non identificada ): o edificio non reúne condicións de seguridade e habitabilidade.
Achega de informe do Sr. Bernabe - folios 24 a 70-que dí actuar a requerimento do Concello.
Informe do xefe do servizo de planeamento e xestión e acordo de 12.01.2016 de inicio do expediente de ruina.
Achega de informe técnico do aruitecto Sr. Justo ( a instancias da Sra. Carla ). Informe/contestación do arquitecto Sr. Bernabe .
Informe da sección de planeamento e xestión e proposta de resolución de 18.03.2016, e declaración de ruina de 18.03 con data de saída de 21.03.2016. Notificación de 28.03.
Con datos referidos é posible contestala pretensión do incumprimento das esixencias dos artigos 38 - 39 - 40 do Decreto 28/1999 .
Do dito resulta que os técnicos municipais ( entendo en sentido literal e referido a arquitecto e aparellador do cadro de persoal ) tiveron intervención na fase previa ó inicio do expediente, sendo no propio expediente onde só actúa o arquitecto Sr. Bernabe que confecciona un extenso informe e contrainforme, que é o que se toma en consideración para decláralo inmoble en ruína.
A intervención do xefe da sección de planeamento e xestión ten coma obxecto a avaliación da tramitación do expediente ( art. 172 RD 2568/86 .
O arquitecto Sr. Bernabe - así figura no seu informe- actúa a instancia do Concello, é dicir, foi contratado por este para a realización do informe ( xa o fixera no ano 2007 ) e neste sentido pode e debe ser considerado coma servizo técnico municipal, en tanto que a súa relación de servizos co Concello, supón que emite o seu informe formando parte - temporal- dos servizos técnicos municipais. A previsión da solicitude de informes alleos a establece o art. 174 RD 2568/86 .
En todo caso, a existenza dun informe técnico, aínda que non fose dun técnico municipal, non sería causa de nulidade.
A transcendencia destes informes a relativiza a doutrina do TS, xa que o Tribunal Supremo declarou (v. gr. sentenzas do 26 de decembro de 1995 e 21 de maio de 1998 [ RJ 1998, 3861] ) que «a falta de previo informe xurídico no procedemento de outorgamento da licenza impugnada, a que se refire o artigo 4 do Regulamento de Disciplina Urbanística do 23 de xuño de 1978, non vicia de nulidade o acto impugnado, xa que a súa falta non significa que se prescindiu total e absolutamente do procedemento legalmente establecido - artigo 47.1. c) da Lei de Procedemento Administrativo -, senón que constitúe un mero defecto de forma (artigo 48.2 da mesma) que non arrastra a invalidez do acto senón cando produce indefensión ou cando lle impide alcanzar o seu fin, o que non é o caso (Así o dixemos na nosa sentenza do 26 de decembro de 1995 )».
Consideramos, polo tanto, que non concorre a nulidade pretendida.
Tampouco concorre nulidade porque a resolución que declara a ruinacareza de data;figura no folio 125 que se ditou polo Concelleiro Delegado do área de urbanismo e medio ambiente o 18.03.2016, e este documento conta cun código de verificación o que engadimos que, de ter calquera dúbida a recorrente, podería corrixirse coa remisión dun oficio ó Concello para a emisión da pertinente certificación do libro de actas ( art. 222 RD 2568/86 ). Outro tanto acontece coa resolución que resolve o recurso de reposicion ( folio 198 ).
Tampouco é causa de nulidade que non lle dean contestación, polo muido, a tódalas alegacións ( desviación de poder ); coma indica a xurisprudenza: só cando existe unha omisión «total e absoluta do procedemento legalmente establecido» cabe falar de nulidade radical dos actos administrativos, como impón o precepto mencionado; aconsellando o Alto Tribunal ( Sentenza 14 de xuño de 1993 [ RJ 1993, 5833] , 5833) que en «a esfera administrativa ha de tratarse a nulidade de actuacións con moita prudencia e mesura, e especialmente cando non existe indefensión para os interesados; indefensión que, en todo caso, ha de ser real e efectiva, máxime cando fose previsible que a Administración puidese, unha vez emendadas as deficiencias formais, ditar novamente a mesma resolución por ser procedente en Dereito». Así mesmo, para o menor grao de ineficacia que a anulabilidad comporta, só son transcendentes as irregularidades formais se impiden ao acto alcanzar o seu fin ou ocasionan indefensión, como expresamente esixe o artigo 63. Sendo iso así, non cabe apreciar no caso de autos a omisión «absoluta» do procedemento, pois esa afirmación non se corresponde co actuado, por canto existe no expediente actuacións propias do procedemento correspondente. Doutra parte, a referencia a non tomar en consideración as alegacións do actor, no trámite de audiencia concedido, ou en relación a un escrito presentado con posterioridade sen facer reflexión algunha sobre a súa transcendencia en relación coa decisión adoptada, impide apreciar a indefensión que, como « conditio sine qua non», impón o lexislador para apreciar a anulabilidad do acto; polo demais, é un dato que figura no expediente e no procedimiento que o Concello pretende abrir unha rúa no lugar que ocupan as vivendas NUM001 - NUM002 e a pretensión de declaración de ruína non é, en por si, constitutiva de ningunha pretensión desviada, senón coherente cos fins que debe protexer a administración.
TERCEIRO.- Verbo da FALTA DE PARCIALIDADE DO PERITO.
A recorrente sostén que o Sr. Bernabe actua con parcialidade xa que anteriormente informou para unha promotora.
Non só é un dato que, en por si, non supón unha mingua da súa imparcialidade, xa que o actual informe o realiza para o Concello, que actúa en tutela dos intereses xerais, senón que, a recorrente non fixo uso da posibilidade de recusalo - art. 182 - 184 RD 2568/98 - limitándose a dubidar do seu criterio.
Cuestión diferente é que a recorrente discrepe do contido do informe emitido e poña en cuestión puntos relevantes do mesmo, sendo se subliñar que, boa parte do informe é asumido polo propio perito da recorrente - que actuou no expediente administrativo- , o que acredita que, mais aló dunha discrepancia técnica puntual ( e relevante ) non é posible falarmos dunha vontade desviada do que é a exposición dun parecer técnico.
Polo dito confirmamos o criterio ( curto) do xulgador neste punto.
Dado que falarmos dun técnico que actúa o abeiro dun encargo do Concello os seus informes contan coa presunción de acerto dos que fala a xurisprudenza:
«A xurisprudencia vén afirmando que as pericias realizadas por órganos da Administración alleos aos intereses en xogo, cando se realizan con todas as formalidades legais e garantías procedimientales, pola súa competencia, imparcialidade e obxectividade, han de gozar de todo crédito, próximo ao valor dunha 'presunción iuris tantum', sempre que, a través doutras pericias ou medios de proba, non se demostre o erro en que aqueles puideren incorrer» ( STS de 23 decembro 1993 [ RJ 1993, 9738] ). «devanditos ditames non poden considerarse desvanecidos polo documento consistente en certificación médica acompañado polo actor aos autos, non só polas predominantes garantías de obxectividade que son predicables daquelas, a pesar de ser órgano situado na Administración Militar, xa que non é presumible un desexo ou interese de que precisamente o recorrente preste o servizo militar indebidamente» ( STS de 25 novembro 1991 [ RJ 1991, 8283] ). «En principio, esta Sala, sobre todo en materia de ruína, veu dicindo que se concede unha maior marxe de credibilidade, por imparcialidade, aos informes emitidos polos técnicos municipais sobre os formulados por peritos que achegan as partes litigantes» ( STS de 15 xullo 1992 [ RJ 1992, 5755] ).
Mailo dito, esto non exclúe que se poida por en cuestión o acerto técnico do dito e que se poida contradicir co criterio dos técnicos da partes, sendo o relevante, a solidez do criterio e que sexa conforme coa realidade dos feitos.
TERCEIRO.-Unha vez aclaradas estas cuestións, a recorrente considera que as probas están mal avaliadas e que non concorre ningún dos supostos de ruína declarados.
Verbo daruina URBANÍSTICA.
As condicións que se dan neste tipo de ruína deben relacionarse co réxime dos edificios de fóra de ordenación. En concreto, este tipo de ruína require como primeiro requisito que o edificio sexa desconforme co plan, seguido da existencia de danos físicos na construción que impliquen a necesidade de realizar obras para manter a habitabilidade da mesma, obras que deben exceder das autorizables.
Por tanto, un edificio ou construción, polo simple feito de estar afectado urbanisticamente non pode ser considerado ruinoso, senón que debe haber un decaimiento estrutural, isto é, un dano físico de deterioración que aconselle a demolición do inmoble, imposibilitando así a realización de obras de consolidación do mesmo. Neste sentido, cabe citar a STS do 8 de marzo de 1994 : «...para poder entender que un edificio áchase en situación de ruína urbanística non basta que se aprecien circunstancias urbanísticas que aconsellen a demolición do inmoble senón que será preciso que este presente unha deterioración que faga necesarias unhas reparacións que excedan das obras susceptibles de autorización nos edificios fóra de ordenación...». A sensu contrario, «non procede a declaración de ruína urbanística se son obras de orde menor, que implican un mero mantemento ordinario da edificación». ( STS 29.01.1991 )
Sinala a doutrina que, «este tipo de ruína, a diferenza dos outros supostos, non permite exclusivamente garantir a seguridade de persoas ou bens, senón tamén suprimir edificacións que sexan contrarias ás determinacións do plan urbanístico».
A única discrepancia da recorrente é verbo da data na que se ditou a declaración de ruina, ós efectos de entender que é posterior á entrada en vigor da Lei 2/2016 - que non menciona a ruina urbanística-, dado que verbo da discrepancia coa normativa urbanística e coa necesidade de actuacións na construcción que exceden das mínimas que impón o mantemento do uso preexistente, existe concordancia entre os peritos ( inclusive o da parte recorrente ) de que falarmos dunha edificación fora de ordenación e con gravísimas deficiencias ( aínda que discrepen nalgún punto ).
Fronte ó alegado consta no expediente que a declaración de ruína ditouse o 18.03.2016 ( folio 125 expediente - coma indicamos no FX 2 no libro de actas debe existir proba deste feito), en tanto que a Lei 2/2016 entrou en vigor o 19; en todo caso, en ausencia de norma transitoria expresa o expediente debía resolverse coa lexislación en vigor o día do ditado do acto, polo que estaríamos ante o suposto do art. 201.c LOUGA.
A esto engadimos que, coma indica o letrado da Deputación, a desaparición do suposto de ruína urbanística non supón que a Lei 2/2016 non regule un suposto coma o presente, dado que o artigo 141 establece unhas consecuencias semellantes as previstas no artigo 201.c LOGA, para o caso de edificios fora de ordenación e afectados por viais previstos no planeamento municipal .
O dito obriga a confirmala sentenza neste punto.
Co ánimo de esgotalo debate entraremos a avalialos demais supostos de ruina.
Consonte co artigo 201.b Lei estaríamos nun suposto deRUINA TÉCNICAcando a edificación presenta un esgotamento xeralizado dos seus elementos estruturais fundamentais.
A ruína técnica xorde da constatación dun «dano non reparable tecnicamente polos medios normais derivado do esgotamento dos elementos estruturais», concepto ambiguo que foi precisado pola xurisprudencia. En concreto, o TS declarou que non son danos tecnicamente reparables polos medios normais: a) os que afecten a elementos estruturais da edificación --isto é, aqueles que contribúen á súa seguridade--, b) cando haxa que derrubar algunha parte para reconstruíla e c) cando impliquen necesariamente o desaloxo dos inquilinos. ( STS do 22 de setembro de 1982 )
Por tanto, os medios normais relaciónanse coa reparación simple do edificio e os non normais coa reconstrución, isto é, aqueles cuxo emprego implique a derriba ou demolición da edificación, para logo proceder á reposición dos elementos esenciais da mesma. Así, non son obras tecnicamente normais, o reforzo de estruturas, substitución de cubertas, apontoamentos de edificios, substitución de elementos da estrutura vertical ou horizontal.
Agora ben, non é suficiente con constatar a existencia de danos nos elementos estruturais senón que debe terse en conta a súa extensión no cómputo total da obra. A STS do 15 de abril de 1980 di respecto diso que: «...aínda que é certo que os danos sufridos...nas cubertas, reparos de alicerces, enfoscados...poden dalgunha maneira, cualificarse de danos ou danos referidos a elementos estruturais...non pode prescindirse dunha obrigada análise global do problema de considerar as características da edificación e a importancia cuantitativa e cualitativa dos danos ou reparacións a realizar no edificio...». Por tanto, o dano sobre elementos estruturais non ha de ser exclusivo dalgún lugar moi localizado do edificio senón que debe representar unha porcentaxe importante de dano a reparar. Neste sentido pronúnciase a STSJ de Castela e León do 4 de maio de 2006 ao indicar que «...resulta claro que os danos estruturais non están localizados nunha zona senón que son xerais, que son importantes...».
No caso presente e, maila pretensión da recorrente, consideramos que acerta o xulgador de instancia ó considerar que o edificio presentada un estado de ruina técnica.
Segundo resulta dos informes periciais - de ámbalas dúas partes- os forxados horizontais e a esqueira é preciso sustituilas ( deterioradas por unha praga ) e dita substitución inclúe as viguetas dos forxados, co que temos que, mais aló dos muros de carga do edificio e - quizabes- do tellado é preciso valeiralo edificio por dentro, xa que o arquitecto Sr. Bernabe fala tamén da afectación de xilófagos nas cabezas das vigas, con perda de resistencia mecánica, de flexión xeralizada das mesmas. A propia recorrente, nas conclusións de 1ª instancia, reflicte que o código técnico da edificación considera as viguetas coma elementos estructurais secundarios.
Este conxunto de deficiencias autoriza a falarmos dun deterioro xeralizado dos elementos estructurais, polo que, tamén concorrería o suposto de ruina técnica.
Verbo da Ruína económica: Este tipo de ruína declárase cando o custo das obras necesarias supere a metade do custo de reposición da edificación ou dunha nova construcción con características semellantes, excluido o valor do solo.
A xurisprudencia establece respecto diso que, dentro das obras de reparación inclúense as de rehabilitación ou mellora necesarias para lograr uns mínimos de habitabilidade. É dicir, o valor da reparación ten que determinarse en función das obras de reparación que sexan necesarias para garantir a seguridade e estabilidade da construción e, no seu caso, a salubridade e habitabilidade. Isto é, «esas obras son exclusivamente as necesarias para devolver a normalidade da edificación, tanto no aspecto de estabilidade como de salubridade ou habitabilidade e ornato públicos, con exclusión de todas aquelas que impliquen un mero embelecemento, maior comodidade, modernización ou mejoramiento do edificio». ( STS 27.01.1998 ).
Así mesmo, a xurisprudencia sinala que o criterio que debe seguirse para determinar o valor actual é o de fixar o custo actual dunha construción nova de características similares á existente en canto a tamaño e calidades, sobre o que se aplicará o coeficiente de depreciación por antigüidade, así como outros correctores, tales como o estado de conservación e a conformidade ou non coa ordenación en vigor.
Para o caso o determinante son os informes periciais; o da parte recorrente fala dun custo de reposición da edificación de 157.048,74 euros, en tanto que o arquitecto Sr. Bernabe fala dun valor da edificación de 23.557,31 euros.
Do dito resulta que o criterio de partida utilizado polo Sr. Bernabe non é correcto, e a única concreción do custo de reposición da edificación o realiza a perito Sr. Justo e debemos partir del.
Polo tanto, unha vez determinado o valor do que partirmos ( 157.048,74 euros ) o determinante e o custo das obras necesarias.
O perito Sr. Justo ( que parte dos custos ditos polo arquitecto contratado polo Concello ) determina que as obras custarian 47.488,60 euros.
O Sr. Bernabe fixa o valor das obras en 81.224,43 euros, o que supón algo mais do 51% do custo de reposicion do edificio, o que determina que a exclusión dalgunha partida relevante determine que non exista a ruina económica.
A partida da cuberta acada un total de 18.027,19 euros e, mais aló do que reflicte o informe - páxina 19- cuberta en mal estado con numerosas filtracións de auga- no existe unha proba clara que acredite a necesidade da súa reposición total.
A presunción da que parte o xulgador: afectada polos xilófagos e unha deducción con certa lóxica ( a madeira do edificio está afectada ); mailo dito, era esixible algo mais que unha simple presunción, é dicir, un exame direto e persoal polo perito da cuberta e, mais aló de fotografías tomadas a certa distancia non existe proba da afectación dos xilófafos nin, de existir, a súa extensión e gravidade.
O dito obriga a excluir esta partida e, en consecuencia, a entender que non existe proba suficiente da ruina económica.
Declaración que non afecta ó decidido polo xulgador de instancia ó concorrelas outras dúas ruinas ( técnica e urbanística ).
CUARTO.-Non facemos declaración das custas da presente instancia ó existir motivos para recórrela sentenza, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
QueREXEITÁMOLOrecurso de apelación presentado por Dª Guadalupe contra a sentenza de 21.09.2017 do Xulgado do Contencioso núm.1 de A Coruña ( PO 288/2016 -expediente de ruina.Concello de Cambre ).
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo e/ou Sala de Casación do TSX Galicia. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDOFERNANDEZ LEICEAGAao estar a celebrar audiencia pública a Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de lo que yo, Letrada de la Administración de Justicia, certifico.

