Sentencia Contencioso-Adm...io de 2020

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 296/2020, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15452/2019 de 01 de Julio de 2020

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 16 min

Orden: Administrativo

Fecha: 01 de Julio de 2020

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 296/2020

Núm. Cendoj: 15030330042020100337

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2020:4439

Núm. Roj: STSJ GAL 4439:2020

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00296/2020

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico:sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G:15030 33 3 2019 0000990

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015452 /2019 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña.SUMINISTROS PETROLIFEROS GALLEGOS Y SERVICIOS SA

ABOGADONURIA PUEBLA AGRAMUNT

PROCURADORD./Dª. JOSE MANUEL LADO FERNANDEZ

ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de xullo dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15452/2019, presentado por SUMINISTROS PETROLÍFEROS GALLEGOS Y SERVICIOS SA, representado polo procurador Sr.Lado Fernández, dirixido polo letrado DªPuebla Agramunt, contra o acordo de30.04.2019 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 3.600 EUROS .


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 30.04.2019 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a sanción 15-2016-000455: constataron discrepancias entre as existenzas que resultan dos libros ( a 29.02.2008): 593,29 litros e as existentes físicamente 630; mailo dito, a sanción é por non levar, trimestralmente, os libros de existenzas de impostos especiais: listados informátivos que constitúen os libros regulamentarios ( art. 200 LXT ).

A empresa solicitara a baixa do establecemento o primeiro trimestre do ano 2015 ( 28.01.2015 ), se ben estaba pechado anos antes ( dende finais do 2008 ).

A Administración considera que esta circunstancia non exclúe que deban seguir cumprindo cos obrigas de contabilización- Art. 44.5 RIIEE- en tanto non se conceda a autorización de peche ( o que non é posible, en tanto, se manteñan existenzas ). De feito, o 14.01.2014 solicitara a renovación da inscripción de almacén fiscal.

A sanción son polos períodos - non prescritos- anteriores ó 2º T do 2015.

SEGUNDO.-O recurso baséase na: a) falta de motivación do acordo sancionador, b) non concorre o elemento subxectivo do tipo e interpretación razoable da normativa.

O abogado do Estado rebate as pretensións do recorrente.

Para resolvela controversia partirmos de que a recorrente era titular dun establecemento, inscrito no rexistro de impostos especiais, dende o 28.01.2000, co CAE ES00036HF041V e somento a control específico non permanente- art. 46 RD 1165/1995.

Dende marzo de 2008 carece de movementos, e a 31.03.2008 as existenzas que reflectía a súa contabilización eran 272,16 litros de Gasóleo de automoción e 329,86 litros de gasóleo bonificado.

O 14.01.2014 solicitara a renovación da inscripción coma almacén fiscal.

O 28.01.2015 solicita a baixa.

Na dilixencia de reconto de existenzas de 21.04.2015 contabilizan: a) 100 litros de gasóleo A, b) 450 litros de gasóleo C e c) 180 litros de gasóleo B.

Logo do peche dos libros no ano 2008 non formularon declaración - trimestral- das existenzas.

A resolución sancionadora reflicte que: trala consulta de BUNADET se constata que a empresa co CAE ES00036HF041V non presentou a dilixenciar os libros do 1T do 2014, incumprindo a obriga do art. 50.2 RD 1165/1995, cousa que mantivo, mailo requerimento de 17.05.2015. Logo extende a imputación a tódolos trimestres non prescritos.

Do dito e coma conclusión podemos establece coma feitos indubidables que o recorrente non solicitou a baixa do establecemento ata o 28.01.2015, e aínda que dispoñia de existenzas ( podemos cualificalas coma residuais ) non formulou as declaracións trimestrais de existenzas que lle esixe o art. 44.5 RIIEE.

Con este datos debemos resolvelas cuestións suscitadas.

O recorrente considera que a resolución sancionadora de 23.09.2016 non está motivada, subliñando as lagoas na redacción dos feitos.

Verbo da motivación das sancións; A potestade sancionadora da Administración, que, lonxe de ser excluída pola CE, se encontra admitida no seu artigo 25, apartado terceiro, áchase sometida a unha serie de límites dimanantes do principio de legalidade e equivalentes, na práctica, aos dereitos subxectivos dos cidadáns. A este respecto, a Sentenza do Tribunal Constitucional 77/1983, do 3 de outubro, sitúa tales límites en: 'a) a legalidade, que determina a necesaria cobertura da potestade sancionadora nunha norma de rango legal, coa consecuencia do carácter excepcional que os poderes sancionatorios en mans da Administración presentan; b) a interdición das penas de privación de liberdade, ás que pode chegarse de modo directo ou indirecto a partir das infraccións sancionadas; c) o respecto dos dereitos de defensa, recoñecidos no artigo 24 da Constitución, que son de aplicación aos procedementos que a Administración siga para imposición de sancións, e d) finalmente, a subordinación á autoridade xudicial.

Coma tamén indica a STS 06.06.2012: «As garantías procesuais constitucionalizar no artigo 24.2 CE son de aplicación ao ámbito administrativo sancionador... na medida necesaria para preservar os valores esenciais que se encontran na base do precepto, e a seguridade xurídica que garante o artigo 9 CE; ... entre as que, sen ánimo de exhaustividade, cabe citar o dereito á defensa, que proscribe calquera indefensión; o dereito á asistencia letrada, traslada¬ble con certas condicións; o dereito a ser informado da acusación, coa ineludible consecuencia da inalterabilidade dos feitos imputados; o dereito á presunción de inocencia, que implica que a carga da proba dos feitos constitutivos da infracción recaia sobre a Administración, coa prohibición da utilización de probas obtidas con vulneración de dereitos fundamentais; o dereito a non declarar contra si mesmo; e en fin o dereito a utilizar os medios de proba axeitados para a defensa do que se deriva que vulnera o artigo 24.2 CE a denegación inmotivada de medios de proba ( SSTC 7/1998 e 272/2006)».

Sobre o particular e alcance do deber de motivar, sinala a Sentenza T.S.J. Cataluña 22/2011, do 13 de xaneiro (recurso 751/2007) o seguinte:

'A sentenza do Tribunal Constitucional 100/87, do 12 de xuño, determina que deber de motivar as resolucións non esixe da autoridade decisoria 'unha exhaustiva descrición do proceso intelectual que a levou a resolver nun determinado sentido, nin lle impón unha determinada extensión, intensidade ou alcance no razoamento empregado, senón que para o seu cumprimento é suficiente que conste de modo razoablemente claro cal foi o fundamento en dereito da decisión adoptada, criterio de razonabilidad que ha de medirse caso por caso, en atención á finalidade que coa motivación ha de lograrse... ' (en igual sentido SSTC 196/1998, do 24 de outubro; 25/1990, do 19 de febreiro), pois, como afirma o ATC 951/1986, do 12 de novembro, 'unha cousa é a carencia de motivación e outra a motivación concentrada, aínda que precisa e suficiente'. Por conseguinte, 'non' é esixible unha pormenorizada resposta a todas as alegacións das partes, senón que abonda que a motivación cumpra a dobre finalidade de exteriorizar o fundamento da decisión adoptada e permitir o seu eventual control xurisdicional' ( SSTC 26/1989, do 14 de febreiro; 70/1990, do 5 de abril; vide, igualmente SSTC 14/1991, 116/1991 e 109/1992). Todo iso sen esquecer que mesmo admitiu o Tribunal Constitucional a motivación daquelas resolucións que, malia mostrar lagoas na argumentación, permitan inferir o sentido e fundamento da decisión ( SSTC 2/92 e 175/90).

O Tribunal Constitucional entende que non se trata dun requisito de carácter meramente formal, senón que o é de fondo e indispensable, cando se esixe, porque só a través dos motivos poden coñecer os interesados as razóns que xustifican o acto, porque son necesarios para que a xurisdición contencioso-administrativa poida controlar a actividade da Administración e porque só expresándoos pode o interesado dirixir contra o acto as alegacións e probas que correspondan segundo o que resulte da devandita motivación, que, se se omite, pode xerar a indefensión prohibida polo art.º 24.1 da Constitución ( SSTC 26/81, do 17 de xullo, 61/83; de 11 de xullo, e 353/95, do 24 de outubro).

A doutrina xurisprudencial vén sostendo que a motivación ha de ser suficientemente indicativa, o que significa que a súa extensión estará en función da maior ou menor complexidade do que se cuestione ou da maior ou menor dificultade do razoamento que se requira, o que implica que poida ser sucinta ou concisa, sen necesidade de amplas consideracións cando non son precisas en orde á cuestión que se formula e resolve ( SSTS 3. ª, 31.10.95, 12.01 e 10.07.98); admitindo a motivación por referencias a informes, ditames ou memorias, sinalando que as consideracións xurídicas xerais ou estandarizadas non poden obstar por si soas a unha clara e congruente motivación ( SS TC 122/94 e TS 3. ª 19.09.94, 10.12.96 e 10.02.97) e, por último, que a falta de motivación ou a motivación defectuosa poden comportar a anulación do acto ou ben constituír unha mera irregularidade non invalidante ( art.º 63.2 da Lei 30/1992), o cal haberá de determinarse en función da natureza do acto e de se realmente se constata unha situación de indefensión material do administrado que non se produce no suposto de que a motivación, aínda que sucinta, cumpra coas finalidades de proporcionar os elementos necesarios para unha axeitada defensa fronte ao acto de que se trata e para a súa revisión en vía de recurso ( SSTS de 15.11.84, 21.09.98 e 7.06.99, entre outras).

Aplicarmos estes principios ó caso de autos e aínda que o recorrente fala de graves deficiencias de motivación: lagoas na redacción dos feitos ( cadros sen contido ), esta deficiencia só é imputable á resolución do TEAR e non á resolución sancionadora de 23.09.2016, e podemos cualificala ( a deficiencia do acordo do TEAR ) coma un erro de transcrición sen relevancia.

A deficiencia está nos antecendentes de feito, onde o TEAR recolle - literalmente- as actuacións do expediente administrativo, do que se deriva que, calquera incidencia no traslado dos feitos ( neste caso, a deficiencia na copia dos feitos ) é irrelevante o non causar indefensión: o recorrente os coñece ó selos propios da resolución sancionadora que foi obxecto da reclamación económico administrativa.

En todo caso, as omisións que se denuncian ( folla excell, saldos en branco... ) serían cuestións irrelevantes dado que carecen de trascendencia verbo do tipo imputado, o figurar na relación de feitos - e figurar no control de existenzas de 21.04.2015- cales eran as existenzas existentes( o propio recorrente recoñece que figuran 630 litros no acordo sancionador ) e a non presentación dos rexistros trimestrais de existenzas.

Tamén denuncia falta de motivación en relación coa tipicidade da conduta, xa que considera que na resolución sancionadora non se indica a infracción cometida.

Non podemos compartir esta apreciación; no acordo de 26.09.2016 figura con precisión cal é a conduta infractora: non presentar a dilixencialos libros - trimestrais- de existenzas tal e coma esixe o art. 50 Rd 1165/1995, infracción que está tipificada no art. 200 Lei 58/2003 ( remisión do art. 19 Lei 38/92 ), motivándose tamén a relevancia desta esixencia e que a mesma é relevante, aínda cando non exista movemento nas existenzas.

O recorrente pode discrepar desta cualificación/tipificación; mailo dito, o que non pode soster é que descoñece cal é o tipo de imputación e a sanción procedente.

TERCEIRO.-Verbo da culpabilidade.

O recorrente tamén discrepa da motivación da culpabilidade, e sostén que se utilizan formulas estereotipadas, sen un examen, polo miúdo, das circunstancias do caso e sen atendelas alegacións realizadas, onde se explica o porque da conduta do recorrente.

No que á motivación se refire é doutrina xa exposta pola Sala noutras ocasións a que indica que a referencia legal á sanción das infraccións tributarias mesmo a título de simple neglixencia non autoriza a concluír que o menoscabo da norma se derive directamente da omisión do mínimo deber de coidado esixible, senón que precisa unha fundamentación en correspondencia co alegado polo contribuínte que permita sentar a concorrencia daquela neglixencia e, en consecuencia, a procedencia da sanción. O razoamento que, entre os feitos e a súa consecuencia xurídica, efectúa a Administración é, neste contexto, esencial e, engadidamente, consecuencia do criterio mantido na STC 76/1990, do 26 de abril, en orde a desvincular a mera neglixencia da responsabilidade obxectiva. En definitiva, pois, o principio de culpabilidade está tamén presente en materia tributaria; pero a súa infracción non pode seguirse da propia afirmación da concorrencia de neglixencia, o que converte en conclusión o que é presuposto da sanción. De aí que, tamén como esixencia do artigo 24.1 CE, sexa preciso fundamentar axeitadamente a existencia da infracción e a procedencia da sanción, con expresa referencia aos motivos alegados polo contribuínte, cando unha e outra se discuten como manifestación, tamén neste punto, da aplicación ao procedemento sancionador en materia tributaria, en xeral, dos principios propios do Dereito Penal, en canto manifestacións ambas as dúas da potestade punitiva do Estado. Neste contexto, é de subliñar o manifestado pola STS de 6/6/2008 (JUR 2008 203634) no sentido de que «o principio de presunción de inocencia garantida no art.º 24.2 CE non permite que a Administración tributaria razoe a existencia de culpabilidade por exclusión ou, dito de xeito máis preciso, mediante a afirmación de que a actuación do obrigado tributario é culpable porque non se aprecia a existencia dunha discrepancia interpretativa razoable - como sucedeu no caso axuizado- ou a concorrencia de calquera das outras causas excluíntes da responsabilidade das recollidas no art.º 77.3 LGT (actual art.º 179.2 Lei 58/2003), entre outras razóns, porque o devandito precepto non esgota todas as hipóteses posibles de ausencia de culpabilidade. A este respecto, convén recordar que o art.º 77.3.d) LGT establecía que a interpretación razoable da norma era, 'en particular' [o vixente art.º 179.2.d) Lei 58/2003, di «[e]ntre outros supostos»], un dos casos nos que a Administración debía entender necesariamente que o obrigado tributario «puxera a dilixencia necesaria no cumprimento das obrigas e deberes tributarios»; de onde «se infire que a circunstancia de que a norma incumprida sexa clara ou que a interpretación mantida desta non se entenda razoable non permite impoñer automaticamente unha sanción tributaria porque é posible que, non obstante, o contribuínte actuase dilixentemente».

Compre determinar se, mailos feitos reflectidos no acordo sancionador, este motiva ( ou non ) debidamente a culpabilidade do recorrente e, tamén, se este actuaba ó abeiro dunha interpretación razoable da normativa ou se a propia conduta da administración xeroulle unha confianza lexítima no seu proceder.

É certo que a resolución sancionadora de 26.09.2016 parte dunha resolución preconstituida que se adapta as circunstancias do caso, do que se deriva que, a súa apariencia formal sexa dun impreso estereotipado; esto, nembargantes, non é relevante, senón que, o trascendente é o contido do acto.

Coma dixemos os feitos que se imputan non ofrecen dúbida: deposito, con rexistro administrativo, e facultado para dispor de gasóleo bonificado que, dende o 2008 non presenta as declaracións trimestrais de existenzas.

A resolución sancionadora motiva porque, maila inexistenza de movementos de existenzas, e ser estas de escasa contía, é relevante o cumprimento da esixencia formal de declaralas existenzas ( incumprimento que pode provocala revogación da autorización ). Tamén, e fronte ó pretendido, motiva porque concorre culpabilidade na súa conduta: falarmos dunha esixencia que establece con claridade do art. 50 RD 1165/95 e dado que falarmos dun sector moi específico da actividade é presumible un coñecemento, polo miúdo, por parte dos operadores no mercado, da normativa, polo que, pode imputarselle o incumprimento a título de neglixencia.

O recorrente considera que, este xeito de proceder non xustifica, debidamente, a culpabilidade da súa conduta e que non lle é esixible unha maior dilixencia que a un cidadán medio.

Discrepamos desta segunda apreciación, xa que a comparación debe facerse cos outros operadores do mesmo sector, e o falarmos de gasóleo bonificado, é evidente que se esixe, para intervir no mercado, unha maior dilixencia e coñecemento da normativa que a un cidadán normal, e o incumprimento da esixencia do art. 50 citado só pode encontrar explicación nunha actuación descoidada ou neglixente.

E verbo da específica motivación da culpabilidade; resulta difícil establecer criterios xerais de coma debe motivarse a súa concorrencia, polo que debemos estar ás circunstancias de cadanseu caso, sendo posible que, en certos caso, a redacción de feitos xunto coa normativa de aplicación xustifique, en por si, a neglixencia do infractor, sendo imposible esixir unha motivación específica de culpabilidade que resulta palmaria. Entendemos que é o que acontece neste caso, polo que consideramos que non concorre a falta de motivación denunciada.

Compre, por último, avaliar se a conduta do recorrente contaba co abeiro dunha interpretación razoable/posible da normativa, ou se a inactividade da administración xeroulle unha situación de confianza lexítima.

Coma xa indicamos, as existenzas constatadas no reconto de 21.04.2015 ( e que coincidían - cunha escasa variación que a propia administración considerou irrelevante- coa que reflicten os libros de existenzas pechados en marzo de 2008 ) son moi escasas, en atención á capacidade dos depósitos, e inclusive podemos dubidar do seu estado, dado o tempo transcorrido.

O recorrente, dende o peche do libro de existenzas no ano 2008, non realizou movemento ningún das existenzas ( coma indicamos, moi escasas ), nin cumpriu coa esixencia da declaración trimestral das mesmas.

Falarmos dun sistema de presentación telemática, cando menos, dende finais do 2012, sendo sorprendente que, maila facilidade de control do incumprimento formal no que incorría o recorrente, a administración non lle fixera ningún requerimento; cousa que tampouco realizou cando solicitou a renovación da autorización o 14.01.2014; sendo constatado o incumprimento cando solicita a baixa o 28.01.2015 e trala comprobación da existenzas ( e constatar que estas eran correctas e que se correspondían coa contabilidade do ano 2008).

Podemos entender que, dado que o recorrente non realizou movemento das existenzas dende o ano 2008, que estas poden considerarse residuais en relación coa capacidade dos depositos, e que a inactividade da administración xeroulle a conciencia de que non era necesaria a presentación das declaracións trimestrais das existenzas, a súa conduta non foi culpable, en termos de sanción, polo que, acollémolo recurso.

CUARTO.-Non facemos declaración das custas, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que ACOLLÉMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por suministros petrolíferos gallegos y servicios sa contra a resolución de 30.04.2019 do TEAR (Sanción I.Especiais, exped. 15706505/2016) anulándoa por contraria a dereito.

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.