Sentencia Contencioso-Adm...ro de 2017

Última revisión
16/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 34/2017, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15225/2016 de 01 de Febrero de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Administrativo

Fecha: 01 de Febrero de 2017

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 34/2017

Núm. Cendoj: 15030330042017100051

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2017:691

Núm. Roj: STSJ GAL 691:2017

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00034/2017

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2016 0000554

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015225 /2016 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Marí Jose

ABOGADOJOSE RAMON OULEGO ERROZ

PROCURADORD./Dª. OSCAR PEREZ GORIS

ContraD./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADOLETRADO COMUNIDAD

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A Coruña, un de febreiro de dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15225/2016, presentado por Marí Jose , representado polo procurador Sr. Pérez Goris, dirixido polo letrado Dº.Oulego Erroz, contra o acordo de 08.02.2016 da CONSELLERÍA DE FACENDA. É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO.-Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 656.481,9 + 89.811,86 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 08.02.2016 da Consellería de Economía que rexeita a solicitude de NULIDADE da liquidación de 06.06.2007.

Segundo resulta do expediente, tralo falecemento de Dº Gervasio a su herdeira Dª Marí Jose presentou a declaración do imposto o 21.06.2004 solicitando a aplicación da rebaixa por adquisición de negocio individual; o 24.05.2007 asina acta de conformidade na que lle negan a aplicación da rebaixa e o 06.06.2007 ditan a liquidación.

Solicitude de revisión de ACTO NULO presentada o 28.10.2014 ó considerar que concorrian os requisitos para aplicala rebaixa e que a propia Consellería coñecía pronunciamentos da xurisprudenza nese sentido. O Consello Consultivo informou en sentido contrario ó pretendido.

SEGUNDO.-En vía xudicial o recorrente formula: a) petición principal: nulidade ó non aplicala rebaixa do art. 2.3 da Lei 3/2002 e b) subsidiaria: revocación y devolución de ingresos non debidos.

A administración rebate as súas pretensións.

A xurisprudencia destaca que a canle regulada no art. 102 LRJPAC e 217 Lei 58/2003 ten como obxecto facilitar a depuración dos vicios de nulidade radical ou absoluta de que adoecen as actuacións administrativas, co inequívoco propósito de evitar que o transcurso dos breves prazos de impugnación daqueles a instancia de parte derive na súa inatacabilidad definitiva. Persegue, pois, ampliar as posibilidades de evitar que unha situación afectada por unha causa de nulidade de pleno dereito quede perpetuada no tempo e produza efectos xurídicos a pesar de adoecer dun vicio de tan relevante transcendencia ( STS 3ª 7ª 19.12.01 ).

Atopámonos, en suma, cunha especie de cláusula de salvaguardia do ordenamento, mediante a cal vén a impedir que o eventual fracaso ou a inaplicación dos mecanismos ordinarios de control administrativo poida devir na consolidación definitiva de actuacións lastradas con vicios xurídicos tan graves como a súa nulidade radical ou de pleno dereito, declaración de nulidade que debe ser realizada, inclusive, de oficio pola propia administración. Carácter este ratificado pola xurisprudencia, que tamén se manifestou en prol da devandita natureza imperativa do exercicio da potestade revisoria (vgr. STSJ A Rioxa 18.9.00, STS 3ª 7ª 22.3.05 ).

Esta consideración de última ratio ou cláusula de salvagarda do sistema obriga a interpreta-las esixencias do artigo 217 Lei 58/2003 de xeito amplo, en prol do administrado, para evita-la pervivencia de resultados manifiestamente contrarios ás esixencias dunha boa administración. Non esquezamos a vinculación do artigo 41 da carta de Dereitos Fundamentais da UE que esixe que os asuntos se traten dun xeito imparcial e equitativamente.

O que acontece é que dita amplitude non autoriza a prescindir das esixencias legais e a crear novos motivos de nulidade diferentes dos previstos, coma resulta do presente caso, no que o recorrente sostén que a liquidación firme e consentida de 06.06.2007 é nula por facer unha interpretación do art. 2.3 da Lei 3/2002 que non se axusta a criterios xurisprudenciais ( que se estableceron logo do ano 2007 ), sen que dita previsión teña encaixe dentro dos varios supostos do art. 217 e infrinxa, polo tanto, ningún dereito fundamental de igualdade, nin tampouco, prescinda total e absolutamente do procedemento.

TERCEIRO.-Resulta evidente que o feito de aplicar unha interpretación das esixencias requeridas polo artigo 2.3 da Lei 3/2002 contraria ós intereses da recorrrente e que se contradi coa xurisprudencia non é causa de nulidade de pleno dereito (e moito menos cando falarmos dunha xurisprudenza posterior á propia liquidación) nin supón tratar de xeito diferente casos idénticos.

Proba disto é que supostos mais claros, coma no caso de actos administrativos firmes baseados en normas declaradas posteriormente nulas non é motivo dabondo para anulalas liquidacións.

Coma indica a STS 02.10.1999 : Así, a sentenza desta Sala do 13 de febreiro de 1991 ( RJ 19913448) afirma que, fronte á tese de que os actos singulares ditados ao amparo dunha norma derrogada por anulación xurisdicional son nulos debe lembrarse que tal solución ten os límites que a propia lei establece en función dun dos principios reitores do noso ordenamento xurídico, acollido no art. 9 da Constitución ( RCL 19782836 e ApNDL 2875), onde se garante a seguridade xurídica. ..

As sentenzas que levan data do 4 de outubro de 1991 ( RJ 19916923), na mesma liña, afirman que unha liquidación practicada conforme ás normas entón vixentes, aínda que tales normas fosen posteriormente declaradas ilegais, non está comprendida en ningún dos supostos do precepto indicado.

Dita doutrina garda relación, así mesmo, coa que aparece na sentenza do Tribunal Constitucional 45/1989, do 20 de febreiro ( RTC 198945), en cuxo Fundamento Xurídico 11 formúlase o seguinte principio acerca das consecuencias da declaración de inconstitucionalidade dunha lei, que vén sendo considerado desde entón como regra básica sobre os efectos da anulación dunha norma en orde aos actos ditados ao seu amparo: «... Entre as situacións consolidadas que han de considerarse non susceptibles de ser revisadas, como consecuencia da nulidade que agora declaramos, figuran non só aquelas decididas mediante sentenza con forza de cousa xulgada ( art. 40 LOTC [ RCL 19792383 e ApNDL 13575]), senón tamén, por esixencia do principio de seguridade xurídica ( art. 9.3 CE ), as establecidas mediante as actuacións administrativas firmes; a conclusión contraria, en efecto, entrañaría (...) un inaceptable trato de disfavor para quen recorreu, sen éxito, ante os Tribunais en contraste co trato recibido por quen non instou en tempo a revisión do acto de aplicación das disposicións hoxe declaradas inconstitucionais».

Pode afirmarse, como resultado de canto levamos exposto, que en materia de revisión de actos administrativos, a vía normal é a interposición da reclamación económico-administrativa no prazo de 15 días seguintes, calquera que sexa o grao de invalidez que se alegue. Transcorrido devandito prazo, sen impugnar os devanditos actos na vía indicada, os actos convértense en firmes e consentidos, inatacables e irrevisables na devandita vía e, en consecuencia, na xurisdicional.

Esta afirmación leva as seguintes declaracións complementarias:

a) A nulidade das disposicións xerais, declarada en recursos directos ou estimada en recursos indirectos, non produce a nulidade de pleno dereito dos actos administrativos ditados ao seu amparo.

b) A nulidade de pleno dereito só se produce cando os actos administrativos tributarios incorreron nalgunha das causas establecidas no art. 153 da Lei Xeral Tributaria .

c) As liquidacións practicadas conforme ás normas vixentes no devandito momento, non inciden en nulidade de pleno dereito, aínda que tales normas sexan posteriormente declaradas ilegais.Voces

NORMA-NORMAS

REGLAMENTOS (Disposiciones generales)

Nulidad

Efectos

oSubsistencia de actos firmes:

NULIDAD-ANULABILIDAD DE ACTUACIONES

NULIDAD

Disposiciones generales

Efectos

oSubsistencia de actos firmes:

NULIDAD-ANULABILIDAD DE ACTUACIONES

NULIDAD

Declaración de nulidad

Efectos

oOtras Resoluciones

RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

Objeto del recurso

Disposiciones generales

Impugnación indirecta

Alcance

oOtras Resoluciones

RECURSO DE CASACION

Inadmisibilidad

Por razón de la cuantía

oCuantía inferior a 6.000.000 de ptas.: existencia: inadmisibilidad procedente:

oDeterminación: tributos: acumulación de distintas cuotas, intereses y sanciones: consideración aislada:

TASAS ESTATALES

Tasas y exacciones parafiscales (Ley 29 diciembre 1958)

Tipología de tasas

Tasa por prestación de servicios de doblaje, subtitulado y exhibición en versión original de películas extranjeras (Decreto 4292/1964, de 17 diciembre; Decreto 793/1973, de 26 abril)

Cuestiones normativas y naturaleza

oOtras Resoluciones

TRIBUTOS-REVISION DE ACTOS

Supuestos especiales de revisión administrativa

Nulidad

oMotivos: actos dictados por órgano manifiestamente incompetente: motivo que no concurre y de forma manifiesta: denegación «a limine», sin recabar dictamen del Consejo de Estado: procedencia:

oMotivos: declaración de nulidad de las normas en que se basaron las liquidaciones: motivo no previsto: denegación «a limine», sin recabar dictamen del Consejo de Estado: procedencia:

oProcedimiento: doctrina general: posibilidad de desestimación «a limine», denegando la tramitación, sin necesidad de recabar el dictamen del Consejo de Estado: examen de supuestos en que es admisible: inexistencia de motivo de nulidad, de manera ostensible e indubitada:

oProcedimiento: denegación de tramitación, sin recabar dictamen del Consejo de Estado: procedencia: pretensión de nulidad basada en la anulación de normas y doctrina jurisprudencial sobre la subsistencia de actos firmes: ausencia ostensible de motivo de nulidad: desestimación «a limine», procedente:

Cargando...

Principio del formulario

Final del formulario

Se dita circunstancia - ilegalidade da norma- non é motivo de nulidade dos actos - firmes- de aplicación menos o será o establecemento dun criterio xurisprudencial posterior á firmeza do acto administrativo, sen que esto xere desigualdade - os efectos de entender infrinxido o art. 14 CE - entre os que consentiron o acto e os que esgotaron tódalas vías xudiciais e puideron beneficiarse do criterio do TS fixado no ano 2009.

Non existiu, por parte da administración unha infracción manifesta da Lei, nos termos das SSTS 22.04.1977 , 11.12.1979 , 20.02.1980 , 11.03.1985 , 13.10.1988 que lesione ningún dereito fundamental.

Tampouco infrinxe a administración o artigo 217.1.e Lei 58/2003 polo feito de non aplicar - de oficio e pola vía da revogación do acto firme- a doutrina do TS (insistimos, posterior á firmeza do acto administrativo), xa que como diremos no FX seguinte non existe dita obriga.

O dito obriga a rexeitalo recurso neste punto.

CUARTO.-Verbo da pretensión subsidiaria de REVOGACIÓN ( que anoamos coa presunta vulveración do artigo 217.1.e ); sen prexuízo de recoñecer que existen achegas doutrinais ( e da pequeña xurisprudenza ) en sentido contrario o que se dirá, e xurisprudenza reiterada do TS que a previsión do art. 219 Lei 58/2003 non xera un novo recurso a prol dos administrados, senón que establece unha facultade de libre exercicio por parte da administración.

Coma indica a STS 19.05.2011 :Debemos anticipar que a Sentenza da Sección Quinta desta Sala, do 11 de xullo de 2001 ( RJ 2001, 8998) (recurso de casación número 216/1997 ) declarou (Fundamento de Dereito Quinto): '(...) a potestade de revisión que o artigo 105 da Lei 30/92 concede á Administración para os actos de gravame ou desfavorables non constitúe unha fórmula alternativa para impugnar fóra de prazo os actos administrativos consentidos e firmes, senón só para revisalos por motivos de oportunidade. A petición de revisión non pode ser ocasión para discutir se o acto de gravame axústase ou non ao ordenamento xurídico, pois iso só pode facelo o interesado impugnando en tempo e forma o acto discutido' . E por iso rexeitou a posibilidade de solicitar a revogación por motivos de legalidade dos actos firmes que denegaron a aprobación dun Avance e o Proxecto de Plan Especial urbanístico, 'porque iso significa impugnar fóra de prazo os actos orixinarios.'

Por iso, púidose dicir que, a diferenza da revisión de oficio dos actos nulos de pleno dereito, a revogación dos actos nulos desfavorables é unha facultade e non unha obrigación da Administración, pois ese tipo de invalidez valídase polo paso do tempo e ao gañar firmeza.....

Finalmente, habémosnos/habémonos de referir á cuestión da iniciación do procedemento, que é sobre a que vira a controversia que desembocou no presente recurso de casación.

E pasando a facelo así, habemos de poñer de manifesto que o artigo 219.3 da Lei establece que ' O procedemento de revogación iniciarase sempre de oficio.'

A declaración da Lei, de seu determinante, vese reforzada pola circunstancia de que na tramitación do proxecto de Lei no Senado rexeitouse a Emenda 317 do Grupo Catalán que propugnaba recoñecer expresamente a iniciativa do particular para a iniciación do procedemento.

Ademais, o Regulamento Xeral de Revisión na Vía Administrativa, aprobado por Real Decreto 5120/2005, do 13 de maio , desenvolve a Lei de forma correcta no referente á iniciación, por canto o artigo 10.1 establece que ' O procedemento de revogación iniciarase exclusivamente de oficio, sen prexuízo de que os interesados poidan promover a súa iniciación pola Administración competente mediante un escrito que dirixirán ao órgano que ditou o acto. Neste caso, a Administración quedará exclusivamente obrigada a acusar recibo do escrito.' ...

Por iso, debemos entender que o artigo 219 da Lei Xeral Tributaria non recoñece lexitimación aos particulares para iniciar o procedemento, atribuíndolles unicamente a posibilidade de promover esa iniciación mediante a correspondente solicitude, da que a Administración acusará recibo, e sen prexuízo da tramitación subseguinte se se inicia o procedemento.

Esta regulación non difire da xurisprudencia desta Sala en relación co artigo 154 da Lei Xeral Tributaria de 1963 , no que se prevía a revisión dos actos en que, previo expediente, acreditásese, que 'infrinxen manifestamente a lei'.

En efecto, na Sentenza do 13 de outubro de 1988 ( RJ 1988, 7977) díxose: '... Como ten dito esta Sala, en Sentenza do 23 de outubro de 1971 ( RJ 1971, 4192) , convén establecer que a revisión que autoriza o artigo 154 da Lei Xeral Tributaria , é unha facultade concedida á Administración ...'

Posteriormente, na Sentenzas do 19 de decembro de 2002 ( RJ 2003 , 771) , 28 de xaneiro ( RJ 2003 , 2016) , 23 de setembro ( RJ 2003, 7565) , 4 ( RJ 2003, 8454) e 7 de novembro de 2003 e 16 de marzo de 2004 ( RJ 2004, 2273) declarouse: ' A sentenza de instancia aplicou o artigo 154 da LGT (no que funda o dereito de revisión das Taxas viradas), pero iso é contrario ao ordenamento xurídico, pois tal artigo contén unha facultade revisora reservada á Administración e non unha lexitimación para iniciar o procedemento por parte do suxeito pasivo, atacando, por esta vía, actos que quedaron firmes por non ser impugnados nos prazos concedidos para iso.

Dado que a administración non considerou que procedera exercela facultade do artigo 219, e que dito pronunciamento non é revisable polos Trbunais procede rexeitalo motivo suscitado.

QUINTO.-Verbo da pretensión de DEVOLUCION DE INGRESOSNON DEBIDOS, tal e coma resulta do artigo 221.3 Lei 58/2003 o falarmos de actos firmes só pode instarse a devolución pola vía dalgún dos procedimientos de revisión dos parágrafos a), c) y d) do artigo 216 ou polo recurso extraordinario de revisión (art. 244) e non suscitando unha pretensión autónoma.

Dado que nos FX anteriores rexeitamos que concorran os requisitos da acción de nulidade ou da revogación non procede acollela petición.

SEXTO.-Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistencia xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

1º.-Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dª Marí Jose contra a resolución de 08.02.2016 da Consellería de Economía que rexeita a solicitude de NULIDADE da liquidación de 06.06.2007.

2º.- Impoñenselle as custas ata a contía maxima de 1.500 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, un de febreiro dous mil dezasete.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.