Sentencia Contencioso-Adm...re de 2017

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 448/2017, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15637/2016 de 11 de Octubre de 2017

Relacionados:

Tiempo de lectura: 18 min

Orden: Administrativo

Fecha: 11 de Octubre de 2017

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 448/2017

Núm. Cendoj: 15030330042017100448

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2017:6243

Núm. Roj: STSJ GAL 6243:2017

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00448/2017

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2016 0001586

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015637 /2016 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Serafina , María Angeles , Plácido

ABOGADOJAVIER JESUS GARCIA ROJO, JAVIER JESUS GARCIA ROJO , JAVIER JESUS GARCIA ROJO

PROCURADORD./Dª. BEATRIZ CASTRO ALVAREZ, BEATRIZ CASTRO ALVAREZ , BEATRIZ CASTRO ALVAREZ

ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de outubro dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15637/2016, presentado por Dª Serafina , María Angeles e Plácido representado polo procurador Sra. Castro Álvarez, dirixido polo letrado Dº. García Rojo, contra o acordo de 19.01.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 72.227,11 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-Os actos que se recorren son os acordos de 19.01.2017 do TEAR que acollen, parcialmente, as reclamacións económico administrativas contra o requerimento de pago como sucesores nas débedas tributarias de Dº Benigno (responsable subsidiario das débedas de PESQUERÍAS OTERO MEITIN SA) e a providenza de prema: anula a providenza de prema e anula parcialmente o requerimento de pago ( precisa trámite de audiencia )

SEGUNDO.-O recurso baséase na: a) non procede a realización dun tercer requerimento, b) prescrición estintiva sobrevida por supéralo prazo do art. 150 LXT , c) aplicación incorreta do art. 39 LXT , d) non concorren os fundamentos para declarala responsabilidade do Sr. Benigno , e) non proceden as sancións, f) o Sr. Benigno non era administrador en xullo de 2003, g) contradición co auto de 31.01.20103 e h) non existe conduta ilícita na persoa do Sr. Benigno .

O letrado do Estadononformulou contestación á demanda.

Verbo da 1ª cuestión; o recorrente considera que deben de aplicarse os fundamentos que resultan da STS de 28.10.2010 (que esta Sala ten aplicado en sentenzas que se citan ) que limita as facultades da administración de corrixir, sine die, os defectos de motivación das comprobacións de valores.

Ó efecto compre indicar que a xurisprudenza do TS nesta materia cínguese ó tema da aplicación do art. 57 Lei 58/2003 ( comprobación de valor/motivación -o TS, entre outras, na STS do 3 de maio de 2011 ( RJ 2011, 3911 ) (recursos 466/2009 , 6393/2009 e 4723/2009) afirma que «o único xuridicamente intolerable é a actitude contumaz da Administración tributaria, a obstinación no erro, a reincidencia en idéntico yerro unha e outra vez. Unha tesitura así atentaría contra a súa deber constitucional de eficacia, descoñecendo o principio de seguridade xurídica e incorrendo nun indubidable abuso de dereito». O TS non concede, por iso, unha terceira oportunidade á AEAT para reiterar polo mesmo motivo liquidacións anuladas, e non o fai en aras de protexer a eficacia administrativa, a seguridade xurídica, sancionar o abuso de dereito e protexer a tutela xudicial efectiva na medida en que unha liquidación tributaria que volvese a reincidir no erro dunha liquidación anulada constituiría un acto nulo de pleno dereito en virtude do establecido no art. 103 da LJCA ( RCL 1998, 1741 ) . Vide., STS do 26 de marzo de 2012 ( RJ 2012 , 5101 ) , e do 19 de novembro de 2012 ( RJ 2012, 10893 ),)e non establece a mesma doutrina para outros supostos, senón que, o criterio xeral é outro:a STS do 29 de setembro de 2014 ( RJ 2014, 4502 ) (recurso 1014/2013 ) afirma que, anulada unha liquidación tributaria por defectos materiais ou substantivos, aínda que non caiba retrotraer actuacións, a Administración tributaria pode ditar unha nova liquidación sempre que a súa potestade de liquidar non prescribise e que, co novo acto, non se incorra en «reformatio in peius». E cotián que o TS invoque o deber de contribuír e o principio de eficacia administrativa para xustificar que a Administración pode volver liquidar aínda que o tentara, erroneamente, con carácter previo. Vide. Entre outras, as SSTS do 26 de marzo de 2012 ( RJ 2012 , 5101 ) , 19 de novembro de 2012 ( RJ 2012 , 10893 ) , 29 de setembro de 2014 ( RJ 2014, 4502 ).

No caso presente falarmos dunha declaración de responsabilidade subsidiaria nas débedas de PESQUERIAS OTERO MEITIN SA, en trámite de execución do acordado polo TEAC o 30.01.2014, que se complica co falacemento do declarado responsable e con traslado da débeda ós legatarios, e con declaración de anulación parcial por razóns diversas: alcance da responsabilidade ( legatario ), trámite de audiencia,... polo que non podemos aplicala doutrina da STS de 28.10.2010 , o que carreta que rexeitémolo motivo alegado.

Verbo da alegaciónB.- prescrición por supéralo prazo do art. 150 LXT .

O recorrente considera que a resolución do TEAC de 26.09.2013 - notificada ó órgano xestor o 30.01.2014- no se executou no prazo establecido no art. 150.5 LXT do que se deriva que cando lle notificaron a retroacción de actuacións - 10-14 e 23-07 2015 - xa prescribirá a acción.

O que acontece é que o artigo 150.5 LXT non é de aplicación ó presente suposto dado que falarmos dun procedemento do art. 174 - 175 - 176 LXT que está previsto dentro dos procedementos de recadación polo que non é de aplicación o prazo de caducidade - art. 104.1 parágrafo segundo- nin a previsión do art. 150.5, o que carreta que non poidamos falar de prescrición.

TERCEIRO.-O terceiro motivo é a aplicación incorrecta do art. 39 LXT dado que os recorrente non son sucesores/herdeiros do Sr. Benigno , existindo unha herdeira: a viuva do Sr. Benigno .

Segundo resulta do expediente o Sr. Benigno faleceu o 22.01.2011 e no testamento vixente ó tempo do seu falecemento outorgaba un legado a prol de Serafina ( piso e plaza de garaxe da Avd. DIRECCION000 ) e outros dos legados co mesmo contido a prol dos outros dous fillos e no resto da herdanza designaba herdeiros universais os seus fillos Serafina , María Angeles e Plácido .

O 06.06.2011 os herdeiros designados renunciaron a súa condición de herdeiros.

Concordamos coa SAN de 08.02.2007 , citada polo recorrente, en que a responsabilidade dos sucesores do causante - art. 39 LXT - está condicionada polo xogo das normas civís, entre elas, as normas que rexen a aceptación e repudiación da herdanza - art. 988 e ss CCivil-.

Neste caso figura que os HERDEIROS ( os recorrentes ) renunciaron a súa condición en escritura de 06.06.2011- sen matiz ningún - e sen que se probe a realización de acto previo ningún que permita presupor que aceptaran a herdanza ( art. 999 CCivl ) , polo que entra en xogo o art. 989 CCivil e, en consecuencia, a renuncia retrotrae os seus efectos ó momento do falecemento do causante e a parte renunciada ( parece ) acrece á parte da viuva.

Dado que os recorrentes Serafina , María Angeles e Plácido non ostentaron en ningún momento - polo xogo do citado art. 989 CCivil- a condición de herdeiros do Sr. Benigno ningúnha responsabilidade pode esixirselle pola vía do artigo 39.1 parágrafo 1º da LXT o que carreta que debamos acollelo recurso neste punto.

Compre resolver a controversia verbo dos LEGADOS recibidos e aceptados polos recorrentes e en que medida é de aplicación o art. 39.1 parágrafo segundo:as referidas obrigacións tributarias se transmitirán ós legatarios nas mesmas condicións que as establecidas para os herdeiros cando a herdanza se distribúa a través de legados e nos supostos nos que se institúan legados de parte alícuota.

Os recorrentes- con base nas normas civís e do dito na SAN citada- consideran que a existenza doutro herdeiro ( a viuva ) e doutros bens na herdanza ( participación nunha finca, contas bancarias e o enxoval doméstico ) impiden considerar que a herdanza ( toda ) se destribúe en legados, do que se deriva que non responden das débedas do testador nin tan sequera ata o importe dos bens legados. A esto engaden que non lle deron a posesión dos legados e que esto non acontecerá por aplicación do art. 1027 Ccivil.

Para resolvela cuestión compre indicar que o testamento do Sr. Benigno , se ben declara herdeiros universais (nos bens non legados ) os tres fillos, distribúe - agás de bens residuais- todo o seu patrimonio en legados: a) un piso con praza de garaxe os fillos e b) e para a esposa légalle o usufructo universal, a súa parte na comunidade de bens DIRECCION001 CB e no busque pesqueiro Marrajero, outros dous buques de pesca, un piso e unha finca.

Foi a AEAT quen determinou os bens residuais non distribuidos: a) conta bancaria con 6.851.42 eiros e b) metade dun local comercial con cargas superior ó valor de taxación.

Con este datos asuminos íntegramente o contido do informe do Advogado do Estado-Xefe que figura no expediente que conclúe que estarmos nun suposto do art. 891 CCivil: distribución de toda a herdanza en legados ( compatible coa existenza de bens residuais, o que se engade á renuncia a condición de herdeiro ) e, consecuentemente, é de plena aplicación o art. 39 LXT .

Concordamos en que, outra cousa, suporía deixar á vontade das partes ( testador e herdeiros ) ó determinalo alcance da responsabilidade dos sucesores, xa que chegaría con excluir da distribución por medio de legados un ben da herdanza - de escasísimo valor- para facer inaplicable o art. 39 e isto suporía consagrar unha actuación abusiva e contraria á boa fe.

Dado que - materialmente- estarmos nun supusto dos previstos no artigo 39.1 parágrafo segundo - distribución da herdanza en legados- a responsabilidade dos recorrentes é coma se fosen herdeiros e para a súa concorrencia non se precisa da entrega dos legados ( 882 CCivil ) o que carreta que rexeitémolo recurso neste punto. A esta conclusión non lle afecta a decratación de 05.11.2012 da viuva coma herdeira xa que falarmos dun feito posterior á propia transmisión da responsabilidade ( polo dito ) ós recorrentes nas débedas do pai.

O4º motivo: non conformidade co fundamento da responsabilidade.

Os recorrentes alegan que non existiu unha actuación incorrecta por parte de POMSA, que o Sr. Benigno non era administrador en xullo de 2003 e que non existiu unha conduta ilícita do mesmo.

Compre mudalos termos do debate dado que o relevante é contestalas cuestión B-C e só de resultar esta contraria á pretensión do recorrente sería preciso avaliar a cuestión A.

O recorrente reflicte na demanda que o 16.09.1999 a entidade POMSA vende o buque DIRECCION002 PRIMERO e na declaración do I.Sociedades do ano 2009 aplica o beneficio tributario por reinversión: buque de pesca encargado a NAVALSHIP SL ( entrega de 1.202.024,20 euros ). Quebra ( culpable ) desta sociedade o 09.06.2002 e quebra voluntaria de POMSA declarada o 21.06.2002, con nomeamento de COMISARIO e DEPOSITARIO. A AEAT non designou ningún síndico e AUTO de 31.01.2003 de arquivo.

A AEAT inicio expediente de comprobación do I.Sociedades ano 2002 por non ter realizado a reinversión da cantidade recibida o ano 1999. ACTA DE CONFORMIDADE e sanción que se recorre ( lle acollen, parcialmente, o recurso ).

Os recorrentes alegan que en xullo de 2003- data de presentación do I.Sociedades do ano 2002- o Sr. Benigno non era administrador da sociedade: a) o seu cargo estaba caducado dende o 30.09.2001, b) existían un comisario e un depositario e c) o cargo de administrador non se rehabilitara trala declaración de quebra.

Verbo da caducidade do cargo e consonte indica a STS 18.11.2013 :....Devandito Tribunal, no sexto fundamento da súa sentenza, razoa que o mero transcurso do prazo do mandato como administrador non determina a súa caducidade mentres non fose cesado ou fose nomeado outro na súa substitución. Se non se dan tales circunstancias, enténdese que o administrador continúa de feito, pois unha sociedade non pode carecer de representante, con independencia de que a tese do demandante prexudicaría a terceiros. Noutras palabras, a caducidade do seu nomeamento non exime ao administrador de seguir desempeñando as súas funcións ata a designación de quen vaia a sucederlle, segundo despréndese do artigo 127 do citado texto refundido e do 1737 do Código Civil ( LEG 1889, 27 ) .

Esta Sala comparte o criterio da Audiencia Nacional. Certamente o artigo 126.3 do texto refundido dispón a caducidade do nomeamento dos administradores cando, vencido o prazo previsto, celebrouse a xunta xeral seguinte ou transcorrese o termo legal para a celebración da xunta que deba resolver a aprobación das contas do exercicio anterior. O artigo 145.1 do Regulamento do Rexistro Mercantil (RCL 1996 , 2112) reproduce a mesma norma . Rectamente entendidos estes preceptos prescriben o momento no que ha de entenderse caducado o nomeamento dun administrador cuxo mandato expirou, pero non se deriva dos mesmos que esa caducidade determine a automática perda da condición de administrador. Na sentenza do 18 de outubro de 2010 ( RJ 2010, 7394 ) (casación 2733/06 , FJ 3º) indicamos que a seguridade no tráfico mercantil xustifica que o mero feito da caducidade do nomeamento polo transcurso do tempo previsto para o mandato non implique automaticamente a perdida da condición de administrador, quedando quen a ostente obrigado a adoptar as medidas oportunas para que se nomee a outro, no caso de que non desexe continuar, ou para que se revogue o seu nomeamento. Na citada sentenza lembramos que, con arranxo ao artigo 100 do texto refundido da Lei de Sociedades Anónimas (RCL 1989, 2737 e RCL 1990, 206) , os administradores sociais poden convocar xunta xeral extraordinaria de accionistas cando o estimen conveniente para os intereses sociais, polo que o administrador con mandato caducado ten a facultade de convocar esa xunta a fin de que lle nomeen un sucesor.

Do dito resulta que o feito de que os cargos de administrador estiveran caducados non é motivo que exclúa a responsabilidade do Sr. Benigno ; a esto engadimos que, mailo feito de que os cargos estiveran caducados os administradores solicitaron o 05.06.2002 a solicitude de quebra voluntaria polo que seguían actuando como tales administradores.

Outro tanto compre resolver verbo da situación posterior á declaración de quebra - auto de 21.06.2002. Segundo alega o propio recorrente o 31.01.2003 o Xulgado acordou arquivalo expediente de quebra ( resolución equivalente á desitencia do procedemento, coma indica o propio auto ) e, en aplicación do art. 1167 LAC reintegraron ó debedor en tódolos seus dereitos sen que, polo tanto, fose preciso unha declaración expresa de rehabilitación dos administradores. A esto engadimos que foron os administradores os que presentaron a declaración do I.Sociedades do ano 2002 - en xullo de 2003-, logo do arquivo da quebra, polo que non existe dúbida posible de que nese momento ostentaban e exerceron a súa condición de administradores e nese concepto lle é esixible a súa responsabilidade. Outro tanto compre dicir verbo da inspección do exercicio 2002 realizada pola AEAT e que rematou cun acta de conformidade: aínda que non figura no expediente tivo que ser asinada polos administradores.

De feito nas alegacións que realiza o Sr. Benigno - trámite de audiencia ó expediente de declaración de responsabilidade subsidiaria- non nega ningún dos feitos e que fose e actuase coma administrador tralo arquiva da quebra.

Verbo da cuestiónC; fronte ó alegado de que non concorren os requisitos do art. 40.1 LXT entendemos que o Sr. Benigno , como administrador de POMSA, no realizou as actuacións - tributarias- ás que estaba obrigado.

É certo que a administración da sociedade actuoucorrectamentesolicitando a declaración de quebra voluntaria ( e incluindo o crédito da administración na masa ) , o que acontece é que a responsabilidade xurde da actuación posterior ó arquivo da quebra: presentación da autoliquidación do I.Sociedades do ano 2012 sen recollela ganancia obtida coa venda do barco ( bonificación fiscal condicionada á reinversión ) e neste extremo a sociedade conformouse asinando a correspondente acta, asumindo que o seu actuar non foi correcto.

Compre indicar que a cantidade aplicada no ano 2002 foi de 2.432.410,17 euros en tanto que a entregada a Navalship SL foi de 1.202.024,20, polo que, independientemente da problemática xurdida con dita empresa, existía unha cantidade que inequívocamente debían declarar no ano 2002 e este feito non podía ser descoñecido polos administradores, entre os que se atopaba o pai dos recorrentes.

A dita conclusión non é posible opor que o arquivo da quebra é imputable á administración; a sociedade conformouse con dito arquivo recuperando os seus dereitos e non reflectindo na autoliquidación do I.Sociedades ano 2002 a ganancia derivada da venda do barco, polo que, a actuación da administración no expediente de quebra é irrelevante.

Onde si debemos acollelo recurso é verbo da sanción que se lle impuxo a POMSA e por ausencia de motivación.

Precisa o TS na súa Sentenza do 30 de maio de 2013 (RJ 2013, 4720) , como motivación non basta afirmar que o interesado debeu axustar a súa conduta ás circunstancias, así como que non hai causa de exoneración e que as normas son claras . E, de acordo co declarado polo TS na súa Sentenza do 13 de xuño de 2013 (RJ 2013, 4900) , a motivación da culpabilidade non constitúe un requisito formal , senón un dereito fundamental do cidadán, resultando para ese efecto improcedente a imposición dunha sanción por falta de motivación da culpa.

Na STS do 7 de febreiro de 2013 (RJ 2013, 2062), afirmouse que resulta inxustificada a imposición dunha sanción naqueles casos nos que non se puxo a debida dilixencia e coidado na análise dos elementos determinantes do réxime tributario aplicable, non razoándose acerca de tal conexión nin constituíndo motivación suficiente da culpa.

Sinala ademais a Sentenza do TS do 23 de febreiro de 2015 (RJ 2015, 812) , que para determinar, en cada suposto, se a resolución administrativa sancionadora cumpre ou non coa esixencia de motivar a culpabilidade é necesario ter en conta tanto as circunstancias fácticas que aquela contempla como as normas tributarias que aplica . E a este respecto, aínda que non pode ser suficiente a mera afirmación de voluntariedad na conduta (mesmo acompañada da non apreciación de circunstancias que exclúan a responsabilidade) debe considerarse bastante a descrición de condutas que realizan as resolucións sancionadoras, as cales non son concebibles sen a concorrencia de dolo, culpa ou cando menos neglixencia.

Esixencia de motivación polo miúdo que é mais relevante no presente caso, dado que como indica a STS do 18 de xullo de 2013 : recoñece a existencia de discrepancia razoable no tratamento da reinversión no IS polas dificultades de interpretación. E idéntico criterio adopta a SAN do 4 de xullo de 2013 (JUR 2013, 246013) .

Do dito resulta que é insuficiente a estes efectos dicir que era posible outra conduta o que carreta que acollámolo recurso neste punto, excluindo da reclamación ós recorrente o importe da sanción.

CUARTO.-Non facemos declaración das custas, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Plácido e Dª Serafina e María Angeles contra as resolucións de 19.91.29167 do TEAR (Resp.Subsidiria-Herdeiros, exped. NUM000 ) anulándoa por contraria a dereito no relativo á SANCION TRIBUTARIA que se lle impuxera a POMSA.

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, once de outubro dous mil dezasete.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.