Sentencia Contencioso-Adm...re de 2017

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 460/2017, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15592/2016 de 25 de Octubre de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Administrativo

Fecha: 25 de Octubre de 2017

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 460/2017

Núm. Cendoj: 15030330042017100459

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2017:6846

Núm. Roj: STSJ GAL 6846:2017


Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00460/2017

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2016 0001488

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015592 /2016 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Enma

ABOGADOJACOB DEL RIO VIÑAS

PROCURADORD./Dª. JOSE LUIS GONZALEZ MARTIN

ContraD./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADOLETRADO DE LA COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADORD./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e cinco de outubro dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15592/2016, presentado por Dª Enma , representado polo procurador Sr. González Martín, dirixido polo letrado Dº.Del Rio Viñas, contra o acordo de 14.07.2016 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 12.141,33 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 14.07.2016 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I.Sucesións derivada da taxación pericial contraditoria e contra o acordo de 20.12.2016 que non admite o recurso de anulación.

SEGUNDO.-O recorrente denuncia la falta de congruencia da resolución do TEAR xa que non da resposta á pretensión formulada de FALTA DE MOTIVACIÓN da avaliación realizada polo terceiro perito; tamén sostén que debe anularse dita valoración ó incorrer en erros e en defectos de motivación.

Os letrados da administración opoñense ó recurso.

Verbo da 1ª cuestión: falta de congruencia.

Como indica a STS 16.10.1992 : A congruencia entre os motivos do recurso administrativo e a resolución recaída cúmprese cando a Administración resolve sobre o fondo da pretensión administrativa. Esta Sala vén declarando [SS. 23-2-1984 (RJ 19841090 ), 18-2-1985 ( RJ 19851174), 12-21986 (RJ 1986507), 25-6-1987 ( RJ 19874928) e 9-3-1992 ] respecto da congruencia das decisións xudiciais cos pedimentos da demanda que as resolucións que desestiman os recursos nas que se manteñen as resolucións recorridas non deixan de resolver algunha das cuestións expostas e que non pode predicarse entón que existe incongruencia en máis ou menos, nin noutra cousa distinta á solicitada. Esta xurisprudencia é de aplicación na vía contencioso-administrativa respecto das resolucións administrativas que -como as que son obxecto do presente litixio- pronúncianse sobre a única pretensión deducida,..

A de 29.11.1999 recolle: a congruencia esixe do Tribunal que este non soamente pronúnciese sobre a pretensións, senón que require unha análise dos diversos motivos de impugnación e das correlativas excepcións ou oposición que se expuxeron ante o órgano xurisdicional. Non así sucede cos argumentos xurídicos, que non integran a pretensión nin constitúen en rigor cuestiones, senón o discorrer lóxico-xurídico do razoamento das partes, que o Tribunal non vén imperativamente obrigado a seguir nun iter paralelo a aquel discurso.

Aplicarmos estas consideracións ó caso de autos e temos que o TEAR da debida resposta ás cuestións suscitadas no recurso, explicando porque non pode entrar a avalialo contido do informe do terceiro perito nin os criterios técnicos utilizados, polo que, se ben é certo que non responde á alegación de defectos de motivación o fai pola razón dita, sen que dita explicación provoque indefensión ó recorrente, quen ante a liquidación xirada opta pola solicitude da TAXACIÓN PERICIAL CONTRADITORIA e non por impugnar directamente a liquidación, onde podería por en cuestión a motivación do informe do técnico da administración.

O dito obriga a rexeitalo recurso.

TERCEIRO.-Para resolvela segunda cuestión compre facer unha curta referencia á natureza do procedemento de taxación pericial contraditoria.

A taxación pericial contraditoria é o mecanismo regulado polo art. 135 da LGT [cuxo apartado 1 foi modificado polo art. Único.25 da Lei 34/2015, do 21 de setembro] destinado á corrección dos medios de comprobación fiscal de valores sinalados no artigo 57 da LGT , dentro do prazo do primeiro recurso ou reclamación que proceda contra a liquidación efectuada de acordo cos valores comprobados administrativamente ou, cando a normativa tributaria así o prevexa, contra o acto de comprobación de valores debidamente notificado.

Segundo a STS do 22 de abril de 2010 (RJ 2010, 4706), Recurso de Casación núm. 11002/2004 a taxación pericial contraditoria é un instrumento corrector dos procedementos de comprobación do valor utilizados pola Administración, e en análogos termos manifestáronse, entre outras, a SAN do 13 de outubro de 2009 (JUR 2009, 444425) , Recurso contencioso-administrativo núm. 353/2008 ; e as Sentenzas do TSJ da Región de Murcia núms. 869/2013, do 18 de novembro (JT 2014, 147) , Recurso contencioso-administrativo núm. 229/2009 , e 870/2013 , do 18 de novembro (JT 2014, 146) , Recurso contencioso-administrativo núm. 230/2009 ; mentres que na STSJ de Castela e León, núm. 1149/2015, do 8 de xuño (JT 2015, 1278) , Recurso contencioso-administrativo núm. 532/2012, declarouse que a taxación pericial contraditoria non é un medio probatorio, sendo, ademais, completamente distinto da reclamación económico-administrativa.

E como tal, segundo declarouse polas Sentenzas do TSJ da Comunidad de Madrid núm. 224/2012, do 6 de marzo (JT 2012, 503) , Recurso contencioso-administrativo núm. 1043/2009 , e do TSJ de Cataluña núm. 280/2014, do 27 de marzo (JUR 2014, 151080) , Recurso contencioso-administrativo núm. 38/2011, a Axencia Tributaria non está obrigada a informar da posibilidade de instar a devandita taxación, xa que a súa obrigación cínguese á de indicar os recursos ou reclamacións que cabe interpoñer fronte á liquidación, entre os que non está incluída dita taxación, pois non se trata dun medio de impugnación senón dun motivo de oposición á liquidación que debe impugnarse a través do recurso de reposición ou da reclamación económico administrativa.

Este criterio non é, con todo, o mantido polas Resolucións do TEAC de 30 xuño 2011 (JUR 2011, 297754) e do 18 de xullo de 2013 (JT 2014, 74) , xa que nelas afirmouse que a taxación pericial contraditoria configúrase como un medio de impugnar os valores comprobados administrativamente, nos casos en que se prevexa esta posibilidade; e que ao ser un medio de impugnación, ha de comunicarse ao obrigado tributario, a través da correspondente notificación, o dereito que lle asiste a promovela, así como o prazo no que pode exercitarse.

A valoración do perito terceiro [cuxo ditame terá que ser motivado e especificando suficientemente os criterios e elementos utilizados para realizar a valoración, tal e como se declarou en, por exemplo, a STSJ de Estremadura núm. 2/2015, do 15 de xaneiro (JT 2015, 363), Recurso contencioso-administrativo núm. 735/2013] servirá de base á liquidación administrativa que proceda cos límites do valor declarado e o valor comprobado inicialmente pola Administración.

A LGT impide, que a resolución de perito terceiro poida prexudicar ao obrigado tributario. Trátase dunha manifestación lineal do principio de prohibición da «reformatio in peius».Se o valor fixado polo perito terceiro demostra un valor inferior ao declarado este debese prevalecer na liquidación final.Véxase, por exemplo, a STSJ de Cataluña núm. 285/2015, do 12 de marzo (JT 2015, 1169), Recurso contencioso-administrativo núm. 1286/2011.

Como é lóxico, é evidente, en calquera caso, que esa valoración realizada polo perito terceiro, dentro dos límites mencionados, ten efectos exclusivamente no ámbito administrativo, pero non no xurisdicional, dado que o interesado está plenamente lexitimado para recorrer en vía contencioso-administrativa o resultado da taxación pericial contraditoria, administrativa. Así se declarou en, por exemplo, as SSTS do 19 de xaneiro de 1996 (RJ 1996, 6269) , Recurso de Apelación núm. 3922/1991 , e 23 de setembro de 2000 (RJ 2000, 8391) , Recurso de Casación núm. 3668/1994 , e así se sinalou tamén na Sentenzas do TSJ de Castela e León, Valladolid, núm. 2247/2014, de 6 novembro (JUR 2015, 28364) , Recurso contencioso-administrativo núm. 1874/2011, e do TSJ de Castela e León, Burgos, núm. 286/2014 , do 22 de decembro (JT 2014, 2089) , Recurso contencioso-administrativo núm. 38/2014 .

Verbo da administración e coma indica a STSX Andalucía 2179/2014, está so polo revisalos aspectos formais da taxación pericial contraditoria, o procedemento seguido, a titulación do perito, a motivación dos avalúos e outras cuestións susceptibles de revisión en vía administrativa, mais dado que o procedemento ten unha natureza dirimente, non pode a administración - nin o TEAR- revisala pericia e a avaliación do terceiro perito.

No caso presente o recorrente discrepa duns concretos aspecto da proba pericial contraditoria: antiguïdade da construcción e outros índices aplicados, situación da entrepranta.....

O TERCEIRO PERITO, coma resulta dos autos coñece ámbalas dúas avaliacións (a do perito de parte e a da administración) e conta coa planimetría e as fotografías existentes e coas superficies achegadas polo arquitecto da Xunta e da propia parte, e aplica para determinalo valor homoxeneizado de cadanseu local testemuños de vendas (que obtivo por información direta e dos testemuños da parte). Unha vez determinado o valor base explica porque aplica un coeficiente do 1, e que parte de que a planta baixa e entreplanta están en situación de Bruto, e por información do Concello que a edificación é de 2005.

Con estos datos determina un valor de 196.782,51 euros.

É evidente que o recorrente discrepa deste criterio ( pretende a aplicación de coeficientes correctores: por antigüidade e situación dos inmobles ); nembargantes, e coma indicamos, a opción pola taxación pericial contraditoria imposibilita contradicilo criterio técnico do informe do terceiro perito; outra cousa levaríanos a unha calexa sen saída: non sería posible acollelo valor da parte dado que falarmos dun procedemento iniciado a súa instancia e sería paradoxal que un resultado que obriga a administración puidera favorecer ó administrado se consideraramos que o terceiro perito incorre en defectos de motivación ( que obrigan a anulalo informe ); tampouco sería posible solicitar un novo informe do terceiro perito, nin tampouco é claro que se poida obrigar a iniciar un novo procedemento de taxación pericial contraditoria.

Mudando, polo tanto, o criterio que mantivemos noutras sentenzas, entendemos que agás de supostos de evidentes erros de feito (que non concorren neste presente caso: as discrepancias son técnicas), o resultado da taxación pericial contraditoria obriga ás partes (solicitante e administración) que non poden cuestiónalo criterio técnico do perito.

CUARTO.-Non facemos declaración das custas ó existir dúbidas fundadas en dereito, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dª Enma contra a resolución de 14.07.2016 do TEAR (Liquidacion I. Sucesións, exped. NUM000 ).

Non facemos declaración das custas.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e cinco de outubro dous mil dezasete.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.