Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 550/2019, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 16051/2018 de 28 de Noviembre de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Administrativo
Fecha: 28 de Noviembre de 2019
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 550/2019
Núm. Cendoj: 15030330042019100568
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2019:6863
Núm. Roj: STSJ GAL 6863:2019
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00550/2019
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2018 0001949
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0016051 /2018 /
De D./ña. Modesto
ABOGADOJAIME CARRERA RAFAEL
PROCURADORD./Dª. PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, vinte e oito de novembro dous mil dezanove.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 16051/2018, presentado por Modesto, representado polo procurador Sra. Rodríguez González, dirixido polo letrado Dº Carrera Rafael, contra o acordo de 31.07.2018 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO. -Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 46.032,29 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 31.07.2018 dop TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación/sanción IRPF anos 2010-11-12: ganancia patrimonial derivada do pago do xustoprezo e retribución en especie.
SEGUNDO.-O recorrente alega: a) o procedemento inspector superou os doce meses xa que a ampliación acordada o foi logo do prazo do art. 150, polo que concorre a prescrición, b) a ganancia da expropiación debe imputarse o ano 2007 e c) non procede a sanción.
O letrado do Estao se opón a estes motivos.
Para resolvela 1ª cuestión compre facer referencia os fitos do expediente.
O expediente iniciouse o 07.07.2014 e rematou coa notificación de 17.07.2015.
O TEAR considera que non se excedeu o prazo dos 12 meses xa que o 02.07.2015 acordouse amplialo prazo ó ter comunicación do xulgado de instrucción 5 de Madrid de que o recorrente podía ter activos financieiros na Illa de Man ( notificado o 04.07 ). Tamén consta acordo de interrupción do prazo das actuacións inspectora ( art. 103.d RD 1065/2007 ) de 08.07.2015 pola existenza das actuacións penais - notificado o 17.07.2015.
O que acontece, e así o subliña o recorrente, é que tanto o acordo de 02.07 coma o de 08.07 non foron seguidos de actuación ningunha relativa ás supostos activos na Illa de Man, senón que a seguinte actuación foi o ditado da liquidación.
Ten razón o recorrente verbo de que a motivación dos acordos ( de ampliación e suspensión de prazos ) , se ben se axusta as previsións legais ( o falarmos dunha inspección xeral do IRPF dos anos 2010-11-12 tiña relevancia a existenza ou non de activos financieiros na Illa de Man e a investigación dos mesmos - ó ser un paraíso fiscal- ar. 184.2.c RD 1065/2007, e asemade, a posibilidade de suspendelas actuacións se existirá unha vinculación directa coas dilixencias penais abertas ) parece un suposto de dilixencia argucia dirixida a amplialos prazos; coma indicamos, a aparente relevancia dos datos ( derivados de actuacións penais ) que leva á inspección a ditar dous acordos non carretan actuación ningunha ( que, cando menos figure no expediente ), o que nos leva a non darlle eficacia ós indicados acordos.
O que acontece é que, aínda negandolle eficacia os acordos de ampliación de prazo e suspensión das actuacións, as actuacións inspectoras non superaron os 12 meses. A administración impúta 36 días de dilación xustificada, do 23.02 ó 31.03.2015 pola solicitude de informe á Audiencia nacional ( art. 102- 103 Rd 1065/2007 ) e o recorrente nada alega ó respecto.
Descontado eses 36 días do cómputo - art. 102.2 Rd citado- resulta que a notificación da liquidación realizouse antes do transcurso dos 12 meses, polo que non é de aplicación o art. 150.2.a) lei 58/2003, o que carreta que rexeitemos o motivo suscitado.
Verbo do exercicio ó que debemos imputala ganancia patrimonial polo cobro do xusto prezo e os xuros de mora.
O recorrente considera que deben imputarse ó ano 2007 que é cando se consuma a expropiación urxente ( con cita de xurisprudenza menor ) ou, no seu caso, subsidiariamente, ó ano 2017 ( sentenza xudicial ).
O letrado do Estado se opón a súa pretensión.
Concordamos co letrado do Estado en que ó exercicio ó que debe imputarse o xusto prezo e xuros de mora é o ano 2012, e así o dixemos na senteza 283/2017, o que é tamén o criterio da STS 26.05.2017:
Polo que se refire á cuestión da imputación temporal da renda procedente da expropiación forzosa tramitada polo procedemento de urxencia, ou sexa, o momento en que ten que imputarse temporalmente a renda derivada da expropiación forzosa, a mercantil recorrente defende a procedencia da súa imputación ao exercicio en que se produciu a ocupación da leira fronte ao criterio da sentenza recorrida de considerar que o incremento patrimonial debe imputarse ao exercicio en que se fixa o prezo xusto. As sentenzas desta Sala do 4 de abril de 2011 ( casaciones 4135/2009 , 4458/2009 e 4641/2009 ), 3 de novembro de 2011 ( casa. 4021/2010 ), 29 de abril de 2013 ( casa 5089/2011 ) e 10 de marzo de 2014 ( casa. 4529/2010 ), sentaron a doutrina de que no procedemento expropiatorio ordinario, segundo o artigo 51 da Lei de Expropiación Forzosa , só cabe ocupar a leira expropiada unha vez feito efectivo o prezo xusto ou consignado conforme ao disposto no artigo 50 para os casos en que o interesado rexeitase percibilo ou existise litixio ou cuestión entre el e a Administración. Unha vez abonado o prezo xusto e ocupado o inmoble esténdese a correspondente acta, que, en virtude do artigo 53 da Lei citada , constitúe título bastante para que no Rexistro da Propiedade e nos demais rexistros públicos inscríbase ou se tome razón da transmisión do dominio, cancelándose, no seu caso, as cargas, os gravames e os dereitos reais de toda clase a que estiver afecta a cousa expropiada. Se se trata dunha expropiación forzosa polo procedemento de urxencia ( art. 32 da Lei de Expropiación Forzosa ), que é o caso que nos ocupa, permítese adiantar o momento de ocupación da leira expropiada, que debe levar a cabo unha vez levantada a acta previa de ocupación, formuladas as follas de depósito previo á devandita ocupación, fixadas as cifras das indemnizacións derivadas dos prexuízos pola rápida ocupación, efectuado o depósito e abonadas ou consignadas as citadas indemnizacións. Cumpridos tales requisitos, cabe ocupar a leira, tramitándose o expediente nas súas fases de prezo xusto e pago. Da disciplina do artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa obtense que o procedemento que regula, cualificado polo propio lexislador de excepcional, soamente permite preterir, por razóns de urxencia na execución da obra que xustifica a expropiación, a regra do previo pago, habilitando á Administración para ocupar o ben expropiado antes de fixar o prezo da operación e, por iso, antes de pagar. Así pois, habemos de concluír- dicía a sentenza do 10 de marzo de 2014 - que nos procedementos expropiatorios de urxencia a transmisión da propiedade prodúcese coa ocupación da leira, cumpridos os trámites preliminares contemplados no repetido artigo 52 (acta previa de ocupación e folla de depósito, fixación de indemnizacións por rápida ocupación e pago destas últimas). Por tanto, @teniendo en cuenta que, no caso de autos e conforme obra no expediente administrativo, trátase dunha expropiación tramitada polo procedemento de urxencia e na que a ocupación dos terreos e pago parcial do prezo xusto polo Concello de Santiago de Compostela produciuse o 23 de outubro de 2003, é a este exercicio 2003 ao que debía imputarse o incremento de patrimonio producido coa expropiación coa consecuencia de que prescribiría o dereito da Administración tributaria para practicar liquidación por canto que na data en que se iniciaron pola Administración as actuacións de comprobación con Tanatorio Boisaca S.L.- que foi o 23 de Xuño de 2010- xa prescribira efectivamente o dereito da Administración para liquidar a débeda @respecto de a cantidade de 215.282,54 euros percibidos polo Tanatorio Boisaca no 23 de outubro de 2003 a conta do importe que fixase o Xurado de Expropiación. Pero nos casos en que, como sucede no aquí analizado, a cantidade recibida inicialmente como prezo xusto é obxecto de recurso, cuxa resolución determina que o seu importe increméntese, a diferenza entre o valor admitido pola Administración ao tempo de ocupar o ben expropiado e o fjjado definitivamente en vía administrativa ou xudicial non debe imputarse fiscalmente ao período en que se devindicou o tributo senón que se entenderá devindicada no mesmo exercicio en que se dita a resolución, administrativa ou xudicial, que resolva o litixio entre a Administración expropiadora e o suxeito expropiado. Así, no caso concreto contemplado, foi o 6 de novembro de 2006 cando tivo lugar a fixación definitiva do prezo xusto- 434.525,08 euros- por parte do Xurado Provincial de Expropiación forzosa. O Concello de Santiago, o 20 de outubro de 2008, acordou abonar a Tanatorio Boisaca S.L. a diferenza entre o prezo xusto finalmente fixado e o importe recibido a conta o 23 de outubro de 2003 ( 215.282,54), isto é, 208.969,54, cantidade que deberá entenderse obtida no período impositivo en que sexa asine a resolución que determine o importe definitivo do prezo xusto, polo que neste caso resultaba procedente incluír na base impoñible do Imposto sobre Sociedades correspondente ao exercicio 2006 a nova renda xerada como consecuencia da sinalización definitiva do prezo xusto. É, pois, ao exercicio 2006 ao que debe imputarse o ingreso producido. É o momento en que a resolución se dita o que debe tomarse como período ao que imputar este incremento patrimonial diferido. Imputar este incremento ou ganancia obtida na contenda mantida coa Administración ao período en que se devindicou o tributo equivalería a que a Administración Tributaria vísese impedida de regularizar os incrementos patrimoniais que nestes caso, non infrecuentes certamente, obtiveron os expropiados. Á Administración non podía recoñecérselle o nacemento ao seu favor dun dereito á cobranza do que lle correspondese polo Imposto sobre Sociedades sobre un incremento de patrimonio que non se operou ata o 6 de novembro de 2006.
Neste caso non é posible imputala ganancia ó tempo do ditado da sentenza do TSX Galicia xa que esta non mudou ( non incrementou ) a cantidade pagada polo Concello o 2012, de feito rexeita o recurso, polo que consideramos correcto o criterio da administración.
TERCEIRO.-Verbo da sanción; concordamos co recorrente en que, no caso da ganancia patrimonial xerada polo xustoprezo é posible entender que non concorreu culpabilidade na súa conduta, xa que podía, razoablemente, considerar que ata a sentenza do TSX Galicia do ano 2017 non se consumaba a ganancia patrimonial.
A cuestión da imputación da ganancia no suposto de expropiacións urxentes, cos pronunciamentos do Xurado de Expropiación e posterior recurso xudicial é complexa, e a propia existenza dunha xurisprudenza dubitativa, obriga a considerar que ó respecto non existiu culpabilidade na súa conduta.
Verbo do outro concepto liquidado: pagamento en especie, ningunha dúbida concorre de que o recorrente actuou con pleno coñecemento da obriga de considerar que existía unha renda obxecto de gravame, polo que, confirmamos a sanción nest epunto.
CUARTO.-Non facemos declaración das custas, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Modesto contra a resolución de 31.07.2018 do TEAR (Liquidación/sanción IRPF ano 2010-11-12, exped. NUM000-acumulados- NUM001) anulando parcialmente a sanción, debendo limitar esta ás cantidades percibidas coma renda en especie .
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
